1. O mellor curso!!!
A min o que máis me gustou deste curso foi a excursión a A Coruña. O
pasei xenial no autobús. No Planetario rinme moito. Na Casa das
Ciencias había cousas moi interesantes.
Os amigos foron o máis importante do curso, e tamén a profe. Os quero
porque todos os días fanme rir, xogan comigo, sempre están alí para
axudarme.
E por último, XOGAR NOS RECREOS!!!!!!!! Porque fixemos moitos
xogos, xogar ao escondite... xogo con todos os nenos.
Ágata
2. 3ºB
O que máis me gustou de 3º foi que agora teño cada vez máis amigos.
Aprendo moitísimas cousas. O que máis me gusta das asignaturas son
Naturais e Sociais. E ademais Geni fai moitas manualidades e iso
gústame.
O que si temos moitísimos exames.
Encántame 3ºB.
Eloi V.
3. Despedida
Gustoume moitísimo o curso de 3ºB. Fixemos xogos e traballos moi
divertidos. Gustoume todo.
En ximnasia facemos xogos moi diversos.
Encántanme tooooodas as excursións, sobre todo a de A Coruña. O que
máis me gustou foi cando fomos á Casa das Ciencias.
Este foi un super curso e os profes e as profas gustáronme moito.
Javi
4. O meu curso
A min o que máis me gustou foi estar cos meus amigos no recreo, en
informática, en plástica. E tamén ver os traballos dos meus
compañeiros.
Encántanme as excursións que facemos. O máis importante é que nas
excursións estou cos meus compañeiros e coa profe Geni.
Sabela
5. 3ºB
A min gustoume moito terceiro.
Unha das cousas que máis me gustou foi cando fomos a A Coruña.
Tamén cando saquei os meus primeiros deces, e cando empezou o
torneo de fútbol, cando chegou Carlos ao principio de curso, cando
fixen o meu blog, cando foi o meu cumpre...
Ata agora.
Nico
6. 3ºB
A min gustoume este curso estar con Geni porque encantoume os
traballos, as clases de informática...
Sobre todo a excursión a A Coruña, fomos sen a profesora e o pasei moi
ben. Fun sentado co meu mellor amigo Xian, e escoitamos música co
meu MP3, e comemos chicles, e escoitamos moitas cancións. Fomos á
Casa das Ciencias e á Domus e comemos nun parque. Eu comín con
Xian e Carlos e o pasei moi ben.
Diego
7. Despedida
A min encantoume cando fun á Coruña pasei por Riazor, o campo do
Depor. Foi a excursión favorita.
E tamén o Festival das abellas, que tivemos que facer unha historia. Eu
era o pesticida que contamina a Terra.
Lucas
8. 3ºB
A min me parece que o curso foi un pouco difícil.
O que máis me gustou era facer os traballos. E dos traballos dos demais
o que máis me gustou foi o de Carlos.
Tamén me gustaron moito as excursións. A que máis me gustou foi a de
A Coruña. Fun co meu mellor amigo Diego e tamén escoitamos música
guai co MP3 de Diego. Comemos nun parque bocadillos de peituga
rebozada. E vimos tamén un museo por dentro e había un penalti para
marcar a forza que tes.
Xian
9. Despedida
Gustoume o Festival das abellas. Das cousas que fixemos en clase as
que me gustaron máis foron presentar os traballos e facer as carpetas
de plástica e das fichas.
Gustoume moito a excursión á Coruña. Polo autobús vimos militares en
coches.
En informática tamén me divirto porque facemos os nosos blogs.
Gústame Educación Física e Plástica.
Uxía
10. Despedida
A min gustoume o curso de 3º de primaria: os traballos, as asignaturas,
algúns deberes...
No Class Dojo case sempre quedei no segundo posto. Os vídeos que nos
puxo Geni foron moi interesantes. Traballar co blog foi moi guai e as
excursións foron xeniais. Os xogos foron moi guais, e a plastilina.
A min gustoume estar acompañado na mesa cun compañeiro. Todos os
materiais foron útiles.
Espero que o próximo curso teña as cousas divertidas.
Gabriel
11. Despedida
A miña excursión favorita foi cando fomos á Coruña.
Unha das cousas que me gustou que fixemos en clase foron os
traballos, e presentalos.
E os recreos cos meus compañeiros. Encantoume este curso, foi o
mellor.
Noa
12. Despedida
O mellor que me pasou no curso é estar cos meus compañeiros, e coa
profe.
En ximnasia gustoume moito facer baloncesto, balonmán e libre.
Encantoume a excursión á Coruña, e os traballos, e Informática...
Clara
13. Despedida
Gustoume o curso de terceiro: os traballos, ximnasia, matemáticas...
O que vou facer no verán e ir á praia e xogar cos meus amigos. E
estudar un pouquiño de todo.
Saquei boas notas neste curso, como en ximnasia todo sobresaínte.
Das excursións que fixemos a que me gustou foi a de A Coruña: na
Domus xogando ao penalti.
Eloy