1. POBOACIÓN Isaac Buzo Sánchez (adaptado) MOVEMENTOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA E EN GALICIA
2. INTRODUCIÓN: Definición Os movementos migratorios son os desprazamentos de poboación dende un territorio a outro, implicando un cambio de residencia temporal ou permanentemente Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
3. INTRODUCIÓN: Compoñentes Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ MOVEMENTOS MIGRATORIOS EMIGRACIÓN : Movemento de persoas que abandonan o seu lugar de orixe INMIGRACIÓN : Movemento de persoas que entran nun territorio novo. RETORNO : Movemento de persoas que volven ao seu lugar de orixe tras pasar un tempo fóra del
4. INTRODUCIÓN: Clasificación EN FUNCIÓN DAS DISTANCIAS INTERIORES (No Estado) EXTERIORES (Internacionais) - Campo-Cidade (éxodo rural) - Cidade-Campo - Campo-Campo - Cidade-Cidade - Continentais - Intercontinentais EN FUNCIÓN DAS CAUSAS VOLUNTARIAS FORZOSAS - Refuxiados de guerra - Escravos Económicas Sociais Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
5. INTRODUCIÓN: Clasificación Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ EN FUNCIÓN DA DURACIÓN PERMANENTES TEMPORAIS - Estacionarias - Pendulares (con matizacións) EN FUNCIÓN DO MOMENTO EN QUE SE DESENVOLVERON HISTÓRICAS ACTUAIS
6. INTRODUCIÓN: Medición Para medir o movemento migratorio en números absolutos utilízase o denominado Saldo Migratorio , que é a diferenza entre inmigrantes e emigrantes. Este cálculo pode ser negativo no caso de que existan máis emigrantes que inmigrantes, ou positivo no caso contrario SM = I - E TSM = SM x 100 / Pobl. Absoluta (en ese periodo) A Taxa de Saldo Migratorio pon en relación o saldo migratorio coa poboación absoluta dese lugar expresándose en tantos por cento Serve para comparar os movementos migratorios de distintos lugares Para calcular o Crecemento Real da Poboación , cómpre ter en conta non só o Crecemento Natural (nacementos menos defuncións) senón tamén o Saldo Migratorio (inmigrantes menos emigrantes) CRP = CN ± SM = (N – D) ± (I – E) Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
7. ESPAÑA: Movementos migratorios interiores Son aqueles que se producen entre os diferentes territorios do Estado español A súa análise serve para explicar a distribución da poboación española e as tendencias dos movementos naturais (aumento ou diminución da natalidade, mortalidade e crecemento natural). ETAPAS Até a Guerra Civil: A incorporación tardía de España á Rev. Industrial provoca que o éxodo rural comece máis tarde, aproximadamente a fins do s. XIX e primeiro terzo do XX Existe un excedente de población rural que marcha a las ciudades. Durante a Guerra civil e a posguerra: A economía estancouse e a oferta de traballo nas cidades diminuíu, o mesmo có éxodo rural 1950-1975: Intensificación do éxodo rural causado polas melloras económicas e o crecemento demográfico 1975-1990: Crise de fins dos 70 provocou unha desaceleración das migracións, sendo mesmo superadas polos retornos Na actualidade: a maioría dos movementos migratorios son interurbanos e interprovinciais Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
8. ESPAÑA: Movementos migratorios interiores Eixe mediterráneo Eixe do Ebro Madrid Interior Excepcións: Zaragoza Valladolid Sevilla Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
9. ESPAÑA: Movementos migratorios exteriores España foi un país de emigrantes até os anos 80, a partir da década dos 90 comezou a recibir inmigración, especialmente acentuada na primeira década do s. XXI Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ COMPOÑENTES DOS MOVEMENTOS MIGRATORIOS EXTERIORES EMIGRACIÓN INMIGRACIÓN Españois cara ao estranxeiro Estranxeiros cara a España Década dos 90
10. ESPAÑA: Movementos migratorios exteriores Fonte: http://www.dosorillas.org/spip.php?article727&debut_articles_auteur=12 Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
11. ESPAÑA: Emigración exterior Características: Motivos: Aumento da poboación española e situación económica (falta de traballo) Non foi constante no tempo, senón que veu determinada pola coxuntura económica: se a economía melloraba, diminuía a emigración; nos momentos de crise aumentaba Etapas: S. XIX e ½ XX : Principal foco de atracción: Iberoamérica (atractivos económicos, proximidade lingüística). A intensidade diminuíu nos períodos de guerra. Destinos: Arxentina, Cuba, Venezuela, Brasil e México. Orixe: Galiza, Asturias e Canarias 1950-1990: Os países europeos necesitan man de obra para o seu crecemento económico trala II Guerra Mundial. Os traballos principais eran na construción, tarefas agrarias e industriais. Destinos: Alemaña, Suiza, Francia, Países Baixos ou Reino Unido. Orixe: rexións do interior. A partir da crise de 1973 prodúcese o descenso da emigración e o aumento dos retornos Actualmente: a emigración é mínima e de características diferentes, normalmente na busca de traballos cualificados Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
12. ESPAÑA: Emigración exterior Guerra Civil Exilio e posguerra Crise do 73 Fin da emigración masiva Fonte: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
14. ESPAÑA: Inmigración España converteuse nun país receptor de inmigración, que en moitas ocasións chegou de xeito irregular e por motivos económicos Ocupan postos de traballo en sectores que demandan moita man de obra e que non atopan man de obra española: agricultura, hostalaría, construción, servizo doméstico O seu número apróxmase ao 10 % da poboación total do Estado A orixe é principalmente marroquina, seguido de ecuatorianos e rumanos Fonte: INE Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
15. ESPAÑA: Inmigración A distribución da poboación estranxeira é semellante á española: Costa Mediterránea e arquipélagos (debido tanto aos que chegan a traballar coma aos xubilados europeos) Madrid Puntos illados do interior (Zaragoza) Fonte: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
16. ESPAÑA: Inmigración Orixe : Importancia iberoamericana (Proximidade cultural) Cidadáns da UE (sobre todo xubilados europeos na costa) Cidadáns rumanos que aínda estaban contabilizados coma estracomunitarios Cidadáns asiáticos, aínda escasos pero en aumento Cidadáns africanos. Ocupan case unha cuarta parte dos estranxeiros, incluíndo tanto a subsaharianos coma magrebís Importancia escasa de norteamericanos e de Oceanía Fonte: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
17. ESPAÑA: Inmigración Principal grupo de inmigrantes por provincia: Alemáns e británicos (xubilados) nos arquipélagos e provincias costeiras Marroquinos en lugares con explotacións agrćiolas:: Almería, Murcia, Cáceres, Huelva Ecuatorianos (construción e servizo doméstico, principalmente nas grandes cidades) Portugueses en lugares próximos á fronteira e con poucas migracións doutras nacionalidades Fonte: INE Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
18. ESPAÑA: Inmigración Fonte: INE A composición dos inmigrantes está dominada por grupos de adultos novos (en idade de traballar), cuxa idade reduciuse co paso dos anos Existen diferenzas entre sexos (máis nomes), dependendo da orixe da inmigración Nos grupos de idade avanzada existe diferenza na estrutura de idade entre españois e inmigrantes, debido a que os inmigrantes que chegan son novos e aínda non envelleceron Nas idades infantís a estrutura inmigrante é moi semellante á española, comezando a se descompoñer nos últimos anos, debido ao reagrupamento familiar e ás maiores taxas de natalidade destes grupos Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
19. ESPAÑA: Inmigración Existen desequilibrios entre sexos. En xeral emigran máis homes que mulleres Esta regra xeral ponse de manifesto sobre todo nos inmigrantes africanos. O caso contrario é o latinoamericano, de onde proceden lixeiramente máis mulleres ca homes Fonte: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ