2. QUE É? O comunicado de prensa é a ferramenta básica do traballo de relacións públicas na súa vinculación cos medios desde o gabinete de prensa. É un escrito que reúne a información fundamental sobre algún tema, persoa e/ou produto, que se envía aos medios de comunicación para que estes se encarguen de difundila entre a poboación.
3. 䴡鴡շÍձ䴡 As características do comunicado de prensa son: Debe obedecer a un feito noticiable de actualidade . Vida útil breve e concreta. Claridade e concisión nas mensaxes. Sen información redundante, antiga ou inútil. Linguaxe accesible ao lector. Sen adxectivos. Fonte fiable e datos contrastables. Declaracións, se son relevantes e achegan información de valor para o feito noticiable.
4. ELEMENTOS DUNHA NOTA DE PRENSA Titular . É a frase destacada que se coloca en primeiro lugar no comunicado de prensa. Lugar e data de edición . Lugar onde se orixinou a información, así como destacar o momento na que foi emitida. Corpo do comunicado . Colócase toda a información que deu lugar á creación deste documento dunha forma ordenada..... Información básica da entidade que promove a información . Información que expón brevemente o nome da compañía, enderezo de páxina web, orixe, posicionamento, características, etiqueta -caso que cotice en bolsa-, e ata os seus obxectivos. Datos de contacto . inclúen:Nome, cargo, teléfono, fax, correo electrónico, páxina web (se a houbese).
5. MATERIAIS DE APOIO AO COMUNICADO DE PRENSA Os materiais de apoio que acompañen a unha nota de prensa deben obedecer ás necesidades de cada medio. Se se trata dunha televisión, un videocomunicado con imaxes relativas á información, con entrevistas a líderes de opinión ou voceiros da compañía ou institución, serán de grande axuda para o medio. Un radiocomunicado servirá para as estacións radiofónicas e imaxes en alta resolución (en formato electrónico ou en diapositivas, para os medios impresos).
6. CONSELLOS BÁSICOS ELABORAR UN COMUNICADO 1. Asegúrate que a información é unha noticia. 2. Non envíes información que non sexa relevante. 3. Tipo de medio ao que estás a enviar a información e intenta contactar dende o primeiro momento co seu público obxectivo, xa sexa nais novatas, novos fans dun artista. 4. O importante é a noticia, quen foi o autor pode ser secundario e non ao revés. 5. Ten empatía co público obxectivo do medio. 6. Busca "titulares". 7. Mantén unha linguaxe clara e evita os adxectivos. 8. Expón feitos contrastados e contrastables. 9. Deixa toda a información de contacto que sexa posible. 10. Axuda ao xornalista a facer o seu traballo
7. SERVIZOS DE DISTRIBUCIÓN DE NOTAS DE PRENSA Actualmente, existen varios servizos de envío de comunicados, xa sexa en forma electrónica a través de internet ou vía fax, para distribuír notas de prensa entre miles de medios aboados. Grazas a estes servizos, empresas, institucións e ata individuos que non se podían permitir contratar os servizos dunha empresa de relacións públicas están a obter unha cobertura mediática sobre o seu produto, actividade ou idea, que, doutra forma, sería difícil lograr.