2. VIDA
O 30 de xaneiro de 1886 naceu en Rianxo
Alfonso Rodríguez Castelao, fillo do patrón de
pesca Mariano Rodríguez Dios e de Xaquina
Castelao Jannes.
O seu nome familiar nunca foi Afonso como lle
puxera o crego, senón Daniel, como o profeta
Daniel, a quen o Mestre Mateo retratou sorrindo
no Pórtico da Gloria por ser o primeiro santo que
soubo rir.
3. VIDA: EMIGRACIÓN
A experiencia da emigración percorre toda a
existencia de Castelao.
O neno Daniel viviuna en carne propia desde
fóra e desde dentro:
• fillo dun pai emigrado ás Pampas
arxentinas ao pouco de nacer, en 1886
• estadía de tres anos nas propias
Pampas, onde se reencontra co pai.
O adulto Castelao acabará sufrindo a
emigración forzosa:
• a experiencia do exilio
• morte en Bos Aires en 1950
4. VIDA
De regreso da emigración, no inicio do
século XX, cursará o Bacharelato e a
carreira de Medicina en Compostela.
Renunciará a exercer a profesión e só
axudará circunstancialmente como médico
rural nas epidemias de gripe dos anos
vinte.
En Compostela xorde a súa vocación pola
pintura e pola caricatura na súa vertente
humorística. Tamén desempeña papeis en
obras de teatro e participa na tuna.
5. VIDA
Castelao casa en 1912 coa moza
estradense Virxinia Pereira.
O seu único fillo, Afonso Xesús,
nace ao ano seguinte de casaren;
pero morrerá prematuramente en
1928, con só catorce anos. Este
feito dramático, unido á segunda
crise de cegueira sufrida por
Castelao nas mesmas datas (a
primeira fora en 1914) son o
preludio da súa entrega á causa
política do país.
Os seus vencellamentos políticos
non pasan nesta época (1915) das
colaboracións no xornal anticaciquil
local "El Barbero municipal" e
comeza a gañarse un creto como
caricaturista na prensa galega e
madrileña.
6. VIDA
En 1916 comeza a publicar na prensa as estampas do
álbum Nós, nas que se conxuga o amor polas clases
populares e unha crecente preocupación polos dereitos
nacionais de Galiza.
Castelao é consciente de que Galiza está sumida na
subordinación e no atraso.
Comparte a aspiración a conseguir a propiedade da terra e
retrata a represión contra as mobilizacións agrarias, a
través do álbum Nós e Un ollo de vidro.
Neste contexto Castelao ve a especificidade da realidade
galega e a necesidade dun proxecto político propio.
7. 1916-1929. O artista galeguista
Durante os anos vinte Castelao convértese na principal
figura da arte galega. Desta etapa son os seus mellores
cadros, a consagración definitiva como caricaturista
(Nós), as viaxes por Europa para desenvolver estudos
artísticos e os primeiros pasos en relación coa que será
a súa futura vida política.
8. 1930-1939. Esplendor e traxedia:
escritor e dirixente político
A vida política da IIª República descobre o Castelao político. A campaña
polo Estatuto ou os seus repetidos escanos nas cortes de Madrid ocupan
boa parte do seu tempo e constrúenlle unha gran sona en toda Galiza.
Asemade, desenvolve unha grande actividade como escritor,
especialmente, a través dos xornais. A guerra rompe a súa vida e
condénao ao exilio.
CONTOS DE
CASTELAO
1930-1939. Esplendor e traxedia: escritor e
dirixente político
9. VIDA En Castelao sintetízanse as tarefas
culturais que cómpre acometer sobre
Galiza:
• a pintura, o gravado, o cartelismo,
a caricatura e o debuxo
humorístico,
• os valores etnográficos
• as cruces de pedra
• o refraneiro popular
• a ilustración de libros, xornais,
revistas,
• o teatro de Arte.
Exemplos destas contribucións fanse
patentes na revista Nós.
10. VIDA
O compromiso con Galiza, canalizado por vía artística até o de agora, vaise
converter en acción política ata a súa morte.
Como persoa de gran popularidade, Castelao é dos artistas que renuncian á súa
obra por asumir un lugar na política, porque “para modelar un povo de barro é
forzoso luxar as mans”.
• Fundación do Partido Galeguista.
• Deputado nas Cortes da República
• Unificación do nacionalismo político.
• Estatuto de Autonomía de Galiza.
• Desterro durante o Bienio Negro (1934-1935) de Lerroux.
• Compromiso antifascista durante a Guerra civil.
• Exilio e loita pola continuidade da causa galega.
Desde 1936 a 1950 non puido pisar terra galega, pero seguía a pensar que o peor
desterro é o que se sofre na propia terra privada de liberdade.
Así o recolleu na peza de oratoria Alba de Groria.
Un ano antes da súa morte, en 1950, publicou o traballo As cruces de pedra na
Galiza.
11. CASTELAO POLÍTICO
Durante a Segunda República (1931-1936) desenvolve un importante labor político:
- En 1931 resulta elixido deputado como galeguista nas Cortes Constituíntes.
- Participou na constitución do Partido Galeguista.
12. - Foi desterrado por medio dun traslado administrativo forzoso a Badaxoz
en novembro de 1934.
- Durante o seu desterro escribiu para A Nosa Terra unha serie de artigos co
título Verbas de chumbo que posteriormente integraría no ensaio Sempre
en Galiza (1944), libro de referencia para o nacionalismo galego.
Homenaxe do Partido Galeguista a Castelao en 1934
13. - En 1936 foi escollido de novo deputado na
candidatura da Fronte Popular.
- Protagonizou a campaña pro-Estatuto de Autonomía
de Galiza, aprobado en plebiscito o 28 de xuño de
1936.
14. MITIN PRO-ESTATUTO
PRAZA DE TOUROS DE
PONTEVEDRA
INTERVÉN
ALEXANDRE BÓVEDA,
SINÁLASE AALFONSO
D. CASTELAO.
- O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado
maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936).
- Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936.
- As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.
16. GUERRA CIVIL (1936-1939)
DITADURA FRANQUISTA
(1939-1975)
A longa noite de pedra
.- O golpe de estado colleuno en Madrid cando
participaba na delegación que facía entrega oficial do
estatuto ao presidente das Cortes.
- Promoveu a organización dunhas milicias galegas
en colaboración co PCE.
- Instalouse en Valencia en decembro de 1936 e logo
en Barcelona: xa nunca volvería a Galiza.
17. Atila en Galicia (1937)Galicia mártir (1937)
Milicianos (1938)
Embarca cara a Nova York (20-VII-1938) ao encomedarlle o goberno a realización
dunha campaña de axuda á República en América, para o que contou coa
colaboración das Sociedades Hispánicas Confederadas e da Casa de Galicia
Unidade Galega. Conseguiu recadar 50.000 dólares e organizou a Fronte Popular
Antifascista Galega,
Álbums da Guerra Civil
18. O 15 de novembro de 1944,
fúndase en Montevideo o Consello
de Galiza, coa sinatura de Alfonso
Rodríguez Castelao, entre outros.
Na foto, Castelao falando no
banquete do Día de Galiza en
1944.
1940-1950. O exilio. A esperanza esmorecente
A vida na posguerra pasa pola reorganización das comunidades galegas no
exilio, na esperanza de que a ditadura franquista caíse, e Castelao fai continuas
viaxes por América e Europa. Maniféstanse os primeiros síntomas da
enfermidade. Polo que respecta á súa produción, abandonados o debuxo e a
pintura pola súa cegueira, concéntrase na publicación da súa principal obra
política Sempre en Galiza.
En xullo de 1940 marchou para
Bos Aires. Foi ministro sen
carteira do goberno
republicano no exilio presidido
por José Giral (1946-47) e
estableceuse en París, cidade
onde viviu Castelao até agosto
de 1947.
19. Castelao morreu enfermo o 7 de xaneiro
de 1950 no sanatorio do Centro Galego
de Bos Aires e foi soterrado o 9 de
xaneiro no cemiterio da Chacarita.
Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o
Panteón de Galegos Ilustres en 1984 entre grandes
protestas populares que acusaban as autoridades de que
"os que o exiliaron agora fanlle honores".
Especial d’A Nosa Terra á
súa morte.
20. MORTE
Os restos de Daniel Castelao, en Bos Aires, foron
envoltos coa bandeira, para el sagrada, da patria
galega e cubertos por terra tamén galega.
21. Narrativa de ficción:
Un ollo de vidro. Memorias dun
esquelete
Retrincos
Os dous de sempre
Cousas
(escritos antes da Guerra)
Teatro:
Os vellos non deben de namorarse
(escrita e estreada no exilio
bonaerense en 1941)
Ensaio: Sempre en Galiza (entre
1935 e 1944)
OBRA GRÁFICA
Cincoenta homes por dez reás (1930)
Cousas da vida (1926-29)
Album Nós (1931)
Galicia Mártir (1937)
Atila en Galicia (1937)
Milicianos (1938)
22. OBRA
“Debaixo do humorismo hai
sempre unha grande door; por iso
no ceo non hai humoristas” (cita
de Mark Twain).
En 1922 publica a súa obra Un
ollo de vidro. Memorias dun
esquelete (o seu primeiro relato
publicado como libro
independente). Publicouna a
editorial Céltiga, promovida
polas Irmandades da Fala de
Ferrol. Pretendía contribuír á
divulgación da literatura en
lingua galega entre as clases
populares cun xénero doado de
ler e atractivo polos asuntos
tratados. Semella concibida para
a intervención pública: foi
inserida previamente na
conferencia “Humorismo.
Debuxo humorístico. Caricatura”
23. OBRA
Castelao sérvese do
Modernismo para a estética
decorativa deste libro
A obra narrativa de Castelao
arranca dos pés literarios dos seus
debuxos e estampas, que van
ocupando cada vez maior
extensión. En 1926 e 1929
publícanse os dous libros de
Cousas, formado por relatos con
ilustracións. É considerado un
“subxénero autóctono” e unha das
máis orixinais creacións da
literatura galega contemporánea.
No limiar, “A carón da Natureza”,
Castelao reflexiona sobre as
limitacións da pintura á hora de
expresarse; por iso decide ser “un
ventureiro das letras”. Ofrecen un
mosaico da realidade galega do seu
tempo. Supoñen unha síntese entre
a narrativa e a plástica.
35. NARRATIVA: Características
Uso dun número limitado de motivos e recursos cos que
consegue un amplo abano de situacións.
Estruturas binarias e narrativa curta
Visión expresionista da experiencia humana na que a
paisaxe non xoga ningún papel
A recreación da realidade sempre ten como referente a
Galicia labrega e mariñeira
Toda a materia narrativa de Castelao vén da realidade
mesma
Utiliza con frecuencia unha especie de simbiose entre
debuxo e texto
Estreita relación entre ética e estética
O sentimento predominante do narrador é o humor
36. NARRATIVA: Temática
O fracaso do emigrante
O sentimento da morriña
A mentira piadosa que se mantén lonxe
O retorno do emigrante fracasado
As lembranzas como emigrado
A vida mariñeira e labrega
O caciquismo
37. NARRATIVA: Características
Crítica social: denuncia das inxustizas que
sofre os máis débiles
Reivindicación da lingua galega
Humor acedo: retranca
Lirismo: recursos expresivos como anáforas,
comparacións, paralelismos…
Concisión e brevidade
39. ENSAIO
A primeira edición data do 1944 en Bos Aires, a
segunda, xa póstuma aparecerá na mesma
cidade no 1961
O libro consta dunha especie de prólogo titulado
"Adro"
Desde Badaxoz rememora a súa Galicia en
contraste cos homes e coas terras de
Estremadura
Catro partes ou libros nos que predomina a
reafirmación do pensamento galeguista
Análise dos principios básicos da identidade do
pobo galego con xustificacións doutrinais,
históricas e comparativas
Propón liñas de acción de goberno para rematar
coa postración e indefensión das clases
populares