O 'Infórmate a Fondo' é o boletín trimestral do Fondo Galego. No IAF 135, número 4 da época dixital, poderás atopar toda a información sobre os últimos meses de vida da asociación municipalista, xunto a unha entrevista coa actriz María Mera.
1 of 16
Download to read offline
More Related Content
IAF135 nº4dixital
1. Infórmate a Fondo Número 135 3º trimestre 2014
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa
www.fondogalego.org
Apoio á reconstrución
de Gaza e Filipinas
e a seis ONGD
Intercambio de
experiencias educativas
en Holanda
A OLLADA EXTERNA:
Entrevista con María Mera
“Posicionarse ten represalias,
por iso hai medo, e máis
no caso do conflito israelí-palestino”
Rematan as Vacacións
con Traballo en Cabo
Verde e Nicaragua
Votación online
do concurso fotográfico
Imaxes con Fondo
2 4 5
12
7
FONDO DE ARMARIO
7
OS PROXECTOS EN TERREO:
Rematan as actuacións e
continúa a sensibilización
10
2. ACTUALIDADE DO FONDO
O Fondo Galego apoia a reconstrución
de Gaza e Filipinas e cofinancia seis
novos proxectos de ONGD
A Asemblea xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación e Soli-dariedade
org
aprobou destinar 20.000 euros á recuperación de Palestina
fondogalego.tras os últimos bombardeos israelís e outros 10.000 euros á poboación
filipina afectada polo tifón de 2013. No encontro celebrado o 22 de
outubro en Santiago de Compostela resolveuse ademais cofinanciar
con 152.345 euros seis proxectos de ONGD galegas en países empo-brecidos.
www.A Axencia de Nacións Unidas para
os Refuxiados de Palestina (UN-RWA)
recibirá 10.000 euros para
· apoiar o traballo dos equipos de
º saúde mental da entidade que
135atenden á poboación no contexto
postbélico. Os outros 10.000 euros
: FONDO canalizaranse a través da Asocia-ción
Médica Hispano Palestina, que
vehiculiza a entrada e distribución
de material médico e farmacéu-tico
A INFÓRMATE na Franxa.
Doutra banda, os 10.000 euros para
Filipinas corresponden a achegas
extraordinarias dos Concellos de
Narón e Pontevedra, xunto coa re-cadación
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2 ] No Fondo funciona a solidariedade dun concerto solidario organizado polo Concello de Lugo. A
doazón destinarase ao Alto Comisionado das Nacións Unidas para os
Refuxiados (Acnur), que a investirá en proporcionar refuxio e mate-riais
de primeira necesidade ás comunidades do arquipélago. Esta
contía súmase aos outros 10.000 euros xa mobilizados o ano pasado
poucos días despois do paso do ciclón Haiyan, cos que se dotou 1.000
familias damnificadas de tendas e artigos non alimentarios básicos de
emerxencia.
Latinoamérica e India
Nicaragua, Honduras, Perú, India e Guatemala son os lugares onde seis
ONGD galegas desenvolverán proxectos de cooperación internacional
cofinanciados polo Fondo Galego, segundo a resolución da convocato-
Representantes das administracións locais tras a Asemblea
1
3. ria de axudas ratificada pola Asemblea. Todas elas traballan en parce-ría
con organizacións locais e levarán a cabo ademais actividades de
sensibilización en Galicia para concienciar fronte as desigualdades.
A proposta de Amigos da Terra busca facilitar o acceso á auga dun
milleiro de nicaraguanas e nicaraguanos mellorando a infraestrutura
e o manexo das fontes, ao tempo que se achegan solucións como a
depuración biolóxica. No mesmo país, Taller de Solidaridad contribui-rá
a fortalecer o turismo sustentable potenciando a autosuficiencia
financeira dun centro rural. Mellorar o acceso á auga potable e ao sa-neamento
org
fondogalego.en sete municipios mediante unha xestión integrada é o fin
último da iniciativa formulada por Enxeñería sen Fronteiras no Golfo
de Fonseca, onde se desenvolverán formacións e estudos para for-mular
os plans necesarios.
www.Intered promoverá en Perú a participación das mulleres quechuas e
aimaras co fin de mellorar os servizos de atención ás vítimas de vio-lencia
familiar e sexual. Tamén na India a ONGD Implicadas no Des-envolvemento
· apostará por impulsar a participación social e política
º dunhas 1.500 mulleres do rural, mentres que en Guatemala Arquitec-tos
135sen Fronteiras colaborará no desenvolvemento autónomo apoian-do
unha cooperativa local de materiais de construción e reactivando
: FONDO a organización comunitaria, con enfoque de xénero.
A INFÓRMATE Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3 ] No Fondo funciona a solidariedade Unhas 3.000 familias seguen vivindo en tendas en Filipinas. FOTO: P. Behan/ACNUR
Preto de 400.000 nenas e nenos precisan apoio psicosocial en Gaza. FOTO: S. Sarhan/UNRWA
1
4. ACTUALIDADE DO FONDO
Intercambio de
experiencias sobre
educación para o
desenvolvemento en
Holanda
org
fondogalego.O Fondo Galego de Cooperación e Solidarie-dade
compartiu en Holanda a súa experien-cia
no eido da educación para o desenvolve-mento
con entidades neerlandesas, alemás
www.e portuguesas. Baixo o título “Aprendizaxe
global para unha efectiva cooperación ao
desenvolvemento”, o intercambio de boas
· prácticas celebrado a comezos de outubro
º encadrábase na segunda fase do proxecto
135europeo Redes para o Desenvolvemento, que
tamén se presentou recentemente en Ma-llorca
: FONDO no Fórum da Cooperación Municipalis-ta
desde a UE.
Tras as presentacións no Concello de Am-sterdam,
A INFÓRMATE a comitiva trasladouse á veciña
vila de Helmond para coñecer as iniciativas
de educación para a cidadanía global que
se levan a cabo nunha escola, na que tive-ron
a oportunidade de entrevistarse con
estudantes e profesorado. Nas xornadas
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4 ] No Fondo funciona a solidariedade de traballo posteriores, debateuse sobre as
metodoloxías e materiais empregados po-los
distintos socios do proxecto europeo: o
Instituto Marquês de Valle Flôr (Portugal), Fine+p
(Alemaña), o Consello Nacional para Parcerías
das Cidades entre Países Baixos e Nicaragua (Ho-landa)
e o propio Fondo Galego. O secretario
da asociación municipalista, Daniel González
Palau, explicou como os concellos concien-cian
contra as desigualdades a través de con-tacontos,
obradoiros, cine, exposicións ou
unidades didácticas.
Foro europeo en Mallorca
O Fondo Galego participou tamén a finais de
setembro en Palma de Mallorca no Fórum da
Cooperación Municipalista desde a Unión Euro-pea
organizado polo Fons Mallorquí de Solida-ritat
i Cooperació. O secretario da entidade e
a secretaria técnica da Rede Intermunicipal de
Cooperação para o Desenvolvimento expuxeron
o proxecto europeo cuxa primeira fase con-tou
tamén co asesoramento da asociación e
culminou coa creación desta alianza de mu-nicipios
portugueses.
Coas presentacións nas Illes Balears e en
Holanda ponse de relevo o papel do Fondo
Galego como referente dunha cooperación
descentralizada eficaz e con resultados reco-ñecidos.
Alumnado da escola holandesa visitada pintando
un mural sobre Nicaragua
O secretario do Fondo Galego e Hermínia Ribeiro
na presentación de Mallorca
2
5. ACTUALIDADE DO FONDO
Rematan as
#VacaciónsConTraballo
Emma Teixeira, técnica de Orientación La-boral
no Concello de Pontevedra, e Estela
org
Iglesias, técnica de Comunicación e Turismo
fondogalego.no Concello de Allariz, veñen de rematar as
súas Vacacións con Traballo. Ambas as dúas
prazas do programa de voluntariado aso-ciáronse
este ano a senllos proxectos de coo-peración
internacional cofinanciados polo
Fondo Galego.
www.A pontevedresa participou no fortalecemen-to
dunha cooperativa de mulleres artesás
· na municipalidade caboverdiana de Ribeira
º Grande entre o 13 de setembro e o 12 de
135outubro. Cualifica a súa experiencia de “ma-rabillosa
polas mulleres, por compartir vi-vencias
: FONDO e porque sobre o terreo comprobas
a importancia da cooperación internacional”.
“As mulleres lembráronme moitísimo ás
galegas: fortes, decididas, loitadoras, mu-lleres
A INFÓRMATE moi traballadoras ás que nunca se lles
recoñece ese esforzo”, comenta a voluntaria.
Pola súa banda, Estela Iglesias colaborou, en-tre
o 24 de setembro e o 25 de outubro, no
proxecto de turismo comunitario liderado
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5 ] No Fondo funciona a solidariedade Emma Teixeira practicou a confección de artesanías
Estela Iglesias “coas mans na masa” en Nicaragua
3
6. pola ONGD Instituto de Promoción Humana-
Somoto en Nicaragua. A allaricense considera
que “aínda están na fase de despegue, pero
as potencialidades son moitas”. No entanto,
estima que a posta en marcha desta iniciativa
“xa é un éxito en si, porque conseguiu que boa
parte das persoas das comunidades cambien
de mentalidade e valoren os seus recursos
como unha oportunidade”.
org
fondogalego.As experiencias de ambas as dúas voluntarias
poden seguirse no blog de Vacacións con Tra-ballo.
www.· º 135: FONDO A INFÓRMATE Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6 ] No Fondo funciona a solidariedade O proxecto en Cabo Verde inclúe a alfabetización
O turismo sostible pon en valor a fermosa paisaxe
3
7. Xornadas de Cooperación #Alén2015
As Xornadas de Cooperación promovidas polo Fondo Galego chegan
este ano á súa novena edición. Baixo o título “#Alén2015: Os Obxec-tivos
do Milenio, fin e principios”, debaterase sobre a nova Axenda
Post 2015, cando os ODM sexan substituídos polos Obxectivos de Des-envolvemento
Sostible (ODS). Está previsto contar coa participación
de persoas expertas das Nacións Unidas e da Rede Mundial de Cidades e
Gobernos Locais e Rexionais, entre outras entidades. O Concello de Vigo
acollerá o encontro na Casa Galega da Cultura, situada na Praza da
Princesa, onde tamén se instalará a exposición “Galicia-Cabo Verde,
unha irmandade”, coas fotografías de Rober Amado, gañador do con-curso
Imaxes con Fondo en 2012. No transcurso do evento, que terá
lugar o 10 de decembro de 9 a 14.30 horas, coincidindo co Día Inter-nacional
dos Dereitos Humanos, entregaranse ademais os premios
da edición en curso.
Votación online de #ImaxesConFondo
Ata o 15 de novembro permanece aberto o prazo para concursar no
certame fotográfico Imaxes con Fondo 2014, que convida a reflexionar
arredor da solidariedade e da nosa responsabilidade na construción
dun mundo máis xusto. A continuación, abrirase a fase de votación
online a través da páxina do Fondo Galego en Facebook, na que será
imprescindible premer inicialmente no “gústame” para participar. As
quince propostas mellor valoradas de cada categoría serán avaliadas
despois polo xurado, que estará composto polos fotógrafos Rober
Amado e Marcos Míguez, a presidenta da Coordinadora Galega de
ONGD, Gemma Filgueira, e mais dúas persoas da Comisión Executi-va
do Fondo Galego. No apartado de persoas adultas, o premio será
unha viaxe a Nicaragua para retratar os proxectos alí apoiados. A
sección xuvenil, dirixida a mocidade de entre 14 e 17 anos, está dotada
cunha cámara réflex.
FONDO DE ARMARIO
*
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7 ] No Fondo funciona a solidariedade INFÓRMATE A FONDO : 135º · www.fondogalego.org
8. org
fondogalego.www.Recta final dos encontros dixitais
Día contra a Pobreza #17O
· Os ciberencontros #Alén2015 convocados unha vez ao mes ao longo
º de 2014 co fin de reflexionar sobre os Obxectivos de Desenvolvemen-to
135do Milenio entran na súa recta final. O coordinador de campañas
e redes de Manos Unidas, Marco Gordillo, protagonizará a entrevista
: FONDO online de outubro o mércores 29 a partir das 12 horas. A organización
de ecodesenvolvemento Amarante Setem, especializada no comercio
xusto e o consumo responsable, será a convidada de novembro. En
decembro, antes das vacacións de Nadal, agárdase a participación de
A INFÓRMATE Médicos sen Fronteiras, cuxo labor está de máxima actualidade a raíz
da crise do ébola. Quen non poida participar en directo lanzando as
súas preguntas nos perfís de Facebook e Twitter pode deixalas con an-terioridade
tanto nestas redes sociais como no enderezo fondogalego@
gmail.com. Na web do Fondo Galego recompílanse as conversas.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8 ] No Fondo funciona a solidariedade Con motivo do 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Po-breza,
o Fondo Galego colaborou coa Coordinadora Galega de ONGD para
facilitar a implementación de actividades das organizacións non go-bernamentais
nos concellos socios. Exposicións sobre comercio xusto,
soberanía alimentaria, igualdade de xénero, dereito á educación ou
dereito á auga amosáronse durante todo o mes nos Concellos da La-racha,
Burela, Pontecesures, Rianxo, Rodeiro e Valga. Outras adminis-tracións
socias sumáronse á conmemoración acollendo as propostas
habituais da entidade para concienciar sobre as desigualdades, que
van desde contacontos e mostras ata os obradoiros e aulas maxistrais
de fotografía social. O Fondo Galego colabora tamén na difusión de
propostas da campaña Impórtanos!, do Consello Municipal de Coopera-ción
e Solidariedade de Vigo, no marco da iniciativa Pobreza Cero.
*
9. org
fondogalego.www.Convenio coa Xunta de Galicia
Canle de audios en Ivoox
· A Vicepresidencia da Xunta asinou un convenio de colaboración co Fondo
º Galego para cofinanciar o Plan de Sensibilización 2014, que busca for-talecer
135desde o local a concienciación da sociedade galega en torno á
cooperación para o desenvolvemento. O orzamento do plan ascende
: FONDO a 63.414 euros, dos que a Xunta de Galicia achegará 40.000 euros.
Desde o ano 2000, o goberno autonómico vén colaborando coa asocia-ción
municipalista no eido da sensibilización e da educación para o des-envolvemento,
a través da sinatura de diferentes acordos. A sinatura do
A INFÓRMATE convenio anual está recollida no III Plan Director da Cooperación Galega,
aprobado en marzo no Parlamento, documento que pon de relevo a
valía do Fondo para potenciar a cooperación local e así mellorar a súa
coordinación e capacidade.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9 ] No Fondo funciona a solidariedade O Fondo Galego vén de abrir unha canle de audios na plataforma Ivoox
para dispoñibilizar unha selección de material de arquivo de interese
xeral. Os podcast poden escoitarse, descargarse e mesmo compartirse
directamente en blogs ou redes sociais. Existe ademais a posibilidade
de valorar os contidos ou subscribirse para recibir as actualizacións. O
espazo, que se irá renovando periodicamente, arrinca cunha ducia de
cortes xerados durante os catro últimos anos. Entre eles atópanse
entrevistas aos parceiros do Sur, conferencias sobre os proxectos de
cooperación internacional, roldas de prensa nas que se presentaron
distintas iniciativas ou as mesas redondas das Xornadas de Coopera-ción
que cada ano organiza o Fondo. A nova canle encádrase no Plan de
Comunicación Online para adaptarse ás ferramentas 2.0.
*
10. OS PROXECTOS EN
TERREO: Rematan as
actuacións e continúa a
sensibilización
En Mozambique e El Salvador xa remataron
as actividades dos proxectos cofinanciados
polo Fondo Galego de Cooperación e Solida-riedade
org
fondogalego.correspondentes á convocatoria de
axudas de 2013 para ONGD, mentres que en
Cuba as actuacións seguen avanzando. Así
mesmo, Ecos do Sur implementou xa a as ac-tividades
de sensibilización correspondentes
www.en Galicia, e Agareso e Asemblea de Coope-ración
pola Paz farano nos próximos meses.
· En canto aos proxectos nos que o Fondo Ga-lego
º coopera directamente cos seus parcei-ros
135en países do Sur, as intervencións en
Cabo Verde e Nicaragua para loitar contra a
: FONDO pobreza extrema fomentando alternativas
económicas seguen en marcha, en ambos os
dous casos cunha destacada achega econó-mica
por parte do Concello de Vigo.
A INFÓRMATE Cooperación directa
No arquipélago africano estase a promover
a igualdade de xénero no municipio de Ri-beira
Grande traballando coa cooperativa
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10 ] No Fondo funciona a solidariedade Sulada para acadar o empoderamento so-cioeconómico
das súas integrantes, que es-tán
a recibir formación en artesanía, xestión,
alfabetización, autoestima, etc. A Asociación
para a Cooperación con Cabo Verde, que na-ceu
en Burela, actúa como parceiro e vínculo
con Galicia nesta iniciativa.
Unha artesá do Concello de Boiro viaxou ade-mais
a terreo para colaborar na mellora da
produción dos xabóns e cosméticos naturais
elaborados polas mulleres a partir de plantas
como o áloe e a purgueira, con múltiples pro-piedades,
baixo a marca “Raízes”. Ana Váz-quez
impartiu unha serie de capacitacións co
obxectivo de incrementar a calidade dos pro-dutos,
diversificar a oferta con novas cremas,
aprender a empregar moldes máis prácticos
e contar con embalaxes atractivas.
En Nicaragua tamén avanza nos municipios
de Totogalpa e Somoto o proxecto co Institu-to
de Promoción Humana a prol do turismo
comunitario. Na primeira fase da iniciativa,
acondicionáronse algunhas vivendas familia-res
para a hospedaxe de viaxeiras e viaxeiros,
que poderán convivir así coa poboación in-díxena
e participar das actividades agrícolas.
As persoas implicadas realizaron ademais
unha xira por comunidades con experiencias
semellantes para intercambiar experiencias
e tirar aprendizaxes en eidos coma a aten-ción
ao cliente ou servizos de aloxamento.
Tamén se están a impartir capacitacións en
Ecos do Sur realizou actividades de sensibilización en escolas galegas
*
11. org
fondogalego.www.artesanías, como olería e bordados, alén de
erguer infraestruturas como os baños do al-bergue
· turístico.
º 135Cooperación indirecta
: FONDO Ecos do Sur vén de concluír a mellora das
condicións educativas e sanitarias na es-cola
de Hitakula das Mahotas (Maputo), en
parcería con Adane Moçambique. A interven-ción
A INFÓRMATE cofinanciada polo Fondo Galego, que se
orientou ao sistema de auga e saneamento
e ás formacións en hixiene, beneficia a máis
de 2.500 alumnas e alumnos. A ONGD rea-lizou
asemade as actividades de sensibiliza-ción
relacionadas, sobre a realidade africana
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11 ] No Fondo funciona a solidariedade e as causas da pobreza,
en centros educativos
de Culleredo e As Pontes
primeiro, e por último
no CEIP Vista Alegre e no
CEIP Virxe do Carme de
Burela.
Tamén se pechou no Bajo
Lempa o proxecto impul-sado
pola Asociación Gale-ga
de Reporteiros Solidarios
e a ONGD local Cordes,
coa emisora comunitaria
como aliada na preven-ción
e redución da vul-nerabilidade
ante o risco de inundacións.
Radio Tehuacán emitiu cada semana o espazo
‘En contacto coa natureza’, pero ademais trasla-douse
a nove centros educativos para reali-zar
programas ambientais co alumnado, aos
que se engadirá un máis protagonizado polo
profesorado para avaliar a iniciativa.
En once centros escolares impartíronse ase-made
obradoiros de sensibilización, tras os
que se convocou un concurso de debuxo
sobre temáticas como o cambio climático, os
tsunamis ou a reciclaxe, no que se premiou
a 39 estudantes cun par de zapatos, tres ca-dernos
e lapis. Tres Comisións Comunais de
Protección Civil dos municipios de Tecoluca
e Zacatecoluca recibiron á súa vez capacita-cións
sobre a prevención e preservación de
medios de vida. En institutos de dez vilas
galegas concienciarase sobre o traballo
comunitario cun documental realizado en
terreo.
Mentres tanto, na Habana Asemblea de Coo-peración
pola Paz e a Oficina do Conservador
da Habana avanzan na rehabilitación da to-rre
do antigo convento de Belén que formará
parte do Centro de Interpretación da Me-teoroloxía.
O obxectivo é mellorar as capa-cidades
da poboación para a prevención
de desastres, ao tempo que se recupera un
Ben de Interese Cultural. Cinco deputacións
ou concellos socios do Fondo Galego van
acoller accións sensibilizadoras ao respecto,
como charlas e exposicións.
Radio Tehuacán gravou programas ambientais co alumnado salvadoreño
Na Habana xa dispoñen dos materiais necesarios
para rehabilitar a torre
*
12. A OLLADA
EXTERNA
María Mera:
“Posicionarse ten
represalias, por
iso hai medo, e
máis no caso do
conflito israelí-palestino”
org
fondogalego.www.María Mera non para. Lánzase a
segunda temporada da exitosa
· serie ‘O Faro’, forma parte do xu-rado
º do programa ‘Os Aspiran-tes’,
135participa en varias pelícu-las
pendentes de estrea e polo
: FONDO medio patina, escribe, grava vi-deoclips,
actúa en curtas e mes-mo
saca tempo para colaborar
con entidades sociais ou denun-ciar
A INFÓRMATE situacións de inxustiza a tra-vés
das redes. Aínda despois de
saltar á fama coa serie “Matalo-bos”,
esta actriz e presentadora,
orgullosa da súa terra e da súa
lingua, non deixou de formarse
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12 ] No Fondo funciona a solidariedade nin de aprender coas novas ex-periencias.
Hai un tempo preguntá-baslle
ás túas seguidoras e
seguidores en Facebook que
lles gustaría cambiar des-te
mundo. Que lle gustaría
cambiar a María Mera?
Fáltame tempo para poder dicir
todo o que me gustaría cam-biar,
pero o máis fundamental
para min, sería que este mun-do
fose un pouco máis XUSTO,
empezando polo que podemos
achegar cada un de nós na nosa
contorna.
Tes colaborado con entida-des
solidarias na presenta-ción
de eventos e mesmo es
madriña da asociación Sarela
de persoas con dano cere-bral.
É importante que as
personaxes públicas se im-pliquen
neste tipo de cau-sas?
Que che aporta no teu
caso?
É importante porque nós, as
persoas públicas, debémoslle a
*
A actriz e presentadora María Mera
13. nosa popularidade ao público, e
participar neste tipo de causas
é unha forma de devolverlles
unha pequena parte do que eles
nos dan. A min apórtame moití-simo
a nivel persoal, é un rega-lo
saber que podes axudar aos
demais, e sobre todo este tipo
de colaboracións faime medrar
como persoa, coñecer diferen-tes
formas de ver a vida e apren-der
delas, e sobre todo a valorar
moito o que son e o que teño.
Durante os últimos ataques
a Palestina, denunciaches a
ocupación Israelí. Cres que
hai medo a posicionarse
publicamente perante este
e outros conflitos por posi-bles
represalias?
O caso de Palestina, é un tema
que me toca moi de cerca,
pero aquí non é unha cuestión
de bandos senón de respecto
a Humanidade. Posicionarse
sempre ten represalias, por iso
hai medo, e no caso do confli-to
israelí-palestino máis se ca-dra,
xa que a industria do cine
de Estados Unidos adoita ter
unha clara posición de apoio a
Israel sexan cales sexan as súas
accións. Todo o mundo lembra
como Javier Barderm e Penélo-pe
Cruz tiveron que rectificar a
súa denuncia ao masacre que se
estaba cometendo en Gaza, po-las
presións doutros actores de
Hollywood.
Alén de interpretación e tu-rismo,
tamén estudaches
xornalismo e de cando en
vez podemos ler algúns dos
teus artigos. Que opinión che
merece o panorama mediá-tico
actual?
Un mercado pouco plural, onde
o panorama se divide en dous
grandes grupos mediáticos,
Atresmedia e Mediaset, con
dúas liñas editoriais enfronta-das.
E por outro lado os medios
de comunicación públicos, que
loitan por sobrevivir deixando
ás veces de lado a súa misión de
televisión pública.
A comunicación evoluciona
cara novos formatos e ti es
moi activa nas redes sociais.
Ata que punto é relevante a
interacción coas e cos fans?
É unha opción persoal de cada
artista. Para min é importante
porque son eses fans os que ven
o meu traballo, e gústame com-partir
con eles e telos informa-dos,
para min é un orgullo ter
xente que valora o meu traballo
e está á espera dos proxectos
que vou facer.
Mesmo pedías hai pouco
ideas para unha nova serie
web, que te atrae deste for-mato
e como vai o experi-mento?
“Confío en que co tempo a
xente valore toda a
calidade e a creatividade
que temos en Galicia”
“Gustaríame que este
mundo fose máis xusto,
empezando polo que
podemos achegar cada un
de nós”
*
org
fondogalego.www.· º 135: FONDO A INFÓRMATE Fotomontaxe reivindicando o fin da ocupación en Gaza
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13 ] No Fondo funciona a solidariedade
14. Pois por agora é un proxecto
que levarei a cabo no meu tem-po
libre. Aproveitar eses paróns
de rodaxes para non quedar
quieta, e o formato serie web
paréceme moi interesante pola
súa capacidade de difusión.
Tamén tes colaborado en
curtametraxes, é un xeito
de apoiar á xente que come-za
e de dinamizar o sector
cando cada vez se financian
menos longas?
Para calquera proxecto, se o
guión, ou o proxecto é serio, in-tento
involucrarme, sempre e
cando poida. Pero é certo que
debemos apoiar a quen está
empezando, son moi importan-tes
eses primeiros pasos e opor-tunidades
para quen comeza
neste mundo.
Ao tempo que empezabas a
rodar a nivel estatal, decla-rábaste
“decepcionada pola
situación dos actores na
TVG” e cada vez as distintas
canles dedican máis horas
ás redifusións. Como ves o
sector audiovisual galego
e que mudanzas deberían
darse?
Creo que a TVG, foi e é un ins-trumento
imprescindible para
a creación da nosa identidade,
a normalización da lingua, a di-fusión
cultural, etc. Pese a ser
un sector estratéxico, declara-do
pola Xunta, o investimento
no audiovisual non fai máis que
minguar ano a ano, o que se
traduce en menos contidos, e
menos traballo para os actores
e técnicos do sector audiovisual.
No Día de Galicia compar-tías
unhas fermosas pala-bras
e é coñecido que non
só falas galego diante da cá-mara.
Como definirías o teu
compromiso co país?
Estou moi orgullosa de ser ga-lega
e vivir a nosa cultura. Amo
a miña terra e a miña lingua,
medrei con ela, e nada me faría
máis feliz que poder seguir tra-ballando
en Galicia e en Galego.
Adoitas apoiar a artesanía e
a moda galega lucindo dese-ños
das nosas creadoras e
creadores. Dirías que os ta-lentos
da terra non están
suficientemente valorados?
Remítome ao dito “ninguén é
profeta na súa terra”. Está cla-ro
que nos custa apreciar o que
temos preto, pero eu confío que
co tempo a xente valore toda a
calidade e a creatividade que te-mos
en Galicia, que é moooita!!!
Entre as túas múltiples
afeccións están as clases
de combat e kick boxing no
ximnasio, recomendaríasllo
a máis de un para liberar
tensións?
Si, por suposto! Pero recomen-daría
calquera tipo de deporte,
“Colaborar con causas
sociais é unha forma de
devolverlle ao público
unha pequena parte do
que nos dá”
“Amo a miña terra,
nada me faría máis feliz
que poder seguir
traballando en Galicia
e en Galego”
*
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14 ] No Fondo funciona a solidariedade INFÓRMATE A FONDO : 135º · www.fondogalego.org
Dedicatoria da presentadora no Día de Galicia
15. eu non sei vivir sen facer exerci-cio.
Unha das miñas frases favo-ritas
é: “non hai mellor medici-na,
que estar san”.
Cando xa eras un coñecido
rostro televisivo interpreta-ches
a Salomé na montaxe
do Centro Dramático Gale-go.
Como viviches este pa-pel
protagonista no teatro
profesional?
Pois foi un auténtico agasallo,
poder darlle vida a esa Salomé,
gardo un recordo moi moi fer-moso.
Foi intenso pero apren-dín
moitísimo, e vivín tantas
sensacións cada vez que saía
ao escenario, que non se poden
describir. O teatro é maxia, e
estou moi agradecida a Carlos
Santiago, o director, por confiar
en min e darme esa oportunida-de.
Cales son os próximos plans
de María Mera?
Por agora seguir rodando o
Faro, que aínda nos quedan
uns meses. E logo, con moitos
proxectos en vista, pero coma
sempre non se poden desvelar ;)
Concluíndo, se me deixan penso
seguir traballando e aprenden-do,
e se non pois aprendendo.
“O investimento no
audiovisual non fai senón
minguar, o que se traduce
en menos contidos
e menos traballo”
*
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 15 ] No Fondo funciona a solidariedade INFÓRMATE A FONDO : 135º · www.fondogalego.org
A actriz con zocos e carteira da artesá Elena Ferro
María Mera presentando a gala da asociación Sarela. FOTO: Sarela
16. INFÓRMATE A FONDO : 135º · www.fondogalego.org
Infórmate a Fondo
Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Redacción e Administración: Avda. Joselín 7 P3 4B
36300 Baiona (Pontevedra)
Tel/Fax: 986 357 238 / 698 144 536
Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org
Depósito Legal: VG-473-2007
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa
Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de
Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo,
Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo
de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol,
Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda,
Moaña, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo,
O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures,
Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro,
Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior,
Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove
Deputacións: A Coruña, Lugo.