2. QUE É?
Forma parte das ensinanzas de formación profesional do
sistema educativo.
Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos
profesionais.
Teñen unha duración de 2000 horas (2 cursos académicos) .
Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que
inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de
nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
3. MÓDULOS:
a) Módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións
Profesionais.
b) Módulos que terán como referente o currículo da educación secundaria obrigatoria:
b.1) Módulo de Comunicación e sociedade I, e módulo de Comunicación e sociedade II, que
abrangue as seguintes materias:
1ª) Lingua galega.
2ª) Lingua castelá.
3ª) Lingua estranxeira.
4ª) Ciencias sociais.
b.2) Módulo de Ciencias aplicadas I e módulo de Ciencias aplicadas II, que abrangue as
seguintes materias:
1ª) Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo
profesional.
2ª) Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.
c) Módulo de formación en centros de traballo.
4. QUE TÍTULO SE OBTÉN E CAL É A
SÚA VALIDEZ?
O título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Ten tanto valor académico como profesional. Ten os mesmos efectos
laborais que o título da ESO.
Permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio (o perfil de cada
título indica os ciclos de grao medio con preferencia de acceso).
Permite obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas
académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a
superación da proba de avaliación final da educación secundaria
obrigatoria.
Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título
profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos
profesionais superados.
5. CALES SON OS REQUISITOS PARA
ACCEDER Á FP BÁSICA?
Ser proposto/a polo equipo docente.
Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as
legais.
Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo
formativo.
Ter cursado o terceiro curso de educación
secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter
cursado o segundo curso.
6. Tamén poderá solicitar a admisión na FP
Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano
de inicio do ciclo formativo, escolarizado na
educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse
os grupos con persoas que fagan 18, 19 ou 20
anos no ano de inicio do ciclo formativo.
7. QUE HAI QUE FACER PARA
MATRICULARSE?
Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada
pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá
ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou
representantes legais).
A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser
admitido.
Documentación a presentar:
Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación
dos datos.
Comunicación de incorporación á formación profesional básica, no caso de
alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.
Certificado de discapacidade, se é o caso.
8. CAL É O PERÍODO DE ADMISIÓN
NA FP BÁSICA?
Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro*
Publicación, nos centros educativos, das listaxe
de alumnado admitido e non admitido: 11 de setembro*
Matriculación: do 11 ao 18 de setembro*
*Consultar nos centros educativos que imparten estas ensinanzas, por se houbera
modificacións.
9. ONDE PODO CURSAR UN CICLO
FORMATIVO BÁSICO?
Na seguinte ligazón poderás atopar a oferta de ciclos formativos
clasificada por provincia e concello, así como por familia profesional
e ciclo:
http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp