2. OBXECTIVO DA LECCIÓN
Aprenderemos como se constrúen os
anuncios publicitarios impresos* a fin
de conseguir a súa intención
comunicativa.
"Impresos" implica soporte papel ou dixital (formatos pdf, png)
3. CRITERIOS DE AVALICIÓN
Listar varios lugares/soportes en que aparecen os
anuncios impresos.
Explicar algúns beneficios e problemas asociados á
publicidade.
Identificar tres caracterÃsticas do público obxectivo
(a quen vai dirixido o anuncio).
Identificar e explicar as seis partes principais dun
anuncio impreso.
Explicar que metas (para o logro da persuasión) hai
tras cada unha das letras da teorÃa AIDA e indicar
algunha das maneiras en que os anunciantes as
conseguen.
Sei...
4. PENSA, traballa en
parella, comparte
En 2023, no mundo enteiro, a
publicidade está en todas as partes.
(as mesmas mensaxes - ou moi
semellantes- ao mesmo tempo)
Pensa en todas as cousas que fas e en
todos os lugares a que vas nunha
semana normal.
Fálao co teu compañeiro/a e fai unha
listaxe de lugares en que poderÃas
encontrar un anuncio impreso.
5. SEICA ANOTACHES ALGÚNS DESTES LUGARES...
Televisión/ Cinema
Redes sociais
Aplicacións e xogos
Mensaxes de texto ou
correo electrónico
Correo lixo (papel)
Transportes: coches,
autobuses, trens...
Taboleiros, letreiros,
cartaces
Paradas de bus ou
estacións de tren
Estadios / pavillóns
deportivos
Entradas dun
espectáculo
Revistas e xornais
Capas de libros
Centros comerciais
Radio
Programas de televisión,
filmes e vÃdeos musicais
7. Quer na TV, radio/podcasts, publicacións, redes, todas
as persoas somos conscientes da nosa exposición
continuada a unha chea de anuncios no dÃa a dÃa.
Cuestións:
Anota tres beneficios que nos achega a
publicidade.
Anota tres problemas que pode crear a
publicidade.
Por que pensas que precisamos estudar o
texto publicitario nas aulas de Lingua?
1
2
3