Transform any presentation into a summarized study guide, highlighting the most important points and key insights.
1 of 11
Download to read offline
More Related Content
Composición Hispania
1. Visigodos e Suevos Evolución posterior Falta Información Orden Tema Documentos Reinos: León/Castela Navarra e Aragón Condado Barcelona Taifas Reinos: Portugal, Castela, Aragón, Navarra, Musulmáns (almohades) Fases da conquista Provincias e conventus Vias romanas Conquistas árabes Guadalete, Covadonga Territorios cristiáns Fronteira 1050 3º 4º 1º 2º Hispania 1085 Hispania 1147 Hispania romana Hispania musulmana doc4 Doc 3 Doc 2 Doc 1
2. EVOLUCIÓN ATA O 1492: FIN DA RECONQUISTA Fases da conquista Provincias e conventus Vias romanas 1º Hispania romana Doc 2 Conquistas árabes Guadalete, Covadonga Territorios cristiáns Fronteira 1050 2º Hispania musulmana Doc 1 Reinos: León/Castela Navarra e Aragón Condado Barcelona Taifas 3º Hispania 1085 doc4 Reinos: Portugal, Castela, Aragón, Navarra, Musulmáns (almohades) 4º Hispania 1147 Doc 3 V I S I G O D O S …
3. GUIÓN Introducción 2. Composición: a Hispania romana conquista organización territorial b Conquista visigoda c Hispania musulmana: Conquista Organización de Al Andalus: emirato, califato, reinos de taifas … d Reinos cristianos: Evolución 3. Conclusión
4. 1º INTRODUCCIÓN : “ O tema da seguinte composición é explicar a evolución política e territorial da península ibérica dende a conquista romana ata a idade media …”
5. “ Despois das guerras púnicas a península ibérica quedou nas mans do Imperio romano, aínda que a súa conquista durou casi 200 anos como podemos observar no documento dous … “ “ A medida que os romanos tomaban posesión do territorio peninsular o integraban dentro do amplo e complexo Imperio romano, primeiro como dúas provincias (tarraconense e bética) que mási tarde se convertiron en cinco como podemos ver no mapa do documento 2: cartaginense, lusitanica e gallaecia ademáis das xa citadas …” 2º Doc. 2: Hispania romana 1º conquista 2º organización territorial “ A conquista romana parteu da ocupación do litoral Mediterráneo e avanzou ata o interior das dúas mesetas entre os anos 184 e o 29 a. C. Este avance tivo dous momentos álixidos nas chamadas guerras lusitánicas e guerras celtibéricas, onde os romanos tiveron que facer fronte a …” “ Por último nas chamadas guerras cántabras Octavio Augusto someteu definitivamente ós habitantes do Norte peninsular, quedando toda a península baixo o control romano.” “ Estas provincias estaban divididas en conventus cuia función era …” “ Todas estas entidades administrativas estaban unidas mediante unha completa rede de carreteiras, as vias romanas, que posibilitaban a xestión de tan vasto territorio …”
6. 3º CAIDA DO IMPERIO ROMANO – CHEGADA DOS BÁRBAROS: VISIGODOS E SUEVOS Non hai ningún documento pero é imposible non falar deste período como intermedio entre o poder romano e o musulmán… “ A caída do Imperio romano supuxo a desaparición da organización territorial e administrativa da Península Ibérica, sendo sustituida polo feble control do territorio que supuxo a ocupación dos distintos pobos bárbaros: suevos, alanos e vándalos primeiro e visigodos despois.” “ O primeiro reino bárbaro da península foi o suevo que se asentou na vella Gallaecia, pero que foi conquistado no ano 585 polo rei visigodo Leovixildo, conseguindo a unificación penínsular ó derrotar tamén os bizantinos do sur da península e ós cantabros e vascóns no norte …” “ A aparente centrtalización do poder visigodo nas mans dos reis, escondía unha enorme debilidade destes xa que a nobreza estaba dividida e a poboación non tiña demasiada afinidade coa poboación visigosa. Esto explicará a rápida conquista musulmana a partires doa no 711 …”
7. 4º HISPANIA MUSULMANA (Doc 1) “ No mapa do documento 1 podemos observar os avances das campañas de Tariq e Muza que en apenas 11 anos pasaron a controlar totalmente a península ibérica , a pesar de que algúns cristianos resistiron no norte despois da batalla de Covadonga…” “ Esta división da nobreza visigoda, en concreto á morte do rei Witiza, favoreceu a chegada dos musulmáns á península que contaron coa axuda do nobre Xulián enemistado co rei Rodrigo” “ A derrota deste en Guadalete marcou o final do dominio visigodo …” 1º conquista 2º organización territorial “ Os novos dominadores da península formaban parte dun Imperio moito maior cuia capital estaba en Damasco …Nesta primeira etapa polo tanto, Hispania (Al-Andalus), era unha provincia (emirato) do Imperio árabe, e a súa capital estaba en Córdoba ” “ O conflicto dinástico entre os Omeias e os Abasís provocará a independencia de Al Andalus respecto do Imperio árabe, nun principio como emirato independente e a partires do 929 como Califato con capital en Córdoba” “ A progresiva debilidade dos califas andaluces provocou a súa desaparición no ano 1031, comezando unha nova etapa de dispersión do poder musulmán, os chamados reinos de Taifas …”
8. “ Esta evolución de Al Andalus podémola apreciar nos documentos 1, 3 e 4” “ O primeiro amosará os avances da conquista musulmana pero tamén a organización no norde dos primeiros focos de resistencia cristián en Asturias e Santander e a chamada Marca Hispánica que se acabarán convertindo nos futuros reinos de Castela e León, Navarra e Aragón … Esta marca hispánica foi creada por …”” “ No documento catro (1085) xa aparecerán representados en territorio musulmán os chamados reinos de taifas, cuia debilidade favorecerá o avance cristián… mentras que no norde observamos a gran extensión que acada o reino de Castela e León e tamén o asentamento na zona pirenaica dos reinos de Aragón e Navarra e dos condados cataláns, os territorios que no documento 1 aparecían como a Marca Hispánica.” DOCUMENTOS 3 E 4 (e 1): Al Andalus e os reinos cristianos do Norde “ Na parte inferior deste mapa observamos unha frecha procedente do Norde de África que informa da invasión almorábide no ano 1085-6 que frenou temporalmente o avance cristián ó unificar os reinos de Taifas no Imperio almorábide do Norde de África con capital en Marraquesch…”
9. “ No último documento, o número 3, o mapa do ano 1147, veremos como o territorio da antiga taifa de Zaragoza foi conquistado polo reino de Aragón, desgaxado do reino de Navarra, xurdindo tamén en territorio castelán un novo reino, o de Portugal. Este mapa amosa tamén o breve período de unficación de Al Andalus nas mans dos almohades, que cruzaran o estreito no ao 1146 e que serán derrotados definitivamente no ano 1212” “ A partir deste momento os novos reinos de taifas serán conquistados doadamente polos cristianos que avanzarán imparablemente ata que a mediados do século XIII só quede baixo control musulmán o reino de Granada no Sur da península, que resistirá como tributario do reino de Castela ata o ano 1492” Ainda que os mapas non falan máis que deste período deberemos inevitablemente explicar que pasou a continuación coa Península Ibérica dende o punto de vista político e territorial “ A conquista deste último reino musulmán da Península, foi un elemento clave na idea de unificación peninsular que perseguiron os reis católicos, iniciada coa súa unión matrimonial e que concluirá coa anexión de Navarra no ano 1512. Só Portugal manterá a súa independencia aínda que a política matrimonial dos Reis Católicos dará os seus froitos e durante o reinado dos reis Filipe II, III e IV toda a península recuperará a unidade da época romana e que so se conseguirá brevemente durante a época visigoda…”