2. A pesar dos esforzos da Restauración, a ideoloxía revolucionaria estaba
xa arraigada en certos sectores da sociedade,sobre todo na burguesía e
nos círculos intelectuais. No S. XIX o liberalismo converterase na
ideoloxía da burguesía, que levará a cabo varias oleadas revolucionarias.
O liberalismo é unha corrente de pensamento político que ten como
obxectivo fundamental a salvagarda das liberdades do individuo.
As súas formulacións ideolóxicas inspíranse nos pensadores ingleses do
XVII e os ilustrados do XVIII, e a súa primeira posta en práctica se
materializa no proceso independentista norteamericano e nas fases
moderadas da Revolución Francesa.
Máis tarde os exércitos de Napoleón contribuíron a difundilo por todo o
continente europeo, aínda que os países onde as institucións e o sistema
político liberal arraigaron de forma máis precoz serían Gran Bretaña e os
Estados Unidos.
O liberalismo é tamén unha doutrina económica que defende a non
intervención do Estado en asuntos económicos e sociais. É a doutrina de
"Laissez faire, laissez passer" de Adam Smith e David Ricardo, que
afirman que a economía réxese por leis naturais e que esas mesmas leis
corrixen por se soas os desequilibrios económicos que se poidan prducir.
Por iso rexeitan o intervencionismo do Estado, é dicir, que o Estado
impoña normas para regular a economía, e iso para eles será unha
condición indispensable para que a economía progrese. viaxeaitaca..com
3. Dereito fundamental
O titular da soberanía é o conxunto dos cidadáns
O pobo elixe ós seus representantes nos cargos políticos
a través de :
sufraxio censatario ( propio dos sistemas liberais do S XIX )
ou universal ( propio das democracias do S XX )
Separación dos tres poderes, executivo ( goberno),
lexislativo ( asemblea) e xudicial (xuices )
Dereitos de asociación, expresión, reunión, liberdade de
prensa, liberdade de cultos, …
Os réximes políticos liberais promulgarán constitucións
que regulan o exercicio do poder, definen o modelo de
Estado, e recollen os principios políticos liberais e os
dereitos e deberes do cidadán.
viaxeaitaca..com
4. A posta en práctica destes principios políticos permite distinguir dúas grandes correntes no
liberalismo do XIX:
Liberalismo moderado ou doctrinario: defende unha soberanía nacional moi limitada, ao
compartila entre o rei e a asemblea de representantes electos, e uns dereitos políticos
tamén moi limitados mediante o sufraxio censatario, que reserva o dereito á participación
política para un curto número de cidadáns que cumprían certos requisitos económicos.
Ademais son tamén partidarios de limitar as liberdades cidadás.
Liberalismo radical: ábrese camiño desde mediados do XIX, e é partidario da apertura de
dereito á participación política aínda que o sufraxio universal e sobre todo o feminino
haberán de esperar moito tempo , e da plena asunción da soberanía nacional. O
liberalismo radical supón o tránsito cara á democracia plena.
En definitiva co liberalismo as monarquías pasan de ser absolutas a constitucionais, e os
individuos pasan de ser súbditos a cidadáns e, como tales, posuidores de dereitos
inalienables, tal e como recoñecen as constitucións e as declaracións de dereitos.
viaxeaitaca..com
5. O absolutismo de Fernando VII resulta inviable nun país arruinado
1820 : sublevación do comandante Riego en Cádiz secundado no resto de España
Fernando VII ten que xurar a constitución liberal de Cádiz de 1812
Trienio Liberal ( 1820 – 23 )
Expansión deste movemento revolucionario:
O sistema Metternich ( O sistema de Congresos e Alianzas ) ponse en marcha:
Intervención das potencias para aplastar os movementos revolucionarios
A cuestión de Oriente ( a debilidade do imperio turco ante os pobos dos Balcáns
Onde Austria e Rusia teñen intereses )Impulsa a independencia de Grecia en 1830
despois dunha revolta en 1820
viaxeaitaca..com
6. Carlos X enfróntase ó Parlamento suprimindo a liberdade de prensa e disolvendo a Cámara
O pobo de París sublévase ( “Os 3 días gloriosos “ de xullo ) e noméase rei a Luís Filipe I de Orleáns
Monarquía burguesa constitucional
( liquidación definitiva do Antigo Réxime en Francia )
Independencia:
Revolta liberal pero tamén nacionalista ( catolicismo, idioma, …)
contra o dominio holandés
Lei de reforma de 1832, que duplica o nº cidadáns con dereito a voto e a reprresentación política.
Alzamentos liberais e nacionalistas contra Rusia, duramente reprimidos
Sublevacións contra Austria en Módena, Parma, Bolonia e os dominios pontificios.
Son o xermen da unificaión italiana
Á morte de Fernando VII ábrese un periodo de transformacións liberais ( reinado de Isabel II )
e de guerra civil ( guerras carlistas entre a raíña e o seu tío Carlos )
O sistema liberal avanza en Europa Occidental ( Francia, Bélxica, Gran Bretaña,… ) mentres que o
inmobilismo do Congreso de Viena e a Santa Alianza, é decir, da Restauración segue a negar o
Liberalismo en Europa Oriental ( Austria, Prusia, Rusia )
viaxeaitaca..com
7. •Avances do Liberalismo : movementos revolucionarios de carácter radical e democrático.
• Soberanía popular
• Sufraxio universal masculino
• Igualdade social
•Nacionalismo: “ A Primavera dos pobos”:
Procesos de unificación ( Italia, Alemaña) ou independencia ( dentro do imperio austríaco )
•Industrialización: malestar e conflictos sociais pola explotación dos obreiros
• Crise económica:
•Agrícola:
• Enfermidade da pataca ( alimento básico ). Catástrofes como a de Irlanda:
pasa de 8,5 a 6 millóns de hab en 5 anos
•Crise cerealística en 1845-47.
•Aumento dos prezos de produtos básicos.
•Industrial : crise na demanda de produtos manufacturados por parte dunha poboación
afectada pola crise. viaxeaitaca..com
8. • Revolución de febreiro: abdicación de Luis Filipe de Orleáns ( monarca desde a revolución de 1830)
• Proclamación da II República.
• Medidas:
•Sufraxio universal masculino: pásanse de ¼ de millón de votantes a uns 8 millóns.
•Liberdade de prensa
•Abolición da pena de morte e da escravitude nas colonias
•Revolución de xuño: insurrección dos traballadores ante o peche dos talleres nacionais ( 120.000 parados )
•Dura represión: 500 traballadores mortos, 12000 detidos e 4500 deportados a Alxeria.
É a separación política definitiva da clase burguesa da traballadora ou proletaria:
do liberalismo e do movemento obreiro ( socialismo,comunismo anarquismo)
•Decembro: Luis Napoleón Bonaparte é elexido presidente da República e
tras un golpe de Estado en 1852 comenza o Segundo Imperio.
viaxeaitaca..com
9. • Alemaña, Austria, Italia, Praga, Rumanía, … : sublevacións simultáneas por toda Europa
• Austria:
•destitución de Metternich
•instáurase unha monarquía parlamentaria e constitucional.con Francisco Xosé I ( 1848-1916)
•Levantamento das nacionalidades do imperio freadas polo autoritarismo austriaco:
•Pobos eslavos ( checos, eslovacos, serbios )
•Húngaros
•Reinos Italianos
•Alemaña: inicio dun proceso de unificación:
•constitución por parte dos estados alemáns dunha asemblea nacional que convoca e
eleccións por sufraxio universal
•Constitución federal para toda Alemaña
•Federico Guillerme de Prusia rechaza a coroa que lle ofrece o Parlamento de Frankfurt e
négase a aceptar a constitución
viaxeaitaca..com
11. • Liquidación definitiva do feudalismo ( a excepción da Rusia tsarista )
•Establecemento na maior de Europa de:
•Réximes parlamentarios
•Constitucións moderadas
•Sistema electoral censatario
•Culminación do proceso de consolidación do liberalismo iniciado na
Revolución Francesa de 1789 e seguido polas oleadas revolucionarias de 1820-30
•Triunfo da burguesía frente ós sectores máis radicais e democráticos
( obreiros, clases populares ,… )
viaxeaitaca..com