ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
O alumnado de 4º de
ESO
OPINA sobre a representación teatral de
Cousas da compañía Os Quinquilláns do
23 de febreiro no Pazo Emilia Pardo Bazán
Sanxenxo.
EDLG
IES DE VILALONGA
Antón
de 4ºA opina
A representación d’Os Quinquilláns foi, dende o meu punto
de vista, fantástica; para a nosa idade e este tipo de
literatura, que en ocasións resulta un pouco complicada
de comprender, esta adaptación teatral é perfecta para
axudarnos á súa comprensión.
Aínda que non o pareza, encántame este libro, de verdade.
Expresa tan ben a vida da época que te envolve. A pesar
de que é un pouco difícil e fai falta dedicarlle tempo, que
non teño, penso volver a lelo. É un dos mellores libros
que lin, que non son moitos. Encantoume.
Sabela Ara de 4º A opina
A representación de Cousas dos Quinquilláns gustoume moito. Foi moi
interesante a forma de mesturar as distintas cousas en cinco lances,
facendo referencia ós dous lances de “Se eu fose autor...”.
Ao ler o libro antes, era sinxelo recoñecer as cousas no teatro e saber cando
estaban mesturando relatos que no libro eran independentes; como, por
exemplo, o da chegada do pai de Migueliño e o do pintor Antón que facía os
retratos só con ollar un par de veces a persoa a retratar. Da mesma
maneira fixeron co da Marquesiña, que na obra se converte na nai de
Migueliño, e con outras cousas nas que aparecían homes que emigraran a
América e que na obra fan o papel dos homes que Migueliño pensaba que
eran o seu pai.
Na adaptación tamén se incluíron feitos que no libro non aparecían, como a
morte do pai de Migueliño tras volver de América, e datos sobre a vida de
Castelao, incorporados no lance do burro e no lance do pai de Migueliño.
Pareceume que a obra estaba moi completa e que para ser só dous actores
fixeron moitos personaxes. A parte que máis me gustou foi cando
representaron a cousa dos mariñeiros que falaban francés e inglés e que
resultaron ser galegos.
Sandra Rey Méndez
de 4º A opina
Na representación teatral os actores relacionaron
moi ben todas as “Cousas” do libro de forma
que ninguna perdese o seu sentido ou
cambiase demasiado, e iso foi algo que me
permitiu comprender mellor a obra de Castelao
e diferenciar as historias, ou os fragmentos que
aparecesen delas, sen learme ou confundirme,
e entendelas máis facilmente, como no caso do
Rifante, da caveira…
Nerea Barreiro Arechedena
de 4º A opina
Na obra teatral, Os Quinquilláns fixeron unha mestura de
certos capítulos de Cousas que me pareceu moi
entretida.
Algúns dos relatos representados foron o do burro, que
ademais ás veces facía de narrador, o capítulo da luz
eléutrica da escoadra inglesa, o do Rifante, o relato de
Bieito e o ichaviño e o de Martiño. Así como tamén o da
peneira de San Cibrán, que se viraba para alí ou para
acolá, que me pareceu moi gráfico e entendino moi ben.
Tamén incluíron o relato de Migueliño, mesturado co da
Marquesiña, xa que aparecía como a súa nai.
Grazas ao teatro, puiden entender moito mellor o libro de
Castelao.
Sara García de 4ºA opina
A min gustoume moito a obra teatral, xa que grazas a ela puiden entender
mellor algúns dos relatos que xa lera pero que non me quedaran de
todo claros. A comprensión do libro custoume un pouco polas palabras
afastadas da normativa que ten, aínda que ao velo na obra de teatro
entendino facilmente.
En canto á representación, pareceume moi enxeñosa a idea de empregar
ao burro do conto de Castelao para presentar o resto dos relatos, e
ademais moi animado. Tamén houbo algún momento no que estaba un
pouco perdida, porque ó mesturar as “cousas” non sabía exactamente
de cal se trataba. Houbo momentos moi divertidos coma cando
esmagaron o rato, pero tamén tivo momentos, para min, un pouco
pesados, coma cando estiveron coa peneira, que se fixo moi repetitivo.
Penso que é unha obra moi recomendable e que realmente axuda a
entender o libro.
I. O. C. de 4º A opina
Para ser sincero, lin o libro despois de ver a obra
teatral, e recoñecín ben as cousas que se
amosaban. Os Quinquilláns introduciron algúns
cambios xa que a súa intención era facelo un
pouco máis divertido e ameno porque, na miña
opinión, o libro en si custa lelo, non polo
tamaño, senón pola lingua empregada que se
afasta da que estamos acostumados a ler.

More Related Content

O alumnado de 4º de ESO

  • 1. O alumnado de 4º de ESO OPINA sobre a representación teatral de Cousas da compañía Os Quinquilláns do 23 de febreiro no Pazo Emilia Pardo Bazán Sanxenxo. EDLG IES DE VILALONGA
  • 2. Antón de 4ºA opina A representación d’Os Quinquilláns foi, dende o meu punto de vista, fantástica; para a nosa idade e este tipo de literatura, que en ocasións resulta un pouco complicada de comprender, esta adaptación teatral é perfecta para axudarnos á súa comprensión. Aínda que non o pareza, encántame este libro, de verdade. Expresa tan ben a vida da época que te envolve. A pesar de que é un pouco difícil e fai falta dedicarlle tempo, que non teño, penso volver a lelo. É un dos mellores libros que lin, que non son moitos. Encantoume.
  • 3. Sabela Ara de 4º A opina A representación de Cousas dos Quinquilláns gustoume moito. Foi moi interesante a forma de mesturar as distintas cousas en cinco lances, facendo referencia ós dous lances de “Se eu fose autor...”. Ao ler o libro antes, era sinxelo recoñecer as cousas no teatro e saber cando estaban mesturando relatos que no libro eran independentes; como, por exemplo, o da chegada do pai de Migueliño e o do pintor Antón que facía os retratos só con ollar un par de veces a persoa a retratar. Da mesma maneira fixeron co da Marquesiña, que na obra se converte na nai de Migueliño, e con outras cousas nas que aparecían homes que emigraran a América e que na obra fan o papel dos homes que Migueliño pensaba que eran o seu pai. Na adaptación tamén se incluíron feitos que no libro non aparecían, como a morte do pai de Migueliño tras volver de América, e datos sobre a vida de Castelao, incorporados no lance do burro e no lance do pai de Migueliño. Pareceume que a obra estaba moi completa e que para ser só dous actores fixeron moitos personaxes. A parte que máis me gustou foi cando representaron a cousa dos mariñeiros que falaban francés e inglés e que resultaron ser galegos.
  • 4. Sandra Rey Méndez de 4º A opina Na representación teatral os actores relacionaron moi ben todas as “Cousas” do libro de forma que ninguna perdese o seu sentido ou cambiase demasiado, e iso foi algo que me permitiu comprender mellor a obra de Castelao e diferenciar as historias, ou os fragmentos que aparecesen delas, sen learme ou confundirme, e entendelas máis facilmente, como no caso do Rifante, da caveira…
  • 5. Nerea Barreiro Arechedena de 4º A opina Na obra teatral, Os Quinquilláns fixeron unha mestura de certos capítulos de Cousas que me pareceu moi entretida. Algúns dos relatos representados foron o do burro, que ademais ás veces facía de narrador, o capítulo da luz eléutrica da escoadra inglesa, o do Rifante, o relato de Bieito e o ichaviño e o de Martiño. Así como tamén o da peneira de San Cibrán, que se viraba para alí ou para acolá, que me pareceu moi gráfico e entendino moi ben. Tamén incluíron o relato de Migueliño, mesturado co da Marquesiña, xa que aparecía como a súa nai. Grazas ao teatro, puiden entender moito mellor o libro de Castelao.
  • 6. Sara García de 4ºA opina A min gustoume moito a obra teatral, xa que grazas a ela puiden entender mellor algúns dos relatos que xa lera pero que non me quedaran de todo claros. A comprensión do libro custoume un pouco polas palabras afastadas da normativa que ten, aínda que ao velo na obra de teatro entendino facilmente. En canto á representación, pareceume moi enxeñosa a idea de empregar ao burro do conto de Castelao para presentar o resto dos relatos, e ademais moi animado. Tamén houbo algún momento no que estaba un pouco perdida, porque ó mesturar as “cousas” non sabía exactamente de cal se trataba. Houbo momentos moi divertidos coma cando esmagaron o rato, pero tamén tivo momentos, para min, un pouco pesados, coma cando estiveron coa peneira, que se fixo moi repetitivo. Penso que é unha obra moi recomendable e que realmente axuda a entender o libro.
  • 7. I. O. C. de 4º A opina Para ser sincero, lin o libro despois de ver a obra teatral, e recoñecín ben as cousas que se amosaban. Os Quinquilláns introduciron algúns cambios xa que a súa intención era facelo un pouco máis divertido e ameno porque, na miña opinión, o libro en si custa lelo, non polo tamaño, senón pola lingua empregada que se afasta da que estamos acostumados a ler.