2. Unha balea rara Onte na vila de Cangas na praia de Rodeira ,as catro menos cuarto apareceu un cachalote dando brinquiños pola area e falando cun neno en galego. Entón levárona a un zoo. Agora está moi contenta e é xa unha estrela. David
3. Miles de cabaliños de mar chegan a Cangas O xoves 20 de outubro,na praia de Rodeira,un grupo de persoas dunha escola viron miles de cabaliños de mar dirixíndose á praia. Non se sabe de onde veñen pero viñan a unha velocidade moi rápida.Cando chegaron a orilla puxéronse moi contentos ao ver que tiñan un montón de xente para xogar. A noite,volveron a súa procedencia e os nenos tamén macharon contentos para súa casa. Iván P.
4. A ILLA ``FERRO´´ Bos días empezamos o telexornal de hoxe cunha noticia espectacular. O luns 11 de outubro houbo un volcán de auga en Cangas. Os que vivían alí quedaron pasmados. E houbo unha enorme extensión de lava. ERA BRANCA! E aínda non saben se vai a formar unha illa nova, A illa de Ferro. Chao, aquí termina o telexornal de hoxe, bos días. Dani
5. Hoxe na cidade de Cangas destruiuse unha residencia de avós porque xa era moi vella. O renovaron e quedou nova. Os anciáns puxéranse moi contentos. Iván V.
6. Unha cuncha multicolor A noticia ocorreu en Cangas, na praia de Rodeira, onde atoparon unha cuncha que cambia de cor. É incrible, e a atoparon uns nenos chamados Darío, Roque, David e Iván. Agora a cuncha está nun museo de Vigo onde toda a xente quere vela. Darío
7. A TIA RARA Boas tardes. Onte pola noite uns homes estaban a pescar , e de repente na praia de Rodeira pescaron unha muller un pouco rara. Era calva e tiña o pelo da cabeza nas plantas do pé. Estiveron examinándoa. Ela se recuperou pero... dicía que no seu país houbera unha ola do mar grande, grande e grande e que todos quedaran afogados. Ao día seguinte había no porto mais homes e mulleres que eran rarísimos. Un camiñaba coas mans, outro tiña os ollos no embigo e o embigo na fronte. A xente fuxía e os científicos pensaban que era unha enfermidade. Paola
8. O gato verde Ola moi boas tardes. Onte os veciños de Cangas atoparon nun banco un gato verde. Colleróno e lavárono pensando que uns gamberros o pintaran, pero déronse de conta que esa era a súa cor. Chamaron ao periódico praa que o puxesen no xornal. Alba
9. Ola bos días! Descubriuse en Cangas un globo terráqueo que,ao xirar,move o Sol,é didir; que cando queiras Sol o moves a esquerda e cando esteas cansado e queiras durmir hacia a dereita. Por sorte foi gardado no mellor sitio vixiado por grandes medidas de seguridade, para que non caia en malas manos. GRACIAS POR VER SUPERNOTICIAS. Que teñan un bó día! Brais P.
10. Fenómeno temporal No seu aniversario envellece 25 anos. Un home casado de 30 anos cumplidos o día anterior levántase con 55 anos. Un grupo de científicos está investigando o caso. Descubriuse que o home foi envellecido por unha máquina do tempo que inventara el mesmo. Roque
11. Unhas persoas moi estrañas O día 19 de xuño as 17:00 da tarde no heliporto de Cangas aterrizou un platillo e del saíron unhas persoas un tanto estrañas, pois tiñan na cara un só ollo. A xente empezou a falarlles, e falaban o noso idioma. Eran persoas que viñan a coñecer Cangas. Eles procedían dun país diferente. A policía acompañounos a visitar o noso pobo. Andrea
12. As noticias Bos días señores e señoras. Hoxe temos no telediario unha gran noticia. Un home moi vello entrou na súa casa de Cangas e encontrou un cavernícola conxelado. O home levou unha gran sorpresa, case lle deu un infarto. Despois, os policías chamaron ao museo Natural e alí levaron o cavernícola. Moita xente foi ao museo para visitalo. Gaby
13. O melocotón xigante Bos días o xoves nunha casa que tiña unha melocotoeira, todos os melocotóns eran pequenos menos un que era xigante. A familia da melocotoeira era moi agradable entón a compartiron con toda a xente do pobo. Valeria
14. O tiburón mutante Bos días! Onte encontraron un tiburón que podia andar. Na praia atacou as persoas, houbo 25 feridos, e 6 están no hospital. Teñan coidado, pode que haxa mais pola praia de Rodeira. Rafa
15. Os veciños de Cangas Esta noticia ocorreu... a pasada semana no centro de xubilados, fronte a praza en Cangas. Tivo que intervir a policía local canguesa. A causa foi que no centro de xubilados dúas presoas da teceira idade pelexaron polas cartas. E aquí remata o telexornal. Boas tardes. Brais Lagoa
16. Un sapo xigante Bos días, onte na praia de Rodeira encontraron un sapo xigante e o sapo atacoulle a 50 persoas. Morreron 40 persoas e se salvaron 10. Volveron á praia e o sapo escondeuse na herba, e non volveu a pasar por alí. Ata maña. Julio
17. Uns animais moi, moi estraños O domingo pasado na igrexa de Cangas apareceu un grupo de animais moi estraños. Entraron na igrexa e puxéronse a rezar. A xente quedou atemorizada e escaparon todos menos o cura que os respetou. O final eran bromistas disfrazados. Que pasen unha boa tarde. Ángela
18. Salmosna Na praia de Rodeira apareceu un animal moi estraño, parecía unha mestura de xirafa, can, lagarto e balea, o chamaron a salmosna. Un grupo de científicos están ivestigando tan misterioso animal. Os científicos cren que non é un animal da natureza senón unha mutación dos catro animais por estar expostos a reacción nuclear. Os científicos van intentar reproducilo. Mentres tanto está en perigo de extinción. Isaac
19. A balea vermella Na praia de Aldán os veciños encontraron unha xigantesca cousa vermella. Era unha... Era unha balea! O que lle pasara era que no mar había un barco de tinta vermella, e a balea estrelouse e manchouse de vermello. Limpárona e mandárona ao mar. Cristian
20. Os nenos da Rúa Moi boas tardes! Empezamos o telexornal de hoxe comerntando unha noticia que sucedeu este mediodía no Concello de Cangas. Pais e alumnos do colexio A Rúa almorzaron diante do Concello para que poidan abrir o comedor do colexio. Desde aquí pedimos ao Concello que axude en todo o necesario para que estes alumnos teñan dereito a almorzar no seu colexio e a que dispoñan dun comedor apropiado como outros colexios da comarca. Ainoa