Guía de lectura_rosalia_de_castro. biblioteca provincial da coruñaBibliotecadicorunaGuía de lectura da obra sobre Dzí de Castro na Biblioteca Provincial da Coruña.
Discurso manolo acto 28 de abrilcenlfDiscurso de Xosé Manuel Pazo Blanco, presidente honorífico da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, en representación do Consello Municipal da Lingua do Concello de Ferrol, no acto de homenaxe celebrado o día 28 de abril de 2013 por mor do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos e do 50 aniversario da institucionalización do Día das Letras Galegas.
Guía de lectura Rosalia de Castro. biblioteca provincial. deputación da coruñaBibliotecadicorunaDesde o ano 2010 a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) vén promovendo a celebración do Día de Dzí de Castro coincidindo co seu día de nacemento, como acto de homenaxe e invitando a agasallar un libro en galego e unha flor. No seu 180º aniversario cómpre salientar non só a súa obra en galego, que marcou un fito na nosa historia e na nosa literatura ao devolverlle á lingua galega o seu carácter literario, senón tamén a súa obra en castelá.
Autora bilingüe e polifacética, enmarcada no Romanticismo literario e propulsora do Rexurdimento, Dzí de Castro revélase como unha autora que traspasou as fronteiras de Galicia, ben por ela mesma, ben grazas ás traducións das súas obras. O simple nome de Dzí evoca toda unha forza singular que aínda hoxe se segue alimentando a través dos centos de homenaxes que se realizan aquén e alén de Galicia e das relecturas da súa obra. Descubrir a Dzí de Castro é plantar carballos, árbores de longa vida, versos que resisten na memoria.
Un 24 de febreiro é unha data como outra calquera para render culto e achegar a vida e obra da nosa primeira poeta.
Velaquí unha guía das obras de e sobre Dzí de Castro que hai na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

5. a
Este facsímile de Cantares gallegos foi realizado a partir
dun exemplar da primeira edición da obra, que viu a luz
en Vigo no ano 1863 na imprenta de Juan Compañel e que
se conserva na Biblioteca Pública Nodal de Pontevedra.
Complétase coa incorporación, na parte final, dos
catro poemas engadidos na segunda edición, de 1872,
reproducidos do volume pertencente ao Consello da
Cultura Galega.
Coeditan:
Xunta de Galicia
Parlamento de Galicia
Consello da Cultura Galega
Depósito legal:
C 424-2013
Impreso enTórculo Artes Gráficas, en marzo de 2013.
8. VII
Z
Cantares gallegos apareceu hai 150 anos para li-
berar os moldes da lírica e abrilos á expresión po-
pular. Aos seus vinte e seis anos, Dzí dáballe un
lugar no máis selecto da cultura á voz herdada, á
palabra decantada colectivamente durante séculos
e que soubo facer súa. Agora, 150 anos despois, as
páxinas da súa obra ofrécennos unha lectura nova
coa mesma forza universal en emocións e pensa-
mentos.As imaxes claras para falar de Galicia,alma
enteira do seu libro,das dificultades e das inxustizas
dun tempo, das vivencias colectivas contadas ás ve-
ces con dor e outras con ironía, a ritmo de muiñeira
vella, seguen gañando espazo no noso universo lite-
rario compartido.
Galicia non é a mesma que a que coñeceu a autora e
a lectura dos seus versos tamén nos pon diante dos
ollos a nosa transformación social, os logros con-
quistados,a forza que gañamos coa nosa capacidade
de abrir camiños novos. Non temos dúbida de que
as palabras de Dzí foron alento para esa con-
quista. Cantares gallegos transmitiunos amor pola
natureza que nos envolve, admiración polos que
nos precederon e polos que nos acompañan, aprezo
e respecto pola nosa lingua, valentía para romper
coa tradición do que non é xusto ou do que manca.
Nese sentido,a publicación de Cantares gallegos é un
fito na nosa cultura e na nosa historia. O ano 1863,
o que se está a considerar da primeira edición, mar-
ca un antes e un despois para o noso universo sim-
9. VIII a
Cantares gallegos. Edición facsimilar
bólico.Marca un principio de “grande atrevemento”
ao que as galegas e os galegos decidiron sumarse.
Porque esta publicación, que hoxe celebramos con
esta edición facsimilar, foise completando ao longo
dos anos, fundamentalmente coa segunda edición,
onde Dzí engade algúns poemas máis, incluídos
tamén na edición que se presenta. Pero o enrique-
cemento principal non está só no acto da escrita do
texto; o enriquecemente está tamén na lectura, na
mirada dos que ao longo do tempo fomos bebendo
deses versos, alimentando a nosa sensibilidade e a
nosa forma de ver e de sentir a vida. Coa reedición
do poemario tamén manifestamos o noso devezo
de continuidade desta lectura colectiva. Longa vida
para estes Cantares.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia
10. IX
Z
Para quen ten a honra de asinar estas liñas, igual
que para a inmensa maioría dos coñecedores da súa
obra, Dzí foi a voz máis fonda da lírica galega,
nun tempo en que a nosa lingua non tiña nin a sona
nin a entidade suficiente para prestixiar a ninguén
como escritor.E non digamos se esa voz era a dunha
muller. Mais Dzí, como dixo Ramón Piñeiro,
identificouse con Galicia: «Identificouse afervoa-
damente, total e case misticamente. Identificouse
moralmente co seu pobo e sentimentalmente co seu
país. Hai, de certo, unha Galicia rosaliá, unha ima-
xe rosaliá de Galicia. Despois de Dzí, propios e
alleos viron a Galicia de maneira distinta a como
a viran antes. O seu espírito, o realizar a síntese, a
unidade de terra e pobo, incorporouse de manei-
ra aitiva e perene ó conxunto da realidade galega e
fíxose sustanza súa».
Dzí é,pois,unha figura indispensable na literatu-
ra do século XIX, en galego, pero tamén en castelán.
Cando se achegaba o centenario da publicación de
Cantares gallegos, Francisco Fernández del Riego
propúxolle á Real Academia Galega a instauración
do Día das Letras Galegas, co convencemento de
que este humilde libriño fose o inicio do rexurdi-
mento da lingua propia de Galicia.
Hoxe, medio século despois, queremos seguir avan-
zando por eses camiños de loanza da obra rosaliana e
sementando o amor á nosa lingua que ela profesaba.
11. Cantares gallegos. Edición facsimilar
X a
Dzí, morrendo, pediulle á súa filla Alejandra
que abrise a fiestra, xa que quería ver un mar ine-
xistente.
Ao impulsar a impresión deste facsímile de Cantares
gallegos, 150 anos despois da súa primeira edición,
queremos abrirlles as portas desta terra nosa aos lec-
tores que a descoñezan.E tamén que medren no seu
amor a ela os que xa tiñan a sorte de coñecer esta
obra cume da máis universal das poetas galegas.
Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia
12. XI
Z
Oethos romántico gustaba moito do rescate dos
valores culturais dos pobos europeos, estivesen cons-
tituídos ou non en estados políticos, porque o que
importaba era realmente asentar a dimensión cultu-
ral das nacións. Descubrir a terra propia, cantar as
belezas da patria ou converter en lingua literaria a
fala popular foron algunhas das apostas desta ancha
xeración de autores do romanticismo. No caso de
Galicia houbo ilustres pioneiros, pero ningún autor
tivo o “grande atrevemento” de que fixo gala Rosa-
lía de Castro, cando decidiu escribir e dar a lume
en 1863 Cantares gallegos, colocando, deste modo, a
primeira pedra angular do Rexurdimento cultural da
Galicia contemporánea.
Dzí de Castro (1837-1885), escritora vocacio-
nal, intelixente e culta, sensible fronte á inxustiza, de
espírito libre e crítico, aberta defensora da igualda-
de, estaba construíndo hai cento cincuenta anos os
alicerces literarios e culturais de Galicia como unha
nación-cultura. A poeta deu pasos decisivos para o
rescate e a reivindicación da lingua na súa expresión
popular máis prístina, para a defensa e a reivindica-
ción da Galicia,“a miña infeliz patria”, que nos anos
centrosos do século XIX comezaba a ser conscien-
te da súa situación. Nese tempo histórico apareceu
Cantares gallegos, imprentado na cidade de Vigo por
Juan Compañel. Constitúe unha defensa da digni-
ficación da lingua e da patria galega, que foi, en pa-
labras da propia autora, o “móvil principal que me
impeleu a pubricar este libro”. Que se trataba dunha
13. Cantares gallegos. Edición facsimilar
XII a
obra auroral era patente para Dzí e para o seu
home, Manuel Murguía. Pero se Murguía quixo
fundamentar a identidade de Galicia nas súas raí-
ces étnicas, a obra de Dzí foi aínda máis audaz,
ao entender que cos seus versos estaba a transformar
as vellas “parolas”e “tertulias”dos textos literarios do
prerrexurdimento nunha obra singular e culta, pero
con raíces populares. Como ela mesma anota, tivo “o
maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do
noso pobo”. Esta é a mensaxe central dunha figura
tamén central da cultura literaria galega contempo-
ránea, que escribía na ignorancia da brillante poesía
medieval galaico-portuguesa.
Agora, pasado século e medio, presentamos esta
edición facsimilar de Cantares gallegos para que es-
tes versos poidan ser, se cabe, máis coñecidos e no-
vamente lidos, cantados e reinterpretados á luz dos
problemas de hoxe. A estatura histórica de Dzí
foi xa grande en vida e foise agrandando co paso do
tempo. As súas cinzas, aínda algo quentes no cemi-
terio da Adina, foron trasladadas a Compostela en
1891 como fito inicial do que, algo inxustamente
para ela, se chamou panteón de “galegos ilustres”.
Nos tempos de hoxe podemos dicir que temos nesta
poeta a verdadeira nai fundadora da Galicia contem-
poránea. E o libro Cantares gallegos abondaría de pe-
destal para soster esta inmensa estatua.
Ramón Villares
Presidente do Consello da Cultura Galega