ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
educar
en xustiza
edita:
Oficina de
Comunicación
do CXPX
Educar en xustiza
4
educar en xustiza
5
Na nosa sociedade hai regras de xogo. Son
as leis, que establecen os nosos dereitos
e deberes e indican como debemos
comportarnos cos demais. Os xuíces
encárganse de resolver os nosos conflitos,
de acordo con esas leis, cando non hai outra
solución posible.
6
educar en xustiza
7
O xuíz é o único con autoridade para xulgar e facer
executar o xulgado; é dicir, obrigar a que se cumpra a
decisión que acadou aplicando a lei.
En España hai máis de 5300 xuíces e máis da metade
son mulleres. Resolven de modo pacífico os conflitos
que se dan na sociedade. Cada ano entran nos xulgados
e tribunais millóns de asuntos aos que teñen que dar
unha resposta.
Ademais os xuíces interveñen en aspectos da nosa vida
cotiá. Cásannos, divórciannos ou supervisan a correcta
celebración de todas as eleccións.
o xuíz
8
educar en xustiza
9
Os fiscais defenden a legalidade en nome
da sociedade. Piden probas ao xuíz e
poden acusar ou pedir a absolución no
xuízo.
Os letrados garanten a autenticidade
do que ocorre nos tribunais e velan polo
cumprimento de todas as decisións dos
xuíces ou tribunais.
Os avogados defenden os intereses
do seu cliente. Cando o seu cliente
comparece como vítima ou prexudicado,
son avogados da acusación.
As testemuñas son persoas que
presenciaron o feito que se axuíza e o seu
testemuño pode axudar a esclarecer a
verdade.
Os peritos son especialistas en diferentes
campos non xurídicos. Analizan e explican
as causas dun feito.
fiscais, letrados da
administración de xustiza,
avogados, testemuñas e peritos
10
educar en xustiza
11
A Administración de Xustiza
estrutúrase en niveis. A
decisión dun xuíz ou tribunal
pode revisarse perante outro
órgano superior.
Na cúspide está situado o
Tribunal Supremo. Con sede
en Madrid, ten xurisdición en
todo o territorio nacional e a
última palabra nos asuntos
que chegan aos tribunais.
A Audiencia Nacional, tamén
con xurisdición en toda
España, encárgase de delitos
como o terrorismo ou o
narcotráfico, entre outros.
Os Tribunais Superiores de
Xustiza teñen xurisdición
no ámbito territorial da
Comunidade Autónoma e
reciben o nome desta.
As Audiencias Provinciais
teñen xurisdición no ámbito
territorial da súa provincia.
Toman o nome daquela onde
teñen a súa sede.
A nivel provincial traballan
tamén os Xulgados do
Penal, do Contencioso-
Administrativo, do Social, de
Vixilancia Penitenciaria, de
Menores e de Mercantil.
Os partidos xudiciais son a
menor división territorial. En
España hai 431 e en cada un
hai como mínimo un Xulgado
de Primeira Instancia e
Instrución e un Xulgado con
competencia en Violencia
sobre a Muller.
Nos municipios onde non hai
Xulgados de Primeira Instancia
están os Xulgados de Paz.
Os xuíces de paz non son
xuíces profesionais e teñen
competencias moi limitadas.
onde traballan
os xuíces?
12
algúns asuntos que resolven os
xuíces
Cásannos,
sepárannos e
divórciannos
Castigan delitos
como agresións
sexuais ou roubos
Ocúpanse dos
recursos contra as
multas
Pronúncianse
sobre conflitos cos
despedimentos
Garanten os
dereitos dos
menores e dos
discapacitados
Investigan os
crimes
Pronúncianse sobre
cuestións tributarias
Solucionan
problemas cos
contratos ou a
xornada laboral
Resolven disputas
económicas
Perseguen a
corrupción
Xulgan delitos
urbanísticos e
medioambientais
Regulan o dereito
de folga dos
traballadores
civil> penal> social>contencioso
administrativo>
educar en xustiza
13
que fan
os xuíces?
Os xuíces do Civil
resolven os conflitos entre
particulares: asuntos de
familia como divorcios
ou custodia de menores,
disputas por herdanzas
ou por alugueres,
demandas relacionadas
cos consumidores,
reclamacións contra os
bancos ou de cantidades
económicas de empresas
ou particulares.
Os xuíces do Contencioso-
Administrativo ocúpanse
dos preitos contra as
Administracións Públicas:
ocúpanse por exemplo dos
recursos contra as multas
por infraccións de tráfico e
pronúncianse sobre cuestións
tributarias, urbanísticas ou
ambientais.
Os xuíces do Penal
encárganse de castigar
os delitos de todo tipo:
por exemplo contra a
liberdade sexual, como
as violacións, ou os
ataques á vida, como os
asasinatos.
Os xuíces do Social
pronúncianse sobre
os conflitos entre
as empresas e os
traballadores en
cuestións como
despedimentos,
contratos, xornada
laboral ou pensións.
14
como é un xuízo
penal?
educar en xustiza
15
O xuíz ou maxistrado preside sempre o xuízo.
Se o delito ten unha pena superior a cinco
anos, haberá un tribunal formado por tres
maxistrados. Un deles será o presidente. Este
senta no centro da mesa principal da sala.
O acusado sitúase no centro da sala ou xunto ao
seu avogado.
Toda persoa acusada dun delito ten dereito a
gardar silencio porque ninguén está obrigado
a declarar contra si mesmo. Todos temos
dereito a un avogado. Se non podemos pagalo,
proporciónannos un.
Á esquerda do tribunal sentarán o fiscal e o
avogado da acusación particular, se a hai. Á
dereita, o avogado defensor. Primeiro pregunta o
fiscal, despois a acusación e, ao final, a defensa.
Unha vez escoitadas as testemuñas e os peritos,
o tribunal escoitará os informes do fiscal e dos
avogados da acusación e a defensa, e dará unha
última oportunidade ao acusado para falar. É a
“quenda de última palabra”. Despois, o xuízo
quedará “visto para sentenza”.
16
o tribunal do
xurado
Algúns delitos, como os homicidios ou as
ameazas, son axuizados polo Tribunal do
Xurado, que permite a participación dos
cidadáns na Administración de Xustiza.
En España, o xurado está formado por 9
persoas sen coñecementos de Dereito, que
emiten un veredicto de culpabilidade ou
non culpabilidade, e por un maxistrado que
preside o tribunal e dita a sentenza. Para
declarar culpable a un acusado necesítanse
polo menos 7 votos dos seus 9 membros.
educar en xustiza
17
a violencia
de xénero
En España hai case medio milleiro de xulgados
especializados en violencia sobre a muller.
Para que os xuíces poidan intervir, necesitan
que alguén poña no seu coñecemento
os feitos a través dunha denuncia ou con
atestados policiais ou partes médicos.
O xuíz ten 72 horas para escoitar a vítima e o
denunciado. Nese prazo de tempo os xuíces
poden adoptar medidas cautelares para
protexer a vítima ou os menores implicados,
por exemplo, os seus fillos, que teñen dereito
a recibir atención médica.
Unha persoa que quere a outra nunca lle vai
pegar nin a vai insultar.
O teléfono
de atención
contra os
malos tratos
é o
18
educar en xustiza
19
e se cometo
un delito?
Os menores de 14 anos
non poden ser declarados
responsables dun delito. Se
tes entre 14 e 18 anos e es
acusado de cometer un, o
teu caso vai ser estudado por
un xuíz de Menores. O seu
obxectivo non é tanto castigar
como corrixir a túa conduta
para evitar que te convertas
nun delincuente. A Fiscalía de
Menores tamén velará por que
se respecten os teus dereitos
e a lei. Tamén hai unidades
especializadas nas Forzas e
Corpos de Seguridade do
Estado que se encargan de
investigar estes delitos e
tratar cos menores.
Os menores que cometen
delitos non van ao cárcere,
pero nos casos máis graves
poden ser enviados a centros
de internamento. Noutras
ocasións, a condena pode
consistir en realizar traballos
en beneficio da comunidade.
20
educar en xustiza
21
quen goberna os xuíces?
O Consello Xeral do Poder
Xudicial (CXPX) é o órgano de
goberno dos xuíces. Encárgase
de seleccionar e formar os
xuíces, aínda que a súa función
principal é protexer e garantir
a súa independencia. Ademais
encárgase da xestión ordinaria
da Carreira Xudicial, por exemplo
dos seus permisos ou dos
concursos de traslado.
É importante que saibas que o
Consello non é un tribunal nin
exerce como tal. Tampouco pode
dar ordes aos xuíces sobre o
sentido das súas decisións.
O CXPX está formado por 20
vogais e por un presidente,
que tamén preside o Tribunal
Supremo. Dos 20 vogais, 12
deles son xuíces e os outros
8 son xuristas de recoñecida
competencia, como avogados,
fiscais, etc. Os 20 vogais son
elixidos polo Congreso dos
Deputados e polo Senado.
22
termos
xurídicos
acusaciónparticular>Persoa física ou xurídica,prexudicada polo delito, que
solicita castigar o culpable.
procesado>
É a persoa sobre a que pesan
indicios sólidos da comisión dun
delito. Unha persoa é primeiro
investigada e logo procesada.
Non todos os investigados
chegan a ser procesados.
demandante
y demandado>
O demandante é quen inicia
o proceso nos asuntos civís,
contencioso-administrativos
e sociais. O demandado
é contra quen se dirixe o
procedemento.
acción
popular>
É a acción que pode
exercer calquera persoa
física ou xurídica para
acusar, aínda que non
fose prexudicada polo
delito.
auto>
É un escrito oficial
onde o xuíz toma unha
decisión razoada que
afecta a investigación e
o destino do acusado.
investigado>
Persoa sometida a
investigación durante a
indagación do autor dun
delito.
denunciae querela>A denuncia é un relato de
feitos que poden ser delito
e a querela diríxese contra
unha persoa concreta.
educar en xustiza
23
veredicto>
É a parte final da
sentenza, onde se
enuncia a condena
ou a absolución.
custas>
Son os gastos que se producen
como consecuencia dun proceso
que termina en xuízo. O xuíz pode
condenar a pagar as custas; é dicir,
a pagar os gastos do avogado e do
procurador da parte contraria.
instrución>
É a fase da investigación, determinación
dos feitos e identificación provisional
dos responsables. A instrución é
realizada por un xuíz, que é distinto do
maxistrado que despois dita a sentenza.
recurso>
Medio de impugnación
dunha decisión xudicial
que permite a súa
revisión.
pena>
É o castigo que impón o xuíz
ao condenado polo delito
cometido. Pode ser unha pena
de prisión, unha pena económica
ou unha pena privativa doutros
dereitos, como por exemplo
unha inhabilitación ou a
privación do carné de conducir.
sentenza>
é a decisión do xuíz que pon
fin ao proceso.
prisión preventiva>Medida privativa de liberdade acordada por un xuíz antes
de que haxa unha sentenza condenatoria. O tempomáximo que pode estar unha persoa en prisión preventiva
en España é de catro anos. Os xuíces só poden ordenar a
prisión preventiva dunha persoa se cren que pode fuxir,
destruír probas ou volver delinquir.
24
educar en xustiza
25
e se quero ser xuíz?
Para ser xuíz hai que licenciarse
ou graduarse en Dereito e aprobar
unhas oposicións. Despois hai que
realizar un curso teórico-práctico
na Escola Xudicial de Barcelona.
Os que o superan reciben os seus
despachos como membros da
Carreira Xudicial.
As oposicións son as mesmas para
ser xuíz que para ser fiscal, pero
quen elixe esta última carreira non
vai despois á Escola Xudicial, senón
que termina a súa formación no
Centro de Estudos Xurídicos que
está en Madrid.
Aínda que a vía máis habitual para
acceder á Carreira Xudicial é a das
oposicións, tamén hai outras vías
de acceso. Os xuristas –avogados,
letrados da Administración
de Xustiza, fiscais, etc.- con
determinados anos de exercicio
profesional poden optar a ser
xuíces. Tamén deberán superar
unhas probas e facer un curso na
Escola Xudicial.
Tes máis información sobre as
oposicións en
www.poderjudicial.es
26
a balanza>
Representa á Xustiza, o
equilibrio e a capacidade
de sopesar os diferentes
argumentos.
a xustiza nace
do pobo>
A Constitución española di que a
Xustiza emana do pobo, no que
reside a soberanía nacional. Iso é o
que dá lexitimidade democrática aos
Poderes do Estado.
o mazo e a
campaíña>
O mazo e a campaíña son
os símbolos da Xustiza
máis utilizados en todo o
mundo. En España o mazo e a
campaíña apenas se utilizan.
sabías
que...?
educar en xustiza
27
a toga>
Os xuíces españois usan togas
negras. É a mesma peza que
usan os avogados, fiscais etc… e
simboliza a igualdade entre eles. Os
xuíces diferéncianse polo escudo
–prateado para xuíces e dourado
para maxistrados- e as puñetas.
Non todas as togas do mundo son
iguais nin son negras. O vermello é a
segunda cor máis utilizada.
“vai facer
puñetas”>
Facer as puñetas era un traballo
longo, lento e pesado que requiría
moita atención. Aí nace a expresión
“vai facer puñetas”, que se di a quen
desexas ver lonxe durante moito
tempo.
as puñetas>
Son os adornos que os
maxistrados e os fiscais levan
na manga da toga como signo
da súa categoría. Os xuíces que
ocupan a primeira escala da
xudicatura non levan puñetas.
28
Se tes interese na información
xudicial, síguenos en
www.poderjudicial.es
@PoderJudicialEs
educar en xustiza
29
contacta connnosco
Se tes interese na información
xudicial, consulta
www.poderjudicial.es
ou síguenos en
@PoderJudicialEs
Se necesitas máis información
podes chamar á Oficina de
Comunicación do Consello
Xeral do Poder Xudicial ou á
Oficina de Comunicación do teu
Tribunal Superior de Xustiza. Os
nosos teléfonos están en
www.poderjudicial.es
30
Comproba os teus
c o ñ e c e m e n t o s
	 1.-	 Para ser xuíz debo…
	 Estudar Historia
	 Opositar cando remato o Bacharelato
	 Estudar Dereito e facer unha oposición
2.-	 Os xuíces do Civil
encárganse de…
	 Asuntos de familia
	Asasinatos
	 Preitos contra as Administracións Públicas
3.-	 Os xuíces españois
levan togas…
	Negras
	 Negras con puñetas
	 Negras e usan perruca
4.-	 O veredicto dunha 	
sentenza é…
	 A firma do xuíz
	 Onde se enuncia a condena
	 O relato dos feitos
educar en xustiza
31
5.-	 O Consello Xeral do
Poder Xudicial…
	 Dita sentenzas
	 É similar ao Tribunal Supremo
	 É o órgano de goberno dos xuíces
6.-	 O Tribunal do Xurado
está formado por…
	 9 cidadáns
	 7 xuíces
	 9 cidadáns e un xuíz
7.-	 As custas xudiciais son…
	 Unha decisión xudicial
	 Os gastos que se producen como
consecuencia do proceso
	 Os argumentos do xuíz
8.-	 O teléfono de atención
ás vítimas de malos
tratos por violencia de
xénero é…
	010
	116
	016
32
notas
educar en xustiza
33
34
notas
Educar en xustiza
CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL
Calle del Marqués de la Ensenada, 8
28004 Madrid
Oficina de Comunicación del CGPJ
www.poderjudicial.es
@PoderJudicialEs

More Related Content

Educar en xustiza

  • 4. 4
  • 5. educar en xustiza 5 Na nosa sociedade hai regras de xogo. Son as leis, que establecen os nosos dereitos e deberes e indican como debemos comportarnos cos demais. Os xuíces encárganse de resolver os nosos conflitos, de acordo con esas leis, cando non hai outra solución posible.
  • 6. 6
  • 7. educar en xustiza 7 O xuíz é o único con autoridade para xulgar e facer executar o xulgado; é dicir, obrigar a que se cumpra a decisión que acadou aplicando a lei. En España hai máis de 5300 xuíces e máis da metade son mulleres. Resolven de modo pacífico os conflitos que se dan na sociedade. Cada ano entran nos xulgados e tribunais millóns de asuntos aos que teñen que dar unha resposta. Ademais os xuíces interveñen en aspectos da nosa vida cotiá. Cásannos, divórciannos ou supervisan a correcta celebración de todas as eleccións. o xuíz
  • 8. 8
  • 9. educar en xustiza 9 Os fiscais defenden a legalidade en nome da sociedade. Piden probas ao xuíz e poden acusar ou pedir a absolución no xuízo. Os letrados garanten a autenticidade do que ocorre nos tribunais e velan polo cumprimento de todas as decisións dos xuíces ou tribunais. Os avogados defenden os intereses do seu cliente. Cando o seu cliente comparece como vítima ou prexudicado, son avogados da acusación. As testemuñas son persoas que presenciaron o feito que se axuíza e o seu testemuño pode axudar a esclarecer a verdade. Os peritos son especialistas en diferentes campos non xurídicos. Analizan e explican as causas dun feito. fiscais, letrados da administración de xustiza, avogados, testemuñas e peritos
  • 10. 10
  • 11. educar en xustiza 11 A Administración de Xustiza estrutúrase en niveis. A decisión dun xuíz ou tribunal pode revisarse perante outro órgano superior. Na cúspide está situado o Tribunal Supremo. Con sede en Madrid, ten xurisdición en todo o territorio nacional e a última palabra nos asuntos que chegan aos tribunais. A Audiencia Nacional, tamén con xurisdición en toda España, encárgase de delitos como o terrorismo ou o narcotráfico, entre outros. Os Tribunais Superiores de Xustiza teñen xurisdición no ámbito territorial da Comunidade Autónoma e reciben o nome desta. As Audiencias Provinciais teñen xurisdición no ámbito territorial da súa provincia. Toman o nome daquela onde teñen a súa sede. A nivel provincial traballan tamén os Xulgados do Penal, do Contencioso- Administrativo, do Social, de Vixilancia Penitenciaria, de Menores e de Mercantil. Os partidos xudiciais son a menor división territorial. En España hai 431 e en cada un hai como mínimo un Xulgado de Primeira Instancia e Instrución e un Xulgado con competencia en Violencia sobre a Muller. Nos municipios onde non hai Xulgados de Primeira Instancia están os Xulgados de Paz. Os xuíces de paz non son xuíces profesionais e teñen competencias moi limitadas. onde traballan os xuíces?
  • 12. 12 algúns asuntos que resolven os xuíces Cásannos, sepárannos e divórciannos Castigan delitos como agresións sexuais ou roubos Ocúpanse dos recursos contra as multas Pronúncianse sobre conflitos cos despedimentos Garanten os dereitos dos menores e dos discapacitados Investigan os crimes Pronúncianse sobre cuestións tributarias Solucionan problemas cos contratos ou a xornada laboral Resolven disputas económicas Perseguen a corrupción Xulgan delitos urbanísticos e medioambientais Regulan o dereito de folga dos traballadores civil> penal> social>contencioso administrativo>
  • 13. educar en xustiza 13 que fan os xuíces? Os xuíces do Civil resolven os conflitos entre particulares: asuntos de familia como divorcios ou custodia de menores, disputas por herdanzas ou por alugueres, demandas relacionadas cos consumidores, reclamacións contra os bancos ou de cantidades económicas de empresas ou particulares. Os xuíces do Contencioso- Administrativo ocúpanse dos preitos contra as Administracións Públicas: ocúpanse por exemplo dos recursos contra as multas por infraccións de tráfico e pronúncianse sobre cuestións tributarias, urbanísticas ou ambientais. Os xuíces do Penal encárganse de castigar os delitos de todo tipo: por exemplo contra a liberdade sexual, como as violacións, ou os ataques á vida, como os asasinatos. Os xuíces do Social pronúncianse sobre os conflitos entre as empresas e os traballadores en cuestións como despedimentos, contratos, xornada laboral ou pensións.
  • 14. 14 como é un xuízo penal?
  • 15. educar en xustiza 15 O xuíz ou maxistrado preside sempre o xuízo. Se o delito ten unha pena superior a cinco anos, haberá un tribunal formado por tres maxistrados. Un deles será o presidente. Este senta no centro da mesa principal da sala. O acusado sitúase no centro da sala ou xunto ao seu avogado. Toda persoa acusada dun delito ten dereito a gardar silencio porque ninguén está obrigado a declarar contra si mesmo. Todos temos dereito a un avogado. Se non podemos pagalo, proporciónannos un. Á esquerda do tribunal sentarán o fiscal e o avogado da acusación particular, se a hai. Á dereita, o avogado defensor. Primeiro pregunta o fiscal, despois a acusación e, ao final, a defensa. Unha vez escoitadas as testemuñas e os peritos, o tribunal escoitará os informes do fiscal e dos avogados da acusación e a defensa, e dará unha última oportunidade ao acusado para falar. É a “quenda de última palabra”. Despois, o xuízo quedará “visto para sentenza”.
  • 16. 16 o tribunal do xurado Algúns delitos, como os homicidios ou as ameazas, son axuizados polo Tribunal do Xurado, que permite a participación dos cidadáns na Administración de Xustiza. En España, o xurado está formado por 9 persoas sen coñecementos de Dereito, que emiten un veredicto de culpabilidade ou non culpabilidade, e por un maxistrado que preside o tribunal e dita a sentenza. Para declarar culpable a un acusado necesítanse polo menos 7 votos dos seus 9 membros.
  • 17. educar en xustiza 17 a violencia de xénero En España hai case medio milleiro de xulgados especializados en violencia sobre a muller. Para que os xuíces poidan intervir, necesitan que alguén poña no seu coñecemento os feitos a través dunha denuncia ou con atestados policiais ou partes médicos. O xuíz ten 72 horas para escoitar a vítima e o denunciado. Nese prazo de tempo os xuíces poden adoptar medidas cautelares para protexer a vítima ou os menores implicados, por exemplo, os seus fillos, que teñen dereito a recibir atención médica. Unha persoa que quere a outra nunca lle vai pegar nin a vai insultar. O teléfono de atención contra os malos tratos é o
  • 18. 18
  • 19. educar en xustiza 19 e se cometo un delito? Os menores de 14 anos non poden ser declarados responsables dun delito. Se tes entre 14 e 18 anos e es acusado de cometer un, o teu caso vai ser estudado por un xuíz de Menores. O seu obxectivo non é tanto castigar como corrixir a túa conduta para evitar que te convertas nun delincuente. A Fiscalía de Menores tamén velará por que se respecten os teus dereitos e a lei. Tamén hai unidades especializadas nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que se encargan de investigar estes delitos e tratar cos menores. Os menores que cometen delitos non van ao cárcere, pero nos casos máis graves poden ser enviados a centros de internamento. Noutras ocasións, a condena pode consistir en realizar traballos en beneficio da comunidade.
  • 20. 20
  • 21. educar en xustiza 21 quen goberna os xuíces? O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) é o órgano de goberno dos xuíces. Encárgase de seleccionar e formar os xuíces, aínda que a súa función principal é protexer e garantir a súa independencia. Ademais encárgase da xestión ordinaria da Carreira Xudicial, por exemplo dos seus permisos ou dos concursos de traslado. É importante que saibas que o Consello non é un tribunal nin exerce como tal. Tampouco pode dar ordes aos xuíces sobre o sentido das súas decisións. O CXPX está formado por 20 vogais e por un presidente, que tamén preside o Tribunal Supremo. Dos 20 vogais, 12 deles son xuíces e os outros 8 son xuristas de recoñecida competencia, como avogados, fiscais, etc. Os 20 vogais son elixidos polo Congreso dos Deputados e polo Senado.
  • 22. 22 termos xurídicos acusaciónparticular>Persoa física ou xurídica,prexudicada polo delito, que solicita castigar o culpable. procesado> É a persoa sobre a que pesan indicios sólidos da comisión dun delito. Unha persoa é primeiro investigada e logo procesada. Non todos os investigados chegan a ser procesados. demandante y demandado> O demandante é quen inicia o proceso nos asuntos civís, contencioso-administrativos e sociais. O demandado é contra quen se dirixe o procedemento. acción popular> É a acción que pode exercer calquera persoa física ou xurídica para acusar, aínda que non fose prexudicada polo delito. auto> É un escrito oficial onde o xuíz toma unha decisión razoada que afecta a investigación e o destino do acusado. investigado> Persoa sometida a investigación durante a indagación do autor dun delito. denunciae querela>A denuncia é un relato de feitos que poden ser delito e a querela diríxese contra unha persoa concreta.
  • 23. educar en xustiza 23 veredicto> É a parte final da sentenza, onde se enuncia a condena ou a absolución. custas> Son os gastos que se producen como consecuencia dun proceso que termina en xuízo. O xuíz pode condenar a pagar as custas; é dicir, a pagar os gastos do avogado e do procurador da parte contraria. instrución> É a fase da investigación, determinación dos feitos e identificación provisional dos responsables. A instrución é realizada por un xuíz, que é distinto do maxistrado que despois dita a sentenza. recurso> Medio de impugnación dunha decisión xudicial que permite a súa revisión. pena> É o castigo que impón o xuíz ao condenado polo delito cometido. Pode ser unha pena de prisión, unha pena económica ou unha pena privativa doutros dereitos, como por exemplo unha inhabilitación ou a privación do carné de conducir. sentenza> é a decisión do xuíz que pon fin ao proceso. prisión preventiva>Medida privativa de liberdade acordada por un xuíz antes de que haxa unha sentenza condenatoria. O tempomáximo que pode estar unha persoa en prisión preventiva en España é de catro anos. Os xuíces só poden ordenar a prisión preventiva dunha persoa se cren que pode fuxir, destruír probas ou volver delinquir.
  • 24. 24
  • 25. educar en xustiza 25 e se quero ser xuíz? Para ser xuíz hai que licenciarse ou graduarse en Dereito e aprobar unhas oposicións. Despois hai que realizar un curso teórico-práctico na Escola Xudicial de Barcelona. Os que o superan reciben os seus despachos como membros da Carreira Xudicial. As oposicións son as mesmas para ser xuíz que para ser fiscal, pero quen elixe esta última carreira non vai despois á Escola Xudicial, senón que termina a súa formación no Centro de Estudos Xurídicos que está en Madrid. Aínda que a vía máis habitual para acceder á Carreira Xudicial é a das oposicións, tamén hai outras vías de acceso. Os xuristas –avogados, letrados da Administración de Xustiza, fiscais, etc.- con determinados anos de exercicio profesional poden optar a ser xuíces. Tamén deberán superar unhas probas e facer un curso na Escola Xudicial. Tes máis información sobre as oposicións en www.poderjudicial.es
  • 26. 26 a balanza> Representa á Xustiza, o equilibrio e a capacidade de sopesar os diferentes argumentos. a xustiza nace do pobo> A Constitución española di que a Xustiza emana do pobo, no que reside a soberanía nacional. Iso é o que dá lexitimidade democrática aos Poderes do Estado. o mazo e a campaíña> O mazo e a campaíña son os símbolos da Xustiza máis utilizados en todo o mundo. En España o mazo e a campaíña apenas se utilizan. sabías que...?
  • 27. educar en xustiza 27 a toga> Os xuíces españois usan togas negras. É a mesma peza que usan os avogados, fiscais etc… e simboliza a igualdade entre eles. Os xuíces diferéncianse polo escudo –prateado para xuíces e dourado para maxistrados- e as puñetas. Non todas as togas do mundo son iguais nin son negras. O vermello é a segunda cor máis utilizada. “vai facer puñetas”> Facer as puñetas era un traballo longo, lento e pesado que requiría moita atención. Aí nace a expresión “vai facer puñetas”, que se di a quen desexas ver lonxe durante moito tempo. as puñetas> Son os adornos que os maxistrados e os fiscais levan na manga da toga como signo da súa categoría. Os xuíces que ocupan a primeira escala da xudicatura non levan puñetas.
  • 28. 28 Se tes interese na información xudicial, síguenos en www.poderjudicial.es @PoderJudicialEs
  • 29. educar en xustiza 29 contacta connnosco Se tes interese na información xudicial, consulta www.poderjudicial.es ou síguenos en @PoderJudicialEs Se necesitas máis información podes chamar á Oficina de Comunicación do Consello Xeral do Poder Xudicial ou á Oficina de Comunicación do teu Tribunal Superior de Xustiza. Os nosos teléfonos están en www.poderjudicial.es
  • 30. 30 Comproba os teus c o ñ e c e m e n t o s 1.- Para ser xuíz debo… Estudar Historia Opositar cando remato o Bacharelato Estudar Dereito e facer unha oposición 2.- Os xuíces do Civil encárganse de… Asuntos de familia Asasinatos Preitos contra as Administracións Públicas 3.- Os xuíces españois levan togas… Negras Negras con puñetas Negras e usan perruca 4.- O veredicto dunha sentenza é… A firma do xuíz Onde se enuncia a condena O relato dos feitos
  • 31. educar en xustiza 31 5.- O Consello Xeral do Poder Xudicial… Dita sentenzas É similar ao Tribunal Supremo É o órgano de goberno dos xuíces 6.- O Tribunal do Xurado está formado por… 9 cidadáns 7 xuíces 9 cidadáns e un xuíz 7.- As custas xudiciais son… Unha decisión xudicial Os gastos que se producen como consecuencia do proceso Os argumentos do xuíz 8.- O teléfono de atención ás vítimas de malos tratos por violencia de xénero é… 010 116 016
  • 36. CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL Calle del Marqués de la Ensenada, 8 28004 Madrid Oficina de Comunicación del CGPJ www.poderjudicial.es @PoderJudicialEs