Solucionario da ximcana de Caión realizada no encontro IES Agra de Leborís (A Laracha) e IES Monelos (A Coruña) con alumnado de 1º ESO de ambolos dous centros. 6/5/2024
1 of 5
Download to read offline
More Related Content
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
1. 1º Encontro IES Agra de Leborís-IES Monelos (6/5/2024)
Localiza os seguintes puntos e indica o que se che pide en cada un deles
1. Rectoral parroquial
a. Que función ten o edificio na actualidade?
Centro Sociocultural de Caión. Se indican que é a Oficina
de información e turismo tamén é valida.
2. Igrexa parroquial
a. Como se chama a Igrexa?
Nosa Señora do Socorro
Entra no interior da mesma e sinala:
b. Como é a cuberta? Ten bóveda ou tellado
a dúas augas?
Tellado a dúas augas no conxunto da nave
principal e bóveda de canón no altar (non é
necesario que indiquen este último detalle. Se algún indica que está unha
parte abovedada tamén pode ser valida)
c. Ten coro? d. Que santos hai nas capelas ou altares?
Si. Unha Anunciación, unha Inmaculada e unha Virxe co neno. Se mencionan
algo disto ben.
3. Inicio do camiño cara a praia
a. Que especie mariña moi importante
pescábase nesta vila?
Balea
b. En que séculos destacou? XVI e XVII
c. A que familia nobiliaria e convento
tributaban? Señores de Montao e
Monxes Agostiños
2. d. Cal era o tributo? Décima parte das aletas e colas da balea
e. Que técnicas de pesca utilizaban? (tres tipos) Ademais da pesca da balea
para a captura doutras especies destacan as “Tarrafas” (arte de cerco),
naseiras e lanchas con transmallos.
f. Que bandeira ten habitualmente a praia de Caión? Bandeira azul
g. A Costa está parcialmente protexida medioambientalmente. A que rede
pertence? Rede Natura 2000
h. Como se chama o sendeiro? Que distancia aproximada ten? Saldoiro. 2 km
4. Pazo dos Condes de Graxal
a. Que familia construíu o pazo?
Bermúdez de Castro
b. De que século é? XVI
c. Que funcións tivo no pasado? (dúas
funcións) Cobro de tributo (décimo) e cárcere
d. Como se chama a praia que está o seu carón e que ten relación cun dos usos
deste pazo? Cárcere vello
e. Sábese dalgunha lenda sobre este edificio? Cal? Si. Que houbo un túnel que
conectaba o pazo coa igrexa.
5. Porto
a. Localiza dúas grandes guindastres que hai no
porto. Que capacidade (peso) de descarga
teñen? 10 e 15 toneladas
b. Localiza catro embarcacións e sinala o seu nome
3. Non está comprobada. Dase por válido catro nomes.
6. Casas de mariñeiros
a. Localiza as casas que aparecen na
fotografía. Como se chama o restaurante
que hai ao lado?
Restaurante Beiramar
7. CEIP de Caión
a. No patio do colexio hai pintado o mural.
Que se representa? Sinala catro elementos
dos que hai representados
Hai imaxes da flora e fauna próxima a
Caión. Non están comprobados os nomes.
Con que citen catro chega.
8. Mirador da costa
a. Busca un punto onde poidamos ver esta
imaxe que aparece na fotografía. Que
aparece ao fondo desta?
Porto exterior da Coruña
9. Centro cívico e biblioteca
a. Que se representa nun cadro que hai
na entrada do edificio? Unha balea e un
faro
b. Sube ao primeiro andar e entra na
biblioteca. Busca un libro de Xan
4. Fernández e Manuel Vilar que se titula “Romarías da Costa da Morte” e busca
información sobre o Santuario dos Milagres de Caión e contesta: En que ano foi
construído o Santuario? 1833
10.Cetárea
a. Consulta no monitor os prezos.
Que prezo ten o polbo conxelado? e o
mexillón?
Aproximarse para comprobar o prezo
11.Museo
a. A que está dedicado o museo?
Museo do mar e a pesca de Caión.