2. BIOGRAFÍA
Manuel Antonio Pérez Sánchez
naceu en Rianxo en 1900.
Orfo de pai dende os catro anos,
pasou a maior parte da súa
infancia en Iria Flavia en Padrón
cun tío.
Estudou o Bacharelato en
Compostela, onde entrou en
contacto co republicanismo e
iniciou a súa militancia galeguista.
Na mesma cidade comezaría a
carreira de Filosofía e Letras, que
abandoou para seguir os estudos
de piloto na Escola Náutica de
Vigo.
3. BIOGRAFÍA
A súa experiencia de
mariño mercante polo
mundo reflictiuse na súa
obra poética “De catro a
catro”.
De feito, coñéceselle como
o poeta do mar.
Tras entrar en contacto cos
movementos agraristas de
loita anticaciquil, toma
consciencia da realidade do
país e asume un
nacionalismo apaixoado.
Nesta imaxe, á esquerda
con Castelao e Dieste.
4. BIOGRAFÍA
Morreu sen diñeiro, desaliñado
e fumando constantemente na
súa cachimba.
Tiña tan só 30 anos e a
tuberculose puido con el.
Adicóuselle o día das letras
galegas en 1979.
5. AS SÚAS OBRAS
o Os seus primeiros poemas
aparecen na revista Suevia.
o Colaborou co periódico La
Redención.
o En 1922 publica na revista
Alborada o manifesto Máis
alá! e termina o libro de
poemas Sempre.
o En 1928 publicouse o seu
libro, De catro a catro.
Neste ano tamén deixa
redactados algúns poemas
baixo o titular de
Viladomar.
o As colecións do autor non
publicadas agrupounas el
mesmo: Con anacos do meu
interior, Foulas e Sempre.
o En 1972 publicouse por
primeira vez a súa obra
poética completa.
6. DE CATRO A CATRO
É un libro de poesía publicado en
marzo de 1928 pola Editorial Nós. É
a única obra publicada de Manuel
Antonio.
Trátase dunha poesía vangardista e
individualista, con trazos persoais.
Ten pegadas creacionistas, futuristas e
cubistas.
Consta de 19 poemas.
7. CARACTERÍSTICAS
Ausencia de puntuación.
Maiúsculas no comezo de cada grupo de versos.
Ausencia de rima.
Non hai estrofa, hai unha falsa división estrófica.
Cada poema ten unha estrutura e métrica distinta.
Presenza de imaxes.
Utiliza personificacións.
Introduce elementos populares.
8. E PARA REMATAR UN POEMA…
http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/01/ss-
manuel-antonio.html