Vida e obra de Concepción Arenal. Texto: Profesora Ángeles Seoane. 1ª parte.
1 of 14
More Related Content
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL PONTE
1. CASE UNHA
LENDA :
MARÍA DE LA
CONCEPCIÓN
JESUSA LUISA
PETRA VICENTA
DEL ARENAL
PONTE
Ángeles
Seoane
Fernández
2. Non foi o ilustre barrio de A Magdalena
o seu berce, como sería de esperar pola súa
fidalguía, senón unha humildísima casa
encalada do vello Ferrol. Só nove anos
viviu na nosa cidade. Tres dos cales gozou
dos mimos paternos e da cálida presenza
dos súas dúas irmás: Luísa e Antonia. A
ausencia do pai do fogar familiar non é
fácil de entender a tan temperá idade.
▲Ferrol Vello. Litografía de Julio Ferrín Co correr do tempo, saberá que o seu pai
foi vítima da represión de Calomarde
(1823), condenado a vivir furtivamente
como toupa nos montes de Leiro e
Santander. Separa don Ángel del Arenal
son anos de calvario e de dura soidade,
non o son menos para a súa nova esposa
María de la Concepción Ponte, que como
fidalga vida a menos que é, carece de
recursos suficientes para soster a súa prole.
A súa condición de viúva de vivo, como
diría a nosa Rosalía, fai que dependa con
demasiada frecuencia da caridade dos seus
familiares ricos. Morre seu pai aos 38 anos
▲Ferrol e a nena xa se pode chamar orfa aos nove
3. Preocupa á súa nai a á súa avoa o
desmedido afán pola lectura da cativa.
En cinco anos baleira a hucha da casa
familiar de libros de Dereito, Fisioloxía
e incluso un Quijote, do que
probablemente xa lle seduce a idea de
“desfacer entueros”. Desde os 9 aos 12
anos le con tanta avidez que inqueda
máis á súa avoa polo que cala que polo
que di, dada a madurez das súas charlas.
A súa nai está convencida de que o
xerme das ideas liberais do seu pai está
nos libros, polo que se exaspera,
mentres que a súa avoa paterna,
orgullosa e melancólica, alimenta as
lámpadas de aceite e sebo que iluminan
e ilustran as noites curiosas e insomnes
da súa neta. Pasmada polo seu talento
fálalle con devoción do seu pai
e nútrea ademais con vellos
mitos celtas e lendas medievais.
Pronto a nena manifesta que
quere ser avogado (o que non
"Nena lendo" de Franz Eybl (1850) lograra o seu papá). A súa
avoa gárdalle a confidencia.
4. A súa personalidade configúrase, amalgamando
vellos saberes herdados da arte de contar da avoa, o
coñecemento tradicional das lendas montañesas, as
lecturas furtivas da súa primeira adolescencia, a
fantasía nostálxica dos ideais románticos paternos,
o humanismo cristián recibido da súa nai, as
lecturas piadosas de Teresa de Ávila e san Vicente
de Paúl e o seu sentido ético da lealdade e da
amizade. coñecementos e ideais serán o xerme da
A suma de
súa futura actitude filantrópica e do seu labor de
xustiza e caridade social.
"Nena lendo" de Franz Eybl Teresa de Ávila.
P.P. Rubens, 1615
5. Con 14 anos, e cinco
xa de retiro na montaña
santanderina, participa
dos grandes tópicos
renacentistas (“aurea
mediocritas” e “locus
amoenus”), alimentán-
dose física e espiritual-
mente do horto familiar
e dos regueiros
humanis-tas defendidos ▲▼Casa paterna de Con-
xa por frai Luis de León. cepción Arenal en Armaño.
O aire libre conforma o Liébana. Cantabria.
seu espírito, ilumina a
natureza agreste das súas
meixelas, robustece a
▲Thomas Cuture. A lectura. súa musculatura de
adoles-cente mentres
trota polos sendeiros do
Liébana, buscando
talvez o seu cervo ferido
–como a namorada do
Cantar dos Cantares – e
a paz do “beatus ille”
▲ Armaño. Liébana
horaciano.
6. Pero é hora de deixar a sinxeleza e nobreza do campo familiar por outra praza, a
Praza do Ángel, en Madrid, sé do Colexio de Señoritas, onde acudirán ela e mais a
súa irmá Antonia, en compañía das súas curmás, as fillas dos Condes de Vigo, para
formarse e concertar un matrimonio conveniente.
▲ Madrid a mediados do século XIX. Infografía de Alfred Guesdon
7. Os costumes campestres de fiar en roca, tecer o fío familiar e ler clandestinamente
se trocan agora por normas de urbanidade, protocolo e cortesía, á espera de que o
primeiro lambido correspondente afague os seus oídos con piropos en francés. Pero
Concha non quere coser e bordar, nin aprender a linguaxe das flores para ser unha
“rapaza educada” na mellor arte de perder o tempo. A isto é ao que se dedicarán as
señoras “ben casadas” da súa clase. Feito que ela criticará e deostará na Muller do
porvir. A súa cabeza non está para rizos románticos nin o seu talle para recibir
corpiños de once varas.
O capricho polo culto ao corpo parécelle tan frívolo como séculos atrás lles
parecera aos seus predecesores moralistas Jorge Manrique e frai Luis de León. Os
afeites, albaialdes, roibéns e lazos non son máis que “males que estragan a alma”,
cousas á fin e ao cabo efémeras… Por que desprezar un tempo tan valioso en prol
do superfluo eu cando moi ben podería empregarse na atención social e
filantrópica aos outros, os próximos, os necesitados?
-Camille Corot: Woman with a Pearl (1868)
8. Malia a docilidade xuvenil, as súas
instrutoras intúen nela certa
hostilidade. Non é fácil dobregar o seu
espírito, faise túzara e esquiva. A súa
linguaxe miscelánea, por unha banda
doce, rica en cultismos e por outra
ruda polos seus modismos
provincianos, sorprende ás súas
mestras e suscita maliciosos sorrisos
entre as súas compañeiras; pero pronto
se impón a súa poderosa
personalidade: todo o fai ben e con
A
dilixencia.
s fins de semana participará no
faladoiro familiar na casa dos seus tíos,
lerá aos poetas, ensaístas e filósofos
románticos. Ten xa 18 anos, se ser
unha beleza, resulta fermosa: “case alta,
nariz recto, ollos claros, azuis, pel
branca, cranio elevado… de falar
tranquilo e suave mirada”.
Concepción Arenal na súa mocidade
9. Abandona o colexio despois de tres anos
de insoportables escrúpulos e afirma o seu
desexo de asistir a clases de Dereito para
alarma e desgusto da súa nai, que lle
recorda que os seus gustos de marimacho
acabarán condenándoa a ela a á súa irmá
Antonia á solteiría. Isto esperta en Concha
certo sentimento de culpabilidade, polo
que pronto cambia o seu discurso por
outro: o desexo de ser escritora. Cóntallo
ao seu tío Manuel de la Cuesta, aposto
mozo Reitor da Universidade de
Valladolid. El escóitaa e anímaa e
convértese no titor que guiará as súas
lecturas e alimentará as súas ilusións
10. Aos poucos, séntese seducida por este home culto e
bondadoso, que visita cada vez con máis frecuencia a
casa familiar; pero un día, no faladoiro dominical vén a
saber de que o seu confidente formalizou o seu noivado
oficial-mente coa súa irmá Antonia. Agora, moi ao seu
pesar, decátase de que para moitos homes –incluso os
moi inteli-xentes– é máis sedutora a linguaxe do abano
que a conversa talentosa. Esta primeira decepción
sentimental non a amedrentará. Pola contra, ten claro
que non desexa vivir das rendas dos parentes ricos, como
lle pasara á súa nai tras enviuvar. Aceptar o rol de
señorita que busca marido sería traizoar os seus
principios.
Que facer? Na casa
familiar madrileña a si-
tuación resultáballe in-
cómoda. Coma sempre,
a chamada oportuna da
avoa Xesusa, devolveraa
ao lugar apacible, ao
ansiado retiro ascético
da súa casa de Liébana.
▲Casa paterna de Concepción
Arenal en Armaño
11. A viaxe de Madrid a Potes resulta cansa e tortuosa. Ninguén sae a recibila.
Tras seis anos de ausencia, recupera os aromas infantís e a luz crepuscular da
solaina.
É tempo novo de meditación e recuperación… Beatus ille! Liberouse, como no
romance vello de A condesiña, dos seus traxes de seda e zapatos de cordobán e
substituíu os corpiños de once varas e as convencións sociais da Real Vila e
Corte por zocos e roupas rústicas. E coa axuda inestimable da arte de contar da
súa anciá e agonizante avoa, recompón coas estelas da súa memoria a figura
épica do seu pai, cuxo retrato preside o salón familiar. Mitifícao, até tal punto,
que o converte no paradigma do home que desexa como compañeiro.
Picos de Europa
12. De cando en vez, vén perturbar a paz
harmónica da casa de Armaño, unha carta de
mamá, contando pormenores sobre os
preparativos da voda da súa irmá Antonia. Ten xa
20 anos, e estase facendo maior. Un novo amigo
comparte con ela as tardes de inverno, é o cura da
vila. Con el fala do divino e do humano. De el
sedúcea a súa faceta evanxélica e o seu labor de
misioneiro e profesor.
Morre a avoa e herda a casa grande familiar e as
terras de morgado.
▲ Camille Corot: A carta
A poderosa presenza da montaña, dos Picos de
Europa, o percorrido dos seus sendeiros, durante
a longa convalecencia da avoa, fortaleceron a súa
fe, afianzando as súas ideas e iluminando o seu
destino.
Val de Liébana. ▲Casapaterna de Concepción
Picos de Europa Arenal en Armaño
13. Despois de vivir un duro dó tras a morte da
avoa, determina volver a Madrid. Matricúlase
na universidade en outubro de 1841, aínda
non cumpriu 21 anos.
Desta época data a imaxe da moza
Concepción vestida de varón; aínda que cada
día son máis os detractores empeñados en
desbaratar tan fermoso mito. Se o mozo don
Fernando García Carrasco, estudante de
quinto de Dereito, perio-dista, poeta e
cabaleiro –daquela liberal e bo– conquistou o
corazón de Concepción nas aulas
universitarias, nos faladoiros do café Iris o
una redacción do periódico liberal “La
Iberia”, impórtanos pouco. Se foi o seu
paladín ou non nos hipotéticos altercados das
aulas universitarias, difícil temos probalo.
A esquerda, Universidad Central,
daquela na rúa San Bernando.
Arriba porta da universidade.
14. En calquera caso, un fermoso día de
inverno de 1846, a señorita Concepción
Arenal luciu primorosas galas femininas
para casar co home que soubo ver tras o
seu disfrace de varón, a súa feminidade,
e tras a límpida mirada dos seus ollos
azul verdosos a súa grandeza de ánimo.