2. Recollín información de tres fontes distintas para saber o máis posible desa
época e así poder ampliar información. Posto que algunhas cousas son
comúns as tres, eu intentei destacar as cousas que me pareceron máis
importantes:
Argentina
80 anos
Naceu en
Piñeiros
e veu vivir a
Castrolandín
cando casou.
Ela non emigrou
pero o seus
irmáns si.
Pura
85 anos
Naceu en Troáns
e veu vivir a
Meira, Cuntis.
Os irmáns homes
emigraron.
Carmiña
76 anos
Naceu en Portela
(Barro) e veu vivir
a Cuntis. Non tivo
irmáns que
emigrasen.
3. A ESCOLA
• Antigamente moitos rapaces, e
rapazas, non podían ir a escola
porque tiñan que traballar.
• Só había un libro con todas as
materias: entre elas Educación
Patriótica. Os libros estaban en
castelán.
• A relixión era importante en moitos
ámbitos da vida. Íase moito máis a
misa e ó catecismo (a ‘doutrina’ como
se chamaba antes) e no colexio
rezaban.
• Na escola podíase comezar aos 6 ou 7
anos, aproximadamente, e saíase aos
14 anos para comezar a traballar e moi
poucos, os que podían, seguían
estudan do e m ar chab an para
Pontevedra ou Santiago.
4. Tíñaselle moito medo ós profesores
porque pegaban ca vara cando alguén se
portaba mal ou non sabía a lección. A
mesa do profesor estaba un chanzo máis
arriba ca dos alumnos, é dicir, nunha
tarima.
Ata a reforma da escola os rapaces e as
rapazas estaban separados en centros
diferentes.
Os rapaces pequenos comezaban co
silabario (onde se aprendía a ler) e
despois co manuscrito (onde se aprendía
a escribir)
Levaban un estoxo onde gardaban a
pluma, o xiz…
As contas escribíanse nun pequeno
encerado. E os ditados escribíanse cunha
pluma nun papel.
Ir a escola, era a ocasión para falar cos
compañeiros e descansar do traballo.
A ESCOLA
9. • Os días de festa, ó rematar a misa, ían o
que lle chamaban ‘o baile’, alí bailaban e
era todo unha festa. Xuntábanse todos
para ir ás festas das aldeas, e para
volver. Era a ocasión para falar cos
amigos e ligar un pouco.
• Cando se ía a romaría tíñase que ir
andando, e ó chegar oíase misa. Despois
comían todos xuntos na carballeira.
• Algúns dos xogos cos que se divertían
eran: bolas, pita cega, saltar á corda, a
mariola (o cadro), como non se tiñan
columpios facíanse “randieiras” (que
consiste en atar os dous extremos
dunha corda a unha pola), o aro, o
trompo, ás escondidas…
• Íase as feiras a pé, por exemplo ás da
Estrada ou Moraña.
• Pola noite mozos e mozas xuntábanse ó
lado da lareira, falaban e contaban
contos .
O LECER
10. D a q u e l a h a b í a m o i t a
tuberculose da que se podía
morrer, xa que a medicina
non era tan avanzada coma
agora.
T a m é n h a b í a m o i t a
bronquite, da que podías
estar ata tres meses na
cama.
O tifo era unha tamén unha
enfermidade daquela época
AS ENFERMIDADES
11. A familia estaba máis unida
antes que agora.
Tíñanse máis fillos, unha
familia podía chegar a ter 9
fillos. O raro, era quedar só
con 1 ou 2 fillos. O matrimonio
duraba toda a vida e non había
separacións, coma agora.
Tíñaselle máis respecto ós
pais, e os fillos traballaban e
colaboraban nas tarefas da
casa.
A FAMILIA
12. Naquela época case non se compraba
nada, facíase todo na casa, por exemplo,
o pan. Para iso, íase a moer ó muíño, ás
veces as 12 da noite.
Os xerseis facíanse de la, para facer o fío
fiábase a la da ovella, despois dun longo
proceso.
Lavábase a roupa no río, anque en
inverno ían ao lavadoiro de Cuntis que ten
augas quentes que lavan moi ben a roupa.
Tamén se poñía a roupa a clareo (que
consiste en estendela nun campo ó sol)
para sacarlle todas as manchas que
tivera.
Toda a aldea xuntábase e colaboraba:
para a matanza, a recollida do centeo, a
malla, para recoller a herba seca , a
vendima, a rozar o toxo para botarllo ás
vacas, para sementar o millo, o centeo e o
trigo…
O TRABALLO
13. A xente dedicábase fundamentalmente
a agricultura e a gandaría.
Ós rapacese rapazas ían cas vacas ao
prado, e moitos perdían de ir a escola.
Comezábase cedo a traballar para
axudarlle ós pais e despois da escola
seguían traballando.
Había que ir buscar auga (nun balde
de madeira) para todo, xa que non
había auga corrente. Tamén había que
ir a buscala para bañarse (en inverno a
auga quentábase na lareira).
Os fillos, sobre todo as mulleres, tiñan
que coidar dos irmáns máis pequenos.
Non había vacacións, traballábase
moito máis tempo.
Había moita xente na emigración. E
nalgúns casos a xente que emigraba
morría ala e non se sabía nada dela.
O TRABALLO
14. • Os afiadores e paragüeiros que
andaban polas aldeas, agora xa
case se esqueceron.
• Os médicos eran poucos e os que
había desprazábanse a cabalo ás
casas dos enfermos.
• O zoqueiro facía os zocos que
hoxe xa non se usan.
• O cañeiro facía a caña (augadente)
para toda a aldea.
• As costureiras, como a miña avoa,
ían de casa en casa cosendo.
• Polas aldeas viñan tamén as
peixeiras a vender os seu produto.
• O cesteiro, como meu avó, facía
cestos que ían vender despois á
feira.
• Os canteiros eran moitos e bos en
Cuntis.
OS TRABALLOS DE ANTES
15. • Durante a Guerra Civil contan que levaban ós homes
de esquerdas ó monte, a Estacas, e matábanos. Ás
mulleres deses homes cortábanlle o pelo e
humillábanas. Tamén recordan que ían recrutando á
forza homes polas casas para ir á guerra.
• Os que vivían na aldea sempre tiñan algo que comer
porque cultivaban cousas, ó contrario dos da cidade.
Houbo uns que para mercar íase cunha cartilla de
racionamento. Só che daban 1 cuarterón de aceite
(1/4 l ) e ½ libra de azúcre (1/4 kg). Tiñanse que
arranxar con iso unha tempada, pois non lle daban
máis. As mulleres que daban a luz dábanlle un
molete de pan cada 2 días.
• Había estraperlo (contrabando) porque a xente non
tiña para comer. Os que tiñan cartos e podían mercar
outras cousas, aproveitábanse do contrabando.
• Na Sección Feminina ensinábaselle ás mulleres a
facer as cousas da casa: coser, bordar, cousas que
consideraban de mulleres. Tamén lle aprendían o
baile tradicional galego.
A POLÍTICA
16. • Falábase moito máis cos veciños.
• Á mañá almorzábase leite cando había
e senón comíanse papas de millo e
para cear unha cunca de caldo con pan
de millo.
• Non había cartos para mercar moita
roupa e o Día da Patroa era cando se
estreaba o vestido, se podían.
• Tíñase máis respecto a todas as
persoas, non como agora. Como por
exemplo os mestres, o cura e a garda
civil.
• O regalo máis grande que podías ter
eran uns zocos novos ou unha boneca,
non todas as familias se podían
permitir iso.
• Non había luz eléctrica por iso tiñan
que acender os candís de noite.
• Os camiños eran de terra e pedras.
A VIDA E A ALDEA
17. • As casas eran de pedra e tiñan o chan
de madeira.
• Na planta baixa da vivenda estaban as
corte e no primeiro andar estaban a
cociña, e dúas habitacións grandes que,
segundo a familia, dividíanse con
biombos para separar as camas unhas
das outras. Os colchóns das camas eran
de follato (follas do millo) e despois
pasaron a ser de la. Na cociña había
unha lacena e un alzadeiro (un armario
onde poñían os pratos), e a artesa (para
amasar o pan), as olas de barro (onde
gardaban os chourizos e alimentos).
Existían utensilios de cociña que agora
non se utilizan como por exemplo o
pote, que agora se utiliza de adorno.
• Non había cuarto baño polo que só tiñan
un retrete que baixaba directamente á
corte, lavábanse nunha almofía (que
estaba no dormitorio) e de vez en cando
lavábanse nunha bañeira grande.
A CASA