1. Principios da Xestión da Calidade(según norma ISO 9001:2008)
Enfoque no usuario : As organizacións dependen dos seus usuarios e polo tanto teñen que comprender as ne-
cesidades actuais e futuras dos mesmos, satisfacer os requisitos dos usuarios e esforzarse en superar as
expectativas dos mesmos.
Liderazgo: Os líderes establecen a unidade de propósito e a orientación da organización. Deben crear
e manteer un ambente interno, no cual o persoal poida chegar a involucrarse totalmente no logro dos
obxectivos da organización reflexados no Plan estratéxico.
Participación do persoal : O persoal, a todos os niveis, é a clave do éxito dunha organización e o seu total
compromiso posibilita que a súas competencias permitan o seu beneficio e o da organización.
Enfoque baseado en procesos:Un resultado acádase máis eficientemente cando as actividades e os recur-
sos relacionados se xestionan coma un proceso.
Enfoque coma Sistema na Xestión : Identificar, entender e xestionar os procesos interrelacionados como
un sistema, contribúe a eficacia e eficiencia dunha organización na procura dos seus obxectivos.
Mellora continua : A mellora continua do desempeño global da organización debe ser un obxectivo perma-
nente de ésta.
Enfoque baseado en feitos para a toma de decisións :As decisións eficaces baséanse na análise dos
datos e da información recollida.
Relacións mutuamente beneficiosas cos proveedores : Unha organización e os seus proveedores son
interdependentes, e unha relación mutuamente beneficiosa aumenta a capacidade de ambos para crear valor.
Proceso: “conxunto de actividades mutuamente relacionadas ou que interactúan, as cales
transforman elementos de entrada en resultados”
Proceso
Entradas Saidas
Mellora continua do sistema de
xestión da calidade
Responsabilidade Usuarios
da dirección
Usuarios
Xestión dos Medición análise Satisfacción
recursos e mellora
Entradas Producto/ Saidas
Requisitos Realización
d producto/servizo Servizo
Modelo dun Sistema de Xestión da Calidade baseado en procesos (según norma ISO 9001:2008)
2. A relación entre os procesos que aparecen na figura anterior e os capítulos da norma é
a seguinte:
Responsabilidade da dirección .......................... capítulo 5
Xestión dos recursos ......................................... capítulo 6
Realización del producto ..................................... capítulo 7
Medición, análise e mellora .................................. capítulo 8
Ainda que non aparece o capítulo 4 (relativo a aspectos xerais do Sistema de Xestión
da Calidade e a requisitos documentais) de maneira explícita na figura, podemos
afirmar que éste impregna ó resto de procesos que se derivan dos capítulos 5, 6,7 e 8.
Esta estructura de procesos permite unha clara orientación ó usuario, que claramente xo-
gan un papel fundamental no establecimento de requisitos coma elementos de entrada
no Sistema de Xestión da Calidade, o mesmo tempo que se resalta a importancia do
seguemento e a medición da información relativa á percepción do usuario acerca de
cómo a organización cumpre cos seus requisitos.
Como consecuencia directa de todo o anterior, e de xeito particular, oapartado 4.1 da
norma ISO 9001:2008 sobre requisitos xerais relativos a un Sistema de Xestión da
Calidade establece de maneira xenérica qué debe facer unha organización que desexe es-
tablecer, documentar, implementar e manter un sistema de xestión da calidade e me-
llorar continuamente a súa eficacia conforme ós requisitos da ISO 9001.