2. CONCEPTO O guión é unha bosquexo elaborado polo director de cinema despois dun estudo e análise minucioss dunha obra que se pretende levar á gran pantalla. Nesta fase o realizador pode suprimir, incorporar ou modificar pasaxes da acción ou diálogos. O guión debe contemplar secuencias e planos, nel axústase a posta en escena, incorporando a planificación e indicacións técnicas precisas: encadre, posición de cámara,decoración, son, play-back, efectos especiais, iluminación,... O guión ofrece todas as indicacións necesarias para poder realizar o proxecto
3. ESCRITURA DO GUIÓN Na escritura do guión con frecuencia adóptanse unha serie de marcas formais co fin de identificar os elementos de realización que se queren fixar. Algunhas destas poden ser: Anotacións sobre o texto do guión. Cada cambio de escenario: cámbiase a folla para non caer no cotián Cambios de plano: liña horizontal. Cambios de bloque ou secuencia: liña dobre de distinta cor . Datos de cámara na columna da acción: plano; indicando definición, tamaño, angulación, movemento, altura, modo de transición e diálogos. Música e efectos: anótanse a dereita de páxina abrindo un corchete que abranga a parte do guión que ocupa. Nome do personaxe: subliñado. Nome do escenario, interior/exterior, día/noite, e numeración sucesiva de planos,...
4. ESCRITURA DO GUIÓN O guión pode completarse cun plano de planta no que se especifican as posicións de cámara e orde para as tomas, este método favorece a planificación, a produción, iluminación e son entre outros equipos.
5. ESTRUTURA DO GUIÓN Outros modelos de planificación poden extraerse do sistema soviético de guión técnico que os estudios de cinema rusos utilizaban: Número de toma Lugar/ Decorado. Clase de plano. Sincronizada ou muda. Acción da imaxe. Dialogo. Efectos sonoros e música. Metraxe. Sincronización. Observacións. Montaxes .