1. MESEGO E ZOO
Por:
David Castro Pazos
e Aitor Campos Ramos
(3ºA curso 2009-2010)
2. 1.- Introdución: situación, xeografía, poboación …
Mesego e Zoo atópanse nunha meseta,
a uns 405 m. de altitude, situada ó leste
da vila de Cuntis, a uns 4,5 km. da súa
capital, tendo tamén lindeiros co
concello de A Estrada, de cuxa capital a
aldea de Zoo está máis ou menos á
mesma distancia que de Cuntis.
A súa poboación actual é de 88
habitantes, repartidos en 30 casas
habitadas permanentemente (tamén
hai 10 casas que se habitan de vez en
cando –vacacións ou fins de semana- e
outras cinco casas abandonadas) todas
elas distribuidas nas seis pequenas
aldeas que forman o lugar: O Folgoso
(que é a que está a maior altitude),
Foxacos (a máis baixa), O Chico (que
acolle a capela e a escola), A Retorta,
Zoo e Mesego, que lle dá o nome ó
conxunto e que se divide en Quinteiro
de Abaixo e Quinteiro de Arriba.
3. 2.- Patrimonio cultural e artístico: a capela
A capela de San Ramón, ou para outros de
Santa Apolonia, está situada no lugar do Chico.
Data de finais do século XIX e foi restaurada
sobre as pedras doutra anterior, baixo a
advocación de Santa Ana.
Nela celébrase unha misa semanal, un mes os
sábados pola tarde e outro mes os domingos
pola mañá.
En Mesego hai dous patróns: San Ramón e
Santa Apolonia. O día de San Ramón celébrase
o 20 de agosto, e nesta festa antigamente
tíñase a tradición de ir de romaría. A de Santa
Apolonia é, sin embargo, a festa con máis éxito,
celebrándose o luns de carnaval, facéndose
concursos de disfraces (tanta xente vai, que
cada hora suben neste día dende Cuntis
autobuses con xente para Mesego).
O interior, aínda que reducido, está ben
aproveitado e dispón dunhas imaxes de santos
de gran calidade, destacando a da virxe que,
como indica nunha placa na súa base, foi feita
por Elisardo Pego, veciño de Mesego.
4. 3.- Arquitectura popular
-FONTES: de esquerda a dereita e de arriba
abaixo vemos a fonte do Campo, que está
sendo rehabilitada na actualidade e que está en
Mesego, no Quinteiro de Arriba; a fonte de Zoo,
que foi arranxada hai uns anos e a fonte da
igrexa, que na antigüedade era o único punto de
abastecemento de auga para as casas do
Chico, e que segundo os veciños, non secou
nuca. É unha fonte que está diante da capela e
data da mesma época. As outras dúas fontes
son máis novas, datando da época franquista,
como se pode ver nos escudos da Falanxe que
teñen esculpidos nelas.
5. - PONTES: o río de Mesego, máis abaixo coñecido
como o da Patela, e despois o do Cuartel (xa
en Cuntis) xa que toma o nome dos sitios
polos que vai pasando, procede da unión de
dous regatos, que se xuntan pouco antes da
ponte que se ve na foto superior.
E s t a p o n t e , c u n a r c o s e m i c i r c u l a r, f o i
posteiorrmente ampliada, como se ve no ollo
da dereita, xa recto e de formigón. Un pouco
máis arriba dela e tamén un pouco máis
abaixo hai outras dúas pontes máis, pero que
son máis novas e feitas de formigón,
completamente rectas e sen interese
arquitectónico. Ambas foron construídas hai
unv 25 anos co fin de cruzar o río nas novas
pistas que se foron abrindo.
Non é o caso da ponte da foto inferior, que é moito
máis antiga, e está composta simplemente por
unha laxe de pedra atravesando a auga. Por
ela pasaban os de Zoo para ir a Mesego e
viceversa. Detrás desta segunda ponte pode
verse un muíño de auga, dos que hai algúns
máis, que se empregaban para moer o gran
(basicamente millo) aproveitando a forza da
corrente. Hoxe en díaestán completamente en
desuso, e algúns incluso en situación de
abandono.
6. - CRUCEIROS: á dereita vese o cruceiro da Fenteira, no
lugar do Chico, que se ben está ó carón da estrada e
sen ningún peche que o limite, é en realidade unha
propiedade privada.
- O da foto superior, coñecido como a Cruz de Cucos,
está situado fóra dos núcleos de poboación, na estrada
que baixa a Castrolandín e despois a Cuntis. Coincide
cun punto que é vértice entre os montes de
Castrolandín, Campo, Zoo e Mesego, pero esa non é a
súa función. Parece ser que antigamente existía unha
ruta coñecida como a da Santa Compaña, marcada por
varios cruceiros que determinaban unha liña que
cruzaba Mesego de oeste a leste; desta ruta só se
conserva esta Cruz de Cucos, que marcaría o punto
máis occidental da mesma.
7. Hórreos: Un elemento da arquitectura popular moi abundante en Mesego e Zoo é o hórreo.
A súa función era servir de almacén para o gran que se colleitaba e as aberturas nas súas paredes
deixaban pasar o aire, permitindo que o seu contido se secara. Como en tantas outras aldeas
de Galicia, en Mesego hai moitos, se ben a maioría son como os da foto da esquerda,
fotografados en Foxacos: teñen o cerramento exterior de taboas de madeira ou de ladrillo
perforado. Son os mais abundantes pero tamén os menos apreciados polo seu valor arquitec-
tónico. Sen embargo, son moito máis valorados casos como o da foto da dereita, un hórreo
situado na aldea do Folgoso, e que está completamente realizado en pedra.
8. 4.- Patrimonio natural.
FLORA.- En Mesego e Zoo pódense
atopar exemplos moi bonitos do
bosque autóctono de Galicia, moi ben
conservados e con relativa
abundancia. Como se pode ver nas
dúas imaxes da dereita, neste tipo de
bosque domina a árbore de folla
caduca, sobre todo o carballo,
acompañado por castiñeiros e outras
especies como a pereira brava.
Tamén se poden atopar acivros ou
salgueiros. Este tipo de bosque
destaca pola súa espesura e polo ben
que se nota nel o paso das estacións,
xa que en cada unha o aspecto é moi
distinto (cae a folla no outono, está
como aletargado no inverno, retoma a
vida con todo o seu verdor na
primavera e acada o seu esplendor
no verán, cando as súas copas dan
sombra e fresco). Del, ademais, a
xente saca diversos aproveitamentos
(non só madeira, senón tamén as
landras dos carballos ou as castañas
no outono).
9. AS LAGOAS DE ZOO.- Son dúas lagoas que están situadas arriba da aldea de Zoo, que
quedaron no medio dos aeroxeradores que instalaron alí recentemente. Ningunha delas é
moi grande, aínda que a súa extensión depende moito da estación do ano e do réxime de
choivas. Así, no verán, a máis pequena (foto da dereita) ás veces chega a secar. Se se
acerca un ata elas pola mañá cedo, e doado atoparse con bestas bebendo nelas. Hoxe en
día están rodeadas por piñeiros e eucaliptos, estando ademais a grande (foto da
esquerda) pegada á unha pista de terra pola que se circula perfectamente en coche, co cal
é doado de atopar. A outra está moi preto dela, cara o sur.
A lagoa pequena é máis difícil de atopar,
ó non estar xusto ó lado da estrada,
como se pode apreciar no caso da
grande.
10. RÍOS.- A parte de regueiros menores, sen un caudal permanente, por Mesego cruza un río
en dirección norleste-suroeste. En realidade trátase de dous regueiros, un que vén de Zoo
e outro de Mesego, que se xuntan antes da Ponte (hai varias, pero coñécese como A Ponte
á máis antiga delas).
Este río, como tantos outros de escasa entidade, non ten un nome concreto, senón que vai
tomando o nome daqueles sitios polos que vai pasando. Aquí é río de Mesego, despois
entra en Castrolandín como o río de Cadabuxo, despois da Patela, do Cuartel (xa en
Cuntis) etc…. A forza da súa auga foi aproveitada para moer mediante muíños e os veciños
din que tampouco escaseaban neles as troitas.
11. ÁRBORES SENLLEIRAS.- Aínda que hai unha
ampla variedade de especies de árbores, sen
ter en conta piñeiros e eucaliptos que máis
ben son cultivos que outra cousa, destacan
pola súa presenza algúns castiñeiros e
carballos que hai á beira da estrada que leva ó
Folgoso. Sen embargo, a árbore que nos
pareceu máis destacable é a sobreira da foto
inferior, que está no alto de Foxacos, onde
empeza o camiño que conduce cara o cumio
do Castro Sevil. Trátase dunha árbore
centenaria (os veciños non saben precisar
máis) e polo que se ve no seu tronco, ténselle
sacado a cortiza. Non é unha especie doada
de atopar neste entorno (en realidade é unha
especie propia do clima mediterráneo, pero
tamén se dá en Galicia) e menos con este
tamaño. Está no alto dun prado, o que fai que
resulte máis impoñente.
12. 5.- As casas que máis nos gustan e a que menos
Arriba, as casas que máis nos gustaron, xa que
están construídas con materiais propios da zona, ou,
polo menos, con materias non alleos ó noso entorno.
Ademáis, non presentan cores estridentes nin
formas que non encaixen no entorno. Pola contra,
intégranse nel perfectamente, e incluso coas casas
que as rodean, tamén de pedra.
Ó contrario, a casa de abaixo chama demasiado a
atención cando a ves, aínda a pesar de non ter
fortes cores, pero a súa fachada de cemento e a
estrutura tipo bloque, xunto coa súa altura e a tella
de cemento (non do país como nas anteriores) fan
que pareza que non está no seu sitio e que non
encaixa co que a rodea, rompendo a paisaxe.
13. 6.- Actividades económicas.
Como complemento ós ingresos que proceden do traballo realizado fóra de Mesego (na
industria ou nos servicios nas vilas e cidades da redonda), dánse en Mesego e Zoo unha serie
de actividades económicas complementarias, a maior ou menor escala, que se relatan a
continuación e que aportan outros ingresos ós seus habitantes.
A AGRICULTURA: presente en tódalas aldeas de
Galicia, tamén se dá en Mesego e Zoo. Os cultivos
maioritarios son os normais da zona na que vivimos, é
dicir, patacas, millo, trigo en menor medida e tamén os
produtos da horta (tomates, leitugas, coles, etc…). O
grao de mecanización é importante, xa que
practicamente tódalas casas dispoñen de maquinaria
para levar a cabo estas labores (tractores de maior ou
menor tamaño, segadoras, sulfatadoras para as viñas,
etc…). Agás algún caso (coma o de algún veciño que
vende a fariña de millo na feira de Padrón), o que se
produce é para autoconsumo ou para alimentar os
animais (vacas, porcos, galiñas, coellos e tamén
poldros). Na foto superior pode verse unha parte
dunha horta en Foxacos, con coles e plantas de millo.
Ó fondo aprécianse os pastos para o gando.
A APICULTURA: aínda que a unha escala moi inferior,
tamén se dá, e non é raro atoparse as colmeas cando
se pasea polo lugar. Neste caso, sí que é maior a
proporción da produción que se destina á venta. Foto
inferior, en Foxacos.
APROVEITAMENTO FORESTAL.- Case todo o monte
en Zoo e Mesego está composto por propiedades, e
cada veciño vende a madeira pola súa conta. Tan só
unha pequena parte é de propiedade común e se fai a
venta en conxunto e se reparten os beneficios entre
todos.
14. -A GANDERÍA.- Ten moita presencia en Mesego. Os rebaños de vacas e ouvellas pódense ver con
facilidade polos moitos prados que se reparten entre as aldeas. Boa parte do leite de vaca véndese,
habendo tanques de frío para almacenalo ata que é recollido polos camións cisterna que o conducen
ás factorías que o procesan.
No monte críanse bestas, pero tamén encontramos a cría de poldros nalgunhas granxas, como a da
foto inferior esquerda, no Quinteiro de Arriba (Mesego). Simultaneamente, dáse a cría doutros animais
de granxa, con aproveitamento basicamente para o autoconsumo, como os porcos, as galiñas ou,
nalgúns casos, os coellos.
15. A HOSTALERÍA: Este sector en Mesego
estaba representado polas tabernas que
alí funcionaban. Chegou a haber ata tres,
se ben nunca foron máis de dúas á vez.
Na foto superior pódese ver a casa que
albergaba a “Taberna de Couso”, situada
xusto enfronte da capela. É a máis antiga
e cerrou hai xa moitos anos.
Pouco máis abaixo, sobre uns 50 metros
volvendo cara Mesego, estaba a “Taberna
do Ruzo”, que ce-rrou aproximadamente
no ano 1990, e que chegou a funcionar
uns anos xunto coa terceira, a “Taberna
de Cortes”, que estaba na casa que se ve
na foto inferior. Este establecemento
pechou sobre o ano 2000 e estaba
situado en Mesego.
16. OUTRAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS.- Cabe
destacar, a parte das actividades citadas, outras
dúas, por desenvolverse en Mesego e Zoo.
- - A canteira, xa cerrada, que estaba situada
chegando a Zoo (foto superior) e que funcionou
durante uns cinco anos, aínda que xa leva uns 15
cerrada. Hoxe en día poden verse os montes de
terra amontoada así como os ocos feitos no chan
para extraer os áridos (cheos de auga).
- - Por outro lado, un parque eólico, formado por
tres aeroxeradores de 78 m. de altura e 86 m. de
diámetro dos rotores. Cada un ten unha potencia
de 2 MW. Un cae no monte do veciño Arcos, e
outros dous no de Zoo e Mesego. Os veciños en
cuxos terreos se sitúan, perciben 0,26 € por m2 e
ano pola ocupación. Foto dereita.
17. 7.- Talleres de oficios artesanais.
Aínda que foron desaparecendo, nas aldeas acostumaba haber talleres de artesáns, normalmente
relacionados coa agricultura e a gandería, como, por exemplo, a forxa dun ferreiro . Este non é o
caso de Mesego, onde, sen embargo, atopamos un artesán máis ben estrano pola actividade que
realiza: trátase dun tallista, don Elisardo Pego Pego. A súa historia dá para escribir moito, e
volvemos un pouco a ela na última diapositiva. En canto a súa actividade, basta con dicir que foi o
primeiro da súa promoción cando rematou de estudar a súa arte en Santiago, no ano 1958, e que
ten obras repartidas en coleccións particulares por moitos sitios. Por exemplo, é o autor do busto de
Roberto Blanco Torres que está no parque da Feira, en Cuntis.
Aínda que está xubilado segue facendo traballos no taller que ten nun alto da súa casa, no Chico
(foto superior esquerda) e tanto na igrexa de Cuntis como na capela de Mesego hai obras súas. Na
foto da dereita pódese ver unha figura de San Blas, obra na que, ós poucos, está a traballar na
actualidade.
18. 8.- Lugares de encontro
A parte de xuntarse noutros sitios (como antes nas tabernas ou dende sempre na capela,
aínda que neste caso para algo moi concreto), os veciños de Mesego e Zoo teñen como local
social o edificio da antiga escola (foto superior) situada no Chico.
Cando funcionaba como escola, para o que foi fundada no ano 1956, era unha escola mixta,
se ben os rapaces entraban por unha porta e as rapazas por outra. A parte da esquerda, máis
baixa, era a vivenda do mestre.
Xa hai anos que non funciona, e na actualidade estanse facendo obras de acondicionamento
nela, se ben a súa función como local social e sitio de reunión dos veciños para os temas que
teñen que tratar, si a cumpre.
19. 9.- Un personaxe.
Pola actividade que realiza e pola relevancia da labor que ten realizado, pareceunos moi
destacable a figura de Elisardo Pego Pego. Este artista foi o primeiro da súa promoción
no Mestre Mateo, escola de arte de Santiago, no ano 1958. Despois pasou 30 anos no
País de Gales, onde traballou na hostalería, pero tamén coa súa arte. Máis tarde, xa
xubilado, volveu as súas orixes. As súas obras están en coleccións particulares de Galicia
e tamén de fóra (como en Gran Bretaña). É o autor do busto de Blanco Torres que está no
parque da Feira, en Cuntis, ou da virxe que se ve na foto da dereita, na capela de Mesego,
ou doutras imaxes, como a da Virxe de Fátima ou o Cristo do altar maior, que están na
igrexa de Cuntis.
20. 10.- Un curruncho preferido
Tanto Mesego, como Zoo, O Chico, O Folgoso, A Retorta ou Foxacos teñen moitos lugares de
grande beleza. As carballeiras, as beiras dos ríos, as fontes ou os prados ofrecen ducias de
recantos merecedores de pasar un intre neles apreciando a súa beleza.
Pola amplitude e a limpeza da vista que ofrece, escollemos o recuncho que se reflicte nesta
foto: unha vista dos prados que hai á marxe dereita da estrada que sube cara O Folgoso. Pero
hai moitos máis.