ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Manuel Reboredo e Benjamín Martínez




  Autoras: Mónica Reboredo e Melisa Martínez (4ºA)
A FAMILIA
Manuel naceu en 1924 en Estacas, no seo
dunha familia humilde. Meu avó non tiña unha
familia numerosa, só eran dous irmáns. Iso
debíase a que seu pai marchou para
Argentina porque en Galicia non había
traballo.
Meu avó non coñeceu moito a seu pai porque
emigrou cando el tiña uns 6 anos. Súa nai
ensináballe un foto que tiña e dicíalle “ves,
este é teu pai”. Cando era máis novo el non
comprendía porque seu pai tiña que estar tan
lonxe; pero cando foi medrando ía
comprendendo porque seu pai tivera que
marchar para Argentina.
Meus avós coñecéronse ós vinte anos
cando meu avó Benjamín foi vivir cos
pais para Camanzo (Vila de Cruces) a
traballar de caseiros.
Empezaron a saír aos 22 anos e casaron
aos 24. Tiveron oito fillos, aínda que
dous deles morreron cando eran
pequenos. Dous deles eran xemelgos,
Pura morreu de pulmonía cando tiña un
ano e o outro, que se chamaba
J.Antonio, morreu aos tres meses tamén
de pulmonía.
Agora son seis fillos, tres homes e tres
mulleres. Os homes marcharon a
traballar para fóra e as mulleres
quedaron aqui.
A ESCOLA
Para el ir o colexio era un privilexio, xa que non
todos os nenos podían ir. Moitos tiveron que quedar
na casa axudando ós seus pais nas tarefas da casa,
coidar dos animais…

Manuel comezou con 6 anos e foi a unha escola de
curas en Caldas chamada Los Padres Pasionistas.
“Eu tiven sorte por unha parte xa que puiden ir o
colexio porque meu pai nos enviaba cartos dende a
Arxentina e puiden terminar os meus estudos; non
todo los os nenos podían. Cando terminei de estudar
tívenme que poñer a traballar deseguida porque na
miña casa facían falta os cartos porque meu pai
morrera e os cartos non sobraban”.

A escola non era como como a de agora: “Na nosa
época utilizábamos uns encerados cun carbonciño e
non se nos ocorría non ter estudado a lección
porque se non o faciamos o mestre pegábanos cun
vimbio que tiña ao lado da mesa”.
O meu avó Benjamín comezou a ir á escola con
cinco anos. Ía á escola que había en Ollares (Vila
de Cruces) e na súa clase eran uns 30 rapaces
para un só mestre.
Tiñan un só libro que lle chamaban O Silabario,
que contiña as primeiras letras, e así pouco a
pouco, aprendeu a escribir e a ler.
Deixou a escola con oito anos porque tiña que
traballar, e en vez de ir pola mañá ía pola noite a
onde un home que lle aprendeu algunhas cousas
máis, como multiplicar, dividir…
Os mestres eran moito mais esixentes, e se
facías algunha trasnada podíanche pegar, que
non lles pasaba nada: “antes non era o de agora,
a min por facer algunha trasnada téñenme posto
cos brazos abertos ou pegarme coa regra”. Os
mestres e os alumnos levábanse ben, pero
pobres deles como lle deran unha mala
contestación ao mestre.
O LECER
O tempo de lecer era escaso, pero o pouco tempo
que tiñan aproveitábano moi ben. O día preferido
dos nenos nestes tempos era o domingo, xa que
podían xogar un pouquiño se non chovía e se se
portaran ben: “Como non te comportaras ben teus
pais xa che encontraban traballo antes de que
cantara un galo”.

As festa ou guateques eran un tema delicado para
os mozos dese tempo: “non podías chegar e
dicirlle <<mamá, hoxe vou de festa>> porque
senón xa te podías ir olvidando de ir”. Meu avó
non puido ir a moitas festas xa que seu pai
morreu cando el era moi mozo e tivo que poñerse
a traballar para axudar a súa nai nos gastos da
familia.
Benjamín divertíase xogando a diferentes xogos coma o
pano, a corda, o trompo, as canicas, a pilla, as
agachadas… As veces tamén xogaba ao fútbol, xa que lle
gustaba moito, pero non sempre tiñan balón. “Nos antes
si que nos sabiamos divertir, agora non fan máis que
xogar con esas maquiniñas”.
Outro dos xogos que lle gustaba moito a meu avó era a
estornela. Tiñan que ter dous paus, un pousábano no
chan e co outro dábaselle para que saltara e cando
estivese no aire dábaselle co pau da man.


En Ollares as festas eran pola tarde. Benxamín e os seus
amigos quedaban entre as catro e as cinco e ían a festa
todos xuntos. Soía quedar ata as oito ou nove, xa que non
o deixaban quedar ata máis tarde. Ademais arredor das
dez a festa xa remataba. “Antes non había orquestras
como agora, senón que viñan só gaiteiros a tocar. As
festas da aldea só ían as persoas da aldea e algúns dos
arredores”.
Meu avó tivo a sua primeira moza aos quince anos, estivo
pouco tempo con ela e coas que tivo despois, ata que
coñeceu a miña avoa aos vinte anos.
OS TRABALLOS E A
                 EMIGRACIÓN
A súa profesión era electricista, aínda que pasou a maior parte
   da súa vida traballando en diferentes oficios. Nos primeiros
   anos non traballou como electricista, porque necesitaba
   cartos xa que na casa non había máis ingresos que os que
   el traía.


Valencia, Pais Vasco, Santander... foron a súa casa por moitos
   anos, traballando na construción. Máis tarde regresou a
   Galicia, e traballando xa na súa profesión non lle faltou
   nunca traballo, ata que un desafortunado día subido nun
   poste da luz, un compañeiro mandou dar a luz antes de
   tempo. Como consecuencia do accidente estivo no hospital
   cinco meses cunhas feridas graves e cunha man paralizada
   de por vida, a consecuencia do cal tivo que deixar o oficio e
   acabar adicándose a axudar nas labores do campo. De vez
   en cando aínda hai alguén que lle di: “podes vir, que quedei
   sen luz”. E unha vez xubilado, con máis tempo libre, un día
   propuxéronlle ser sancristán e xa leva vinte anos.
O meu avó e os seus pais traballaban de caseiros en
Ollares, é dicir, traballaban a terra dos mais ricos.
Máis tarde, como non gañaban suficiente,
marcharon para Camanzo a traballar alí tamén de
caseiros.
Cando casou coa miña avoa Sara, herdaron unha
casa e estiveron vivindo alí. Estiveron traballando
un tempo no pantano, pero despois só vivían da
agricultura, é dicir vendían o leite que daban as
vacas e despois traballaban as súas terras e así
alimentábanse.
“Levantábame as sete da mañá para muxir as vacas
e logo ir vender o leite. Sempre había algo que se
tiña que facer, se non era unha cousa era outra”.
A CASA        UNHA CASA BO
A casa foi reconstruída arredor de 1930,
cando el só tiña 6 anos grazas aos cartos que
seu pai Ramón envíaba dende a Arxentina.

A casa era de planta baixa, cunha cociña con
lareira como na maioría das casas da época e
dúas habitacións pequenas. Non había cuarto
de baño, “era un luxo de ricos”. Para lavarse
utilizaban unha almofía, cando era maior,
porque cando era pequeno ía co seu avó ao
pozo que tiña a casa.

Cando tiña 40 anos, e casou, tiveron que
mudarse a unha casa nova. Meu avó recorda
a primeira televisión que tivo, aos 55 anos. Só
había dúas horas de televisión ao día, pero el
non é de ver a televisión moito, prefire estar
fóra cos veciños, falando de calquera cousa
ou xogando as cartas.
Ao longo do tempo a casa cambiou moito. Antes
non había cociña de gas, e as cortes estaban
dentro da casa. O comedor antes estaba na planta
de arriba e agora está abaixo. A cociña non tiña
azulexos e agora si. “Non habia baño e se tiñas
ganas de ir, tiñas que ir a unha das cortes”.
“Non habia escaleiras por dentro, e para subir
tiñas que ir por unhas escaleiras que habia por
fóra da casa”
A casa renovouse case toda, sobre todo a planta
de arriba, ata lle aumentaron un anaco a casa e así
fixéronse dúas habitacións máis.
Antes non había electrodomésticos, non tiñan
televisión nin microondas, o único que tiñan era
unha radio.
OS CAMBIOS DA
                     ALDEA
O cambio que máis se nota e que cada vez hai menos         O CASAL
xente na aldea. Moitos tiveron que emigrar para as
cidades ou para outros países, xa que na aldea non hai
moito traballo; pero non todos marcharon.

Outros decidiron quedarse, pero cada vez quedan
menos. “Acórdome de saír á carballeira e reunirnos
todos os veciños para pasar as tardes falando e
xogando ás cartas, pero agora xa non o facemos
porque xa non hai xente”.

Tamén recorda que hai uns anos facían un partido de
fútbol de homes casados contra solteiros. Reuníase
toda a aldea para mirar o partido e pasábase toda a
tarde alí. Cando remataba o partido as mulleres traían a
comida e ceaban alí. “Comiamos e falabamos ata que o
corpo aguantara, e despois, para a cama, ata a mañá
seguinte que había que ir cos animais ao monte , fender
na leña…”.
A aldea cambiou moito, dende as estradas
e camiños, ata as casas. Antes en
Camanzo, só había a estrada xeral, pero
en Gieral que é onde está a casa de meus
avós só había corredoiras de terrra para
os carros das vacas e algún coche, pero
poucos había.
As casas antes eran todas vellas, xa que
non había cartos para reparalas, pero co
tempo fóronas amañando e facendo
cambios. Gieral ten parcelaria e iso foi
unha cousa boa.
A MILI
Manuel, como case todos os homes desa
época tivo que ir a mili, fíxoa en Santiago. Tivo
máis sorte ca outros homes xa que non tivo
que ir a guerra, como lle pasou a Ramón o
meu avó paterno que xa morreu.


“Iso era terrible a comida era escasa e a que
nos daban tiña vermes, como por exemplo as
fabas, que tardei uns 60 anos en volver a
probalas”, pero non acababa aí a cousa: “Para
chegar á casa tiña que vir ás veces andando
dende Santiago, paseino mal, comiamos moi
mal, facíannos correr toda a tarde e case non
tiñamos tempo para durmir. Moitas veces non
chedaban permiso e tiñas que quedar no
cuartel moito tempo”.
O meu avó Benjamín tivo que facer a
mili, e foi a única vez que viaxou fóra
de Galicia. Contoume que mentres a
estaba facendo morreron catro
soldados porque os canóns estaban
mal colocados e as bombas caeron
sobre eles. Case sempre lle daban o
mesmo de comer, “Eu non son de mal
dente pero a verdade e que a comida
non sabía nada”.
POLÍTICA E RELIXIÓN
Meu avó Benjamín díxome que antes tiñan
que ir tódolos domingos á misa, e de feito
segue indo, “agora os rapaces xa case
nunca van a misa, eu penso que agora a
relixión xa non se ten en conta. Eu tiña que
ir todos os domingos a misa xa que meus
pais obrigábanme”.


Meu avó non recorda nada da Guerra Civil
porque era moi pequeno. Tamén me dixo
que o seu pai non fora á guerra porque
eramos familia numerosa.
Sen embargo recorda a época do
franquismo, e contoume que había moitas
mortes inxustas e moita pobreza.
Meu avó opina que a autonomía de Galicia
e a democracia lle parecen ben e a forma
de vida mellorou moito.

More Related Content

Manuel Reboredo e Benjamín Rey

  • 1. Manuel Reboredo e Benjamín Martínez Autoras: Mónica Reboredo e Melisa Martínez (4ºA)
  • 2. A FAMILIA Manuel naceu en 1924 en Estacas, no seo dunha familia humilde. Meu avó non tiña unha familia numerosa, só eran dous irmáns. Iso debíase a que seu pai marchou para Argentina porque en Galicia non había traballo. Meu avó non coñeceu moito a seu pai porque emigrou cando el tiña uns 6 anos. Súa nai ensináballe un foto que tiña e dicíalle “ves, este é teu pai”. Cando era máis novo el non comprendía porque seu pai tiña que estar tan lonxe; pero cando foi medrando ía comprendendo porque seu pai tivera que marchar para Argentina.
  • 3. Meus avós coñecéronse ós vinte anos cando meu avó Benjamín foi vivir cos pais para Camanzo (Vila de Cruces) a traballar de caseiros. Empezaron a saír aos 22 anos e casaron aos 24. Tiveron oito fillos, aínda que dous deles morreron cando eran pequenos. Dous deles eran xemelgos, Pura morreu de pulmonía cando tiña un ano e o outro, que se chamaba J.Antonio, morreu aos tres meses tamén de pulmonía. Agora son seis fillos, tres homes e tres mulleres. Os homes marcharon a traballar para fóra e as mulleres quedaron aqui.
  • 4. A ESCOLA Para el ir o colexio era un privilexio, xa que non todos os nenos podían ir. Moitos tiveron que quedar na casa axudando ós seus pais nas tarefas da casa, coidar dos animais… Manuel comezou con 6 anos e foi a unha escola de curas en Caldas chamada Los Padres Pasionistas. “Eu tiven sorte por unha parte xa que puiden ir o colexio porque meu pai nos enviaba cartos dende a Arxentina e puiden terminar os meus estudos; non todo los os nenos podían. Cando terminei de estudar tívenme que poñer a traballar deseguida porque na miña casa facían falta os cartos porque meu pai morrera e os cartos non sobraban”. A escola non era como como a de agora: “Na nosa época utilizábamos uns encerados cun carbonciño e non se nos ocorría non ter estudado a lección porque se non o faciamos o mestre pegábanos cun vimbio que tiña ao lado da mesa”.
  • 5. O meu avó Benjamín comezou a ir á escola con cinco anos. Ía á escola que había en Ollares (Vila de Cruces) e na súa clase eran uns 30 rapaces para un só mestre. Tiñan un só libro que lle chamaban O Silabario, que contiña as primeiras letras, e así pouco a pouco, aprendeu a escribir e a ler. Deixou a escola con oito anos porque tiña que traballar, e en vez de ir pola mañá ía pola noite a onde un home que lle aprendeu algunhas cousas máis, como multiplicar, dividir… Os mestres eran moito mais esixentes, e se facías algunha trasnada podíanche pegar, que non lles pasaba nada: “antes non era o de agora, a min por facer algunha trasnada téñenme posto cos brazos abertos ou pegarme coa regra”. Os mestres e os alumnos levábanse ben, pero pobres deles como lle deran unha mala contestación ao mestre.
  • 6. O LECER O tempo de lecer era escaso, pero o pouco tempo que tiñan aproveitábano moi ben. O día preferido dos nenos nestes tempos era o domingo, xa que podían xogar un pouquiño se non chovía e se se portaran ben: “Como non te comportaras ben teus pais xa che encontraban traballo antes de que cantara un galo”. As festa ou guateques eran un tema delicado para os mozos dese tempo: “non podías chegar e dicirlle <<mamá, hoxe vou de festa>> porque senón xa te podías ir olvidando de ir”. Meu avó non puido ir a moitas festas xa que seu pai morreu cando el era moi mozo e tivo que poñerse a traballar para axudar a súa nai nos gastos da familia.
  • 7. Benjamín divertíase xogando a diferentes xogos coma o pano, a corda, o trompo, as canicas, a pilla, as agachadas… As veces tamén xogaba ao fútbol, xa que lle gustaba moito, pero non sempre tiñan balón. “Nos antes si que nos sabiamos divertir, agora non fan máis que xogar con esas maquiniñas”. Outro dos xogos que lle gustaba moito a meu avó era a estornela. Tiñan que ter dous paus, un pousábano no chan e co outro dábaselle para que saltara e cando estivese no aire dábaselle co pau da man. En Ollares as festas eran pola tarde. Benxamín e os seus amigos quedaban entre as catro e as cinco e ían a festa todos xuntos. Soía quedar ata as oito ou nove, xa que non o deixaban quedar ata máis tarde. Ademais arredor das dez a festa xa remataba. “Antes non había orquestras como agora, senón que viñan só gaiteiros a tocar. As festas da aldea só ían as persoas da aldea e algúns dos arredores”. Meu avó tivo a sua primeira moza aos quince anos, estivo pouco tempo con ela e coas que tivo despois, ata que coñeceu a miña avoa aos vinte anos.
  • 8. OS TRABALLOS E A EMIGRACIÓN A súa profesión era electricista, aínda que pasou a maior parte da súa vida traballando en diferentes oficios. Nos primeiros anos non traballou como electricista, porque necesitaba cartos xa que na casa non había máis ingresos que os que el traía. Valencia, Pais Vasco, Santander... foron a súa casa por moitos anos, traballando na construción. Máis tarde regresou a Galicia, e traballando xa na súa profesión non lle faltou nunca traballo, ata que un desafortunado día subido nun poste da luz, un compañeiro mandou dar a luz antes de tempo. Como consecuencia do accidente estivo no hospital cinco meses cunhas feridas graves e cunha man paralizada de por vida, a consecuencia do cal tivo que deixar o oficio e acabar adicándose a axudar nas labores do campo. De vez en cando aínda hai alguén que lle di: “podes vir, que quedei sen luz”. E unha vez xubilado, con máis tempo libre, un día propuxéronlle ser sancristán e xa leva vinte anos.
  • 9. O meu avó e os seus pais traballaban de caseiros en Ollares, é dicir, traballaban a terra dos mais ricos. Máis tarde, como non gañaban suficiente, marcharon para Camanzo a traballar alí tamén de caseiros. Cando casou coa miña avoa Sara, herdaron unha casa e estiveron vivindo alí. Estiveron traballando un tempo no pantano, pero despois só vivían da agricultura, é dicir vendían o leite que daban as vacas e despois traballaban as súas terras e así alimentábanse. “Levantábame as sete da mañá para muxir as vacas e logo ir vender o leite. Sempre había algo que se tiña que facer, se non era unha cousa era outra”.
  • 10. A CASA UNHA CASA BO A casa foi reconstruída arredor de 1930, cando el só tiña 6 anos grazas aos cartos que seu pai Ramón envíaba dende a Arxentina. A casa era de planta baixa, cunha cociña con lareira como na maioría das casas da época e dúas habitacións pequenas. Non había cuarto de baño, “era un luxo de ricos”. Para lavarse utilizaban unha almofía, cando era maior, porque cando era pequeno ía co seu avó ao pozo que tiña a casa. Cando tiña 40 anos, e casou, tiveron que mudarse a unha casa nova. Meu avó recorda a primeira televisión que tivo, aos 55 anos. Só había dúas horas de televisión ao día, pero el non é de ver a televisión moito, prefire estar fóra cos veciños, falando de calquera cousa ou xogando as cartas.
  • 11. Ao longo do tempo a casa cambiou moito. Antes non había cociña de gas, e as cortes estaban dentro da casa. O comedor antes estaba na planta de arriba e agora está abaixo. A cociña non tiña azulexos e agora si. “Non habia baño e se tiñas ganas de ir, tiñas que ir a unha das cortes”. “Non habia escaleiras por dentro, e para subir tiñas que ir por unhas escaleiras que habia por fóra da casa” A casa renovouse case toda, sobre todo a planta de arriba, ata lle aumentaron un anaco a casa e así fixéronse dúas habitacións máis. Antes non había electrodomésticos, non tiñan televisión nin microondas, o único que tiñan era unha radio.
  • 12. OS CAMBIOS DA ALDEA O cambio que máis se nota e que cada vez hai menos O CASAL xente na aldea. Moitos tiveron que emigrar para as cidades ou para outros países, xa que na aldea non hai moito traballo; pero non todos marcharon. Outros decidiron quedarse, pero cada vez quedan menos. “Acórdome de saír á carballeira e reunirnos todos os veciños para pasar as tardes falando e xogando ás cartas, pero agora xa non o facemos porque xa non hai xente”. Tamén recorda que hai uns anos facían un partido de fútbol de homes casados contra solteiros. Reuníase toda a aldea para mirar o partido e pasábase toda a tarde alí. Cando remataba o partido as mulleres traían a comida e ceaban alí. “Comiamos e falabamos ata que o corpo aguantara, e despois, para a cama, ata a mañá seguinte que había que ir cos animais ao monte , fender na leña…”.
  • 13. A aldea cambiou moito, dende as estradas e camiños, ata as casas. Antes en Camanzo, só había a estrada xeral, pero en Gieral que é onde está a casa de meus avós só había corredoiras de terrra para os carros das vacas e algún coche, pero poucos había. As casas antes eran todas vellas, xa que non había cartos para reparalas, pero co tempo fóronas amañando e facendo cambios. Gieral ten parcelaria e iso foi unha cousa boa.
  • 14. A MILI Manuel, como case todos os homes desa época tivo que ir a mili, fíxoa en Santiago. Tivo máis sorte ca outros homes xa que non tivo que ir a guerra, como lle pasou a Ramón o meu avó paterno que xa morreu. “Iso era terrible a comida era escasa e a que nos daban tiña vermes, como por exemplo as fabas, que tardei uns 60 anos en volver a probalas”, pero non acababa aí a cousa: “Para chegar á casa tiña que vir ás veces andando dende Santiago, paseino mal, comiamos moi mal, facíannos correr toda a tarde e case non tiñamos tempo para durmir. Moitas veces non chedaban permiso e tiñas que quedar no cuartel moito tempo”.
  • 15. O meu avó Benjamín tivo que facer a mili, e foi a única vez que viaxou fóra de Galicia. Contoume que mentres a estaba facendo morreron catro soldados porque os canóns estaban mal colocados e as bombas caeron sobre eles. Case sempre lle daban o mesmo de comer, “Eu non son de mal dente pero a verdade e que a comida non sabía nada”.
  • 16. POLÍTICA E RELIXIÓN Meu avó Benjamín díxome que antes tiñan que ir tódolos domingos á misa, e de feito segue indo, “agora os rapaces xa case nunca van a misa, eu penso que agora a relixión xa non se ten en conta. Eu tiña que ir todos os domingos a misa xa que meus pais obrigábanme”. Meu avó non recorda nada da Guerra Civil porque era moi pequeno. Tamén me dixo que o seu pai non fora á guerra porque eramos familia numerosa. Sen embargo recorda a época do franquismo, e contoume que había moitas mortes inxustas e moita pobreza. Meu avó opina que a autonomía de Galicia e a democracia lle parecen ben e a forma de vida mellorou moito.

Editor's Notes