ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
DERROCHE EN PUBLICIDADE
Para que unha gran mentira política, como é o actual Goberno do PSOE nas
Pontes, se manteña, é preciso dun significativo esforzo en publicidade con
dous obxectivos; o primeiro, a pretensión de aparentar o que realmente
non acontece, como sucede co lema que tanto empregan: “As Pontes
paraíso industrial”, e o segundo e menos confesado, a propia promoción
persoal do Alcalde a costa do erario público.
Pero para concretar o que afirmamos o mellor é coñecer as cifras que gasta
este Goberno municipal nos medios de comunicación, e que supón un
incremento de máis 1.000% con respecto a cando gobernaba o BNG.
Só no ano 2014, gastáronse 121.600 euros, deles 86.100 no máis
importante grupo de comunicación galego, e o resto noutras tres cabeceiras
de prensa galega, mesmo algunha que apenas ten difusión nas Pontes. Para
valorar esta cantidade, debemos considerar que nos orzamentos deste ano
2015, o gasto previsto polo Concello para fomento do emprego é de
136.000 euros.
Por suposto nesta cantidade, non incluímos o custe dos servizos propios de
información do Concello: Radio e Tv locais, páxina web, nin o xornal local
que recentemente edita o propio Concello e do que descoñecemos o seu
custe; en definitiva, se sumásemos todas as partidas en información,
propaganda e publicidade, atoparíamos que este é un dos máis
importantes gastos do Concello.
Faise publicidade para informar mellor?
Podería pensarse que tanto gasto é para informar mellor sobre a vida do
pobo, mais isto non é así, o exemplo máis claro tivémolo na longa ringleira
de parados/as que provocaron cunha falsa promesa de emprego.
O que se intenta é agochar a realidade; é certo que o lema: “As Pontes
paraíso industrial” puido ser empregado nalgún momento hai anos, mais
agora, en rigor, deberíamos fala de todo contrario; e se a realidade non nos
acompaña, que mellor que desmentila a base de páxinas e páxinas de
xornais.
A mostra do que afirmamos témola nunha anécdota real que aconteceu o
pasado ano; un xornal galego de moi pouca difusión nas Pontes publicou
unha noticia sobre o noso pobo que poderíamos cualificar de negativa, en
concreto falaba de que o lago non tiña licenza municipal, uns días despois
gástanse 14.000 euros en publicidade nese mesmo xornal e acábanse as
críticas.
Ou tamén podémolo comprobar en determinados eventos sociais,
deportivos ou culturais, que son superpublicitados en páxinas e páxinas,
repetidos días; mesmo nalgunha ocasión que nun destes eventos tense
solicitado o apoio solidario para algunha causa, é posíbel que o simple
gasto en publicidade superase ao recadado.
A quen beneficia tanto gasto?
Por suposto aos propios medios de comunicación que atoparon neste
Concello unha auténtica “mina”, mais tamén a quen goberna, pois sempre
consigue unha visión artificialmente favorable sobre a súa xestión e,
ademais, a desaparición practicamente total de calquera crítica; non
debemos esquecer que os xornais non deixan de ser empresas que priman
sempre os seus ingresos; por iso, non van prexudicar a un cliente tan
xeneroso e abundante como é o Concello das Pontes.
Mais tamén hai un obxectivo persoal, o do propio Alcalde, que gusta de
crease unha imaxe pública de persoeiro político de “alto nivel”, e para iso,
saír na prensa é algo fundamental.
A tanto chega a súa necesidade que realiza xestos sorprendentes; como
asistir a reunións onde van estar presentes diferentes medios de
comunicación, levando un coñecido xornal de Galiza e deixando á vista
como se fose casual, para que este importante medio lle dea aínda un trato
máis favorable pola publicidade indirecta que xera, como a foto que vemos
dunha reunión no Ministerio de Industria.
Poderíamos poñer fotos semellantes na Sala de reunións dos concelleiros/as
no edificio municipal de As Pontes; a aparición aparentemente informal
deste mesmo xornal nunhas noticias da Tv é algo previsto e planificado.
O Alcalde sabe que depende e moito da publicidade, pois a súa xestión e
logros (houbo algún significativo?), non soportan ningún debate serio:
perdemos poboación, temos máis paro e menos empresas, e o pobo cada
día que pasa cae, iso si, en festas non nos gaña ninguén.
En definitiva, non temos un Alcalde para un Pobo, en realidade temos un
Pobo que paga impostos para a mellor gloria persoal e propagandística dun
Alcalde.
4 de abril de 2015

More Related Content

Derroche en publicidade

  • 1. DERROCHE EN PUBLICIDADE Para que unha gran mentira política, como é o actual Goberno do PSOE nas Pontes, se manteña, é preciso dun significativo esforzo en publicidade con dous obxectivos; o primeiro, a pretensión de aparentar o que realmente non acontece, como sucede co lema que tanto empregan: “As Pontes paraíso industrial”, e o segundo e menos confesado, a propia promoción persoal do Alcalde a costa do erario público. Pero para concretar o que afirmamos o mellor é coñecer as cifras que gasta este Goberno municipal nos medios de comunicación, e que supón un incremento de máis 1.000% con respecto a cando gobernaba o BNG. Só no ano 2014, gastáronse 121.600 euros, deles 86.100 no máis importante grupo de comunicación galego, e o resto noutras tres cabeceiras de prensa galega, mesmo algunha que apenas ten difusión nas Pontes. Para valorar esta cantidade, debemos considerar que nos orzamentos deste ano 2015, o gasto previsto polo Concello para fomento do emprego é de 136.000 euros. Por suposto nesta cantidade, non incluímos o custe dos servizos propios de información do Concello: Radio e Tv locais, páxina web, nin o xornal local que recentemente edita o propio Concello e do que descoñecemos o seu custe; en definitiva, se sumásemos todas as partidas en información, propaganda e publicidade, atoparíamos que este é un dos máis importantes gastos do Concello. Faise publicidade para informar mellor? Podería pensarse que tanto gasto é para informar mellor sobre a vida do pobo, mais isto non é así, o exemplo máis claro tivémolo na longa ringleira de parados/as que provocaron cunha falsa promesa de emprego.
  • 2. O que se intenta é agochar a realidade; é certo que o lema: “As Pontes paraíso industrial” puido ser empregado nalgún momento hai anos, mais agora, en rigor, deberíamos fala de todo contrario; e se a realidade non nos acompaña, que mellor que desmentila a base de páxinas e páxinas de xornais. A mostra do que afirmamos témola nunha anécdota real que aconteceu o pasado ano; un xornal galego de moi pouca difusión nas Pontes publicou unha noticia sobre o noso pobo que poderíamos cualificar de negativa, en concreto falaba de que o lago non tiña licenza municipal, uns días despois gástanse 14.000 euros en publicidade nese mesmo xornal e acábanse as críticas. Ou tamén podémolo comprobar en determinados eventos sociais, deportivos ou culturais, que son superpublicitados en páxinas e páxinas, repetidos días; mesmo nalgunha ocasión que nun destes eventos tense solicitado o apoio solidario para algunha causa, é posíbel que o simple gasto en publicidade superase ao recadado. A quen beneficia tanto gasto? Por suposto aos propios medios de comunicación que atoparon neste Concello unha auténtica “mina”, mais tamén a quen goberna, pois sempre consigue unha visión artificialmente favorable sobre a súa xestión e, ademais, a desaparición practicamente total de calquera crítica; non debemos esquecer que os xornais non deixan de ser empresas que priman sempre os seus ingresos; por iso, non van prexudicar a un cliente tan xeneroso e abundante como é o Concello das Pontes. Mais tamén hai un obxectivo persoal, o do propio Alcalde, que gusta de crease unha imaxe pública de persoeiro político de “alto nivel”, e para iso, saír na prensa é algo fundamental.
  • 3. A tanto chega a súa necesidade que realiza xestos sorprendentes; como asistir a reunións onde van estar presentes diferentes medios de comunicación, levando un coñecido xornal de Galiza e deixando á vista como se fose casual, para que este importante medio lle dea aínda un trato máis favorable pola publicidade indirecta que xera, como a foto que vemos dunha reunión no Ministerio de Industria. Poderíamos poñer fotos semellantes na Sala de reunións dos concelleiros/as no edificio municipal de As Pontes; a aparición aparentemente informal deste mesmo xornal nunhas noticias da Tv é algo previsto e planificado. O Alcalde sabe que depende e moito da publicidade, pois a súa xestión e logros (houbo algún significativo?), non soportan ningún debate serio: perdemos poboación, temos máis paro e menos empresas, e o pobo cada día que pasa cae, iso si, en festas non nos gaña ninguén. En definitiva, non temos un Alcalde para un Pobo, en realidade temos un Pobo que paga impostos para a mellor gloria persoal e propagandística dun Alcalde. 4 de abril de 2015