Este verán de 2018 está a ser especialmente caótico nun organismo, Correos, xa famoso polas improvisacións chapuceiras, as meteduras de pata e os desastres organizativos....
1 of 1
Download to read offline
More Related Content
Caos nas bolsas de contratación de Correos
1. Este verán de 2018 está a ser especialmente caótico nun organismo, Correos, xa famoso polas improvisacións chapuceiras, as
meteduras de pata e os desastres organizativos. Para comezar co primeiro sinsentido vemos como, sen motivo aparente
mais que amañar o tocomocho da pseudoformación sindical, agárdase ao mes de xuño para activar unhas bolsas de
contratación convocadas en octubre. Resultado? Centos de contratos a persoas de nova incorporación, sen ningún tipo de
experiencia previa e que, ademáis, a dirección pretende empregar para levar a cabo o servizo cos recargos programado para
as vacacións, conclusión: Caos. Cóntanse por ducias as unidades de reparto e as sucursais que se puxeron en contacto con nos
para nos trasladar a imposibilidade de levar adiante o servizo con normalidade.
Xuntanza de emprego central (información non oficial)
Paralelamente a isto o 19 de xullo houbo xuntanza da comisión
de emprego central (que durou 1 hora, dato que nos pode
indicar a escasa “preocupación” de Correos e acólitos)
precisamente sobre o tema de bolsas. Correos informa que as
bolsas “definitivas” compóñense de 52000 persoas cifra que nos
valoramos como claramente insuficiente. Ademais das persoas
que quedaron fora a pesar de ter experiencia case 4000 persoas
decaeron xa por outros motivos. Ademais moitas persoas non
están dispoñibles por ter contrato en vigor en Correos ou noutro
lugar.
Correos afirma que en Setembro tentará “por rigoroso orde de puntuación” rescatar a persoas que participaran na
convocatoria e non foran admitidos.
Nesta mesma xuntanza Correos admitiu numerosos erros “técnicos”. Por exemplo o feito de que nos rurais o sistema, ao
parecer, marca rotación se te chaman para tempo completo, aínda que foras admitido/a unicamente en tempo parcial. O que
Correos da Coruña “solucionou” nalgunhas unidades asignando contratos de xornada completa a persoal que non fora
admitido nese tipo de xornada, deixando sen traballo a persoas que si foran admitidas. Desde aquí animamos a esas persoas
a presentar unha demanda por este feito.
Na xuntanza tamén se lembraron os criterios a seguir en caso de ausencia de candidatos/as:
1 traballadoras/es de mesma bolsa en distinta xornada
2 traballadoras/es doutra bolsa que marcaron voluntariedade na mesma
3 bolsas “colindantes”. Seguimos esixindo que se defina este termo e se informe en igualdade a todo o mundo da
posibilidade de realizar estas colindancias que sempre parece “tocarlles aos mesmos”.
4 idóneos/as. Ou sexa, a dedo, arbitrariamente, decidido subxectivamente, vamos,o enchufe de toda a vida. Ao
parecer desta volta queren darlles prioridade aos candidatos/as admitid@s pero que quedaron sen praza. Veremos
Desde o noso punto de vista vemos como estas bolsas, as segundas da década, son xa un fracaso (anunciado por outra parte)
que abrirá, unha vez máis as portas a unha arbitrariedade pola que Correos xa foi sancionado, logo de expulsar a persoal con
anos de experiencia simplemente polo interese das academias sindicais de manter o chiringuito formativo“ a toda costa”.