3. Romper a cadea que o unía
a el doíalle, pero, sen dúbida,
aquela dor ía resultar moito
menor que a que sentiu
cando rompeu o seu corazón
Miguel Calatayud
5. O amor é un agasallo, non
unha esixencia, e os agasallos
non se abren bruscamente,
senón con gratitude,
con tenrura, con ilusión.
Jack Mircala
6. O maltrato non sempre deixa
pegadas visibles. A violencia
verbal atrapa e anula a persoa
maltratada.
Pirusca
7. Como unha gota malaia,
cala na nosa mente a idea de
que non somos nin valemos
nada, só o que nos permita o
monstro que nos acompaña.
Sergi San Julián
8. O amor non somete, non
domina… O amor conforta,
axuda, dá calor.
Primitivo
11. Para que sexas o meu eido/
semento a túa boca de arame
cativo./Para ser o teu dono/
segareiche a lingua cando
medre o espiño.
David Pintor
12. A man que colles pode ser
tamén a que te maltrata.
Javier Olivares
13. Sempre hai un denominador
común latente en cada unha
das manifestacións desta
triste realidade, e é unha
angustiosa falta de liberdade.
Eva Vázquez