2. Época das Irmandades
O inicio do século XX vén marcado por unha serie
de importantes transformacións económicas e
sociais:
• Desaparición da fidalguía rendista que acaparaba a propiedade
das terras.
• Consolidación dunha burguesía industrial e financeira.
• Adquisición progresiva da propiedade das terras por parte do
campesiñado coa abolición do sistema foral.
• Desenvolvemento acelerado dos sectores secundario e terciario.
• Desprazamento de gran parte da poboación rural cara ás urbes.
3. O AGRARISMO
• Loita pola abolición dos foros e a rexeneración
democrática (caciquismo) e a modernización do agro
galego.
• A lingua é aínda unha cuestión secundaria.
• Destacan as organizacións “Solidaridad Gallega”
(1907) e “Liga Agraria de Acción Gallega” (1912) e o
líder Basilio Álvarez, o “Abade de Beiro”.
• O Rexionalismo acada unha maior proxección social
ao se sumar ás reinvindicacións agraristas.
• Os postulados agraristas terán unha gran repercusión
na obra de Cabanillas
5. Irmandades da Fala
• Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de
Antón Vilar Ponte. En pouco tempo nacen outras
Irmandades en vilas e cidades do País.
• Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do
Provincialismo e o Rexionalismo.
• A dignificación e promoción da lingua galega é un dos
seus principios fundamentais
• Presentan, ademais das reivindicacións culturais, un
ideario político ben definido. Supoñen o inicio do
nacionalismo
• O seu voceiro é a revista A Nosa Terra
7. AS IRMANDADES: actividade cultural
• Potencian o uso do galego en todo tipo de ámbitos: ensino,
xustiza, prensa, actos públicos, tradución de obras da literatura
universal..
• Fundan editoriais (Céltiga, Alborada, Lar, Nós... ) e publicacións
periódicas en galego (A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, Alfar,
Ronsel…).
• Publican Algunhas normas pra a unificación do idioma galego,
traballo de carácter normativo, e un dicionario castelán-galego
• Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social:
Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918)
• No seo das Irmandades nacen o Grupo Nós e o Seminario de
Estudos Galegos (1923).
9. Actividade cultural: O Seminario de
Estudos Galegos
• Institución fundamental na investigación da
historia e cultura de Galiza.
• É creado por un grupo de mozos universitarios,
entre os que se contan Lois Tobío, Bouza Brey e
Filgueira Valverde, no outono de 1923.
• Participan nel, como coordinadores dalgunhas
das súas seccións, os intelectuais máis
destacados do galeguismo: Castelao, Cuevillas e
Risco, entre outros.
10. As mulleres nas Irmandades
Creáronse as Irmandades
Femininas (mulleres
vencelladas, familiar ou
sentimentalmente, aos
militantes nacionalistas).
Sen vida organizativa activa.
Bordado de bandeiras, recadación
de fondos económicos...
Ausencia nos xornais ligados ao
nacionalismo, conferencias...
I Asemblea Nacionalista
Recóllese nun punto a igualdade de
dereitos para a muller galega.
Nun punto posterior, aclárase que a
igualdade de dereitos reivindícase,
cando menos, para a muller casada
e co home emigrado.
¿Por que e
como?
A emigración fixo que moitas delas quedasen ao cargo da economía
familiar, polo que conviña que tivesen personalidade xurídica.
Emprego sistemático de termos referidos ao seu aspecto físico e
sentimental (beleza, doces sentimentos, tenrura)
Defínese en varios lugares o rol que a muller galega debe ocupar
dentro do nacionalismo: axudar os homes. (labor asistencial).
11. AS IRMANDADES: actividade política
• Obxectivos prioritarios: autonomía integral para Galiza, busca
dunhas bases para facer posíbel un federalismo con Portugal.
• Institucións lexislativas e xudiciais propias, autonomía fiscal.
• Cooficialidade do galego.
• Igualdade de dereitos da muller.
• Reformas que rematen co secular atraso da economía galega
• Na Asemblea de Lugo de 1918 convértense nun partido político
e formulan as teses do nacionalismo galego: GZ posúe todas as
características que a definen como nación. Na última asemblea
(1931) fúndase o Partido Galeguista.
Este programa será recollido
polo Partido Galeguista durante a Segunda República.
14. A POESÍA NA ÉPOCA DAS IRMANDADES
• Continuidade temática e formal dos autores do
Rexurdimento, cun progresivo deterioramento
estético: costumismo ruralista, historicismo
celtista, intimismo sentimental e reivindicación
cívica.
• Dúas tendencias xerais na poesía do primeiro
terzo do século XX: continuista (Noriega Varela,
Crecente Vega) e renovadora (Ramón Cabanillas,
quen renova o empobrecido panorama,
achegándose ás tendencias que dominan a lírica
europea)
15. Irmandades da Fala: Prosa
• Proceso de modernización da prosa, completado
coa Xeración Nós e os vangardistas.
• Labor:
– Prosa non ficción:
• Antón Villar Ponte:
– Figura fundamental no xornalismo
– Iniciador do ensaio político
– Prosa ficción:
• Creación de Céltiga
• Creación de Lar (proxecto de colección de novelas breves
que achegan a cultura popular e aos renovadores)
16. A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1936)
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALIZA
(28 de xuño de 1936)
• O espírito das Irmandades e a Iª Asemblea de Lugo son recollidos
polo Partido Galeguista (1931), no que militan Castelao, Otero
Pedrayo, Risco ou Alexandre Bóveda. O grande obxectivo político
do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía,
elaborado en 1932 e ao redor do cal van sumando apoios sociais e
políticos ata 1936.
PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA
REPÚBLICA (14-05-1931)
17. Nas zonas escuras do mapa
pódense ver as zonas nas que
gaña a Fronte Popular. O PG
intégrase na Fronte.
CARTELARÍA DA FRONTE
POPULAR, BLOQUE DE
ESQUERDAS NO QUE SE
INTEGRA O PARTIDO
GALEGUISTA
18. MITIN PRO-
ESTATUTO
PRAZA DE
TOUROS DE
PONTEVEDRA.
INTERVÉN
ALEXANDRE
BÓVEDA,
SINÁLASE A
ALFONSO D.
CASTELAO.
- O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado
maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936).
- Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936.
- As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.