2. VIDA
Trasládase con 15 anos a Madrid.
O ambiente alí é de grande efervescencia política.
Traballa como xornalista.
Completa a súa formación estudando Dereito.
A raíz dun concurso gaña unha praza de funcionario
en Ourense e comeza a colaborar na prensa.
En 1894 (43 anos) emigra a Cuba, alí defende a
independencia dos cubanos e colabora na prensa ata
a súa morte.
3. CURROS: POETA
OBRAS
POÉTICAS
Composicións
Libros de poemas
Unha voda en Einibó.
O gueiteiro.
A Virxe do Cristal.
premiadas en 1877
nun certame literario
en Ourense
Aires da miña terra (1880)
O divino sainete (1888)
Templo da Virxe do Cristal en
Vilanova dos Infantes, vila natal da súa nai
4. AIRES DA MIÑA TERRA
Este libro de poemas acadaría
decontado un enorme éxito. Tamén
lle traería problemas ao autor, ao ser
denunciado polo Bispo de Ourense.
A obra consta de 21 poemas + os
tres cos que gañara o certame
poético de Ourense.
Recolle as tres liñas temáticas
fundamentais que trata o autor:
cívica, costumista e lírica.
5. AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA CÍVICA
Curros cre na función social da poesía.
Reflicte nestes poemas a súa ideoloxía
progresista.
Cre que a ignorancia e o atraso son
consecuencia do fanatismo e a opresión.
Denuncia a situación de Galicia e a pasividade
dos galegos.
Escandaliza os seus contemporáneos co seu
anticlericalismo.
6. AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA CÍVICA
O MAIO
Aquí ven o maio
de frores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i-os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
d'os meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
q' o qu' é poi-o d'oxe
que darvos non teño.
eu són vol-o probe
d'o povo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempr' é inverno!....
Cand' eu m'atopare
de donos liberto
i-o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e com' os d'o abade
frorezan meus éidos,
chegado habrá estonces
o maio q'ueu quero..
Querédes castañas
d'os meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos.
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
O maio-Alberto Cunha.wma
7. AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA COSTUMISTA
Con estes poemas continúa a
liña de Rosalía de Castro e da
poesía popular.
Mestura costumismo con
reivindicación.
Representan esta liña os tres
poemas que gañaron o
certame literario de Ourense.
8. AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA COSTUMISTA
O GUEITEIRO
«Sempre pol-a vila entraba
Con aquel de señorío.» (Rosalía Castro)
Déndesd' o Lerez lixeiro
As veigas qu' o Miño esmalta
Non houbo n'o mund' enteiro
Máis arrogante gueiteiro
Qu'o gueiteiro de Penalta.
Sempre retorcend' o bozo,
Erguida sempr' a cabeza,
Daba de miral-o gozo.
Era un mociño... ¡que mozo!
Era unha peza... ¡que peza!
Despois d'o tempo pasado
Pasado pra non volver,
Com' on profeta ispirado,
Inda m'o parece ver
N'a festa d'o San Trocado.
Calzon curto, alta monteira,
Verde faixa, albo chaleque
I-o pano n'a faltriqueira,
Sempre n 'a gaita parleira
Levaba dourado fleque.
Non houb' home máis cumprido
N'o mundo, de banda á banda;
Nin rapaz máis espilido,
Con máis riqueza vestido,
Nin de condición máis branda.
Pr'as festas e romarías
Chamado, todolos dias
Topábase donde queira,
Anque por certas porfías
Solo tocaba a muiñeira.
(...)
Gaiteiro Farruco de Montrove (S. XIX, por José Moscoso
9. AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA LÍRICA
En poucos poemas expresa
Curros a súa situación
anímica.
Estes poemas reflicten
acontecementos familiares:
morte dun ser querido…
Son poemas pesimistas
impregnados de saudade.
Casa familiar de Curros en Celanova
10. AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA LÍRICA
¡Ai!...
Como foi?...? Eu topábame fóra
cand' as negras vixigas lle deron;
polo arámio sua nai avisóume
i-eu vinme correndo.
Coitadiño! Sintindo os meus pasos
revolveu car' a min os seus ollos.
Non me viu... e chorou... ¡ai! xa os tiña
ceguiños de todo.
Nom m' acordo que tempo m' estiven
sobr' o berce de dôr debruzado;
solo sei que m' erguín c'o meu neno
sin vida n'os brazos...?
Bolboreta d' aliñas douradas
que te pousas no berce baleiro,
pois por el me perguntas, xa sabes
que foi d'o meu neno.
11. O DIVINO SAINETE (1888)
Forma: Poema narrativo longo.
Temática: Sátira anticlerical,
social e literaria.
Fonte: Divina comedia de
Dante.
Argumento: Relata unha viaxe
imaxinaria a Roma en
compaña do poeta Francisco
Añón para asistir ao xubileo do
Papa León XIII.
12. O DIVINO SAINETE
Co divino sainete, a
Igrexa volve ser branco
das súas críticas. As
persecucións políticas
deberon xogar un
importante papel na
decisión de Curros de
seguir o camiño da
emigración.
Casa na que viviu Curros na Habana
14. CANTIGA foi o primeiro poema en galego de Curros Enríquez, escrito cando
aínda era estudiante. Tempo despois “Cántiga” foi musicada e converteuse
nun dos temas máis coñecidos e tradicionais en Galicia.
No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sen trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo ninguén;
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".
Os seus ecos de malenconia
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
"¡Vou morrer e non ven ven o meu ben"!.
Lonxe dela, de pe sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América,
vai o probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
"¡Quén pudera dar volta -pensaba-,
quén pudera con vosco voar! ..."
Mais as aves e o buque fuxían
sin ouir seus amargos lamentos;
solo os ventos
repetían:
"¡Quén pudera con vosco voar! ..."
Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡qué tristeza en vos hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar! ...
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou soio, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadávre no fondo do mar.
(5 xuño 1869)
Unha noite na eira do trigo - Los Tamara.wma