1. O NEOLÍTICO
Agora vou ser eu (un
home do NEOLÍTICO)
quen vos vai seguir contando o que pasou en
momentos máis avanzados da Prehistoria…
¿Queredes saber cando e
como se iniciou este novo
periodo…?
Estade moi atentos que,
agora mesmo, volo vou
contar…
2. Hai uns 10.000 anos a humanidade aprendeu a cultivar a terra e a domesticar animais, nacendo así, a agricultura e a gandería.
Por primeira vez, os homes e mais as mulleres comezamos a producir alimentos -sen limitarnos
a recoller aqueles que a natureza nos ofrecía…-.
Deixamos de ser nómades e fixémonos sedentarios (establecendo poboados permanentes).
Os poboados estaban situados a carón dos campos de cultivo para poder vixiar a colleita e coidar
-ao mesmo tempo- dos animais domésticos.
As paredes das cabanas estaban feitas de barro e tiñan o teito cuberto de canas e pólas; empregábamos tamén troncos de madeira.
3. Observando a natureza, os homes prehistóricos aprendemos o
ciclo do crecemento das plantas (comprobando que se plantabamos unha semente, esta xermolaba e daba froitos que podiamos recoller).
4. Os cereais (trigo, centeo, arroz, millo…) e as legumes
(lentellas, garavanzos e chícharos) foron as primeiras
plantas que se cultivaron.
5. Para realizar as tarefas do campo, elaboramos novos utensilios ou
trebellos (machadas de pedra que empregabamos para cortar a
madeira; fouciños -de pedra e madeira- para segar os cereais;
muíños de pedra para triturar o trigo e obter fariña…).
6. A gandería xurdiu da necesidade de poder sacrificar
animais cando escaseaba a caza.
Os primeiros gandeiros comezaron a ter animais
vixiados e encerrados (o can foi un dos primeiros animais
que se domesticaron; despois domesticáronse cabras e
ovellas, e máis tarde, os porcos).
8. Da necesidade de gardar
os alimentos, de cocelos
e de transportalos, naceu a
cestería e a cerámica.
9. A invención do fuso para fiar e do tear para tecer, permitiu o
aproveitamento de fibras naturais -coma a la e mailo liño- para
mellorar a vestimenta.
11. Ademais, utilizáronse outros materiais para facer utensilios (por
exemplo o óso e o marfil).
Fixemos arpóns e melloramos as machadas.
12. Hai uns 6.000 anos tivo lugar a aparición da metalurxia.
Os seres humanos aprendimos a utilizar metais para a elaboración de
ornamentos, armas e trebellos (espadas, machadas, eixadas, fouces…).
Os obxectos de metal eran moito máis resistentes que os que se fabricaban con pedra.
Os primeiros metais que se utilizaron foron o ouro, a prata e o cobre (que
podíamos moldear golpeándoos en frío cun martelo).
Esta etapa da Prehistoria coñécese co nome de IDADE DOS METAIS.
13. Na Idade dos Metais producíronse tres inventos de gran importancia
que fixeron máis doada a vida das persoas:
• A roda (fixo posible a construción de carros tirados por animais).
• A vela (fixo posible que os barcos se moveran grazas á forza do
vento). Construíronse embarcacións máis grandes que permitiron
trasladar a máis persoas e mercadorías.
• O arado (permitiu labrar grandes extensións de terra a maior velocidade).
14. As aldeas situadas en zonas onde había abundancia de
metais, medraron, convertíndose así en pequenas cidades.
As cidades estaban rodeadas de murallas de pedra e organizábanse en torno a un xefe.
Nas cidades apareceron novos oficios como guerreiros,
comerciantes ou mercaderes.
15. É propio desta época o fenómeno do Megalitismo.
Os monumentos megalíticos son grandes estruturas de pedra
elevadas polo home a partir de finais do Neolítico e sobre todo
durante a Idade dos Metais (localizados xeograficamente na
Europa atlántica e mediterránea).
Os monumentos megalíticos construíronse con grandes pedras
(que se trasladaban coa axuda de troncos e cordas) denominadas “megálitos”. Para facelos necesitábanse moitas persoas.
Os tres tipos principais de monumentos megalíticos son: os
menhires, os dolmens e os cromlechs.
17. Un menhir é un bloque de pedra chantado no chan.
Para a súa construción necesitábase da colaboración
de moitas persoas.
Axudándose de troncos de árbore, arrastraban a gran
lousa ata unha zanxa -previamente aberta no chanonde deixaban caer o monolito.
21. Os cromlechs son alineacións circulares de varios
menhires utilizados como santuarios ou observatorios astronómicos.
24. Dolmen de Dombate
Os dólmens son cámaras funerarias formadas por paredes de grandes pedras verticais que sosteñen a
outras lousas horizontais a modo de teitume.
Diante da cámara pode haber un pasillo ou corredor
construído do mesmo xeito.
Os dólmenes adoitaban cubrirse de terra formando un
túmulo.
27. As lousas verticais quedaban encaixadas en
zanxas previamente excavadas no chan.
28. Para elevar as lousas horizontais construíanse
rampas de terra polas que se arrastraban ata a
súa posición definitiva.
Como xa dixen antes, unha vez construído o dolmen, cubríase de terra formando un túmulo.
30. Outra manifestación artística propia desta época,
son os PETRÓGLIFOS (que son gravados feitos
sobre ro-chas ao aire libre).
A cronoloxía dos gravados parte do Neolítico chegando
ata a Idade de Ferro (aínda que a maioría deles sitúanse na Idade de Bronce).
31. Estou seguro de que estaredes impacientes por
saber máis cousas sobre os petróglifos…
Pois non hai ningún problema… ¡Só tedes que
consultar a seguinte unidade didáctica…!
¡Mans á obra, amiguiños/as…!