ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Marina Ferreiro Fernández




                            Sheila Martínez
A miña avoa, Marina, naceu o 4 de
maio de 1941, en Castrolandín, unha
aldea de Cuntis, onde vivíu durante
toda a súa infancia.
Era filla de Ana María Ferreiro
Fernández, da que adoptou os dous
apelidos, por ser filla de solteira e non
recoñecela como tal seu pai.
Coñeceuno cando xa era máis maior,
pero nunca vivíu con ela. Debido a
isto, non tivo ningún irmán, pois a súa
nai non casou nunca.
Cando tiña 18 anos casou e
posteriormente tivo cinco fillos moi
nova.
Matrimonio e fillos


Marina coñeceu a seu marido, Rogelio
López Pazo, músico de profesión, ós 17
anos nun baile e casou ós 18 anos, cando
xa estaba embarazada do seu primeiro
fillo, que foi buscado, para que a súa nai a
deixara casar. Ós 30 anos xa tiña cinco
fillos, tres mulleres e dous homes.
Tivo oito netos, algúns deles xa adultos, e
ós 63 anos foi bisavoa por primera vez,
tendo o segundo bisneto tres anos
despois.
Desde que tivo ós fillos dedicou a súa vida
a coidalos, mentres que o seu marido
tocaba ca orquestra para manter a familia.
Cando non tiña actuacións , en inverno,
traballaba como barbeiro, para gañar
diñeiro.
A escola


Marina recorda que tiñan que ir á escola
tódolos días pola mañán e pola tarde, agás o
xoves que só ía pola mañá e que o sábado
tiña que acudir para dar clase de relixión,
pero como di ela “eu xa non era moi amiga
de ir á escola, e inventaba calquer cousa
para non ir”.
En canto ós libros, tiña tres, chamábanlle as
tres enciclopedias e incluían tódalas
materias.
“Daquela tiñámoslle moito máis respecto ós
mestres que o que se lle ten agora, cando
nos portabamos mal, castigábannos e
pegábannos cunha regra”, di Marina.
Conta que só tiñan unha mestra e que todas
eran rapazas, pero eran poucas e a relación
entre elas era moi boa.
O lecer



Marina di que xogaba na aldea coas
demais rapazas a xogos coma ás
escondidas e outros xogos populares e así
se divertían, como dixo ela “todo iso que
agora non fan”.
En canto ás festas, recorda que as fins de
semana no inverno ían ó baile que facían
no cine de Cuntis e no verán a festas
patronais. Conta que os homes sacaban
ás mulleres a bailar e despois marchaban
con eles, así foi como coñeceu ó que foi
seu marido, que tras sacala a bailar nun
baile comezaron a relación.
“Cando non había baile iamos ó cine, pero
non era moi a miúdo porque daquela non
había cartos”, di ela.
O traballo



A miña avoa traballou en moitos sitios
como costureira e facendo chaquetas
e tamén nun bar que tiña a familia.
Conta que cando estaba na casa e
nas vacacións ía ó toxo, marchaba
cando aínda era de noite, sobre as
catro da mañá, e volvía de día.
“Eran épocas moi duras para o
traballo e había que abandonar os
estudos e poñerse a traballar, só as
familias máis ricas podían seguir
formándose”
A casa
Cando era pequena vivía en Castrolandín, coa súa
nai, a súa avoa e as tías. Na súa casa había moi
poucos mobles, a cama o armario e pouco máis.
Non había electrodomésticos, nin luz e andaban cun
farol.
Pasou por moitas casas antes da actual, entre elas,
o cuartel da garda civil, que foi a súa terceira casa,
onde naceu unha das súas fillas. Alí só tiñan unha
radio e recorda que foi no 1967 cando compraron a
primeira televisión ata o momento. “Cando aínda
non tiñamos a televisión, os meus fillos ían a un bar
a vela e foi unha alegría para todos cando a
compramos, era algo máis no que pasar o tempo”,
recorda.
Mentres estaban no cuartel empezaron a facer unha
casa nova na que viven actualmente. Ó principio só
dispoñía de electrodomésticos como a cociña de
gas e televisión, co tempo foron aparecendo máis,
como a lavadora, máis televisións, frigorífico, etc.
A aldea


Na aldea, os habitantes aumentaron co
tempo. Había moi poucas casas e os
veciños máis cercanos estaban a 400
metros e non se relacionaban moito
con eles.
Na zona non había estradas, eran
camiños de xabre e corredoiras.
A xente dedicábase a traballar nas
veigas, que antes eran moito máis
numerosas que agora e abarcaban
zonas nas que actualmente hai casas.
“Toda a aldea cambiou moito, está
irrecoñecible, pero recordo
perfectamente como era e como se
vivía”
Enfermidades, viaxes e relixión


Marina nunca escoitou falar da Sección
Feminina e non pasou por enfermidades
importantes, pero recorda que naquela
época había moito sarampelo e todos os
seus fillos o tiveron.
As viaxes eran moi escasas e as que
facían eran dentro de Galicia, excursións a
distintas zonas da comunidade: “Agora
                                              Coche no que ía a familia de viaxe
todo e distinto, viaxan moito máis, pero
antes non había cartos”.
En canto a relixión, di que daquela era
moito máis importante que agora, e estaba
presente na vida cotiá. De aí que os
sábados tivera que acudir á escola para
dar clases de relixión e todos os domingos
ían a misa.
Momentos históricos


Marina non nacera cando foi a
Guerra Civil, e non recorda nada
que lle afectara despois dela,
cando aínda era pequena.
En cambio, recorda as
consecuencias do franquismo, e
di que non olvida a imaxe de
homes que levaban a outros ó
monte e alí os mataban.
“Non é que me importe moito a
política, pero aínda así a
democracia       paréceme ben
porque agora podemos votar a
calquer partido”

More Related Content

Marina Ferreiro Fernández

  • 1. Marina Ferreiro Fernández Sheila Martínez
  • 2. A miña avoa, Marina, naceu o 4 de maio de 1941, en Castrolandín, unha aldea de Cuntis, onde vivíu durante toda a súa infancia. Era filla de Ana María Ferreiro Fernández, da que adoptou os dous apelidos, por ser filla de solteira e non recoñecela como tal seu pai. Coñeceuno cando xa era máis maior, pero nunca vivíu con ela. Debido a isto, non tivo ningún irmán, pois a súa nai non casou nunca. Cando tiña 18 anos casou e posteriormente tivo cinco fillos moi nova.
  • 3. Matrimonio e fillos Marina coñeceu a seu marido, Rogelio López Pazo, músico de profesión, ós 17 anos nun baile e casou ós 18 anos, cando xa estaba embarazada do seu primeiro fillo, que foi buscado, para que a súa nai a deixara casar. Ós 30 anos xa tiña cinco fillos, tres mulleres e dous homes. Tivo oito netos, algúns deles xa adultos, e ós 63 anos foi bisavoa por primera vez, tendo o segundo bisneto tres anos despois. Desde que tivo ós fillos dedicou a súa vida a coidalos, mentres que o seu marido tocaba ca orquestra para manter a familia. Cando non tiña actuacións , en inverno, traballaba como barbeiro, para gañar diñeiro.
  • 4. A escola Marina recorda que tiñan que ir á escola tódolos días pola mañán e pola tarde, agás o xoves que só ía pola mañá e que o sábado tiña que acudir para dar clase de relixión, pero como di ela “eu xa non era moi amiga de ir á escola, e inventaba calquer cousa para non ir”. En canto ós libros, tiña tres, chamábanlle as tres enciclopedias e incluían tódalas materias. “Daquela tiñámoslle moito máis respecto ós mestres que o que se lle ten agora, cando nos portabamos mal, castigábannos e pegábannos cunha regra”, di Marina. Conta que só tiñan unha mestra e que todas eran rapazas, pero eran poucas e a relación entre elas era moi boa.
  • 5. O lecer Marina di que xogaba na aldea coas demais rapazas a xogos coma ás escondidas e outros xogos populares e así se divertían, como dixo ela “todo iso que agora non fan”. En canto ás festas, recorda que as fins de semana no inverno ían ó baile que facían no cine de Cuntis e no verán a festas patronais. Conta que os homes sacaban ás mulleres a bailar e despois marchaban con eles, así foi como coñeceu ó que foi seu marido, que tras sacala a bailar nun baile comezaron a relación. “Cando non había baile iamos ó cine, pero non era moi a miúdo porque daquela non había cartos”, di ela.
  • 6. O traballo A miña avoa traballou en moitos sitios como costureira e facendo chaquetas e tamén nun bar que tiña a familia. Conta que cando estaba na casa e nas vacacións ía ó toxo, marchaba cando aínda era de noite, sobre as catro da mañá, e volvía de día. “Eran épocas moi duras para o traballo e había que abandonar os estudos e poñerse a traballar, só as familias máis ricas podían seguir formándose”
  • 7. A casa Cando era pequena vivía en Castrolandín, coa súa nai, a súa avoa e as tías. Na súa casa había moi poucos mobles, a cama o armario e pouco máis. Non había electrodomésticos, nin luz e andaban cun farol. Pasou por moitas casas antes da actual, entre elas, o cuartel da garda civil, que foi a súa terceira casa, onde naceu unha das súas fillas. Alí só tiñan unha radio e recorda que foi no 1967 cando compraron a primeira televisión ata o momento. “Cando aínda non tiñamos a televisión, os meus fillos ían a un bar a vela e foi unha alegría para todos cando a compramos, era algo máis no que pasar o tempo”, recorda. Mentres estaban no cuartel empezaron a facer unha casa nova na que viven actualmente. Ó principio só dispoñía de electrodomésticos como a cociña de gas e televisión, co tempo foron aparecendo máis, como a lavadora, máis televisións, frigorífico, etc.
  • 8. A aldea Na aldea, os habitantes aumentaron co tempo. Había moi poucas casas e os veciños máis cercanos estaban a 400 metros e non se relacionaban moito con eles. Na zona non había estradas, eran camiños de xabre e corredoiras. A xente dedicábase a traballar nas veigas, que antes eran moito máis numerosas que agora e abarcaban zonas nas que actualmente hai casas. “Toda a aldea cambiou moito, está irrecoñecible, pero recordo perfectamente como era e como se vivía”
  • 9. Enfermidades, viaxes e relixión Marina nunca escoitou falar da Sección Feminina e non pasou por enfermidades importantes, pero recorda que naquela época había moito sarampelo e todos os seus fillos o tiveron. As viaxes eran moi escasas e as que facían eran dentro de Galicia, excursións a distintas zonas da comunidade: “Agora Coche no que ía a familia de viaxe todo e distinto, viaxan moito máis, pero antes non había cartos”. En canto a relixión, di que daquela era moito máis importante que agora, e estaba presente na vida cotiá. De aí que os sábados tivera que acudir á escola para dar clases de relixión e todos os domingos ían a misa.
  • 10. Momentos históricos Marina non nacera cando foi a Guerra Civil, e non recorda nada que lle afectara despois dela, cando aínda era pequena. En cambio, recorda as consecuencias do franquismo, e di que non olvida a imaxe de homes que levaban a outros ó monte e alí os mataban. “Non é que me importe moito a política, pero aínda así a democracia paréceme ben porque agora podemos votar a calquer partido”

Editor's Notes