2. O primeiro que fixemos foi
pórnos de acordo no que
queríamos escribir na nosa
nota e a profe foi tomando
apuntes.
Non puidemos incluír todo o
que dixemos porque sería
moi longo, así que
seleccionamos.
3. Logo por grupos fomos
escribindo cada unha das
palabras con moito
coidado
7. Despois fixemos uns
debuxos para a nota (pero
non os puidemos poñer
na nota, porque as notas
“formais” non levan
debuxos. Que mágoa…
9. Despois a profe
xuntounos todos e
escaneunos para ir
montando palabra por
palabra, xa que nós
escribimos moi grande e
non hai tanto texto.
11. E logo pasámoslle a nota
ao Equipo de
Dinamización da Lingua
Galega para que o fixesen
oficial e incluísen aquilo
que a nós nos faltara.
12. Custounos moito traballo
facer a autorización, pero
aprendemos moito e
traballamos moitísmo.
E un pouquiño cada un fomos
acadando un resultado do que
nos sentimos moi, moi
satisfeitos.