1. Colexio Apostólico Mercedario FÍSICA E QUÍMICA 4º E.S.O. 2º BOLETÍN DE DINÁMICA
VERÍN
1.- Calcula a forza paralela ao plano de 30º que haberá que facer para conseguir que
un corpo de 30 Kg de m asa permaneza en repouso sobre el.
2.- Un corpo de 6 Kg descende por un plano inclinado liso que forma un ángulo de 45º coa horizontal. Sabendo que
percorre 5 m en 2 s partindo do repouso, calcula a aceleración do corpo, o valor da
forza paralela ao plano que actúa
sobre o corpo e a forza de reacción normal.
3.- Dúas masas de 3 ,e,de 5 Kg enlazadas por unha corda, móvense sobre
unha mesa horizontal lisa baixo a acción dunha forza de 40 N que forma
un ángulo de 53º coa horizontal, tal como se ve na figura.
Calcula a aceleración do sistema e a tensión da corda que une as masas.
4.-Un bloque de masa m1 = 4,5 Kg descansa sobre un plano inclinado
un ángulo de 30º, unido mediante unha corda lixeira que pasa por unha
polea a un segundo bloque de masa m2 = 2 Kg suspendido verticalmente.
Calcula a tensión da corda e a aceleración do sistema.
5.- Un corpo de 4 Kg de masa descansa sobre unha mesa sen rozamento
suxeito mediante unha corda que pasa pola garganta duna polea a outro
corpo de 6 Kg. ¿Que forza horizontal hai que aplicar ao primeiro corpo
para que, partindo do repouso, avance 1 m sobre a mesa en 5 s?
¿Cal é a tensión da corda?
6.- Arrástrase un corpo de 20 Kg por unha mesa horizontal sen rozamento tirando dunha corda suxeita a el cunha forza
de 30 N. Calcula con que aceleración se move o corpo se :
a) A corda se mantén horizontal
b) A corda forma un ángulo de 30º coa horizontal
7.-Quérese sacar auga dun pozo tirando cara arriba dunha corda atada a un caldeiro de 800 g de masa e de capacidade
5 Litros. A corda é capaz de aguantar unha tensión máxima de 65 N. Averigua se romperá a corda se:
a) O caldeiro sobe a velocidade constante
b) Sobe cunha aceleración de 2 m/s2.
8.- Nunha polea colócanse dúas masas de 8 Kg cada unha dos extremos da corda, estando inicialmente ao mesmo
nivel.Colocando un sobrepeso nunha delas, obsérvase que en 2 s se desnivelaron 8 m. Calcula o valor do sobrepeso e a
tensión da corda.
9.-Sobre un plano inclinado 45º sen rozamento, descansa un corpo de 5 Kg de masa, unido mediante unha corda que
pasa por unha polea a outro corpo de 3 Kg de masa. Calcula:
a) En que dirección e con que aceleración se moverá o conxunto
b) Tensión da corda
10.- Dous corpos de 1 Kg e de 2 Kg descansan sobre un plano horizontal e un plano inclinado 30º respectivamente,
unidos por unha corda que pasa por unha polea. Calcular:
a) Tensión da corda e aceleración do sistema supoñendo que non haxa rozamento.
b) Fai os mesmos cálculos supoñendo que nos dous planos existe un rozamento µ = 0,34