1. Etapas da lírica medieval Andrea Corcoba González Ana Crespo Pérez Sara Fernández González
2. Iniciación da lírica Realmente, é difícil coñecer o momento no que se inicia a lírica trobadoresca galego-portuguesa. Hai quen di que o límite anterior da nosa lírica trobadoresca está marcado pola aparición da cantiga Ora faz host'o senhor de Navarra, de Johan Soarez de Pávia. Outros investigadores, pola súa parte, consideran que a primeira cantiga galego-portuguesa é Ai eu, coitada como vivo en gran cuidado, atribuída ao rei Sancho I de Portugal; e aínda outros cren que a composición máis antiga é a anónima Cantiga de Guarvaia. Todas estas composicións, están datadas do último terzo do século XII. Algúns investigadores sitúan o mesmo en 1350, ano da publicación do testamento do último mecenas da lírica galego-portuguesa, o Conde de Barcelos. Outros estudosos, porén, deciden marcar a fin desta literatura en 1354 , ano da morte do Conde de Barcelos.
3. Etapas: A xeración histórica A xeración intermedia A corte poética de D. Dinís Epígonos
4. A xeración histórica: Comprendería desde as orixes da lírica galego-portuguesa ata 1217, ano en que sobe ao trono de Castela Fernando III. Pertencen a esta etapa Meendinho, Johan Soarez de Pávia, Nuno Eanes Cerzeo, Gil Sanchez, Garcia Mendiz de Eixo, Johan Soairez Somesso, Vasco Fernandez Praga, Estevan Perez Froian…
5. Algúns autores de esta etapa: Gil Sanchez: Como trobador estivo activo na corte de Afonso IX de León de 1214 a 1219. Del consérvase unha cantiga de amor paralelística. Johan Soarez de Pávia: Foi un trobador posibelmente catalán e autor da primeira cantiga medieval coñecida "Ora faz ost´o senhor de Navarra", datada a finais do século XII. Sábese que escribiu cantigas de amor hoxe perdidas. O único texto que conservamos del é un sirventés de tipo político.
6. A xeración intermedia : Comprendería os reinados de Fernando III (1217-1252) e Afonso X (1252-1284) en Castela e de Sancho II (1222-1243) e Afonso III (1243-1279) en Portugal. Pertencen a esta etapa Lopo Liãns, Lopo, Pero Gomez Barroso, Garcia Soares, Martin Soarez, Johan Airas, Men Rodriguiz Tenoiro, Pedro Amigo de Sevilha, Gonçalo Eanes do Vinhal, Gomez Garcia, Picandon, Garcia Martinz…
7. Algúns autores de esta etapa: Pero Gomez Barroso: Foi un trobador portugués, que estivo activo entre o primeiro cuartel do século XIII e 1273. É autor de 13 textos: 2 cantigas de amor, 3 cantigas de amigo, 1 parodia, 2 cantigas de escarnio, contra o xograr Lourenço e Pero Garcia de Ambroa, 4 sátiras políticas e 1 sirventés moral. Johan Airas: Foi un poeta galego medieval. É autor de 81 textos: 21 cantigas de amor, 45 cantigas de amigo, 2 sirventeses morais, 10 cantigas de escarnio e maldizer, 2 tenzóns.
8. A corte poética de D. Dinís: Comprendería o reinado deste monarca portugués (1279-1324). Pertencerían a esta xeración Don Dinís, Johan Mendiz de Briteiros, Johan Velho de Pedrogaez, Martin Perez Alvin, Fernan Rodriguez Redondo, Afonso Sanchez, Estevan da Guarda, Vasco Martinz de Resende, Estevan Coelho, Johan de Gaia, Estevan Reimondo…
9. Algúns autores de esta etapa: Johan Mendiz de Briteiros: Foi un trobador portugués, activo contra 1270-1320. Residiu na corte de Don Dinís e posibelmente tamén na de Afonso X. É autor de 9 textos: 6 cantigas de amor e 3 cantigas de amigo. Martín Perez Alvin : Foi un trobador portugués do terceiro cuartel do século XIII e principios do XIV. Autor de 9 cantigas de amigo.
10. íDzԴDz: Son os autores posteriores a Afonso X e Don Dinís. Tras a morte de Afonso X e a subida ao trono de Sancho IV, a actividade poética na corte de Castela decae. Presenza de trobadores da xerazón anterior, non se documenta a presenza de moitos poetas nesta corte, sendo Airas Nunes, Fernando Esquío, Fernan do Lago , e Fernan Paez de Talamancos os grandes autores deste período. É posíbel que en torno a Compostela operasen os xograres galegos Johan de Requeixo, Airas Paez e Johan de Cangas.
11. Algúns autores de esta etapa: Fernando Esquío: Foi un poeta galego de fins do século XIII e comezos do século XIV. Consérvanse 9 cantigas súas (4 de amigo, 3 escarnio e 2 de amor). Fernán do Lago: Foi un trobador galego, a quen algúns autores identifican con Fernando Esquío. É autor dunha cantiga de amigo, paralelística sobre o santuario de Santa María do Lago.