ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Dr. HAMILTON NAKI O CIRURXIÁN  CLANDESTINO
Hamilton Naki, un surafricano negro de 78 anos, morreu en maio de 2005.  A noticia non apareceu nos periódicos, pero a súa historia é unha das máis extraordinarias do século XX. Naki era un gran cirurxián.
      Foi el quen retirou do corpo da doante o corazón que foi transplantado a Louis Washkankeen 1967, na Cidade do Cabo, Suráfrica, na primeira operación de transplante cardíaco humano con éxito . É un traballo moi delicado. O corazón doado ten que ser retirado e preservado co máximo coidado.
   Naki era o segundo home máis importante do equipo que fixo o   primeiro transplante cardíaco da historia.     Pero non podía aparecer, porque era negro, no país do apartheid.
O cirurxián xefe do grupo, o branco Christian Barnard,  transformouse nunha celebridade instantánea.
Pero Hamilton Naki non podía saír nas fotografías do equipo.  Cando apareceu nunha, por descoido, o hospital informou que era un empregado do servizo de limpeza.
Naki usaba bata e máscara, pero xamais estudou medicina nin cirurxía. Abandonara a escola aos 14 anos.  Era xardineiro na Escola de Medicina da Cidade do Cabo.
Comezou limpando as gaiolas. Pero era curioso e aprendía de présa. Aprendeu a técnica cirúrxica vendo os médicos brancos que practicaban as técnicas de transplantes en cans e porcos.
Transformouse nun cirurxián excepcional, ata tal punto que o Dr. Barnard o requiriu para formar parte do seu equipo.
Era un problema para as leis surafricanas.  Naki, negro, non podía operar pacientes nin tocar sangue de brancos.
Pero o hospital considerábao tan valioso que fixo unha excepción con el.  Transformouse en cirurxián... pero clandestino.
Pero iso non lle importou.  El seguiu estudando e dando o mellor de si, pese á discriminación.
Era o mellor. Daba clases aos estudantes brancos, pero gañaba o salario de técnico de laboratorio, o máximo que o hospital podía pagar a un negro.
Vivía nunha choupana sen luz eléctrica nin auga corrente, nun gueto da periferia, como correspondía a un negro.
Hamilton Naki ensinou cirurxía durante 40 anos e retirouse cunha pensión de xardineiro, de 275 dólares por mes.
Cando o apartheid terminou, concedéronlle unha condecoración e o título de médico honoris causa.
    Nunca reclamou polas inxustizas que sufriu ao longo de toda a súa vida. Christian Barnard  Hamilton Naki
Pese á clandestinidade e discriminación xamais deixou de dalo mellor de si mesmo: a súa paixón por axudar a vivir.
Dr. Naki, por todo canto lograches para a humanidade por encima dos teus propios intereses, grazas. Pasa esta mensaxe para que se coñeza quen foi H amilton Naki, magnífico médico e ser humano excepcional.

More Related Content

Cirurxián clandestino

  • 1. Dr. HAMILTON NAKI O CIRURXIÁN CLANDESTINO
  • 2. Hamilton Naki, un surafricano negro de 78 anos, morreu en maio de 2005. A noticia non apareceu nos periódicos, pero a súa historia é unha das máis extraordinarias do século XX. Naki era un gran cirurxián.
  • 3.      Foi el quen retirou do corpo da doante o corazón que foi transplantado a Louis Washkankeen 1967, na Cidade do Cabo, Suráfrica, na primeira operación de transplante cardíaco humano con éxito . É un traballo moi delicado. O corazón doado ten que ser retirado e preservado co máximo coidado.
  • 4.    Naki era o segundo home máis importante do equipo que fixo o primeiro transplante cardíaco da historia.     Pero non podía aparecer, porque era negro, no país do apartheid.
  • 5. O cirurxián xefe do grupo, o branco Christian Barnard, transformouse nunha celebridade instantánea.
  • 6. Pero Hamilton Naki non podía saír nas fotografías do equipo. Cando apareceu nunha, por descoido, o hospital informou que era un empregado do servizo de limpeza.
  • 7. Naki usaba bata e máscara, pero xamais estudou medicina nin cirurxía. Abandonara a escola aos 14 anos. Era xardineiro na Escola de Medicina da Cidade do Cabo.
  • 8. Comezou limpando as gaiolas. Pero era curioso e aprendía de présa. Aprendeu a técnica cirúrxica vendo os médicos brancos que practicaban as técnicas de transplantes en cans e porcos.
  • 9. Transformouse nun cirurxián excepcional, ata tal punto que o Dr. Barnard o requiriu para formar parte do seu equipo.
  • 10. Era un problema para as leis surafricanas. Naki, negro, non podía operar pacientes nin tocar sangue de brancos.
  • 11. Pero o hospital considerábao tan valioso que fixo unha excepción con el. Transformouse en cirurxián... pero clandestino.
  • 12. Pero iso non lle importou. El seguiu estudando e dando o mellor de si, pese á discriminación.
  • 13. Era o mellor. Daba clases aos estudantes brancos, pero gañaba o salario de técnico de laboratorio, o máximo que o hospital podía pagar a un negro.
  • 14. Vivía nunha choupana sen luz eléctrica nin auga corrente, nun gueto da periferia, como correspondía a un negro.
  • 15. Hamilton Naki ensinou cirurxía durante 40 anos e retirouse cunha pensión de xardineiro, de 275 dólares por mes.
  • 16. Cando o apartheid terminou, concedéronlle unha condecoración e o título de médico honoris causa.
  • 17.     Nunca reclamou polas inxustizas que sufriu ao longo de toda a súa vida. Christian Barnard Hamilton Naki
  • 18. Pese á clandestinidade e discriminación xamais deixou de dalo mellor de si mesmo: a súa paixón por axudar a vivir.
  • 19. Dr. Naki, por todo canto lograches para a humanidade por encima dos teus propios intereses, grazas. Pasa esta mensaxe para que se coñeza quen foi H amilton Naki, magnífico médico e ser humano excepcional.