2. Manuel Curros Enríquez pasa
por ser, xunto con Rosalía de
Castro e Eduardo Pondal, o
gran referente do
“Rexurdimento” da literatura
galega de finais do século XIX.
3. Considera que a poesía debe estar ao servizo
da sociedade, comprometida cos máis
desfavorecidos.
Autor de dous libros: Aires da miña terra,
publicado en 1880, e O Divino Sainete,
publicado en 1888.
O seu primeiro poema, «Cántiga» foi escrito
con tan só 18 anos.
En 1877 gaña o certame poético convocado
en Ourense con «A virxe do cristal», «Unha
voda en Einibó» e «O gaiteiro de Penalta»
4. Os ataques públicos e o procesamento por
mor dos poemas de ton anticlerical que
figuran en Aires da miña terra fixeron que a
sona de Curros se espallase por toda Galiza e
que a obra tivese moi boa acollida (a
primeira edición esgotouse en apenas quince
días), de xeito que o celanovés acabou por
ser o poeta galego do século XIX máis
coñecido popularmente, mesmo por riba da
sona de Rosalía.
5. Definiuse a si mesmo como un home de «ideas e conviccións». A
súa poesía estivo marcada polo combate e o compromiso cos ideais
de progreso, democracia, liberdade, república e galeguismo,
contra a inxustiza e a opresión. A súa poesía está asentada en tres
bases:
1.- Progresismo: Curros é un poeta social ou civil, que defende con
firmeza as liberdades e os dereitos individuais que canta os
elementos do progreso e ataca a intolerancia, a censura, o
fanatismo relixioso, a tiranía, a pena de morte e os abusos dos
poderosos.
2.- Compromiso social: Curros cre que ten como misión ética
denunciar a inxustiza, poñerse ao lado dos que sofren, dos
maltratados, dos perseguidos, ser a voz dos que non teñen voz.
Ataca así o caciquismo, a opresión, a explotación dos campesiños,
os privilexios dos máis ricos, etc.
3.- Anticlericalismo: Ataca sen desmaio a Igrexa católica, o Papa,
os xesuítas, os frades e os clérigos de ideoloxía carlista, por
consideralos imaxe da intolerancia, represores da liberdade de
pensar e facer ciencia, fariseos, etc.
7. O libro ten unha estrutura encadrada:
ábrese cun poema de ton xustificatorio, a
"Introdución" e féchase cunha esperanzada
"Encomenda".
8. Aínda que cre na poesía social e a maior
parte dos poemas pertencen a esta temática,
hai ademais outras temáticas:
. Temática costumista: os tres poemas cos que
gañou o certame están incluídos neste libro.
. Temática intimista: poemas que se deben a
sentimentos provocados por diferentes
circunstancias como o nacemento dun fillo, a
morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a
soidade.
9. a) Cívica:
Nela o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase, de
xeito altruísta, pola sociedade en que vive e trata de combater
as inxustizas que se cometen coas clases populares.
Presenta as seguintes características xerais:
– Defensa dun programa de benestar, progreso e liberdade
para todos os individuos, fronte ao fanatismo relixioso, o
escurantismo, a opresión e a ignorancia reinantes.
– Critícase o abuso de poder da Igrexa, facendo sátira da
figura-cumio (o Papa).
– Considéranse negativos para o pobo outros poderes como a
monarquía, a Xustiza e a burocracia administrativa en xeral.
– Proponse liberar o agro de todos os males que o abafan: o
inxusto reparto da terra, os trabucos e impostos en xeral, as
levas para o servizo militar e as guerras, a escaseza de
produtos de primeira necesidade (o sal), as supersticións...
10. b) Poesía costumista
— Un costume. Recrea "Unha voda en Einibó", unha voda
popular en tres romances: o noivado, a cerimonia e o
xantar.
— Un tipo. Neste caso trátase dun gaiteiro (influencias
rosalianas).
— Unha lenda tradicional. Curros elixe a coñecida en
Celanova como da Virxe do Cristal. A peripecia reside no
milagre realizado pola Virxe para salvar a honra dunha
rapaza namorada. Trátase dun poema longo de máis de
mil cen versos.
11. c) Poesía intimista
Poemas que se deben a sentimentos provocados por
diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a
morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade.
• “Ben chegado”
• “¡Ai!”
• “Na morte da miña nai”
• “A Rosalía”
• “Tempro deserto”
• “Sola”
12. Acompañado polo poeta Francisco Añón, fai un
percorrido crítico, desde o seu punto de vista
ideolóxico, polos sete vagóns que conteñen sete
pecados capitais.
PREGUIZA – ENVEXA – GULA – IRA
– LUXURIA – AVARICIA – SOBERBIA
Está concibida como unha réplica
de A divina comedia de Dante.
Curros sitúa a acción nun tren
que se dirixe a Roma.
13. É unha obra de agudo contido crítico e satírico. Curros
critica o negocio das peregrinacións e satiriza a diversas
personalidades e institucións da vida galega.
Tres obxectivos básicos:
. Facer unha crítica ás institucións de goberno e aos
sectores reaccionarios da sociedade en xeral e á Igrexa
católica en particular.
. Expresar unha defensa do Rexurdimento e das súas
principais figuras e reivindicar a existencia da Literatura
Galega.
. Satirizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e
literarios.
14. Curros baseou o seu galego literario na fala
popular, resultando en liñas xerais máis
enxebre, depurado de castelanismos e rico que
o de Rosalía, aínda que menos elaborado e
culturizante que o de Pondal.
A súa poesía ten unha intención claramente
didáctica e moralizante e a súa linguaxe procura
ante todo sinxeleza, autenticidade e eficacia
comunicativa.
Válese con frecuencia de recursos como a
anáfora e o paralelismo.