Breve explicación sobre o Cinturón de Kuiper e a Nube de Oort.
1 of 10
More Related Content
Cinturón de kuiper
1. Cinturón de kuiper e a nube de Oort Realizado por: José Ramón Vilar Dios 1º Bacharelato B
2. Definición Zona do sistema solar que se extende dende unhas 30 U.A ( unidades astronómicas, é decir, a distancia que corresponde dende a Terra o Sol ) hasta unhas 100 U.A e que contén un gran número de asteroides e nucleos cometarios ( calcúlase que entre 10 5 y 10 7 corpos). A súa existencia foi proposta por G.P.Kuiper en 1951 como unha posible fonte de cometas.
4. Físicamente estos distribúense en forma de disco, aproximadamente no plano da eliptica e pode considerarse como a parte máis interna da nube de Oort. En 1992 descúbrese o primeiro obxeto visible desta rexión ( 1992, QB1 ) e actualmente conócense varios centos. Cinturón externo do sistema solar.
5. Obxectos do cinto de Kuiper Máis de 800 obxectos do cinto de Kuiper foron observados ata o momento. Durante moito tempo os astrónomos consideraron a Plutón e Caronte como os obxectos maiores deste grupo. Con todo o 4 de xuño de 2002 descubriuse 50000 Quaoar, un obxecto de tamaño inusual. Este corpo resultou ser a metade de grande que Plutón. Ao ser tamén maior que a súa lúa Caronte, pasou a converterse durante un tempo, no segundo obxecto máis grande do cinto de Kuiper. Outros obxectos menores do cinto de Kuiper fóronse descubrindo desde entón. Pero o 13 de novembro de 2003 anunciouse o descubrimento dun corpo de grandes dimensións, moito máis afastado que Plutón ao que denominaron Sedna. O obxecto 90337 Sedna destronou a Quaoar do posto de segundo obxecto transneptuniano máis grande. A súa pertenza ao cinto de Kuiper está cuestionada por algúns astrónomos que o consideran un corpo demasidado afastado, representante quizais do límite inferior da nube de Oort. En tal caso, 2000 CR105 pertencería tamén a esta clase.
6. A sorpresa chegou o 29 de xullo de 2005 cando se anuncia o descubrimento de tres novos obxectos: Eris, Makemake e Haumea, ordenados de maior a menor. Eris revela ser ata maior que o propio Plutón polo que se lle alcumou como o décimo planeta chegándose a consideralo como o lendario Planeta X. Estritamente falando, Eris non pertence ao cinto de Kuiper. É membro do disco disperso pois a súa distancia media ao Sol é de 67 ua. A clasificación exacta de todos estes obxectos non é clara dado que as observacións ofrecen moi poucos datos sobre a súa composición ou superficies. Ata as estimacións sobre o seu tamaño son dubidosas dado que en moitos casos baséanse, tan só, en datos indirectos sobre o seu albedo comparada coa doutros corpos semellantes como Plutón.
8. Definición Moito máis lonxe que a órbita de Plutón, unha ampla coleccion de sucias bólas de neve (que son cometas potenciais) rodean o sistema solar. Forman unha nube chamada así na honra do astrónomo holandés Jan Oort, que foi o primeiro en suxerir a súa existencia. Ocasionalmente, libérase unha desas bólas de neve e entra no interior do sistema solar como un novo cometa. Oort deduciu a existencia da nube rastrexando cara atrás o punto de orixe das órbitas de cométalos que chegaban. A nube de Oort figura de forma prominente nalgunhas teorías de extincións en masa sobre a Terra.