ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
catalogo XULIO:36_9097_DesplegableCaruncho     8/6/10   07:18   Página 1




                                                                                                                                                                                                                                   ARTE DE XULIO GARCÍA RIVAS
                                                                                                                                                                                                                                      O SILENCIO ABISMAL

                                                                                                                                                                                A primeira ollada incítame a indagar nos dominios da semellanza, nos espazos da diferencia entre a voz do
                                                                                                                                                                          artista, a súa luz, e o ser terrestre a quen chamamos Xulio. ¿Que espellos da entidade humana, temperamento e
                                                                                                                                                                          carácter, estilo vital, de Xulio García Rivas ecoan no discurso dos seus lenzos e táboas? Sinto o asubío dunha
                                                                                                                                                                          entobada vibración eléctrica, sospeito o perfil das formas da vertixe, albisco as xeometrías tentadoras do abis-
                                                                                                                                                                          mo. Liñas de fuga e lóstrego, o percorrido subliminal de materias e substancias explosivas. Son significados apa-
                                                                                                                                                                          rentemente distantes do retrato humano que entrega Xulio, un home de natural pacífico e sereno.
                                                                                                                                                                               Serena e pacífica, mesmo gozosa, é a natureza primeira da súa pintura, a superficie ofrecida na lámina de
                                                                                                                                                                          auga que semella devalar lene como as ondas do río no poema de Uxío Novoneyra. Pero entre as gasas e vela-
                                                                                                                                                                          duras que pronuncian vontade metamórfica –non referencial- de brétema e brisa, pasa un rumbo sorpresivo de
                                                                                                                                                                          arames moi veloces a esgazar o tecido sutil dos diferentes estratos do palimpsesto, esa construción macrotex-
                                                                                                                                                                          tual de discursos que van tapando parcialmente a sucesión dos sentidos. Por debaixo da epiderme dalgunha
                                                                                                                                                                          das capas asoma a insinuación dun estouro de lume que agoira devastación, o bico dunha detonación de luz
                                                                                                                                                                          negra como do fondo das orixes do tempo. Xulio García Rivas traballa no equilibrio entre a pulsión da vertixe e
                                                                                                                                                                          os sedimentos do acougo, entre action painting e abstracción lírica. Así traballa tamén o universo desde o ins-
                                                                                                                                                                          tante do primeiro trazo xestual, aquela xenialidade do Big Bang en magnífica e violenta acción expresionista que
                                                                                                                                                                          logo foi temperando a súa rabia en vagarosas pinceladas de maina xeoloxía, interrumpida con dramática frecuen-
                                                                                                                                                                          cia pola arroutada da ira cósmica.
                                                                                                                                                                               Vexo na pintura de Xulio García Rivas, alén da referencia espacial inmediata da paisaxe interpretada por vía
                                                                                                                                                                          de abstracción, unha tentativa trascendente de lectura do contrapunto rítmico do cosmos, esa dinámica paradó-
                                                                                                                                                                          xica da harmonía quebrada, do caos reconducido e ordenado. Acaso o diálogo de movementos contrastados na
                   Aires de mar VII. 1. 2010
                                                                                                                                                                          súa pintura represente tamén a manifestación de dúas facetas complementarias do ser humano a quen chama-
                   Acrílico sobre lienzo
                   130 x 162 cm
                                                                                                                                                                          mos Xulio, o home maiormente sereno e pacífico que non evita ceibar no cadro a figura secreta da paixón abi-
                                                                                                                                                                          sal; o pintor sígnico, namorado dos alfabetos da estética do silencio oriental, que se entrega tamén -e no mesmo
                                                                                                                                                                          espazo onde escoitamos a pronuncia da contención minimalista- á efusión sinfónica e monumental; o arquitecto
                                                                                                                                                                          de horizontes e marcos destinados a acoutar a expansión do exceso enerxético pero disposto tamén a permitir
                                                                                                                                                                          que o magma da luz reborde os lindes.
                                                                                                                                                                               Apunto só esta impresión da miña ollada e sei que apenas trazo un mínimo signo interpretativo sobre a
                                                                                                                                                                          superficie polisémica e singular do código expresivo de Xulio García Rivas, unha das obras máis sólidas e suxes-
                                                                                                                                                                          tivas do panorama plástico actual. Fican os meus ollos prendidos na páxina oceánica que tamén quere ser mar
                                                                                                                                                                          do espazo, ese azul total de trebón orixinario, violenta ledicia, abismo feliz. E calo co silencio dun signo branco
                                                                                                                                                                          de luz fantástica de Xulio.


                                                                                Árbore do Amor 22 - III. 2009
                                                                                                                                                                          Xosé María Álvarez Cáccamo
                                                                                    Acrílico sobre lienzo
                                                                                        70 x 60 cm.                                                                       23, maio, 2010




                                                                           XULIO GARCÍA RIVAS

                                                                                junio - julio 2010
                                                                                                                                                   XULIO GARCÍA RIVAS
                                                                                                                                                     ESPAZO DO SILENCIO
                   Nocturno XV. 7. 2009                                                                                                                                                                                                             Aires de Mar para Mariano García Patiño. 2010. Acrílico sobre lienzo. 60 x 90 cm.
                   Acrílico sobre lienzo
                   130 x 162 cm                                                 Federico Tapia, 13 bajo • Tel. +34 981 227 163 • 15005 La Coruña
                                                                                E-mail: atlantica@atlantica-arte.com • www.atlantica-arte.com                             Portada. Paisaxe XXVIII - 7. 2009. Acrílico sobre lienzo. 100 x 120 cm.
catalogo XULIO:36_9097_DesplegableCaruncho       8/6/10   07:18    Página 2




         Xulio García Rivas, Agolada de Borraxeiros, Pontevedra,
         1947. Foi profesor de debuxo moitos anos en Tui e agora na
         Coruña.
         Pintor. A súa pintura, íntima silenciosa, tan súa que se produce
         nos obstinados limos da creación, onde – se cadra – o que
         sobra no cadro son as cousas e o que queda é o ámbito, o
         espazo do fulgor. O territorio vougo da memoria poética .
         Tamén a verdade se inventa. Pintura, sábese que debería ser                                                                                Paisaxe 3 - VIII. 2009. Acrílico sobre lienzo. 40 x 240 cm
         máis coñecida do que o é, por riba dese succés d´estime que
         acada nos mellores entendedores : a victoria do prestixio.
                                                                                                                                                                                                                                                                                               Aires de Mar VII - 8. 2009                            As luces do cometa. 2009
                                                                                                                                                                                                                                                                                               Acrílico sobre lienzo                                 Acrílico sobre lienzo
                                                                                                                                                                                                                                                                                               50 x 100 cm.
                                                                   Luis Cochón
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                     50 x 100 cm.

                                                                                            Xulio García Rivas - Fotografía de Roi Alonso
         EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
         1977 R.C Naútico de Vigo                                                    II Certame de Pintura Iberdrola- Uex. Universidade de
               Asociación de Artistas. A Coruña                                      Extremadura. Badajoz.
         1978 Caixa de Aforros de Vigo                                        1994   Hostal dos Reis Católicos. (Organización: Galería Citania).
                                                                                                                                                                                                                                          Paisaxe 23 - III. 2009
         1979 Delegación Provincial do Ministerio de Cultura                         Santiago.
                                                                                                                                                                                                                                          Acrílico sobre lienzo
                                                                                     “O Gaiteiro nas Artes“. Itinerante por Galicia.
                                                                                                                                                                                                                                          50 x 100 cm.
               Santiago e Ourense.
         1980 Irmandade Galega de Caracas. Venezuela.                         1995   “Dezasete Artistas“, Museo Municipal, Lalín. Centro Cultural
         1982 Sala de Arte da Caixa de Aforros de Vigo                               Municipal, Ferrol.
         1983 Sala de Arte da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra              I Foro Atlántico de Arte Contemporánea. Palacio de
         1986 Casa da Cultura. Concello de Vigo.                                     Exposicións e Congresos. Santiago.
         1987 Galería Sargadelos. Santiago.                                   1996   Colectiva de Nadal. Galería Trisquel e Medulio. Tui.
         1991 Galería Abel Lepina. Vigo.                                             “Arte para todos”. Galería Alameda. Vigo.
         1992 “Silverio Rivas – Xulio García Rivas. Igrexa de S. Domingos,    1997   Galicia Terra Única. Galicia 1900 – 1990. Ferrol.
               Tui.                                                                  III Bienal de Lalín.
         1993 Galería Citania. Santiago de Compostela.                               II Colectiva de Nadal. Galería Trisquel e Medulio,Tui.
         1994 Casa de Galicia. Madrid.                                               Exposición pro monumento aos represaliados do 36. Hotel
         1995 Galería Sargadelos. Ferrol.                                            Colón. Tui.
         1996. “Pintando en Tui“. Igrexa de S. Domingos. Tui. (Asociación     1998   Tempo de Flamenco. Área Central. Santiago.
               Amigos da Catedral ).                                          1999   IV Bienal de Lalín.
         1998 Nova Sala de Exposicións. Caixanova. Vigo.                             III Premio Eixo Atlántico.
               Museo Municipal “Ramón María Aller”. Lalín.                    2000   Un Século de Arte en Deza. Museo Ramón María Aller. Lalín.
         2000 Galería Trisquel e Medulio. Tui.                                       “Navidad 2000“. Galería Atlántica. A Coruña.
               Galería Visol. Ourense.                                        2001   Galería Borrón 4. Cambados.
               Galería Citania. Santiago de Compostela..                      2003   Os Artistas do Deza. Castelo de Soutomaior. Pontevedra.
                                                                                                                                                                                                                 Paisaxe 24 - VII. 2009
         2002 Galería Juan Camacho.Sabarís.Baiona.                                   Colectiva de Nadal. Galería Trisquel e Medulio. Tui
                                                                                     Botella ó Mar.Casa das Artes. Vigo                                                                                          Acrílico sobre lienzo
                                                                                                                                                                                                                 80 x 100 cm.                                                                                           Aires de Mar 30 - IX. 2008
         2003 Sala Tufa. Universidade de Trier. Galicien Zentrum.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                        Acrílico sobre lienzo
               Alemaña.                                                              Auditorio de Galicia. Santiago.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                        146 x 97 cm.
         2004 Galería Citania. Santiago.                                             Plásticas Galegas. Galería Chroma. Vigo.
         2006 Galería Trisquel e Medulio. Tui.                                2004   V Salón de Outono. Caixa Galicia. A Coruña.
         2008 Fundación Caixanova                                             2006   Mostra de Pintura Homenaxe a X.M.Tomé. Galería Trisquel e

                                                                                                                                                                                                                                                                        Paisaxe II - 7. 2009
               IES Rosalía de Castro. II Bienal de Pintura San Clemente de           Medulio. Tui.
                                                                                                                                                                                                                                                                        Óleo sobre lienzo
         2010 ATLÁNTICA Centro de Arte. Espazo do silencio
               Pasantes.Santiago de Compostela.
                                                                                                                                                                                                                                                                        50 x 50 cm.
                                                                              BECAS E PREMIOS
                                                                              1975 Beca de Ampliación de Estudios Artísticos. Deputación da
         EXPOSICIÓNS COLECTIVAS                                                     Coruña.
         1978 Artistas de Galicia Sur. R.C Naútico de Vigo.                   1978 Segundo Premio de Pintura no Certame “Xoven Pintura
              Xoven Pintura Galega. Galería Adro. A Coruña.                         Galega“. Galería Adro. A Coruña.
         1979 V Bienal Nacional de Arte . Pontevedra.                         1982 Bolsa de Viaxe e adquisición dunha obra. Bienal de
         1980 Mostra de Outono. A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra.                Pontevedra.
              Vigo.                                                           1991 Premio “Isaac Díaz Pardo“. Deputación da Coruña.
         1981 Octavo Ciclo de Plástica Galega. Caixa de Aforros de Vigo.      1993 – 95 – 97 – 99 Premio – Adquisición dunha obra na Bienal
              Museo Etnográfico do Ribeiro. Rivadavia.                              “Pintor Laxeiro“. Lalín.
              Exposición Homenaxe ao Salvador. Vigo, Pontevedra.
              25 Artistas recordan a Pablo Picasso. Ateneo de Ourense.
              VI Bienal de Arte, Deputación de Pontevedra.                    COLECCIONES PRIVADAS
         1982 V Bienal Internacional de Arte. Sección “Novos Valores“.        Pazo de Mariñán
              Pontevedra.                                                     Deputación da Coruña.
         1983 Pintura Española dos Oitenta. Bienal de Pontevedra.             Deputación de Pontevedra.
         1989 I Mostra Unión Fenosa. Estación Marítima . A Coruña.            R.C. Náutico de Vigo.
         1990 XXI Bienal de Arte. Pontevedra.                                 Museo Terra de Melide.
         1991 II Certame “Isaac Díaz Pardo“, Deputación de A Coruña.          Irmandade Galega de Caracas.
              Arte en Melide. Capela de San Antón.                            Instituto de E.S. de Gondomar
              Tarxetas de Nadal. Museo Municipal de Ourense.                  Pontevedra.
         1992 Galeria Citania. Santiago.                                      Museo de Piloño. Vila de Cruces.
              I Xuntanza- taller no Museo de Piloño. Lalín.                   Xunta de Galicia.
              Memoria dunha Década. Bienal de Pontevedra.                     Caixanova.
         1993 I Bienal Pintor Laxeiro. Museo Municipal. Lalín.                Sodiga . Santiago.
                                                                                                                                                                                                                 Paisaxe IX - 1. 2009     Aires de Mar 29 - VII. 2009                                        Aires de Mar X - 7. 2008
              “Pequeño Formato“. Caixa de Aforros de Pontevedra.              Casa de Galicia. Madrid.
                                                                                                                                                                                                                 Acrílico sobre lienzo    Acrílico sobre lienzo                                              Acrílico sobre lienzo
              (Asociación de Artistas Plásticos).                             Zona Franca. Vigo.
              “O Gaiteiro nas Artes Plásticas“. II Festival de Gaiteiros      Fundación Caja de Madrid.                                                                                                          80 x 100 cm              50 x 100 cm.                                                       100 x 200 cm.
              Galegos. Liceo de Ourense.                                      Indeza. Lalín.

More Related Content

Viewers also liked (20)

HosanaHosana
Hosana
vagner costa
Teorema de PitágorasTeorema de Pitágoras
Teorema de Pitágoras
Rodrigo Costa
Reunió p 4 inici de curs 14-15
Reunió p 4 inici de curs 14-15Reunió p 4 inici de curs 14-15
Reunió p 4 inici de curs 14-15
cicleinfantil
Lei 68 92Lei 68 92
Lei 68 92
OS CONCURSEIROS DE RONDÔNIA
ٲíپٲíپ
ٲíپ
Rodrigo Costa
ٲíپٲíپ
ٲíپ
Rodrigo Costa
Reunió p5 inici de curs 14-15
Reunió p5 inici de curs 14-15Reunió p5 inici de curs 14-15
Reunió p5 inici de curs 14-15
cicleinfantil
Flying High: Flame Retardant EP90FR-V Epoxy System
Flying High: Flame Retardant EP90FR-V Epoxy SystemFlying High: Flame Retardant EP90FR-V Epoxy System
Flying High: Flame Retardant EP90FR-V Epoxy System
Master Bond
DddddporcinosDddddporcinos
Dddddporcinos
davherreraal
ܲçõܲçõ
ܲçõ
Rodrigo Costa
Naiara Altuna at University of Buenos Aires, FADU Naiara Altuna at University of Buenos Aires, FADU
Naiara Altuna at University of Buenos Aires, FADU
DESMA
PoliedrosPoliedros
Poliedros
Rodrigo Costa
Fóruns internacionais sobre o meio ambienteFóruns internacionais sobre o meio ambiente
Fóruns internacionais sobre o meio ambiente
Jamilly Ribeiro
A busca pela escolarização, através da ampliação da leitur…A busca pela escolarização, através da ampliação da leitur…
A busca pela escolarização, através da ampliação da leitur…
grupopesquisamusicauergs
Pra vocêPra você
Pra você
Cris Passos
Artigo de opiniãoArtigo de opinião
Artigo de opinião
leonorpinto58
Trabalhofinal bitsbytesTrabalhofinal bitsbytes
Trabalhofinal bitsbytes
Leila Silva
Boletim do peti 2ª ediçãoBoletim do peti 2ª edição
Boletim do peti 2ª edição
PETICN
Ficha de trabalho_3-gonçaloFicha de trabalho_3-gonçalo
Ficha de trabalho_3-gonçalo
910070778
Teorema de PitágorasTeorema de Pitágoras
Teorema de Pitágoras
Rodrigo Costa
Reunió p 4 inici de curs 14-15
Reunió p 4 inici de curs 14-15Reunió p 4 inici de curs 14-15
Reunió p 4 inici de curs 14-15
cicleinfantil
Reunió p5 inici de curs 14-15
Reunió p5 inici de curs 14-15Reunió p5 inici de curs 14-15
Reunió p5 inici de curs 14-15
cicleinfantil
Flying High: Flame Retardant EP90FR-V Epoxy System
Flying High: Flame Retardant EP90FR-V Epoxy SystemFlying High: Flame Retardant EP90FR-V Epoxy System
Flying High: Flame Retardant EP90FR-V Epoxy System
Master Bond
DddddporcinosDddddporcinos
Dddddporcinos
davherreraal
Naiara Altuna at University of Buenos Aires, FADU Naiara Altuna at University of Buenos Aires, FADU
Naiara Altuna at University of Buenos Aires, FADU
DESMA
PoliedrosPoliedros
Poliedros
Rodrigo Costa
Fóruns internacionais sobre o meio ambienteFóruns internacionais sobre o meio ambiente
Fóruns internacionais sobre o meio ambiente
Jamilly Ribeiro
A busca pela escolarização, através da ampliação da leitur…A busca pela escolarização, através da ampliação da leitur…
A busca pela escolarização, através da ampliação da leitur…
grupopesquisamusicauergs
Pra vocêPra você
Pra você
Cris Passos
Artigo de opiniãoArtigo de opinião
Artigo de opinião
leonorpinto58
Trabalhofinal bitsbytesTrabalhofinal bitsbytes
Trabalhofinal bitsbytes
Leila Silva
Boletim do peti 2ª ediçãoBoletim do peti 2ª edição
Boletim do peti 2ª edição
PETICN
Ficha de trabalho_3-gonçaloFicha de trabalho_3-gonçalo
Ficha de trabalho_3-gonçalo
910070778

䲹áDz

  • 1. catalogo XULIO:36_9097_DesplegableCaruncho 8/6/10 07:18 Página 1 ARTE DE XULIO GARCÍA RIVAS O SILENCIO ABISMAL A primeira ollada incítame a indagar nos dominios da semellanza, nos espazos da diferencia entre a voz do artista, a súa luz, e o ser terrestre a quen chamamos Xulio. ¿Que espellos da entidade humana, temperamento e carácter, estilo vital, de Xulio García Rivas ecoan no discurso dos seus lenzos e táboas? Sinto o asubío dunha entobada vibración eléctrica, sospeito o perfil das formas da vertixe, albisco as xeometrías tentadoras do abis- mo. Liñas de fuga e lóstrego, o percorrido subliminal de materias e substancias explosivas. Son significados apa- rentemente distantes do retrato humano que entrega Xulio, un home de natural pacífico e sereno. Serena e pacífica, mesmo gozosa, é a natureza primeira da súa pintura, a superficie ofrecida na lámina de auga que semella devalar lene como as ondas do río no poema de Uxío Novoneyra. Pero entre as gasas e vela- duras que pronuncian vontade metamórfica –non referencial- de brétema e brisa, pasa un rumbo sorpresivo de arames moi veloces a esgazar o tecido sutil dos diferentes estratos do palimpsesto, esa construción macrotex- tual de discursos que van tapando parcialmente a sucesión dos sentidos. Por debaixo da epiderme dalgunha das capas asoma a insinuación dun estouro de lume que agoira devastación, o bico dunha detonación de luz negra como do fondo das orixes do tempo. Xulio García Rivas traballa no equilibrio entre a pulsión da vertixe e os sedimentos do acougo, entre action painting e abstracción lírica. Así traballa tamén o universo desde o ins- tante do primeiro trazo xestual, aquela xenialidade do Big Bang en magnífica e violenta acción expresionista que logo foi temperando a súa rabia en vagarosas pinceladas de maina xeoloxía, interrumpida con dramática frecuen- cia pola arroutada da ira cósmica. Vexo na pintura de Xulio García Rivas, alén da referencia espacial inmediata da paisaxe interpretada por vía de abstracción, unha tentativa trascendente de lectura do contrapunto rítmico do cosmos, esa dinámica paradó- xica da harmonía quebrada, do caos reconducido e ordenado. Acaso o diálogo de movementos contrastados na Aires de mar VII. 1. 2010 súa pintura represente tamén a manifestación de dúas facetas complementarias do ser humano a quen chama- Acrílico sobre lienzo 130 x 162 cm mos Xulio, o home maiormente sereno e pacífico que non evita ceibar no cadro a figura secreta da paixón abi- sal; o pintor sígnico, namorado dos alfabetos da estética do silencio oriental, que se entrega tamén -e no mesmo espazo onde escoitamos a pronuncia da contención minimalista- á efusión sinfónica e monumental; o arquitecto de horizontes e marcos destinados a acoutar a expansión do exceso enerxético pero disposto tamén a permitir que o magma da luz reborde os lindes. Apunto só esta impresión da miña ollada e sei que apenas trazo un mínimo signo interpretativo sobre a superficie polisémica e singular do código expresivo de Xulio García Rivas, unha das obras máis sólidas e suxes- tivas do panorama plástico actual. Fican os meus ollos prendidos na páxina oceánica que tamén quere ser mar do espazo, ese azul total de trebón orixinario, violenta ledicia, abismo feliz. E calo co silencio dun signo branco de luz fantástica de Xulio. Árbore do Amor 22 - III. 2009 Xosé María Álvarez Cáccamo Acrílico sobre lienzo 70 x 60 cm. 23, maio, 2010 XULIO GARCÍA RIVAS junio - julio 2010 XULIO GARCÍA RIVAS ESPAZO DO SILENCIO Nocturno XV. 7. 2009 Aires de Mar para Mariano García Patiño. 2010. Acrílico sobre lienzo. 60 x 90 cm. Acrílico sobre lienzo 130 x 162 cm Federico Tapia, 13 bajo • Tel. +34 981 227 163 • 15005 La Coruña E-mail: atlantica@atlantica-arte.com • www.atlantica-arte.com Portada. Paisaxe XXVIII - 7. 2009. Acrílico sobre lienzo. 100 x 120 cm.
  • 2. catalogo XULIO:36_9097_DesplegableCaruncho 8/6/10 07:18 Página 2 Xulio García Rivas, Agolada de Borraxeiros, Pontevedra, 1947. Foi profesor de debuxo moitos anos en Tui e agora na Coruña. Pintor. A súa pintura, íntima silenciosa, tan súa que se produce nos obstinados limos da creación, onde – se cadra – o que sobra no cadro son as cousas e o que queda é o ámbito, o espazo do fulgor. O territorio vougo da memoria poética . Tamén a verdade se inventa. Pintura, sábese que debería ser Paisaxe 3 - VIII. 2009. Acrílico sobre lienzo. 40 x 240 cm máis coñecida do que o é, por riba dese succés d´estime que acada nos mellores entendedores : a victoria do prestixio. Aires de Mar VII - 8. 2009 As luces do cometa. 2009 Acrílico sobre lienzo Acrílico sobre lienzo 50 x 100 cm. Luis Cochón 50 x 100 cm. Xulio García Rivas - Fotografía de Roi Alonso EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS 1977 R.C Naútico de Vigo II Certame de Pintura Iberdrola- Uex. Universidade de Asociación de Artistas. A Coruña Extremadura. Badajoz. 1978 Caixa de Aforros de Vigo 1994 Hostal dos Reis Católicos. (Organización: Galería Citania). Paisaxe 23 - III. 2009 1979 Delegación Provincial do Ministerio de Cultura Santiago. Acrílico sobre lienzo “O Gaiteiro nas Artes“. Itinerante por Galicia. 50 x 100 cm. Santiago e Ourense. 1980 Irmandade Galega de Caracas. Venezuela. 1995 “Dezasete Artistas“, Museo Municipal, Lalín. Centro Cultural 1982 Sala de Arte da Caixa de Aforros de Vigo Municipal, Ferrol. 1983 Sala de Arte da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra I Foro Atlántico de Arte Contemporánea. Palacio de 1986 Casa da Cultura. Concello de Vigo. Exposicións e Congresos. Santiago. 1987 Galería Sargadelos. Santiago. 1996 Colectiva de Nadal. Galería Trisquel e Medulio. Tui. 1991 Galería Abel Lepina. Vigo. “Arte para todos”. Galería Alameda. Vigo. 1992 “Silverio Rivas – Xulio García Rivas. Igrexa de S. Domingos, 1997 Galicia Terra Única. Galicia 1900 – 1990. Ferrol. Tui. III Bienal de Lalín. 1993 Galería Citania. Santiago de Compostela. II Colectiva de Nadal. Galería Trisquel e Medulio,Tui. 1994 Casa de Galicia. Madrid. Exposición pro monumento aos represaliados do 36. Hotel 1995 Galería Sargadelos. Ferrol. Colón. Tui. 1996. “Pintando en Tui“. Igrexa de S. Domingos. Tui. (Asociación 1998 Tempo de Flamenco. Área Central. Santiago. Amigos da Catedral ). 1999 IV Bienal de Lalín. 1998 Nova Sala de Exposicións. Caixanova. Vigo. III Premio Eixo Atlántico. Museo Municipal “Ramón María Aller”. Lalín. 2000 Un Século de Arte en Deza. Museo Ramón María Aller. Lalín. 2000 Galería Trisquel e Medulio. Tui. “Navidad 2000“. Galería Atlántica. A Coruña. Galería Visol. Ourense. 2001 Galería Borrón 4. Cambados. Galería Citania. Santiago de Compostela.. 2003 Os Artistas do Deza. Castelo de Soutomaior. Pontevedra. Paisaxe 24 - VII. 2009 2002 Galería Juan Camacho.Sabarís.Baiona. Colectiva de Nadal. Galería Trisquel e Medulio. Tui Botella ó Mar.Casa das Artes. Vigo Acrílico sobre lienzo 80 x 100 cm. Aires de Mar 30 - IX. 2008 2003 Sala Tufa. Universidade de Trier. Galicien Zentrum. Acrílico sobre lienzo Alemaña. Auditorio de Galicia. Santiago. 146 x 97 cm. 2004 Galería Citania. Santiago. Plásticas Galegas. Galería Chroma. Vigo. 2006 Galería Trisquel e Medulio. Tui. 2004 V Salón de Outono. Caixa Galicia. A Coruña. 2008 Fundación Caixanova 2006 Mostra de Pintura Homenaxe a X.M.Tomé. Galería Trisquel e Paisaxe II - 7. 2009 IES Rosalía de Castro. II Bienal de Pintura San Clemente de Medulio. Tui. Óleo sobre lienzo 2010 ATLÁNTICA Centro de Arte. Espazo do silencio Pasantes.Santiago de Compostela. 50 x 50 cm. BECAS E PREMIOS 1975 Beca de Ampliación de Estudios Artísticos. Deputación da EXPOSICIÓNS COLECTIVAS Coruña. 1978 Artistas de Galicia Sur. R.C Naútico de Vigo. 1978 Segundo Premio de Pintura no Certame “Xoven Pintura Xoven Pintura Galega. Galería Adro. A Coruña. Galega“. Galería Adro. A Coruña. 1979 V Bienal Nacional de Arte . Pontevedra. 1982 Bolsa de Viaxe e adquisición dunha obra. Bienal de 1980 Mostra de Outono. A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra. Pontevedra. Vigo. 1991 Premio “Isaac Díaz Pardo“. Deputación da Coruña. 1981 Octavo Ciclo de Plástica Galega. Caixa de Aforros de Vigo. 1993 – 95 – 97 – 99 Premio – Adquisición dunha obra na Bienal Museo Etnográfico do Ribeiro. Rivadavia. “Pintor Laxeiro“. Lalín. Exposición Homenaxe ao Salvador. Vigo, Pontevedra. 25 Artistas recordan a Pablo Picasso. Ateneo de Ourense. VI Bienal de Arte, Deputación de Pontevedra. COLECCIONES PRIVADAS 1982 V Bienal Internacional de Arte. Sección “Novos Valores“. Pazo de Mariñán Pontevedra. Deputación da Coruña. 1983 Pintura Española dos Oitenta. Bienal de Pontevedra. Deputación de Pontevedra. 1989 I Mostra Unión Fenosa. Estación Marítima . A Coruña. R.C. Náutico de Vigo. 1990 XXI Bienal de Arte. Pontevedra. Museo Terra de Melide. 1991 II Certame “Isaac Díaz Pardo“, Deputación de A Coruña. Irmandade Galega de Caracas. Arte en Melide. Capela de San Antón. Instituto de E.S. de Gondomar Tarxetas de Nadal. Museo Municipal de Ourense. Pontevedra. 1992 Galeria Citania. Santiago. Museo de Piloño. Vila de Cruces. I Xuntanza- taller no Museo de Piloño. Lalín. Xunta de Galicia. Memoria dunha Década. Bienal de Pontevedra. Caixanova. 1993 I Bienal Pintor Laxeiro. Museo Municipal. Lalín. Sodiga . Santiago. Paisaxe IX - 1. 2009 Aires de Mar 29 - VII. 2009 Aires de Mar X - 7. 2008 “Pequeño Formato“. Caixa de Aforros de Pontevedra. Casa de Galicia. Madrid. Acrílico sobre lienzo Acrílico sobre lienzo Acrílico sobre lienzo (Asociación de Artistas Plásticos). Zona Franca. Vigo. “O Gaiteiro nas Artes Plásticas“. II Festival de Gaiteiros Fundación Caja de Madrid. 80 x 100 cm 50 x 100 cm. 100 x 200 cm. Galegos. Liceo de Ourense. Indeza. Lalín.