Cuadenillo entregado na presentación do proxecto Desire 2, nas I Xornadas de Formación para o Emprego, onde se difundiron as accións de apoio e acompañamento á formación, convocatoria 2009, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Novembro 2010, Santiago de Compostela.
1 of 20
Downloaded 11 times
More Related Content
Cuadernillo desire 2.0
3. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
www.proxectodesire.eu
Proxecto Web 2.0
Licenzas
gnu/gpl
colaboración usuarios
mitl
estándares twitter
compromiso accións complementarias
docentes
educación
Formación
webinars
futuro web 2.0
validación
mpl vimeo
estándares
std
Formación
w3c
xhtml scorm
programación Estándares
creative commons
rfc xml bsd
alcance panel expertos
css colaboración foros redacción Licenzas
slideshare
redes sociais interoperabilidade
Estándares
Web 2.0 Proxecto
Catalogación e distribución de materiais didacticos ligados aos
novos Certificados Profesionais : Desire 2.0, repositorio mellorado
para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital
Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación. Convocatoria 2009
5. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
INTRODUCIÓN
A Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM Galicia) é consciente da
velocidade a que avanza a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) en materias
de formación e emprego. Froito desa conciencia e directamente vinculada á filosofía e
política da nosa organización, presentamos o proxecto “Catalogación e distribución de
C
materiais didacticos ligados os novos Certificados Profesionais Desire 2.0, repositorio
mellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital”.
O Proxecto Desire 2.0 é un repositorio de obxectos de aprendizaxe (ROA) ligado aos
certificados de profesionalidade. Estes establecen un escenario no que o catálogo das
cualificacións profesionais do INCUAL, empregando un símil teatral, sería o foro que
marca o que ocorre nos planos e no proscenio. Fai unha aposta pola flexibilidade (unha
parte de cada módulo formativo pode cursarse de forma non presencial). A innovación
está ligada á tecnoloxía só en parte. A magnitude dos cambios que implica a incorporación
tecnolóxica, a aprendizaxe social, leva a un novo paradigma do proceso de ensino-
aprendizaxe. Para integrar as TIC na aprendizaxe fan falla competencias nos docentes, fan
falla contidos e actividades en formatos adecuados e, sobre todo, un cambio de
mentalidade en todos os actores para cambiar os seus roles tradicionais. A experiencia
di que os materiais que se confeccionan con fondos públicos, unha vez acabado o
proxecto, non se reutilizan suficientemente e fano rara vez fóra da organización que os
prepara.
O retorno do investimento é moi baixo para o sistema, no mellor dos casos. Un
catálogo/repositorio dos materiais dispoñibles podería contribuír decisivamente a
cambiar esta situación. Ningunha organización pode ser capaz de actualizar
permanentemente todos os materiais que precisa. A actuación dos docentes como
actualizadores, buscadores e creadores de materiais complementarios é clave. A web
2.0, a web social, esixe unha formación 2.0, unha aprendizaxe social, incluso con
contornos persoais de aprendizaxe, con grande intervención dos usuarios na creación e
busca de contidos.
3
6. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
O PROXECTO
A materialización do traballo desenvolto durante o ano 2010 é un sitio web accesible,
seguro e estable dispoñible na URL http://www.proxectodesire.eu, onde os usuarios achegan
e descargan obxectos de aprendizaxe e recursos dixitais.
Os principais obxectivos do proxecto son:
1.- Catalogación de obxectos de aprendizaxe reutilizables procedentes de diversas
fontes, en especial os realizados en accións complementarias 2008-2009.
2.- Revisión de sistemas de busca e presentación dos obxectos.
3.- Implementación dun sistema de descarga seguro.
4.- Creación dunha comunidade de práctica, desenvolvendo accións para a
ampliación da dimensión social do sitio.
5.- Empaquetado do sistema completo e do código fonte para a súa distribución no
dominio público.
Cando falamos dun ROA é necesario definir os principais compoñentes para poder ter unha
visión global clara e definida do proxeto.
a) Compoñentes tecnolóxicos do e-learning
Desire 2.0 é o resultado dun proceso de integración e innovación tecnolóxica que permite
a comunicación e interacción entre usuarios e contidos:
LMS (learning management system) é o software encargado dos procesos administrativos
e da xestión de aprendizaxe. Desire 2.0 emprega Moodle.
4
7. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
CMS (content management system) é o software encargado de mostrar, clasificar, exportar
e servir como plataforma de edición de contidos.
b) Repositorio
Coa aparición do e-learning e dos obxectos de aprendizaxe xorden as necesidades
particulares para xestionar os contidos formativos. Os repositorios de obxectos de
aprendizaxe son sitios web de referencia nos que a información acerca destes obxectos se
mantén actualizada e a disposición dos usuarios. Desire 2.0 é un repositorio mixto, xa que
almacena metadatos e tamén os seus contidos.
Desire 2.0 é un repositorio mixto de arquivos e metadatos.
c) Obxectos de aprendizaxe.
Hoxe en día resulta complexo e non existe consenso estandarizado sobre o que podemos
considerar un obxecto de aprendizaxe. De feito, un bo resumo da evolución do concepto
podemos atopala no informe Uso de estándares aplicados a TIC en educación, publicado
polo Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE), pertencente ao Ministerio de Educación e
Ciencia. No seu apartado 2.4 Objetos de aprendizaje:
5
8. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
“La definición más citada en la literatura es la de IEEE, propuesta en uno de los pocos
estándares relacionados con e-learning que han sido aprobados. Este es LOM, en el que
se define un objeto de aprendizaje como “cualquier entidad, digital o no digital, que
puede ser utilizada, para el aprendizaje, la educación o el entrenamiento”
“En realidad IEEE actualmente ha redefinido ligeramente el concepto de objeto de
aprendizaje como cualquier entidad digital o no digital que puede ser usada, reutilizada
o referenciada durante un proceso de aprendizaje apoyado por la tecnología “
outras evolucións do concepto poden consultarse no mesmo apartado 2.4 do citado informe.
A importancia de consensuar unha definición de obxecto de aprendizaxe foi fundamental
para garantir o éxito do noso proxecto, xa que atopar o equilibrio entre a rigorosidade e a
contribución docente era a fonte que nos permitiría conseguir achegas por parte dos
creadores de contidos, e se os requisitos eran moitos, a comunidade quedaría desalentada
e as achegas serían mínimas.
“É fundamental distinguir entre obxecto e recurso didáctico”
d) Estándares
O manexo de diferentes tipos de recursos para diferentes aplicacións e plataformas
desenvoltas en distintas tecnoloxías é un tópico clave. Desire 2.0 utiliza e implementa os
seguintes estándares para conseguir a ansiada interoperabilidade entre distintas plataformas:
Estándar LOM-ES Learning Object Metadata (norma UNE 71361:2009) para a etiquetaxe de
obxectos. Os metadatos son información sobre o propio obxecto. A falta de información sobre
os obxectos limita, de xeito fundamental e crítico, a capacidade para a procura, xestión e uso
de obxectos. Este estándar afronta este problema ao definir unha estrutura para a descrición
interoperable de obxectos educativos. O propósito do estándar é facilitar a procura,
avaliación, adquisición, o intercambio e o uso compartido de obxectos educativos. Os
elementos de datos, do estándar LOM-Es, están agrupados en nove categorías, e dentro de
cada unha delas, no proxecto Desire, utilizamos as etiquetas obrigadas mínimas e
imprescindibles.
6
9. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
Estándares WAI e recomendacións W3C. A Web Accessibility Initiative (WAI), ou Iniciativa
para a Accesibilidade Web, é unha rama do World Wide Web Consortium que vela pola
accesibilidade da Web. A WAI publica as guías de accesibilidade e contido web que especifican
os requisitos de accesibilidade segundo tres niveis, denominados A, AA e AAA, e que
corresponden respectivamente a criterios mínimos de accesibilidade, estendidos, e
accesibilidade máxima. No sitio desenvolto, e para permitirmos unha audiencia o máis extensa
posible de usuarios con distintos niveis de dotación tecnolóxica e capacidade sensorial, tratamos
de seguir as devanditas normas para garantir o acceso á información do noso repositorio.
XML, acrónimo de eXtensible Markup Language ou linguaxe de marcas extensible, é unha
X
metalinguaxe extensible de etiquetas desenvolta polo World Wide Web Consortium (W3C).
XML é un estándar para o intercambio de información estruturada entre diferentes
plataformas, e é utilizado no proxecto Desire para ‘ofrecer’o intercambio de información entre
plataformas ou repositorios que o poidan ler e incorporar, capturando a ‘ficha’ da familia
profesional ou obxecto do noso repositorio para presentar no seu portal ou referenciar.
“Os estándares: os modelos que cómpre seguir e implementar para lograr os obxectivos...”
ACHEGAS DE OBXECTOS
Para colaborar no repositorio e preciso estar dado de alta no sitio www.proxectodesire.eu
O proceso e sinxelo en non difire de calquera outra alta nun servizo web 2.0. A conta de
correo solicitada no proceso, ademais do nome de usuario e contrasinal, utilizarase para o
envío de boletíns e confirmación de as achegas feitas polo usuario.
7
10. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
As achegas, como xa se indicou, teñen que estar relacionadas co Sistema Nacional de
Cualilficacións Profesionais, asociando o obxecto de aprendizaxe, ou o recurso didáctico,
coa Cualifación profesional correspondente e dentro desta a Unidade de Competencia no
que o obxecto se podería aplicar para acadar os seus criterios de realización.
Co obxecto de flexibilizar o proceso de catalogación, respecto o estándar LOM-ES, o equipo
do proxecto acordou que era mellor permitir que o usuario cumprimentara parte dos campos
a que non subira o obxecto debido a rixidez das condicións. Por iso se permite que o usuario
achegue o obxecto sen cumprimentar a totalidade dos campos xa que logo o obxecto
presentará unha serie de alarmas en relación coa finalización do traballo, e o usuario poderá
completar a catalogación do estándar mais tarde, cando se sinta cómodo achegando e
compartindo obxectos de aprendizaxe.
Unha vez subido o obxecto, o usuario recibe confirmación vía correo electrónico e un
enlace a ficha do obxecto aportado, co porcentaxe de cumplimentación respeecto os
metadatos.
8
11. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
EXPERIENCIA PILOTO E COMUNIDADE PRÁCTICA
Do mesmo xeito que na pasada edición, o concurso de deseño de obxectos de aprendizaxe
foi parte primordial da promoción do noso repositorio. Na pasada edición tivemos a
experiencia de elixir medios de difusión do concurso máis globais, sen lles prestarmos
atención aos medios locais. Nesta edición fixemos unha dobre aposta que non fixo máis que
confirmar o erro da pasada edición. Por unha banda, promocionouse o concurso a través de
medios globais, utilizando as redes sociais e portais relacionados co sector e a rede
Didáctica, TIC e innovación educativa, pertencente ao servizo de listas de distribución da
comunidade académica española.
No concurso, e respecto da pasada edición, precisáronse algúns aspectos de tipo técnico
e relaxáronse outros que podían afastar a posibles interesados. Lembremos que o obxectivo
do concurso é dobre: fomentar o uso de ferramentas 2.0 e atraer os participantes á
comunidade de práctica do Desire.
9
12. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
As condicións técnicas destacables do concurso recalcaron os seguintes aspectos:
- Os obxectos presentados deben estar relacionados con algunha das familias
profesionais do Sistema Nacional de Cualifiacións, aspecto sen o cal non terían sentido
no noso proxecto.
- O obxecto de aprendizaxe debía ser etiquetado mediante o estándar LOM-Es para
garantir a súa transferibilidade e recuperación.
- O obxecto achegado ao concurso publicarase baixo licenza Creative Commons [by-nc-sa].
Respecto dos criterios de valoración
Estes xiraron en torno á ferramenta LORI_ESP Instrumento para a avaliación de obxectos
de aprendizaxe, cos seguintes criterios de avaliación:
- Calidade de contido: veracidade, exactitude e equilibrio na presentación dos contidos
e nivel de detalle axeitado.
- Adecuación dos obxectos de aprendizaxe: adecuación entre os obxectivos de
aprendizaxe, actividades, avaliacións e características dos alumnos aos que se dirixe.
- Motivación: capacidade para motivar e crear interese con relación aos alumnos aos
que se dirixe.
- Interactividade e adaptación: promoción da interactividade dos estudantes e adaptación
ás súas necesidades.
- Presentación: características do deseño orientadas a favorecer a aprendizaxe e o
desenvolvemento cognitivo.
- Usabilidade da interacción: facilidade de navegación, interface intuitiva e calidade dos
temas de axuda.
- Accesibilidade: deseño dos controis e presentación dos formatos axeitados aos alumnos
con discapacidade.
- Reusabilidade: posibilidade de uso en contextos de aprendizaxe distintos e con
estudantes con traxectorias distintas.
- Conformidade a estándares: aplicación dalgún dos estándares ou especificacións
internacionais.
Os tres obxectos premiados foron:
1º Premio: Guia html achegado por Jose Riveiro. Asociado á familia profesional Informática
e comunicacións, á cualificación profesional Confección e publicación de páxinas web,
e á unidade Construír páxinas web.
10
13. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
2º Premio: Arranque dun motor por proceso marcha-paro, achegado por Miguel García
Martín. Asociado á familia profesional Transporte e mantemento de vehículos, á
cualificación profesional Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares, e á unidade
Manter os sistemas auxiliares do motor térmico.
3º Premio: Guía Active Inspire, de Emilio Cortizas. Asociado á familia profesional
Competencias transversais e á cualificación profesional Instrumentais.
Máis información sobre o concurso en http://www.proxectodesire.eu/concurso
Detalle ficha dos metadatos do obxecto gañador do concurso
11
14. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
WEB 2.0 E COMUNIDADE PRÁCTICA
Articular unha comunidade de práctica de utilidade para todos os actores do sistema é un
dos obxectivos primordiais do proxecto Desire. Unha comunidade que pase da cultura da
competencia á cultura da colaboración (ou do modelo catedral ao modelo bazar como nos
recordaría Gorka Palazio no seu webinar).
Para fomentar esta comunidade seleccionáronse catro expertos que puideran liderar este
obxectivo, ademais dos membros do equipo do proxecto, e establecéronse catro webinars
con distintos obxectivos:
`Xogo Serio´, impartido por Lucio Margulis. O noso primeiro webinar cun obxectivo claro:
facer un cambio de óptica sobre o noso traballo como docentes e construír grupo.
Gorka Palazio, `Ferramentas 2.0 na educación e na formación´. Coñecer da man deste
experto as ferramentas que como docentes poden ser de axuda para afrontar o cambio de
paradigma que nos ocupa.
Sergio Vasquez Bronfman, `Deseñar cursos para aprender facendo´. Unha perspectiva
dende o punto de vista do deseño de programas e obxectos de aprendizaxe cara á modalidade
e-learning e b-learning
Esperanza Roman Mendoza, `Twitter, nova canle de comunicación para a formación´.
Coñecer twitter e as súas aplicacións dende o punto de vista empresarial e docente foi o
obxectivo do noso último webinar.
Todos os webinars forom impartidos no noso espazo Elluminate e difundidos a través da
páxina do portal Desire, o twitter do proxecto (@proxectodeire), correo electrónico e algúns
portais do sector como www.aefol.com
12
15. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
Conforme o proxecto avanzaba, a estratexia de alarmas e comunicación de novos webinars
foi centrándose nas canles específicas do proxecto Desire: o propio portal e a canle twitter
@proxectodesire, co obxecto de asentar a comunidade nos nosos espazos.
Todos os webinars desenvoltos están dispoñibles no espazo
http://www.proxectodesire.eu/vimeo para súa consulta, descarga, enlace ou embebido
noutros portais.
Twitter foi o espazo social seleccionado para a comunicación e para estarmos ao tanto
das novas do proxecto. Aspectos como a precisión na mensaxe, a seguridade en canto a
datos solicitados, e a dispoñibilidade para clientes móbiles foron claros para elixilo.
“A evolución progresiva do número de seguidores do proxecto Desire 2.0 en Twitter ratifica o éxito da
experiencia piloto e confirma a creación dunha “comunidade práctica” que xira arredor do repositorio”
ACHEGAS DO PROXECTO
O proxecto Desire 2.0 debe servirlles de estímulo a docentes e usuarios para compartir
coñecementos. Entendemos que actualmente a formación precisa imperiosamente un cambio
de mentalidade que considere o coñecemento como algo para compartir. O cambio debemos
enfocalo como un “presente inmediato” e como un proceso de adaptación “futuro e difuso”.
Gobernos e institucións decatáronse dos beneficios do coñecemento aberto e da relación
directa existente coas novas tecnoloxías. O ser humano aprende, ensina e emprega os seus
coñecementos na medida da liberdade que teña para facelo. As novas tecnoloxías da
información e comunicación (TIC) non fan máis que consolidar o “novo” proceso de formación
e coñecemento do individuo.
13
16. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
As liberdades e dereitos con respecto ao software libre espalláronse ao terreo do
coñecemento, colmando a seguinte noción, moi estendida, de coñecemento libre:
- O coñecemento libre pode ser libremente adquirido e libremente usado, con calquera
propósito e sen necesitar o permiso de ninguén (libertad 0).
- O coñecemento libre pode adaptarse libremente ás necesidades do adquisidor (libertad 1).
O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é unha precondición para isto.
- O coñecemento libre pode compartirse libremente cos demais (libertad 2).
- O coñecemento libre é tal que pode mellorarse e as súas versións adaptadas e
melloradas poden compartirse libremente cos demais, para que así se beneficie a
comunidade enteira (libertad 3). O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é
unha precondición para isto.
En Desire 2.0 intentamos, na medida do posible, cumprir as catro liberdades, liberando os
contidos baixo licenzas non restritivas Creative Commons para os textos e imaxes, e licenzas
GNU/GPL e BSD para a maioría dos desenvolvementos de software.
QUE PROPORCIONA O PROXECTO?
- Catalogación de obxectos de aprendizaxe e recursos didácticos procendentes das
Accións Complementarias 2008-2009.
- Módulo GPL para a catalogación de recursos didácticos e obxectos de aprendizaxe.
- Base de datos do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais en formato SQL
actualizada.
- Empaquetado do sistema completo e funcional nun LiveDVD baseado no sistema
operativo libre e gratuíto GNU/Linux
Descarga o código fonte do proxecto en http://www.proxectodesire.eu/code
“As licenzas non restritivas garanten a libre difusión dos contidos”
14
17. 2.0
desire
catálogo de recursos didácticos
DESEÑO GRÁFICO
Fontes engadidas de Google Font Directory
Yanone Kaffeesatz
Coles utilizadas a maiores:
#FFA900 #9CB725 #2786C2
rgb(246,167,23) rgb(156,183,36) rgb(39,134,194)
15