Sesión de formación. Xornada do Programa de Mellora do Exito Escolar. Santiago de Compostela, 29/05/08
1 of 39
More Related Content
Comprension Lectora Mellora Exitoescolar
1. Comprensión lectora Cristina Novoa [email_address] Xornada do Programa de Mellora do Éxito Escolar Santiago de Compostela maio 2008
2. A lectura no novo contexto educativo: LOE Artigos 19.2/24.7/25.5 (Primaria/Secundaria): Sen prexuizo do seu tratamento específico nalgunhas áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita , a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da comunicación e da información e a educación en valores traballaranse en todas as áreas . Educación Primaria: Artigo 19.3. A fin de fomentar o hábito da lectura dedicarase un tempo diario á mesma . Educación secundaria. Artigo 26.2: A fin de promover o hábito da lectura, dedicarase un tempo á mesma na práctica docente de todas as materias .
3. Decretos curriculares Decreto 130/2007 , do 28 de xuño: establece o currículo da educación primaria en Galicia. Anexo IV: Proxecto lector de centro Decreto133/2007 ,do 5 de xullo: regula as ensinanzas de educación secundaria en Galicia. Anexo V Proxecto lector de centro
4. Primaria: un tempo mínimo diario para a lectura Decreto de Primaria: Artigo 6º. 4. Coa finalidade de fomentar o hábito da lectura, os centros elaborarán e aplicarán un proxecto lector que se axustará ás liñas básicas que se publican como anexo IV ao presente decreto, asegurándose como mínimo media hora diaria .
5. Secundaria: lectura en todas as materias Decreto de Secundaria: Artigo 5º 5. A lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das competencias básicas. Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro .
6. Proxecto lector de centro É un documento que integra todas as intervencións do centro destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas. Procura a adquisición das competencias básicas, especialmente: comunicación lingüística tratamento da información e a competencia dixital competencia cultural e artística competencia para aprender a aprender .
7. Lectura, ¿que lectura? Todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de finalidades
8. Ler, ¿para que? Os obxectivos do lector diante dun texto determinan as estratexias que se activan para acadar a comprensión do texto e establecen o umbral de tolerancia do lector respecto dos seus sentimentos de non comprensión
9. Ler, para que? Ler para obter unha información precisa , un dato (buscar un nº de teléfono, consultar a carteleira, consultar un diccionario ou unha enciclopedia... Cómpre discernir; coñecer a orde alfabética….) Ler para obter unha información de carácter xeral : “para saber de qué vai”, lectura global, en diagonal. O lector guíase polos seus propios intereses, descartando, elexindo; esencial para a formación de lectores críticos.
10. Ler, para que? Ler para aprender (Lenta e repetida; elaboración de esquemas, resumes). Ler para seguir instrucións : “saber como facer” (cómpre lelo todo e controlar a comprensión para poder realizar o proceso de que se trate). Ler para revisar un escrito propio : unha lectura de control, crítica .
11. Ler, para que? Ler por pracer : o que importa é a experiencia emocional que desencadea a lectura. Ler para comunicar un texto a un grupo; ler en voz alta : esixe a comprensión previa do texto para poder ser eficaz na transmisión.
12. Marco referencial Un modelo construtivista da aprendizaxe lecto-escritora que considera esta como un proceso global de construción e interpretación de significados en contornos culturais alfabetizados , entendendo como obxectivo básico da lecto-escritura o favorecer e propiciar novos e máis efectivos canais de comunicación entre os lectores e o seu entorno social e cultural.
13. Marco referencial A lectura é un proceso activo centrado na comprensión da mensaxe, no que o lector reconstrúe o significado do texto interactuando con el. Isto implica: a presenza dun lector activo que examina o texto e o procesa que sempre hai un obxectivo, unha finalidade, que guía a lectura que a implicación do lector depende en grande medida dos obxectivos que se propoña diante da lectura que o significado do texto é reconstruído polo lector
14. Habilidades do lector competente Empregan os coñecementos previos Realizan predicións sobre o contido do texto Controlan e regulan a propia lectura, verificando as predicións realizadas ou modificándoas, na procura dunha interpretación coherente.. Corrixen os erros de comprensión Poden distinguir o importante do que non o é (dependendo do propósito da lectura) Resumen a información cando len Realizan inferencias, procurando a comprensión polo contexto Xeneran preguntas sobre o lido Resultan fundamentais no proceso as finalidades do lector e os coñecementos previos, pero tamén o interese polo contido do texto.
15. Formación da competencia lectora Aprendizaxe dos códigos: escritos, visuais, sonoros, cinematográficos… Traballo con distintos tipos de textos: narracións, poemas, cancións, cómic, imaxes, fotografía, pintura, gráficos, textos informativos, esquemáticos, publicitarios, xornalísticos… Aprendizaxe de estratexias de comprensión lectora
16. Formación da competencia literaria Ler literatura polo pracer de ler Ler literatura para realizar determinadas tarefas, con obxectivos curriculares Textos diversos (contido, xénero e complexidade) Itinerarios lectores Progresión nas propostas de textos cada vez máis esixentes co lector
17. Formación da competencia informacional Actividades que propicien a lectura comprensiva Traballo con textos informativos e xornalísticos Uso de fontes informativas diversas Elaboración de proxectos documentais
18. Sistematización As actividades de fomento da lectura e de capacitación das habilidades para o tratamento da información soamente resultan eficaces se son sistematizadas e integradas no tratamento de todas e cada unha das áreas do currículo.
19. Comprensión lectora A comprensión lectora sería un proceso de apropiación do texto; quen le debe asimilar o escrito (relacionándoo co que xa sabe, deformándoo en certa medida) e tamén debe acomodarse ó texto (transformando o seu coñecemento previo en función da aportación do texto)
20. Na comprensión dos textos escritos interveñen O coñecemento previo , os esquemas de coñecemento que construímos e que nos permite comprender unha situación, un programa de radio, unha noticia ou un texto lido. Os obxectivos ou intencións da lectura, dos que vai depender a capacidade de resposta diante das dificultades de comprensión. O control da comprensión é un requisito esencial para a lectura eficaz. A significatividade: a actividade ten que ter sentido . A lectura dun texto terá sentido para un lector se o seu contido conecta cos seus intereses e se a tarefa responde a unha finalidade.
21. Estratexias de comprensión lectora: antes Antes da lectura Activar o coñecemento previo sobre o que se vai ler. Dar algunha información xeral sobre o que se vai ler. Axudar a que se fixen en determinados aspectos do texto que poden espertar coñecementos previos. Fomentar a expresión destes coñecementos previos. Establecer predicións sobre o texto. As predicións débense e pódense establecer diante de calquera tipo de texto, sexa narrativo , expositivo, ou xornalístico.
22. Estratexias de comprensión lectora: antes Fomentar as preguntas sobre o texto. Cando os alumnos se fan preguntas sobre o texto fanse conscientes do que saben ou non sobre o texto. Os lectores estarán absortos na historia, o que favorecerá a súa comprensión. Texto narrativo: Personaxes, escenario, problema, acción, resolución, final, tema ou mensaxe. Texto expositivo: analizar indicadores e palabras clave. Problemas que presenta o texto e efectos que producen. Xerar preguntas sobre o texto é unha estratexia que pode practicarse a moi diferentes niveis de lectura e mesmo con nenos aos que se lles le. Fomenta a comprensión dirixindo a atención cara ao mais fundamental.
23. Estratexias de comprensión lectora: durante Durante a lectura Ter en conta o proceso da lectura, facerse conscientes del, guialo Lectura individual e silenciosa previa a calquera actividade de lectura expresiva Lectura exemplificadora do profesor Actividades de lectura compartida: Formular prediccións sobre o texto que se está a ler. Facerse preguntas sobre o que se leu. Aclarar posibles dúbidas acerca do texto. Resumir ideas do texto. A lectura independente: Textos con erros, para identificar Textos con lagoas para completar Textos con frases “pirata” Completar textos, engadir finais, reescritura segundo diversos criterios
24. Estratexias de comprensión lectora: despois Despois da lectura Idea principal Elaboración de resumes Formulación de preguntas Ensinar a formular e responder preguntas sobre un texto é unha estratexia esencial para unha lectura activa. Preguntas de resposta literal. Preguntas “para pensar”. O lector deberá relacionar diversos aspectos do texto para atopar a resposta. Preguntas de elaboración persoal. Esixen a asociación co que se sabe, se pensa ou se ten experimentado. Actividades que fomentan a creatividade e o pensamento diverxente Actividades que forman lectores críticos Actividades que desenvolven a afectividade
25. A escrita día a día Instancia Currículum vitae Cartas comerciais Memoria Informe ... Artigos Avisos Circulares Anuncios Carteis Murais Noticias Reportaxes Entrevistas Informes Pés de foto Boletíns Anotacións en blogs ou outros soportes dixitais ... Notas despois dunha lectura Notas dunha información Fichas Resumos Críticas Informes sobre unha observación ou experiencia Ensaios Bibliografías Comentarios Esquemas Apuntes Traballos .... Poemas Rimas Ditos Refráns Cancións Relatos Historias Novelas Lendas Aforismos Obras de teatro Guión Cómic Receita Carátulas Decálogos Manifestos Autobiografías .... Cartas solicitando información Cartas de reclamación Cartas de solicitude Declaración xurada Formularios Estadillos Impresos Fichas Prospecto Instrucións de montaxe .... Cartas Correo electrónico Postais Felicitacións Dedicatorias Telegramas Instrucións para outros Agradecemento Pésames Mensaxes SMS ... Diarios Axenda Notas Enderezos Listaxes Citas Anotacións en blogs ou outros soportes dixitais … . Profesional Público Académico Creativo Social Familiar ou afectivo De carácter persoal
26. Comprensión lectora nas diversas áreas/materias ANTES DA LECTURA Cómpre especificar a finalidade da lectura ¿Por que imos ler este texto? ¿Que queremos conseguir? ¿Que información necesitamos? Situámonos: ¿Que tipo de texto é? ¿Quen é o autor? ¿A quen pode interesar especialmente? (probable destinatario) Facemos as primeiras predicións: ¿Cal é o título? ¿De que fala? ¿Hai subtítulos? ¿Palabras destacadas? ¿Algún outro detalle salientable (ilustracións, cadros, esquemas, símbolos...) ¿“De que irá o texto”? ¿Que poderemos atopar nel? Activamos os coñecementos previos: ¿Que sabemos sobre este tema? Aclaración (por parte do profesor) daqueles conceptos que non poden deducirse do contexto e que van ser necesarios para garantir a comprensión do texto. Planifícase a lectura: ¿ Como imos ler o texto? ¿Cómpre tomar notas ou subliñar?
27. Comprensión lectora nas diversas áreas/materias DURANTE A LECTURA Logo de ler o primeiro parágrafo, ¿confírmanse as nosas predicións? ¿Qué tipo de texto é? Unha descrición (enumeración das características, propiedades, cualidades dun ser, obxecto, fenómeno ou proceso) Unha explicación (enumeración de causas e consecuencias) Unha comparación (detalle de semellanzas e diferencias) Unha argumentación (aportará razóns coa intención de convencer) Verifícase que a comprensión se vai realizando: ¿Podo explicar coas miñas palabras o contido do primeiro parágrafo, ou do que levo lido? ¿Coñezo todas as palabras? ¿Podo entendelas polo contexto? ¿Podo preguntar a alguén ou consultar o diccionario? Identificase a estructura do texto: ¿Podo distinguir a introducción, o desenvolvemento e o desenlace ou os diferentes apartados? O autor, ¿realiza algún resume da súa exposición? Idea principal: ¿Podo explicar cunha frase a idea principal de cada apartado? ¿Qué pregunta lle faría a un compañeiro para saber se entendeu ben o texto?
28. Comprensión lectora nas diversas áreas/materias DESPOIS DA LECTURA Verificar se se cumpriron os obxectivos: ¿Conseguín a finalidade proposta? Recoñecer a información adquirida: ¿Entendín ben o texto?¿Podo resumilo, identificando as ideas principias, seleccionando o máis importante do contido e e redactando un novo texto só co fundamental? Diante dos problemas de comprensión: ¿Cómo podo facer cando xorden problemas de comprensión? ¿Como axudaría a un compañeiro a comprender ben un texto coma este?
29. Programar e sistematizar Actividades posteriores á lectura ( actividades que favorezan a verificación da comprensión do lido, no seu caso, e a incorporación ó seu esquema de coñecemento, á súa experiencia lectora) Poñer títulos e subtítulos Identificación das ideas principais, por apartados, e da idea principal, no seu conxunto. Elaboración de resumes Búsqueda de datos concretos Elaborar esquemas a partires dos títulos e subtítulos Recoller en fichas, pequenas informacións: datos, significados, resumes. Reelaborar a información recollida, de forma persoal, en pequenos traballos monográficos. Extraer información dos gráficos, relacionándoa coa idea principal. Establecer relacións causa/efecto Debatir sobre o contido ou o significado dun texto. Elaborar preguntas para verificar a comprensión dun texto. Recoñecer a información adquirida Actividades posteriores á lectura ( actividades que favorezan a verificación da comprensión do lido e a incorporación ó seu esquema de coñecemento, á súa experiencia lectora) Actividades para a identificación do punto de vista Cuestións sobre a estructura narrativa: historias presentes no texto, identificar a principal das secundarias, lugar, tempo, tema, personaxes, protagonista, antagonista, problemas, solucións, pretensións dos personaxes Distinguir se é unha obra real ou imaxinaria Identificar as descricións, os díalogos, a narración. Dramatizar Transformar unha narración cómic Transformar o texto modificando o punto de vista do narrador ou calquera outro elemento Escribir un texto diferente (noticia, cómic, poema, reseña...) co mesmo tema Inventar outro final, outro comezo, un diálogo entre personaxes.... Escribir unha carta a un dos personaxes, ó autor... Ampliar ou diminuír o texto. Distinguir feitos/opinións, real/imaxinario, verdadeiro/falso Empregar técnicas de escritura creativa para a a recreación de textos.l Deducir ideas implícitas no texto Elaborar preguntas que poida responder un texto. Establecer relacións causa/efecto Establecer consecuencias ... Actividades previas á lectura Observación de ilustracións, títulos e subtítulos, símbolos e outros marcadores nos textos expositivos e xornalísticos Predicción do tema Análise de gráficos, extraer a información que conteñen Actividades durante a lectura (actividades que permitan o control sobre o que van lendo): Inferir significados polo contexto Comprobar as prediccións segundo se vai lendo (por apartados) Suliñar palabras segundo un criterio dado Identificar as ideas principais por apartados Suliñar as frases que conteñen o dato que se precisa Actividades previas á lectura Actividades que esperten a curiosidade sobre o que van ler, que fagan emerxer os coñecementos previos e que favorezan as prediccións. Manipulación do libro á procura de datos: nome do autor, título, ilustrador, editorial, colección. Tipo de letra,idioma, forma do texto. Títulos, subtítulos, capítulos, chamadas... Ilustracións, gráficos, fotografías: diferenciar, interpretar, predecir. Observar e identificar o que destaca, relacionar, asociar, recoñecer as suxerencias que esperta Análise da portada. Prediccións sobre o contido e os personaxes, o lugar e o tempo. Actividades durante a lectura (actividades que permitan o control sobre o que van lendo): Lectura silenciosa, modélica do profesor, individual, colectiva. Inferir significados polo contexto Achegamento ó significado. Acudir ó diccionario Identificación dos personaxes que van aparecendo. Prediccións da súa actuación. Identificar as accións. Predecir posibles resolucións da historia Realizar actividades “de entrenamento”: encher ocos, atopar frases pirata, recompoñer textos enguedellados.... 3º C P R I M A R I A Textos expositivos e outros Textos narrativos
30. Lectura en tempo lectivo La inclusión de un tiempo semanal de lectura en todas las materias del currículo exige, además, una transformación en la forma de enseñar y de evaluar de los profesores . Será preciso seleccionar las lecturas, establecer itinerarios lectores para todos los alumnos, relacionar lo que se lee con el resto de las actividades lectivas , solicitar que haya libros suficientes y organizarlos en la biblioteca del centro, del aula o del departamento correspondiente. No basta con fortalecer las bibliotecas. Es necesario al mismo tiempo que los profesores estén convencidos de que la lectura es una actividad imprescindible para que los alumnos amplíen sus conocimientos y se sientan un poco más motivados para comprometerse con el aprendizaje . Álvaro Marchesi, 2005
31. Itinerarios lectores Son seleccións de títulos axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función de obxectivos recollidos no Proxecto Lector de Centro. O itinerario lector debe favorecer a adquisición da competencia lectora do alumnado. Son os libros “ que non queremos que se perda o noso alumnado”. O listado debe ser aberto e flexible, revisable, para acoller novidades de interese e lecturas “xeracionais” , ao tempo que retirar títulos que non funcionan.
32. Repertorio de lecturas (unha proposta) Adaptación do orixinal: Orientaciones para elaborar proyectos lectores y escritores. Delegación Provincial Málaga. Biblioteca do centro Biblioteca de aula Bibliotecas familiares Seleccións abertas Guías de lectura Lectura extensiva : propostas abertas de lectura. Textos literarios, informativos… Biblioteca de aula 2-4 títulos Lecturas guiadas (formación da competencia literaria). Textos literarios. Biblioteca de centro Biblioteca de aula Títulos diversos Lecturas para disfrutar e compartir (lectura individual e posteriores comentarios, recomendacións…). Textos literarios e informativos. Biblioteca de aula 2-4 títulos por curso Lecturas para escoitar (lectura en voz alta por parte do profesorado). Textos literarios Biblioteca de centro Biblioteca de aula 1 título por área Lecturas complementarias , por áreas. Textos informativos Espazos Recursos Tipos
33. Sobre avaliación da lectura Avaliar o uso de textos escritos (distinto soporte): Hábitos de lectura e de uso dos recursos culturais Capacidade para manexar fontes escritas diversas Avaliar o proceso lector: Percepción do texto (decodificación, velocidade lectora…) Grao de comprensión do texto (capacidade para facer predicións, inferencias, resumir, atopar idea principal…) Habilidades para controlar o propio proceso de comprensión
34. Instrumentos Observación e rexistro de datos (profesorado e alumnado: autoavaliación). Diarios de lectura Cuestionarios e entrevistas : útiles para avaliar aspectos xerais, hábitos, actitudes; para valorar coñecementos previos, para valorar o nivel de comprensión despois da lectura… Análise do traballo na aula en base a unha actividade concreta. Probas : resumes, explicacións orais, cuestionarios sobre aspectos concretos, probas estándar de eficacia lectora…
35. Algunhas outras fórmulas para coñecer o alcance das lecturas realizadas Conversas informais sobre os libros lidos (con guía implícita por por parte do profesor/mediador) Blogs e sitios web : comentarios aos libros e ás actividades de dinamización de lectura Diarios de lectura (exemplo: diario Ler o mundo ) Implicación nas actividades Participación en clubs de lectura e outros Participación en obradoiros ou concursos promovidos pola biblioteca Lector do mes (IES Alexandre Bóveda, Vigo)
36. Características das actividades que serven para “gañan lectores” Realízanse de forma sistemática Contemplan a lectura con diversas finalidades Aproveitan tempos e espazos de aulas, biblioteca escolar e otros lugares do centro Ensinan estratexias para a comprensión lectora de textos cada vez máis esixentes co lector Realízanse en climas afectivos Desde o entusiasmo e o coñecemento
37. Un estudo sobre a lectura e as bibliotecas escolares no Estado de Ohio (1999) conclúe que: Para se facer lectores de por vida, os alumnos deben ter: Acceso a extensas coleccións de libros e outros materiais impresos actualizados, de calidade e de alto interese na súas bibliotecas escolares, aulas e bibliotecas públicas. Contacto con adultos que lean de forma regular e ampla, e que sirvan de modelos lectores positivos. Coordinadores das bibliotecas/centros de recursos e profesores nas aulas que amosen entusiasmo mediante a lectura en voz alta e a conversa arredor dos libros. Tempo durante a xornada escolar dedicado á lectura por pracer, información, e exploración ….
38. Hora de ler Hora de ler é o lema do programa de fomento da lectura da Consellería de Educación En moitos centros estánlle chamando Hora de ler a ese tempo diario dedicado á lectura CEIP Quintela , de Moaña CEIP Mestres Goldar , Vigo IES Alexandre Bóveda, Vigo