2. Arbore cronolóxicaA partir do que hoxe en día coñecemos como o Homo ergaster apareceu o Homo antecessor. Ao mesmo tempo apareceu o H. erectus, pero este acabouse extinguindo deixando sitio para a evolución do Homo antecessor.Posteriormente o H. antecessor deu paso ao H. rhodesiense e , posteriormente, ao Homo sapiens.
3. IntroducciónÉ a especie homínida mais antiga de Europa e ten de máis de un millón de anos de antigüidade. Eran individuos cunha estatura bastante elevada, fortes e presentaban de rasgos modernos, aínda que tiñan un cerebro máis pequeno que o dos homes actuais.
4. Datos fósilesEncontráronse máis de oitenta restos desta especie, e principalmente foron atopados no xacemento da “Gran Dolina” na Serra de Atapuerca, que datan de fai 750 a 850 mil anos. A maioría dos restos atopados encontrábanse en perfectas condicións.Estes fósiles presentan claras evidencias de canibalismo, xa que presentaban cortes e fracturas realizados con distintos instrumentos, o que indica un consumo total dos cadáveres.
5. Carácter anatómicoPodemos destacar sobre todo os rasgos moi primitivos do seu aparato dental, xa que os podemos comparar cos homínidos africanos do Plistoceno Inferior. Atopuse unha mandíbula dunha muller do H. antecessor de entre 15 e 16 anos que presenta parecidos moi claros co Homo Erectus, pero o patrón de evolución dos seus dentes é practicamente idéntico ao das poboacións actuais.
6. Carácter anatómicoEn canto a súa morfoloxía facial é moi similar á do Homo Sapiens presenta unha orientación coronal e lixeira inclinación cara atrás da placa infraorbital que determina a presenza dunha fosa canina moi conspicua. O borde inferior desta placa é horizontal e lixeiramente arqueado. O esqueleto postcraneal indica unha certa gracilidade na comparación coa maior robustez do Neanderthal da segunda metade do Pleistoceno Medio.
7. Como vivia?Na “Sima de los Huesos” atopáronse os fósiles de 32 individuos, isto fai pensar que os Homo antecessor vivían en grupo, a non ser que transportaran os seus cadáveres por algún tipo de ritual, podía ser para apartarlos do medio ou para que non os atacaran os depredadores. O que si que se sabe, é que estes, moitas veces comían os corpos dos seus familiares mortos, eran caníbales.