1. Outes, 29 de Abril de 2015
Saisa está nerviosa pola próxima visita do gaiteiro Suso Vaamonde ao noso cole co gallo das
Letras Galegas. Este artista vainos ensinar moito sobre a música popular e os instrumentos
da nosa comunidade autónoma.
A Saisa tamén lle gustaría coñecer algo máis sobre a música tradicional dos países que
estivo visitando nas súas biblioviaxes.
Poderías botarlle unha man?
Investiga sobre a música tradicional e/ou os instrumentos típicos
da cultura da túa clase. Podes facer debuxos, resumir
información, pegar fotos…
Como sempre podes vir consultar libros á biblio ou buscar nos ordenadores, Saisa estará
encantada de verte!
Aula de Música e Equipo da Biblioteca.
Que
instrumentos
tocarían en
Exipto?E na cultura
precolombina?
E en Grecia?
E os celtas?
Tocarían a
gaita?
En Roma?
TEÑO MOITAS
PREGUNTAS!
AXUDÁDESME?
E na India?
Como sonará
a música
tradicional
chinesa?
E no resto de
España?