Poemas para o Día Internacional da Lingua Materna: Celso Emilio Ferreiro e Eduardo Pondal.
1 of 4
Download to read offline
More Related Content
Poemas para o Día Internacional da Lingua Materna.
1. Deitado frente ao mar
Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
2. afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
3. Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
CELSO EMILIO FERREIRO
A língua tivéran,
Por língua d' escravos;
Esquecéran os pátrios acentos,
Suidosos e brandos.
Dos propios acentos,
Tivéran vergonza;
De cautivos faláran palabras,
4. De sérvos e ilotas.
Deixáran os doces
Acentos jocundos,
Por estrañas palabras de sérvos,
Ignáros e escuros.
A nai afrigida,
Da escura miséria,
Os propios tomára,
Por gente estrangeira;
E espantada escuitára dos fillos,
A plática serva.
Eduardo Pondal