1. ● Os determinantes acompañan o nome para
actualizalo ou precisar o seu significado.
● ARTIGO: sempre actúa como DET da fr. nom.
● PRONOME: poden actuar como DET ou como N. da
fr. nom.
● Demostrativos
● Posesivos
● Identificadores
● Cuantificadores
● Relativos, interrogativos, exclamativos
2. As fiestras da casa
Os parafusos
Palabra variable que funciona DET na fr. nominal.
Actualiza ou identifica os substantivos
● ARTIGO DETERMINADO: presenta un substantivo como
coñecido. Tipos de presentación:
– Presenta o substantivo como algo concreto: Regaleille
o xersei vermello.
– Presenta o substantivo como algo coñecido:
Presentoume unha compañeira súa. A compañeira é
de Betanzos.
– Presenta o substantivo como o conxunto de individuos
dunha especie: O león é o rei da selva.
3. ● Expresan familiaridade cos nomes de persoa. O Manuel
estuda en Santiago.
● Nomes dos ríos e mares. Por Padrón pasa o Sar.
● Algúns topónimos. É da Pobra do Caramiñal.
● Cos posesivos. Fun á vosa casa onte.
● En locucións adverbiais: ao chou, ao pé, á parte, á beira,
ás escuras, ao carón de...
Está ao pé da árbore.
4. O(S) A(S)
A Ao(s) Á(s)
DE Do(s) Da(s)
CON Co(s) Coa(s)
EN No(s) Na(s)
POR Polo(s) Pola(s)
U U-lo(s) U-la(s)
CA Có(s) / Ca o(s) Cá(s) / Ca a(s)
Con “por” e “u” é obrigado o emprego da 2ª forma do artig: E a nena, u-la?
CA non contrae obrigatoriamente. Existen as dúas posibilidades: É máis listo
o can ca o / có gato. Porén a pronuncia do masculino é sempre /kɔ/ /ka/.
Lembra: só contrae coa preposición se esta rexe o artigo. De os pais o
saberen, non o consenten.
É obrigatorio contraer co artigo dos topónimos: É do Carballiño. Deputación
da Coruña.
5. A segunda forma do artigo só é de uso
obrigatorio na escrita con “por” e “u”.
Porén, é obrigatoria o seu uso na lingua oral:
◦ /’bou to’malo ‘leite/
◦ /en’trambolos dous/
◦ /’ban ben’dela kasa/
6. ● O ARTIGO INDETERMINADO
● Presenta o substantivo como descoñecido: Andaba un can
solto pola rúa.
● CONTRACCIÓNS:
UN(S) UNHA(S)
DE Dun(s) Dunha(s)
CON Cun(s) Cunha(s)
EN Nun(s) Nunha(s)
7. ● En xeral, son palabras variables en xénero e número que
poden funcionar como DET na fr. nom.(ese can), como N
(Traboume ese), ou como MOD (o can ese).
● Poden expresar distintas nocións: persoa, referencia
espacial ou temporal, posesión ou pertenza...
8. ● Localizan no espazo tomando como referencia o falante
(Este caderno é meu). Tamén poden situar no tempo
(Naqueles anos eu era moi pequena).
● Oposición segundo o grao de proximidade:
proximidade: este, esta, isto
intermedio: ese, esa, iso
afastamento: aquel, aquela, aquilo
9. ESTE(S) /
ESTA(S) / ISTO
ESE(S) / ESA(S)
/ ISO
AQUEL(ES) /
AQUELA (S)/
AQUILO
EN Neste(s)
Nesta(s)
Nisto
Nese(s)
Nesa(s)
Niso
Naquel(es)
Naquela(s)
Naquilo
DE Deste(s)
Desta(s)
Diso
Dese(s)
Desa(s)
Diso
Daquel(es)
Daquela(s)
Daquilo
OUTRO(S)
OUTRA(S)
Estoutro(s)
Estoutra(s)
Esoutro(s)
Esoutra(s)
Aqueloutro(s)
Aqueloutra(s)
Estas formas, á súa
vez, tamén contraen
con “en” e “de”:
Prefiro daqueloutros.
10. ● Valor deítico: sitúa no espazo ou no tempo. Esta maceira é moi
produtiva.
● Valores afectivos ou irónicos (Este rapaz...), pexorativos (Quen é o
tipo ese?) ou intensificadores (Que anos aqueles! Que rapaces estes!)
● Aquel e aquela poden empregarse como substantivos sen significado
concreto: Merquei un aquel moi bonito. Créase o verbo aquelar:
Aquélasme a cafeteira?
● Daquela pode ser un adverbio temporal: Daquela non había móbiles.
11. ● Daquela pode ser unha
conxunción consecutiva “entón”:
Chove? Daquela non vou.
● Nisto, niso con valor temporal
“nese preciso momento”. Iamos
saír e niso chegaron os veciños.
● Valor eufemístico dos neutros
para se referir a actos ou
órganos sexuais. Estivemos a
falar e logo fixemos iso.
12. ● Indican posesión, pertenza... e refiren a persoa gramatical
posuidora
● Posesivo de respecto: MI, TU, SU + padre, madre, tío,
señor, amo.
●
Na actualidade o seu
uso é moi reducido e
só as atopamos en
cantigas ou frases
feitas.
13. ● O posesivo precisa doutro determinante cando se antepón
ao substantivo. O meu ordenador está estragado.
● AUSENCIA DE ARTIGO:
– Designan seres únicos: Noso Señor, Súa Alteza
– Vocativos: Como estás, miña xoia?
– Frases estereotipadas: A meu entender, A seu favor...
– Se existe un distributivo: En cada roca, seu fuso.
– Nomes de parentesco próximos: meu pai, meu avó.
14. ● Enfático ou de propiedade exclusiva: Ten casa de seu.
● Enfatiza unha calidade ou propiedade: É lista de seu.
● Distributivo: Regaleilles cadanseu reloxo. Levaron cadansúa
bicicleta.
● Valor afectivo ou familiaridade: A miña Begoña é moi eficaz.
● Indica familia ou persoas moi achegadas: Hoxe ceo cos meus.
Gañaron os nosos.
● Falcatruadas, trasnadas: Sempre andas a facer das túas.
● Cantidade aproximada: Terá os seus vinte anos.
● Acción habitual: Despois de xantar, sempre tomo o meu café.
15. ● Introducen exclamacións e poden funcionar como
determinante ou como núcleo.
● Formas:
– QUEN. Invariable. Emprégase en cláusulas
desiderativas: Quen me dera!
– QUE. Acompaña un subst., adx. ou adv. Que alta é!
Que axiña veu!
– CAL. Indica estrañeza. Cal vestido levaba!
– CANTO. Valor ponderativo. Canta xoia leva!
– COMO. Como canta!
16. ● Actúan como nexos na oración subordinada de relativo e
fan referencia a un elemento anterior do discurso.
● QUEN. Invariable, só refire persoas. A rapaza a quen
saudei é irmá de Lorena.
● QUE. Invariable; refire persoas, cousas ou unha cláusula
enteira. Pode ir precedido de artigo: O home que vimos na
rúa... Os que ían diante eran os representantes do
concello.
● CAL. Varía en número e vai precedido de artigo. Esa é a
razón pola cal vin.
17. ● CUXO(S), CUXA(S). Indica relación de posesión. A
película cuxo actor protagonista é Luís Tosar estréase
hoxe.
● CANTO(S), CANTA(S). Pode ir reforzado por todo(s),
toda(s): Todos cantos estaban alí afirman o mesmo.
● ONDE. Adverbial. O instituto onde estudei...
● CANDO. Adverbial. O día cando naceu meu irmán...
● COMO. Adverbial. Non me gustou o xeito como lle falou.
18. ● Introducen preguntas directas ou indirectas e cumpren a función de DET ou N.
● QUEN. Invariable, só refire persoas. O verbo sempre vai en sg. agás no caso
do verbo ser: Quen petou á porta? Quen son os que chaman?
● QUE. Invariable. Que che dixo? Que película che gusta máis?
● CAL(ES). Cales che gustan máis?
● CANTO(S), CANTA(S). Pregunta polo número ou cantidade. Quere saber
cantos queres? Cantas precisas?
● ONDE. Adverbial. Onde está a parada de autobús?
● CANDO. Adverbial. Cando marchades de viaxe?
● COMO. Adverbial. Como se atopa hoxe?
● U. Adverbial. Só se emprega seguido de artigo e sen verbo. U-lo meu
sombreiro?
19. Cuantifican a realidade. Distínguense:
● Definidos (ou numerais): indican a cantidade exacta.
– Cardinais. Número exacto de unidades: un, dous, vinte
e dous...
– Ordinais. Indican a orde: primeiro, segundo, décimo….
– Multiplicativos. Resultan dunha multiplicación: dobre,
dupl.
– Partitivos. Indican unha parte. Só quero media laranxa.
– Colectivos. Indican un conxunto: par, parella, ducia,
cento, milleiro...
20. ● Indefinidos: indican a cantidade de forma imprecisa.
Cada, algo, algún(s), varia(s), bastante(s), moito(s)…..
● Absolutos: negan ou sinalan a totalidade dunha
Algún(s) contrae
coas prep. “de” e
“en”: Nalgúns hoteis
non admiten
mascotas.
cantidade.
Todo(s), nada, ningunha, ninguén…
Todas votaron a favor.
Había bastantes persoas na reunión
21. Seleccionan un elemento de entre outros da
mesma especie.
Distínguense:
◦ Non-confrontativos: non se compara con outras
entidades da clase. Calquera, quenquera, tal(es),
certo(s), certa(s)....
◦ Confrontativos: confróntanse con outras unidades:
outro(s), outra(s), o(s) máis, mesma(s), propia(s)...
Outro(s) e outra(s) contraen
coas preposicións “en” e “de”:
Creo que o gardei noutro
sitio.