2. CONCEPTO Unha entrevista é un texto expositivo no que se recolle o diálogo mantido por un xornalista cun personaxe do que se quere dar a coñecer a súa forma de pensar ou de actuar. A súa finalidade é informativa; por iso, as entrevistas son textos xornalísticos de tipo expositivo.
3. OBXECTIVO A entrevista busca afondar na dimensión humana da reportaxe e constitúe un documento extenso sobre a vida, a obra ou a forma de pensar do entrevistado
4. ESTRUTURA Unha entrevista de tres partes: INTRODUCIÓN: na que o xornalista presenta ao personaxe entrevistado, describe o ambiente en que comezou a conversación, narra os antecedentes de encontro, etc. CORPO da entrevista, formando polas preguntas e as respostas. Nas entrevistas extensas, o xornalista vai informando sobre as reaccións do entrevistado, os xestos, o grao de maior ou menor cordialidade na conversación, etc. PECHE da entrevista, no que o xornalista busca sintetizar o dito ou recoller algún aspecto de especial relevancia.
5. TIPOS Hai dous tipos básicos de entrevista: a declaración e a entrevista propiamente dita. A declaración busca obter a opinión ou o punto de vista do entrevistado acerca de feitos diversos. Ás veces, as declaracións forman parte doutros textos xornalísticos como, por exemplo, as reportaxes. A entrevista propiamente dita que busca información para ser publicada no propio formato.