1. IES TERRA DE SONEIRA
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
SESIÓN INFORMATIVA CON 2º DE BACH.
DECEMBRO 2012
Mónica Diz Besada
2. Sistema Universitario de GaliciaSistema Universitario de Galicia
3 universidades
7 campus
Ferrol
Coruña
Lugo
Santiago
Pontevedra
Ourense
Vigo
3. European Credit Transfer and Acumulation System (Sistema Europeo de
Transferencia e Acumulación de Créditos).
Unidade de medida do haber académico, baseada na carga de traballo
que o estudante debe realizar para superar as materias establecidas no
plan de estudos.
Integra tanto as ensinanzas teóricas como prácticas, así como as horas de
estudo e traballo persoal: clases, titorías, prácticas, visitas externas,
traballo individual e en grupo, preparación de exames, o exame, … .
Un curso son 60 ECTS.
Un ECTS son 25 horas de traballo.
Son comparables entre os distintos países, polo que o ECTS facilita a
mobilidade.
4. 1º ciclo
Título de Grao correspondente
240 créditos ECTS
Traballo ou proxecto de grao
Formación de carácter xeral e de Capacitación para o
exercicio profesional
Ensinanzas
de
Posgrao 2º ciclo
Título de Máster
Entre 60-120 créditos ECTS
Traballo ou proxecto de máster.
Formación avanzada, Especialización académica ou
profesional ou inicio en tarefas investigadoras
3º ciclo
Título de Doutor
Cursos, seminarios ou outras actividades dirixidas á
formación investigadora + Tese de Doutoramento.
Formación avanzada en técnicas de investigación
Ensinanzas de
Grao
Estrutura dos estudos superiores baseada noEstrutura dos estudos superiores baseada no
Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
5. Ciencias Sociais e xurídicas.
Artes e Humanidades.
Ciencias da Saúde.
Ciencias.
Enxeñaría e arquitectura.
6. PARA OS TITULADOS
DE BACHARELATO:
- Superar as PAU (a fase
xeral), alomenos con un 4.
- A nota de acceso será a nota
media ponderada entre as PAU
(40%) e a media de
bacharelato (60%), acadando
en total alomenos un 5.
PARA OS TITULADOS EN FP
SUPERIOR:
•Acceso directo.
•Non se reserva un nº de prazas, senón que entran só
coa nota media do expediente en igualdade cos
titulados de bacharelato.
•NMA: Suma das cualificacións numéricas dos
módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e
dividindo o resultado obtido polo número total dos
módulos.
•Non serán computados os módulos de formación en
centros de traballo e os que fosen obxeto de
validación.
•A nota media expresarase con dúas cifras decimais e
arredondada á centésima máis próxima e, en caso de
equidistancia, á superior.
7. Presentándome á fase específica, voluntaria,
elixindo materias vinculadas á rama de
coñecemento da titulación elixida, e
consideradas como prioritarias para esa
titulación.
8. Fase xeral (obrigatoria para os de
bacharelato e de validez indefinida).
Fase específica (voluntaria e con dous anos
de validez). Permite mellorar a cualificación
da fase xeral para os de BACH ou a nota
media do Ciclo Superior.
9. • 5 exercicios con dúas
opcións diferentes, con
1h. e ½ para cada
exercicio. Pódense
realizar en castelá ou
galego, excepto os de
LC, LG e Inglés.
• Cada exame puntúase
de 0 a 10 puntos, con
dúas cifras decimais.
1º Lingua Castelá e Literatura.
2º Lingua Galega e Literatura.
3º Historia de España ou
Historia da Filosofía.
4º Lingua Estranxeira.
5º Materia de modalidade de
2º curso de Bacharelato.
10. Cada exame puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas
cifras decimais.
A nota desta fase será a Media Aritmética das
cualificacións de tódolos exercicios, de 0 a 10,
con 3 cifras decimáis, arrondando á milésima
máis próxima.
Exemplo: 7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80
= 31´30/5 = 6´260
11. Cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos,
depois de facer a media entre o bacharelato (60%) e a fase
xeral (40%), expresada con dous decimais.
É necesario acadar alomenos un 4 na fase xeral.
Exemplo:
- Nota de Bacharelato: 7´80
- Nota da fase xeral: 7´200
- Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560
Non computa a materia de Relixión, na media de
Bacharelato.
12. Exame dun máximo de 4 materias de 2º curso de calquera
modalidade de bacharelato, diferentes da escollida na
fase xeral.
En cada exercicio preséntase dúas opcións diferentes, e
poderán facerse en castelá ou galego.
As materias escollidas deben pertencer á rama de
coñecemento da titulación elixida.
No caso de presentarse a máis de dúas materias e aprobar,
só se terán en conta as dúas mellores notas, despois de
aplicar os parámetros de ponderación.
14. Cada unha das materias cualifícase de 0 a 10 con dúas cifras decimais.
Hai que acadar alomenos un 5 para superar o exame.
A nota acadada multiplícase por 0’1 (se pertenece á rama de
coñecemento) ou 0´2 (se ademais se considera materia prioritaria), e
súmase á nota de acceso á universidade.
Exemplo:
- Nota de Bacharelato: 7´80
- Nota da fase xeral: 7´200
- Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560
- Nota da Materia 1 (prioritaria): 6´5
- Nota da Materia 2 (prioritaria): 6´5
- Puntos adicionais: (6´50*0´2) + (6´50*0´2) = 2´60
- Nota de admisión: 7´560 + 2´60 = 10´160
15. Os que soliciten diferentes titulacións, ou
diferentes universidades, poden ter
diferentes notas de admisión, en función da
ponderación (0´1 ou 0´2) das materias
elixidas na fase específica, que lle conceda
cada titulación ou universidade.
Poñamos un exemplo dun estudante que ten
as seguintes notas e que quere estudar
Medicina ou Nutrición:
16. Nota media de bacharelato: 9´00
Nota da fase xeral: 8´00
Nota de admisión antes de realizar a fase específica: (0´60*9
´00) + (0´40*8´00) = 8´600
Fase específica:
Materia 1: Química 8´50
Materia 2: Bioloxía 8´20
Na universidade onde quere estudiar Medicina tanto Química como Bioloxía
considéranse materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2.
No caso deste estudiante, a súa nota de admisión para Medicina nesta
Universidade sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´2*8´20) = 11
´940
Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de
coñecemento (Nutrición Humana e Dietética de Ciencias da
Saúde), pero onde Química non se considera asignatura prioritaria, o
multiplicador para esta materia sería 0´1. Entón, a súa nota de admisión
sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´1*8´20) = 11´12
17. Cando hai máis solicitudes que prazas, as universidades
públicas empregan a nota de admisiónnota de admisión para ordenar as
solicitudes de maior nota ata a menor.
O último estudante que consigue entrar marca a nota de
corte, que sirve de referencia para o seguinte curso.
No caso de empate, se procede de bacharelato, terá
preferencia o estudante que na fase xeral fixera o exame
dunha materia vinculada á rama de coñecemento da
titulación á que se opta.
No caso dos titulados en FP, en caso de empate, terá
preferencia o estudante cuxo título estea adscrito á rama
de coñecemento na que se atope o grao que queira
cursar.
18. Para os que proceden de bacharelato tan
só precisan superar as PAU (a fase xeral) e
acadar unha media ponderada de
alomenos un 5.
Os que proceden dun Ciclo de FP superior
teñen acceso directo.
As titulacións con límite e sen límite.
19. Hai dúas convocatorias anuais:
- Ordinaria (xuño)
- Extraordinaria (setembro)
É posible presentarse en sucesivas convocatorias
para mellorar nota, e considerarase sempre a
cualificación superior entre as obtidas.
Para o acceso á universidade, en xuño teñen
prioridade os que aprobaron ese ano en xuño, e
os de anos anteriores.
20. Reclamación: o exame non volve a corrixirse, tan só os exercicios sobre
os que se presenta a reclamación serán revisados por outro corrector. A
cualificación obtida será a que resulte desta revisión sempre que sexa
superior, agás os erros de suma.
Segunda corrección: o exame corríxese de novo por un corrector
diferente. Coas dúas cualificacións faise a media e o resultado será a
nota final, que pode ser igual, inferior ou superior. Se hai unha diferencia
de + de 2 ptos. Haberá unha 3ª corrección. A cualificación será a media
das 3 notas.
Depois da 2ª corrección poderase presentar unha reclamación. A
cualificación definitiva será a que resulte desta revisión, sempre que sexa
superior.
PRAZO: 3 días hábiles dende a publicación das notas.
Dereito a ver o exame corrixido unha vez finalizado o prazo de
reclamación, no prazo de 10 días.
21. A mediados de maio, na secretaría do instituto.
Aportar a documentación: DNI, certificación académica
(provisional para os titulados de FP, ata superar a FCT)
Impreso de matrícula, onde se debe elixir:
- Lingua estranxeira (fase xeral)
- Hª de España ou Hª da Filosofía (fase xeral).
- Materia de modalidade (fase xeral)
- 1, 2, 3 ou 4 materias de modalidade da fase específica.
Todo o proceso de inscrición nas PAU e na Universidade
pódese facer a traves de NERTA.
22. Todo o proceso de inscrición nas PAU e na
universidade pódese facer a través da aplicación
telemática Nerta.
Hai que darse de alta aportando datos personais.
Posteriormente recíbese unha clave para poder
entrar na aplicación.
24. WEBS
http:/ciug.cesga.es
Notas de corte.
Ponderacións das materias da fase específica.
Explicación das PAU (datas, horario, …).
Titulacións con e sen límite de prazas.
Enlace coas web de tódalas universidades de España.
Acceso a NERTA.
www.udc.es
www.usc.es
www.uvigo.es
26. O BLOG DE ORIENTACIÓN
monicadizorienta.blogspot.com