2. Definición de imperialismo
O imperialismo no último terzo do s. XIX adquire formas de expansión territorial
das potencias europeas máis industrializadas sobre territorios de Asia e África
como unha demostración da súa hexemonía política, militar e
económica, pero tamén como unha necesidade de ampliar mercados e
investir capitais.
No pasado o imperialismo colonial fora practicado por países como España e
Portugal que agora estaban en plena decadencia. A partir de 1870 auténtica
carreira por repartirse o mundo entre as principais potencias.
Lenin cualifica o imperialismo como unha fase superior do capitalismo. Unha
consecuencia da rapiña do capitalismo financiero.
Podemos distinguir dous tipos de imperialismo:
a) Imperialismo formal. Gran Bretaña ou Francia ocupan territorios, imponen a
súa lingua, a súa administración explotan as riquezas das colonias
b) Imperialismo informal. USA, como antiga colonia, rexeita a ocupación
sistemática dun territorio, pero a cambio exerce un control económico sobre
os territorios da súa área de influenza: Latinoamérica.
3. Causas do imperialismo
De tipo económico.
a) Necesidade de colocar o excedente de produtos. Os mercados nacionais das
potencias imperialistas están saturados. Superar o proteccionismo característico da
época
b) Necesidade de canalizar o excedente de capital de investimento.
c) Explotación de materias primas, metais preciosos e fontes de enerxía.
d) Consecuencia lóxica da continuada expansión do capitalismo a nivel mundial
De tipo político e ideolóxico.
a) A posesión de colonias proporciona prestixio internacional. Carreira por ocupar
África e Asia.
b) O carácter estratéxico dalgúns territorios que permitiría o control das rutas
marítimas ou grantiría unha mellor defensa do territorio nacional.
De tipo demográfico. Colocar o excedente de poboación nun proceso de explosión
demográfica dos países europeos.
De tipo ideolóxico: A crenza na superioridade da raza branca. A misión civilizatoria.
4. A expansión por África
O coñecemento do continente era limitado ata 1870
As viaxes de exploración de Stanley, Livingstone, Brazza espertan o interese sobre este continente.
• A Conferencia de Berlín de 1885 determina as condicións do reparto do continente:
a) Os ríos Congo e Níxer son de libre navegación
b) O control da costa permite o control do interior
c) Chegar con máis efectivos militares e humanos é o que garante a verdadeira ocupación.
d) O Congo será administrado polo rei de Bélxica, Leopoldo II
• Expansión británica: Pretende unha continuidade colonial norte- sur e unha conexión entre El Cairo - El
Cabo. Cecil Rhodes é o ideólogo desta expansión. Explotación de metáis preciosos no sur do continente
e intereses estratéxicos en Exipto.
• Expansión francesa: Pretende unha unidad colonial leste- oeste, unir Dakar e Xibuti. Jules Ferry é o
impulsor do colonialismo francés. Arxelia será a súa colonia de poboamento.
• Conflitos:
a) O Congo entre Francia, Portugal e Bélxica. Resólvese pola Conferencia de Berlín
b) Fashoda entre Gran Bretaña e Francia. Ao final Sudán cae en mans británicas
c) Alemania chega tarde ao reparto: trunca a liña norte- sur británica ao ocupar Tanzania, xera tensións no
protectorado marroquí con Francia.
d) Guerra dos Boers en Sudáfrica entre os colonos holandeses e os británicos.
e) Tensións entre Italia e Francia polo control de Tunicia
5. A expansión por Asia
Un continente que conta con territorios e sociedades organizadas que están pechados a Occidente: China
e Xapón. As potencias so logran abrir aquí encraves comerciais.
Antes de 1870, o control europeo redúcese aos holandeses en Indonesia, os británicos en India, os
portugueses en Macao e Goa e os españois en Filipinas.
• Expansión británica: Partindo da India, a súa “Royal Crown”, e para protexela mellor amplia os territorios
coloniais en dirección leste: Birmania, onde choca cos intereses franceses, e en dirección oeste onde
choca con Rusia. Control de encraves no SE de Asia: Hong-Kong, Malasia e Singapur
• Expansión francesa: Na península de Indochina. Explotación da seda.
• Expansión rusa: Control das vastas extensións de Siberia. Choque con Xapón nas Kuriles e na cunca do río
Amur. Choque con Gran Bretaña ao ir cara o sur na área de Persia
• Expansión xaponesa: A necesidade de materias primas e fontes de enerxía leva a Xapón a pór os ollos
en China. Controla a península de Corea. Controla a rexión de Manchuria. Tensión con Rusia pola área
do río Amur e as Kuriles.
• Conflitos:
a) A guerra do Opio, mediados do s. XIX, entre Gran Bretaña e China. Equilibrar unha balanza comercial
desfavorable para os británicos en China.
b) A tensión entre Gran Bretaña e Francia no SE de Asia que se salda coa creazón do estado tapón de
Siam (1893)
c) A tensión entre Gran Bretaña e Rusia que se soluciona coa non ocupación de Persia
d) A guerra chino xaponesa (1894-1895)que se salda coa ocupación de Xapón sobre a illa de Formosa e
Manchuria.
e) A guerra ruso- xaponesa pola rexión do río Amur e o sur da illa de Sakhalin
6. O imperialismo norteamericano
Bases ideolóxicas Doutrina Monroe. “América para os americanos”. A liberdade do
continente americano e a defensa do liberalismo fronte ao
imperialismo europeo e os reximes absolutistas será o obxectivo da
política exterior norteamericana.
Destino Manifesto. USA está destinada a xogar un papel civilizador.
Xustifica así a conquista dos espazos cara o oeste dos primitivos
estados. Unha vez alcanzada a costa oeste esa doutrina será
aplicada para xustificar a expansión máis alá das fronteiras naturais.
Navalismo de Mahan. USA debe garantir a defensa e a protección
das súas fronteiras a través da posesión dunha serie de illas no
Pacífico e no Caribe que servan de bases flotantes con carácter
estratéxico defensivo.
Corolario Rooselvet. USA debe defender os intereses
norteamericanos alí onde estean. Atacar unha empresa
norteamericana é atacar ao país. Actualiza o dereito de
intervención contido na doutrina Monroe.
Practica o
Imperialismo
informal
Intervén en
Latinoamérica para
defender os seus interés
económicos (Big Stick):
Panamá, Cuba, Nicarag
ua, Sto. Domingo…
En 1898 faise co resto do
imperio español.
7. O imperialismo xaponés
Bases ideolóxicas
A revolución Meihi:
A familia imperial transforma Xapón de ser un país feudal
gobernado polo shogunato a outro moderno e occidentalizado.
Aposta pola industrialización cunha clara vocación de
converterse nunha potencia mundial. Economía exportadora.
Aposta pola educación e formación profesional.
Introduce a través dunha Carta Outorgada un sistema de
Monarquía seudoconstitucional.
Necesidade de conseguir no continente asiático áreas de
suministro de materias primas, fontes de enerxía e mercados
para a producción xaponesa
Áreas de expansión colonial Illas Kuriles e Riu Kiu, Corea. Guerra contra China (1894-95):
Illa de Formosa, Manchuria.
Guerra ruso xapones (1904-05): Illa de Sakhalin, Port Arthur
Despois da 1ª guerra mundial adquire posesións de
Alemania e competirá con USA por bases no Paciífco.
8. Consecuencias do imperialismo
Positivas Negativas
Nas colonias:
• Creazón de infraestruturas viarias
• Inserción nos circuitos de mercado mundial
• Desenvolvemento de estruturas educativas
e políticas que desenvolven conciencia de
país.
• Desenvolvemento de estruturas sanitarias
Nas colonias:
• Explotación das riquezas por parte das potencias
imperialistas.
• Subordinación económica das colonias cara aos
intereses das potencias imperialistas.
• Explotación de man de obra
• Subordinación política e imposición de gobernos
alleos
• Problemas de aculturación e perda de identidade
coa ruptura das ligazóns tribais.
• Racismo.
• Perdas demográficas.
Nas potencias imperialistas:
• Creazón dun circuito económico metrópoli –
colonia favorable aos intereses imperialistas
• Un lugar onde investir o excedente de capital
• Consolidación da idea de que posuír
colonias dá prestixio internacional
• Un lugar onde colocar o excedente de
poboación
• Occidentalización do mundo.
Nas potencias imperialistas:
• O custo de manter un imperio
• Rivalidades entre as potencias que conducen
a moita tensión internacional
• Difícil aclimatación nun contexto
tecnoloxicamente atrasado