Examen como modelo para abau de geología de 2º bacharelato
1 of 3
Download to read offline
More Related Content
Examen geología abau
1. Modelo da proba
2017
Código: 25
XEOLOXÍA
No contexto do currículo oficial, as probas cinguiranse no posible aos contidos incluídos nas ORIENTACIÓNS
PARA A MATERIA, cunha equilibrada representación dos diversos bloques de contidos, e ás porcentaxes
ORIENTATIVAS de ponderación asignadas aos estándares de aprendizaxe para cada bloque de
coñecementos ou agrupación dos mesmos de bloques, segundo a Orden ECD/1941/2016.
Modelo xeral de exame
Pregunta 1. Explicar. Responder a tres cuestións relacionadas cun bloque temático. Valoración total: 3
puntos.
Pregunta 2. Interpretar. Responder a tres cuestións relativas a un esquema. Na opción A versarán sobre un
diagrama ou esquema que pode estar referido a calquera parte do currículo, mentres que na opción B será
sempre a interpretación dun corte xeolóxico. Valoración total: 3 puntos. (NOTA: no se empregarán
fotografías)
Pregunta 3. Relacionar. Trátase de emparellar termos de dúas listas. Valoración total: 1 punto.
Pregunta 4. Definir. Definir catro conceptos. Valoración total: 2 puntos
Pregunta 5. Completar. Trátase de completar cinco frases co termo que lles falta. Valoración total: 1 punto.
Esta proposta se acompaña cun modelo concreto de exame para orientar ao profesorado de modo máis
preciso sobre a súa configuración. No modelo de proba só se presenta unha posible opción, aínda que para
a pregunta 2, relativa a un esquema ou gráfico, preséntanse dous posibles modelos, un para cada opción.
Na Opción A esta pregunta versará sobre un diagrama, esquema ou gráfica relacionada con calquera parte
do programa, mentres que na opción B versará sobre un corte xeolóxico.
2. Modelo da proba
2017
Código: 25
XEOLOXÍA
Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo
integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa
puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos.
1. Cuestións:
1.1. Indica para a seguinte forma do relevo o axente xeolóxico, procesos xeolóxicos implicados e ambiente de formación:
“morrenas”. (1 punto)
1.2. Explica o proceso de formación do “karst”. (1 punto)
1. 3. Establece as diferenzas entre os seguintes fenómenos de ladeira: “reptación” e “esvaramento”. (1 punto)
2. Responde ás seguintes cuestións relativas á figura. (Inclúense dúas posibles figuras a modo de exemplo, pero só haberá unha
pregunta deste tipo en cada Opción).
Exemplo de pregunta 2 para a opción A: Interpretación de esquema de tectónica de placas
2. 1 Asocia as letras maiúsculas da Figura 1 (da A ao E) aos seguintes nomes: dorsal oceánica, arco illa, litosfera, astenosfera, zona
de subdución. (1 punto)
2. 2. Indica a orixe e a composición do magma que se forma nas zonas 1 e 2. (1 punto)
2. 3. Explica como é o límite de placas na zona sinalada coa letra E, e cita os procesos xeolóxicos asociados a este tipo de bordo de
placa. (1 punto)
Figura 1. OPCIÓN A
Exemplo de pregunta 2 para a opción B: Interpretación dun corte xeolóxico
2.1. Na figura 2 indica os tipos de contactos entre 1 e 2, 2 e 3, 2 e 4; sinala o tipo de falla, razoando a túa resposta. (1 punto)
2.2. Nomea e ordena cronoloxicamente, do máis antigo a máis moderno, os acontecementos xeolóxicos. (1 punto)
2.3. Se na serie do Trías aparecen fósiles de Ammonites, indica que oroxenia é a responsable da deformación observada, e a que
Eras xeolóxicas corresponden o Trías (Triásico) e o Devónico.
Litoloxía: Devónico: xistos; Trías: areíscas, calcarias, lutitas; Eoceno: conglomerados, margas areosas, dolomías.
Figura 2. OPCIÓN B.
3. Modelo da proba
2017
Código: 25
XEOLOXÍA
Pregunta 3. Emparella (na folla de exame) cada número da primeira lista cunha letra da segunda. (1 punto)
1: Xisto. 2: Arxilita. 3: Granito. 4: Conglomerado. 5: Calcaria. 6: Gabro. 7: Basalto. 8: Anfibolita. 9: Riolita. 10: Lignito.
A: Magmática (ou ígnea) plutónica. B: Magmática (ou ígnea) volcánica. C: Metamórfica. D: Sedimentaria.
Pregunta 4. Define os seguintes termos (2 puntos):
4.1. Polimorfismo
4.2. Anticlinal
4.3. Nivel freático
4.4. Fósil guía
Pregunta 5. Completa cunha palabra cada unha das seguintes frases (1 punto)
5.1. A escala de Mohs mide a ………….……………..…………………..dun mineral.
5.2. O ……………..………………….. é o aspecto do mineral cando reflicte a luz.
5.3. Na actualidade, o risco volcánico en España está localizado en …………………………………………………………………
5.4. A intensidade dun sismo mídese por medio da escala de ………………………………………………………………………….
5.5. O ……………………………..………………………….. é a rocha magmática plutónica máis común na codia continental .