5. Caracterización de residuos
perigosos
1. Identificar a/s substancia/s que contiña o envase.
2. Identificar os riscos (características H) asociados ás ditas substancias.
3. Comprobar se a perigosidade das substancias corresponde a algunha
das características H3 a H8, H10 e H11. Se fose o caso, determinarase
a cantidade (peso) das substancias perigosas presentes no envase en
relación ó peso total deste, para o que se realizará unha mostraxe
representativa de toda unha partida de residuos correspondente ó
envío. Os resultados remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e
Avaliación Ambiental, quen aprobará a mostraxe propoñerá as accións
de comprobación que estime oportunas.
Se a porcentaxe das substancias perigosas é superior ós valores
indicados no apartado A do anexo 2 da Orde MAM, os envases
deberanse xestionar como residuo perigoso.
4. Se a perigosisade das substancias corresponde a calquera das outras
características de perigosidade (H1, H2, H9, H12 a H14),
independentemente da cantidade de tales substancias, o residuo
deberase xestionar como residuo perigoso.
6. Exemplo de codificación de
residuos perigosos
Un residuo é perigoso cando C e H son distintos de 0
¿É perigoso este residuo?. Buscar o significado de cada apartado.
8. Asignación de códigos CER
1. Localizar a actividade que xera o residuo nos capítulos
01 a 12 ou 17 a 20.
2. Buscar o código apropiado para o residuo na relación
de residuos da actividade, excluídos os códigos 99 dos
ditos capítulos.
3. Se non se atopa ningún código apropiado nos 01 a 12
ou 17 a 20, consultaranse os capítulos 13, 14 e 15.
4. Se o residuo non se atopa en ningún destes capítulos,
buscarase no 16.
5. Se tampouco se atopa no capítulo 16, deberase
empregar o código 99 no subcapítulo que corresponde
á actividade identificada no primeiro paso.
9. Obrigas dos productores de
residuos perigosos
a. Estar inscritos no Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.
b. Contratar un seguro de responsabilidade civil nos termos (cobertura e contía asegurada) que se indica
na autorización do productor.
c. Separar adecuadamente e non mesturar os residuos perigosos, e evitar particularmente mesturas que
supoñan un aumento da súa perigosidade ou que dificulten a súa xestión.
d. Envasar e etiquetar os recipientes que conteñan residuos perigosos na forma establecida
regulamentariamente na sección 2ª do Real decreto 833/1988.
e. Almacenar os residuos para a súa xestión posterior en zonas debidamente autorizadas. O tempo de
almacenamento non poderá exceder de seis meses.
f. Levar rexistro dos residuos perigosos producidos ou importados e o destino destes, no que se concreten a
información que se indica ó respecto no Real decreto 833/1988 e no Real decreto 952/1997.
g. Presentar a declaración anual de residuos antes do 1 de marzo de cada ano.
h. Xestionar os residuos que produce ou posúe por medio dun xestor autorizado.
i. Cada catro anos, elaborar e remitir á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental un estudio de
minimización de residuos perigosos, no que o contido se axustará ó establecido na Orde do 11 de maio de
2001.
j. Informar de inmediato á Consellería de Medio Ambiente en caso de desaparición, perda ou escape de
residuos perigosos.
k. En xeral, todas aquelas que se deriven da Lei 10/1998, do Real decreto 833/1988 e das respectivas
autorizacións.
Os pequenos productores de residuos perigosos están exentos dalgunha das obrigas:
a. Contratar o seguro de responsabilidade civil que se lles esixe ós productores autorizados.
b. Presentar a declaración anual de productores de residuos perigosos.
c. Presentar o estudio de minimización de residuos ó que se fai referencia na Orde do 11 de maiode 2001.
10. Obrigas dos xestores de residuos
perigosos
a. Prestar fianza para responder dos posibles danos que se poidan causar no
ambiente e do seu custo de restauración, na contía que se determine na
autorización de xestor.
b. Contratar un seguro de responsabilidade civil nos termos (cobertura e contía
asegurada) que se indica na autorización de xestor.
c. Contestar, no prazo máximo dun mes, a solicitude de admisión de residuos
perigosos presentada polos productores (No anexo 7 deste manual preséntase
un modelo de documento de aceptación de residuos DAR).
d. Formalizar no documento de control e seguimento a transferencia de
titularidade dos residuos á recepción destes.
e. Levar un rexistro de todas as operacións de xestión de residuos nas que
interveña, no que figuren os datos que se indican no artigo 37 do R. D. 833/1988.
f. Presentar, antes do día 1 de marzo de cada ano, a memoria de actividades, nos
termos que se indican na sección 2ª do Real decreto 833/1988.
g. En xeral, todas aquelas que se deriven da Lei 10/1998, do Real decreto
833/1988 e das respectivas autorizacións, sen prexuízo doutras obrigas
establecidas na lexislación vixente.