1. Profesor Eleuterio J. Saura
O
IMPERIALISMO
COLONIAL
O dominio europeo do
mundo (1870-1914 )
2. No último terzo do s. XIX, unha Segunda
O soño de Rhodes
Revolución Industrial transformou a
economía e a sociedade das principais
potencias europeas.
Aproveitando a súa superioridade técnica,
militar e financeira,
Europa lanzouse ao dominio político e
económico do resto do mundo. Ese
dominio plasmouse en termos de
ocupación territorial, e entre 1870 e 1914,
as principais potencias expandíronse fóra
das súas fronteiras, creando grandes
imperios coloniais.
Isto significou a explotación directa dos
recursos de África, Asia Latinoamérica,
así como o control político de grande parte
dos seus territorios, xa que a maioría das
colonias estaban gobernadas desde a
metrópole.
A ambición por destacar na carreira
colonial levou a enfrontamentos entre
potencias, tanto nas colonias coma en
Europa, sendo unha das causas da
Primeira Guerra Mundial.
3. Concepto de imperialismo colonial
Imperialismo:
Sistema en que a cultura, a
política e a economía están
organizados en función do
dominio duns países sobre os
outros.
Colonialismo:
Ocupación dun territorio por
outro país. Comporta a
ocupación militar, o
asentamento de poboación
orixinaria do país dominante e
a explotación dos seus
recursos económicos en
beneficio deste.
Metrópole:
País dominante
Colonia:
País ou territorio sometido,
gobernado e explotado por
outro.
4. - Atopar novos mercados
- Materias primas baratas
*Económicas
- Investimento de capitais
- Superioridade técnica e militar
• Sociais e
- Asentamento de poboación europea
demográficas
- Válvula de escape a tensións sociais
CAUSAS
- Superioridade do home branco
- Misión civilizadora de Europa
• Ideolóxicas
- Evanxelización
- Darwinismo social
- Poder militar e estratexia
• Políticas - Poder e prestixio internacional
- Nacionalismo
5. Causas económicas
• Estabelecer novos mercados onde exportar produción industrial en
réxime de monopolio
• Conseguir materias primas baratas e abundantes
• Man de obra barata para reducir custos
• Novos territorios onde investir capital
“O imperialismo é a fase superior do
capitalismo” (Lenin)
“A política comercial é filla da industrialización. O
consumo en Europa está saturado: é
imprescindible descubrir novos filóns de
consumidores noutras partes do mundo.
Inglaterra tomou a dianteira no movemento
industrial porque foi a primeira en prever tan
afastados horizontes. A política colonial é unha
expresión internacional das leis da competencia.”
Jules Ferry, 1.890
6. Armamento ferrocarril barco de vapor
ELEMENTOS QUE FACILITARON O IMPERIALISMO
teléfono telégrafo radio superioridade militar
8. “Onte asistín a unha xuntanza de
desempregados do barrio obreiro do
O enorme crecemento natural da poboación East End de Londres. E non se ouvía
europea e os conflitos sociais pola falta de máis ca un berro: “pan, pan”.
Reflexionei e sentinme aínda máis
emprego serviron de argumento os Estados
convencido da importancia do
para xustificaren a conquista de novos Imperialismo. É asolución ao
territorios onde asentaren colonos problema social: para salvar os 40
millóns de británicos dunha guerra
civil, nós, os colonizadores, debemos
conquistar novas terras para
No entanto, a emigración europea foi maior instalarmos nelas o excedente da
a outras zonas non coloniais nosa poboación e dar saída os
produtos das nosas fábricas”.
Emigración europea en millóns de persoas
Cecil Rhodes, 1895
9. En primeiro lugar, creo no Imperio Británico, e
Causas ideolóxicas en segundo, na raza británica, a maior raza
imperial coñecida polo mundo.
Ideais racistas Entre todas as nacións tan só nós fomos quen
de fundar e conservar colonias nas condicións
Defendían a superioridade da raza máis diversas e en todas as rexións do mundo.
Asegurámonos a fiel submisión de todos os
branca sobre as demais cidadáns británicos e a simpatía de todas as
razas que viven á sombra da bandeira británica.
Joseph Chamberlain, 1895
“Deducións xerais:
1. As similitudes entre negros e simios
son máis grandes que entre simios e
europeos.
2. O negro é inferior intelectualmente ao
europeo.
3. O negro é máis humano na súa
natural subordinación ao home
europeo que en calquera outra
circunstancia.
4. O negro tan só pode ser humanizado
e civilizado polos europeos”.
Sesión científica, Sociedade Antropolóxica de
Londres, 1863
10. •Exaltación nacionalista
Os grandes estados coloniais afirmaban a súa
superioridade e proclamaban o deber de difundir a
cultura e a civilización europeas por todo o mundo.
•Chovinismo: cualificativo en Francia do patriotismo
exaxerado, que considera que o propio do país ao que
un pertence é o mellor do mundo.
•Xingoísmo: Nacionalismo británico exaltado, partidario
da expansión violenta sobre outras nacións. Tiña un
carácter racista e consideraba necesario o
imperialismo para dominar a “razas inferiores”
Asumide a carga do home branco,
Enviade os mellores dos vosos rapaces,
dirixide vosos fillos ao exilio
para que eles sexan os servidores dos seus cautivos,
para que eles velen, pesadamente ataviados,
sobre pobos axitados e salvaxes,
metade demos, metade cativos
R. Kipling, 1899
11. • Civilizar Responsabilidade do home branco de
levar o progreso e os bos costumes aos pobos
inferiores
• Paternalismo Protector
• Evanxelización de pobos primitivos e idólatras
• Finalidade científica Moitas sociedades
xeográficas e científicas estimularon o
colonialismo como vía natural do proceso
científico. Así financiáronse innumerables
expedicións científicas e antropolóxicas
12. “A colonización é a forza expansiva dun
pobo, a súa potencia de reprodución, a súa
dilatación e a súa multiplicación a través do
espazo; é a submisión dunha parte do
universo á súa lingua, aos seus costumes,
ás súas ideas e ás súas leis. Un pobo que
coloniza pon as bases da súa grandeza
futura. O número de individuos que forman a
raza aumenta; a cantidade de recursos e de
produtos novos, de equivalentes de cambio
que demandan a intervención da industria
metropolitana, é inconmensurable; o campo
que se abre aos capitais das metrópoles e o
dominio explotable son infinitos. Sexa cal for
o punto de vista, sempre nos atoparemos
cunha verdade incontestable: o pobo que
coloniza máis é o primeiro pobo; e se non o
é hoxe, xa o será mañá”.
P. Leroy-Beaulieu: De la colonisation chez
les peuples modernes. París, 1870.
14. A principios do s. XIX, os europeos só
dispuñan de factorías costeiras ou pequenas
colonias en África. O resto era descoñecido,
e só existían algúns estados independentes.
Na segunda metade do século, exploradores
e misioneiros percorreron o continente e
internáronse nas bacías dos ríos Níxer, Nilo,
Congo e Zambeze.
15. A partir de 1870, as potencias europeas, especialmente Francia e Inglaterra,
lanzáronse a conquistar e colonizar África: os primeiros co proxecto de
controlaren unha franxa de Leste a Oeste e os segundos de Norte a Sur. Isto
provocou conflitos entre eles e receos das outras potencias europeas.
• Libre navegación por grandes ríos africanos
• Obriga de ocuparen efectivamente o territorio
Acordos reclamado por cada potencia
básicos • Delimitación de áreas de influencia de cada
potencia
• Aumentar o benestar moral e material dos
conquistados
Conferencia Internacional
en Berlín
Convocada polo chanceler alemán
Von Bismarck, co obxectivo de
estabelecer as bases do reparto de
África
16. RESOLUCIÓNS DO CONGRESO DE BERLÍN (1885)
“No nome de Deus Todopoderoso A Súa Maxestade o Rei de España; a súa
Maxestade o Emperador de Alemaña, etc.; Desexando concertar de común acordo as
condicións máis favorables ao desenvolvemento do comercio e da civilización en
certas rexións de Africa, e asegurar a todos os pobos a avantaxe da libre navegación
nos dous principais ríos africanos; desexando evitar as desavenencias e cuestións que
máis adiante puidense suscitarse polas novas tomas de posesión na costa de África, e
atendendo, ademais, á maneira de aumentar o benestar moral e material das
poboacións indíxenas, resolveron::
1°. Unha Declaración relativa á liberdade do comercio na bacía do Congo.,
2°. Unha Declaración referente á trata de escravos e ás operacións que por terra ou
por mar proporcionan escravos para a trata.
4°. Unha Acta de navegación do Congo, e do Níxer
CAPITULO VI
Art. XXXIV. A potencia que en adiante tome posesión dun territorio nas costas do
continente africano, situado fóra das súas posesións actuais ou que as adquira máis
adiante, así como a potencia que asuma un protectorado, achegará a Acta respectiva
unha notificación dirixida ás demais potencias signatarias da actual, a fin de que, se
houber lugar a isto, podan facer valer as súas reclamacións.
Art. XXXV. As potencias asinantes desta Acta recoñecen a obriga de manter, nos
territorios que ocupen na costa do continente africano, a autoridade competente para
facer respectar os dereitos adquiridos e, en caso necesario, a liberdade de comercio e
de tránsito nas condicións que se estipulasenl”.
18. CONFLITOS COLONIAIS AFRICANOS ENTRE POTENCIAS
As guerras Boers
Desenvovidas entre 1880 e 1902
entre colonos holandeses e o
Imperio Británico polo desexo
deste de extender o seu dominio
a toda a África Austral.
Fue unha loita desigual entre
granxeiros e o exército inglés.
Finalmente as pequenas
repúblicas boers de Orange e
Transvaal foron incorporadas ao
Imperio Británico.
19. Visión francesa O incidente de Visión británica
Fashoda
(1.898)
Os exércitos coloniais francés e británico marcharon sobre Fashoda (entre Chad e
o Altp Nilo) co fin de ocupalo e pechar a súa banda de dominio continental: os
franceses entre o Atlántico e o Indico, e os ingleses entre o Mediterráneo e
Sudáfrica. A guerra estivo a punto de estourar, mais os franceses retiráronse
20. A canle de Suez
Fundamental para o poder imperial de
Inglaterra e Francia no século XIX.
A canle, construída polos Lesseps e
baixo control de Francia e Inglaterra.
Paso estratéxico esencial Permite o
acceso dende o Mediterráneo ao
océano Índico a través do mar Roxo,
para chegar máis rápido e barato ás
súas colonias de Asia, así como
fundamental para o transporte de
petróleo desde Oriente Medio a
Europa.
21. Inauguración da canle de Suez
Supuxo un aforro
de 9.000 km
Para os fastos de inauguración
encargouse especialmente
unha ópera :
“Aída”, de Verdi
22. A ocupación de Asia
No “Asalto de Asia” interviron, ademais das
potencias tradicionais, Rusia, EE.UU e
Xapón.
Gran Bretaña: Asentada nos portos de
Madrás, Calcuta e Bombai a través da
Compañía Inglesa das Indias desde o s.
XVIII, aproveitaá a revolta dos cipaios para
tomar o control total. Nomearon un Vicerrei e
anexionaron Birmania e Malasia.
Francia: Centrouse no SL asiático creando a
Unión Indochina que abranguía Laos, Annam
(Vietnam) e os protectorados de Camboxa,
Tonkin e Siam (máis tarde con autonomía e
neutral como fronteira entre os imperios
francés e inglés).
Rusia: Estenderase por Siberia até China.
Entrará en conflito con Inglaterra (Persia) e
Xapón (Manchuria).
Holanda: Presente en Asia desde o s. XVII,
asentada nas illas da Sonda (Indonesia).
24. EUROPA LÁNZASE SOBRE CHINA
As potencias europeas só foran
capaces de estabelecern encraves
comerciais na costa chinesa.
Os ingleses equilibraban as compras
en China coa venta de opio. Malia a
prohibición deste comercio de opio
polas autoridades chinesas (1839),
seguiu a facerse, o que desembocou
nas “guerras do opio”.
A derrota chinesa permitiu aos
británicos ocupar o encrave de Hong
Emperatriz Xi Ci Kong, así como abrir ao comercio
internacional 12 portos, polos que
entrou a influencia das potencias
imperialistas.
25. “Barcos bárbaros empéñanse en
vir comerciar coa intención de
acadar grandes beneficios. As
riquezas de China son arrebatadas
en proveito dos bárbaros. Con que
dereito utilizan a droga velenosa
para prexudicar ao pobo chinés?
Mesmo no caso de que os
bárbaros non desexaren nos
prexudicar, co seu inmoderado
afán de lucro, no se preocupan
polo mal que ocasionan ao
próximo. Preguntámonos: onde
está a vosa conciencia?”
Comisionado Lin Zexu á raíña
Victoria (Gran Bretaña), 1839
O consumo de opio, antes reservado ás clases máis altas, popularizouse na China grazas
ao tráfico inglés (que o abaratou). O número de consumidores aumentou e o país encheuse
de fumadoiros. Isto, unido á superioridade técnica e militar, permitiu ás potencias europeas
controlaren as riquezas de China sen necesidade de ocupala.
26. Houbo reaccións
nacionalistas como o
“Levantamento dos
100 días” (1898) ou a
revolta popular dos
“boxers” baixo o
berro “Morte ao
extranxeiro!”. Ambas
as dúas fracasaron
ante a unión das
tropas de todos os
países coloniais
ubicadas en China.
“China non se decata de que a súa civilización é vella, inservible para loita coa do mundo
occidental; crese raíña das nacións, o centro da sabedoría e da ciencia. Os seus
dirixentes e toda a súa poboación só teñen menosprezo para “os diaños de Occidente”.
Polo que respecta aos mandaríns, (...) cómpre dividilos en tres categorías: quen teñen
horror ás innovacións e que de boa fe consideran todo perdido se se mudar algo o estado
de cousas estabelecido polos antigos;quen temen, polo seu interese persoal, as
innovacións diabólicas de Occidente (telégrafos, ferrocarrís); e, en fin, os moi escasos que
comprenden a inferioridade da maior parte das institucións de China, o seu illamento e a
súa debilidade”.
J,. Challey: “La Chine” en L´Economiste français, 7 de xaneiro de1888.
27. O imperialismo dos Estados Unidos
Tralo gran crecemento económico dos EE.UU
a fins do s. XIX e o intenso proteccionismo
europeo, foille necesario buscar novos
mercados e practicar unha política
expansionista.
As bases ideolóxicas e a xustificación viñeron
da aplicación da teoría da supervivencia das
especies de Darwin (Darwinismo social).
EE.UU. deberían competir encarnizadamente a
con outras nacións para sobreviviren no
contexto internacional. A opinión maioritaria
defendeu que o continente americano era o
seu espazo natural de expansión e que os
EE.UU. podían e debían intervir en calquera
lugar do continente para defenderen os seus
intereses.
A “doutrina Monroe” ou a “Big stick politic”
(política do gran garrote) de Theodore
Roosevelt foron as vías de actuación.
28. En 1823, o presidente dos EE. UU. “Os nosos intereses son semellantes os dos
James Monroe lanzou a idea do nosos veciños do sur. Estes pobos teñen
destino manifesto que se simplificou grandes riquezas naturais, e se neles reinan a
na frase "América para os xustiza e as leis básicas de toda sociedade
americanos", e que na práctica civilizada, poden estar seguros de que os
significaba a vocación do seu país trataremos con simpatía cordial ey afectuosa.
por dominar todo o seu hemisferio, Non interviremos nos seus asuntos máis que
relevando aos estados europeos. como último recurso, ou se se fixer evidente a
súa incapacidade ou mala vontade, violaren
A "doutrina Monroe" foi dando os dereitos dos Estados Unidos, ou solicitaren
importantes pasos durante todo o s. axuda extranxeira en prexuízo da nación
XIX e fíxose realidade a fins de americana. É obvio que cada nación en
século: todo o continente ficaba baixo América que desexar conservar a súa
a influencia económica e política do liberdade e independencia, debe ser
EE.UU., despois da anexión de Cuba consciente que terá ese dereito só se souber
e Porto Rico. facer bo uso dela.”
T. Roosevelt, 1904
29. Comezouse coa compra de Alaska a
Rusia (1867) para controlar a navigación
do estreito de Bering.
A guerra contra España en 1898, supuxo
o control de Cuba, Porto Rico e Filipinas.
O colonialismo estadounidense, a
diferenza do europeo e do xaponés non
se baseou na conquista territorial e na
imposición dunha administración
metropolitana, senón pola inxerencia nos
asuntos internos dos países da zona e
na sumisión económica dos gobernos
autóctonos aos seus intereses
(neocolonialismo).
En todas as pequenas repúblicas do
Caribe e Centroamérica, os intereses das
grandes compañías norteamericanas
foron protexidos por unha intervención
directa, incluíndo a militar, na formación
de gobernos dependentes ou na xestión
dos asuntos económicos, dando lugar á
“diplomacia do dólar”.
30. A Canle de Panamá
Construída polos Estados Unidos entre 1901-14, era de vital
importancia para o tráfico comercial e militar entre as costas
leste e oeste do país. Fomentouse unha guerra contra Colombia
para independizar Panamá e sometelo ao control dos EE.UU. Foi
básica para o control militar de América Central e o Caribe.
31. O imperialismo xaponés
Trala revolución Meiji, que supuxo un espectacular
desenvolvemento económico e financeiro de corte
capitalista, Xapón non só se abriu a Occidente e reformouse
institucionalmente, senón que se preparou para ser unha
potencia rexional que rapidamente construirá o seu propio
imperio colonial.
En 1895, trala guerra contra China, Xapón consiguiu a
soberanía sobre as Illas dos Pescadores e sobre Formosa, e
participou na represión da rebelión dos Boxers en 1900, con
idénticas vantaxes comerciais ás potencias occidentais.
Entre 1904 e 1905 desenvolveuse a guerra ruso-xaponesa:
a primeira vez que un país oriental derrotaba a un imperio
europeo. Coa súa vitoria Xapón conseguiu a metade da illa
Saxalín e Port Arthur.
O avance territorial xaponés incrementouse ao comezar o
século XX. O control sobre Manchuria e Corea culmina
coa anexión desta península en 1910, confirmando a
vontade expansiva do novo imperio.
34. Colonias de explotación
Estaban baixo a soberanía e la administración da
potencia.
Control político e explotación económica por parte
da metrópole.
Abundante poboación indíxena, cunha elite
europea e colonos explotando (India).
Concesións
Algúns países independentes conceden ás potencias portos e vantaxes
comerciais (China: Hong Kong, Macao), sempre encraves cobizados polo
seu interese estratéxico ou comercial.
Protectorado
A potencia “protectora” controlaba as riquezas e a política exterior mentres
que un goberno controlado nativo se ocupaba da política interior.(Marrocos)
Dominio ou colonia de poboamento
Territorio con escasa poboación indíxena e ocupado en masa por colonos
europeos con formas de vida e organización europeas (Australia).
35. Consecuencias para os colonizados
A civilización que nos vén de Europa é
Os territorios voraz e dominante: consome os pobos
colonizados que invade e extermina as razas que se
sufriron un opoñen á súa conquista. É unha
profundo impacto civilización caníbal: oprime os débiles e
que transformou enriquece os fortes. É unha máquina de
o modo de vida triturar. Alá onde vai, sementa conflitos e
das poboacións divisións. É unha civilización científica,
indíxenas no mais non humana. Concentra todas as
económico, súas forzas no único obxectivo de se
social, enriquecer, coma un millonario que vende
demográfico a súa alma por unha fortuna.
ecultural R. Tagore, 1916
36. Consecuencias para os colonizados
Económicas
Agás para as elite locais, a situación empeorou.
Produciuse un proceso de expropiación de terras
indíxenas que favoreceu aos colonizadores.
Abandonáronse os cultivos tradicionais e potenciáronse
as plantacións de monocultivo extensivo por intereses
das metrópoles.
Igualmente produciuse unha explotación intensiva dos
recursos mineiros, o que provocaría unha futura
dependencia destes territorios.
“En Alxeria, todas as terras fértiles estaban xa
cultivadas ao chegaren as tropas francesas. Así
a pretendida “explotación de terras” foi, máis ben,
a explotación dos seus habitantes.
Afrancesando e divindo a propiedade,
provocouse unha fenda na vella sociedade tribal e
substituíronse as forzas colectivas polas
individuais, ao tempo que se creaba unha man de
obra barata que compensaba os gastos de
transporte dos produtos á metrópole e aseguraba
os beneficios das empresas coloniais. A
colonización transformou os alxerinos nun
inmenso proletariado agrícola”.
A República colonial, segundo unha
J. P. Sartre, 1956 revista satírica francesa, 1911
37. Consecuencias para os colonizados
Culturais
Produciuse un proceso de
aculturación e perda das
tradicións e crenzas propias.
Sociais
O aumento da poboación rompeu
o equilibrio poboación-recursos.
Desorganizaouse a vida tribal,
unidades étnicas foron divididas
ou unidas de xeito artificial, o que
provocará futuros violentos
conflitos.
Utilizaranse determinados grupos
indíxenas para recrutar corpos do
exército de choque e controlar as
revoltas indíxenas (cipaios en
India, mamelucos en Egipto,
gurkas en Nepal)
Tamén se escravizou a parte da
poboación.
38. Consecuencias para os colonizadores
Económicas
As potencias puideron continuar o seu crecemento.
Aprovisionáronse de materias primas e venderon os seus
produtos industriais ás colonias. Construíron estradas,
camiños de ferro e porto. Grazas a todo isto conseguiron
grandes beneficios.
Chegaron a Europa grandes cantidades de produtos coloniais
(té, cacao, café) a baixo custo pola explotación da man de
obra indíxena.
Culturais
Estendeuse a cultura occidental en todos os continentes. Os
europeos tiveron a oportunidade de coñecer outras
civilizacións. Reforzouse o sentimento de superioridade dos
occidentais.
Políticas
As tensións nacionalistas do colonialismo chegaron ao
extremo cara a 1910. As diversas alianzas entre
potencias e a carreira de armamentos desembocará na
Primeira Guerra Mundial.
39. Algúns filmes sobre este tema
Y un libro fundamental
El libro negro del
colonialismo
Marc Ferro
(coord). Trad:
Carlo A. Caranci.
La Esfera de los
Libros, Madrid 2005.
40. Después de vermos isto,
pódese dicir que os países
do Terceiro Mundo teñen
débeda externa?