2. ¡Ola amigos e amigas!
O meu nome é Franz Moritz
Wilhelm Marc , aínda que todos me
coñecen por Franz Marc
¿Algunha vez oístes falar de min?
¡Animádevos a entrar no meu
fascinante mundo de formas e
cores!
¡Os meus cadros sorprenderanvos !
¡Abride as portas e ventás da vosa
imaxinación e seguídeme!
3. Algunha vez
vistes …
Vacas
amarelas?
Asnos
lilas?
Corzos vermellos
en bosques
misteriosos?
5. Pois eu
pintei todo
isto e moito
mais …
Cans, monos, vacas, gatos, touros
, paxaros, tigres, lobos e outros
animais verdadeiros e
imaxinarios
6. Nacín na cidade de Múnic
(Alemaña) fai moito moito
tempo, o día 8 de Febreiro
do ano 1880.
Cando nacín xa tiña un irma de
3 anos chamado Paul. Miña
nai chamábase Sophie e meu
pai chamado Wilhelm Marc
era un pintor moi apreciado
7. Pasaba os veráns coa miña
familia na montaña, onde
meu pai pintaba novos
cadros.
Cando ía ao instituto as miñas
notas eran de matrícula e
sobresaliente excepto o
canto que non se me daba
nada ben.
Este son eu cando tiña 15
anos, pintoume meu pai
mentres estaba sentado
nunha mesa de bricolaxe.
8. Este son eu con 16 anos
De maior quería ser
sacerdote, e poñer a
miña vida ao servizo da
Igrexa. Por isto estudei
na Universidade de
Relixión e Literatura.
¡Polo entón aínda non
pintara nin un só cadro!
Pero pronto medraron as
miñas dúbidas e
incertezas …
9. PERO …
Mais tarde decidín que ía ser pintor como
o meu pai, esta era a miña verdadeira
vocación.
Por isto, con 20 anos,
inscribinme na Academia
de Belas Artes de
Múnic.
10. As miñas primeiras creacións foron de
Estilo Naturalista
¿Sabedes o que significa?
Quere dicir que se intenta reproducir a realidade de forma obxectiva.
¡Amósovos algunhas das miñas obras naturalista!
¡Observade!
Cabañas dos pantanos de Retrato da Nai, 1902
Dachau, 1902
11. Pintaba cadros naturalistas hasta que viaxei a París e quedei
deslumbrado polas Pinturas Impresionistas e sobre
todo coa obra de
Van Gogh.
Quedaba marabillado diante dos cadros dos impresionistas.
¡Aquí podíase contemplar, por fin, un mundo con luz!
Isto non tiña nada que ver co que me
ensinaran na academia de Múnic, pois
os impresionistas non tiñan regras
fixas para pintar, pintaban
sinxelamente aquilo que aparecía ante
os seus ollos. Pintaban a vida cotiá
como a percibían nese momento.
¿Recordádesvos de quen era este
cadro titulado “Os xirasoles” ?
Despois de esta viaxe de mais de 4
12. Anos despois comecei a pintar cadros de
animais.
Comecei a percibir as persoas como “feas” e
o animal parecíame máis fermoso e puro.
Fixen algúns cadros ao
estilo dos impresionistas
franceses, como este que
vos amoso , nel pintei ao
can de miña nai.
Pero …
Decateime de que un
impresionista so se fixa
nas aparencia externas
das cousas e eu quixen
ir máis alá.
Can
saltando, 1908
13. Cando tiña 30 anos fixen
amizade cos pintores
August Macke e Wassily
Kandinsky
Xunto con eles e outros
mais pintores fundamos o
movemento artístico
expresionista
“O xinete azul”
Todos nós compartiamos a
expresión de fortes
emocións e sentimentos
mediante cores vivas. Cabalo azul, 1911
14. Aos 33anos casei con María. Viviamos xunto co noso
can Russi nunha casa de campesiños rodeados de
montañas.
Pintei a Russi numerosas
veces …
Can tendido na
Can ante o
neve, 1911
Cando saía á porta da miña casa podía ver os
mundo, 1912
Alpes e si miraba un pouco máis lonxe vía o
Zugspite, en ocasións sobre todos eles pendía
unha cortina azul, por iso eu chamei a este lugar
“O país azul”
15. Foi neste lugar onde pintei os meus famosos “Poldros
azuis”
Ao fondo vese algo das montañas en
cores azuis, brancas e amarelas.
Pero …
Credes que neste cadro era pola
maña ou pola tarde? En que
estación pensades que estaba
cando o pintei?
Isto é todo un misterio …
Se o queredes descubrir
tendes que estar moi
atentos!
Que credes que están a pensar
os poldros? Que estarían a
facer neste momento?
16. ¡Agora xa sabedes que a parte máis coñecida
da miña obra son os retratos de animais!
Pero os meus cadros non son simples retratos senón
que pretendo expresar con cada un deles emocións e
sentimentos.
Pero …
¿Sabedes porque pinto animais?
O gato blanco, 1912 O toro, 1911 Zorros, 1913
17. Eu vin nos animais:
- a pureza
- a beleza
- a espiritualidade
Nos meus cadros humanicei ao animal, representei a través
deles sentimentos humanos e en moitas ocasións
representeime a min mesmo.
Sempre intentei representar ao animal, dende o punto de
vista do propio animal e non dende a perspectiva dos
seres humanos.
É como si un se sumerxera na alma do animal e vira o
mundo cos seus ollos.
18. ¿Sabiades que para min cada cor denota un
significado?
O azul é o principio masculino, áspero e
espiritual
O amarelo é o principio
feminino, suave, alegre e sensual
O vermello é como a materia bruta e
pesada, representa a violencia, é o color
que sempre deben combater e superar os
outros.
19. ¿Gustouvos coñecerme?
¿Aprendestes moito ou pouco?
A partir de agora vou a ser o voso
amigo
¡Non vos esquezades de min!
20. E a vos …
¿Gústavos pintar
animais?…
E a vos
¿Gústavos pintar animais?