2. O CREACIONISMO
O Creacionismo é unha corrente vangardista que nace en París da
man do poeta chileno Vicente Huidobro e que presenta certas
afinidades co Cubismo.
O poema debe crearse pola xustaposición de imaxes baseadas en
relacións arbitrarias. O poeta debe “facer un poema como a natureza
fai unha árbore”.
Fronte ao surrealismo, no creacionismo as imaxes literarias deben
ser produto da intelixencia e non froito da inconsciencia da persoa.
3. Características
- Eliminación do anecdótico e descritivo.
- Carácter antinarrativo.
- Antisentimentalismo.
- Ruptura da secuencia temporal lóxica:
instantaneísmo e simultaneísmo.
- Humor e ironía.
- Ortografía expresiva: caligramas, etc.
Un dos poemas de Foulas titulado «Excelsior».
Nel atopamos ademais un dos primeiros e máis
coñecidos caligramas da nosa literatura: unha
rosa dos ventos con esa frase «EU SON»
apuntando a cada punto cardinal: ao oeste en
francés, ao sur en inglés, ao leste en latín e ao
norte en galego
4. Este movemento de vangarda vai ter especial influencia na obra de
Manuel Antonio, quen foi plenamente consciente de que asumía o
papel de renovador. Tiña unha concepción da poesía como forma de
coñecemento.
5. Elementos do Creacionismo en Manuel Antonio
- Emprego de voces estranxeiras: alemán, inglés, francés, mais nunca do
español. A introdución dos estranxeirismos ten a explicación biográfica nas
súas viaxes.
- Utilización dos termos da linguaxe científica (influencia do Futurismo).
- Introdución do discurso realista, ou coloquial, en determinados
momentos.
- Introdución no poema de variados discursos, algúns extra-poéticos: clave
en morse "S.O.S."; fragmentos de cantigas populares; fórmulas químicas,... o
que lle dá ao poema unha sensación de crebacabezas.
- Ausencia de ritmo, herdo das vangardas que propugnaban unha ruptura
coa musicalidade dos poetas precedentes.
6. BIOGRAFÍA
Manuel Antonio naceu no seo dunha familia conservadora o 12 de xullo
de 1900.
Nas súas estadías en Rianxo relacionouse con Rafael Dieste, co que
houbo de compartir o interese pola literatura e o nacionalismo, e mais co
seu curmán Roxelio, que o animou a participar na vida literaria e política
dende os anos mozos.
No ano 1918, con só dezasete anos, enviou os seus primeiros poemas a
revistas e xornais.
7. A partir do ano 1919 as súas preocupacións vanse centrar na loita
anticaciquil, no nacionalismo e mais na súa produción literaria, que, agás
algúns poucos poemas iniciáticos, está escrita integramente en galego.
Nese mesmo ano, Rafael Dieste e Manuel Antonio escribíronlle a
Castelao para que actuase como intermediario entre eles e Vicente Risco,
recoñecido como o guieiro teórico dos membros do grupo Nós e máis
daqueles mozos que tiñan inquedanzas nacionalistas e literarias, pois era,
sen dúbida ningunha, a persoa máis informada das novidades artísticas
que estaban a aparecer en Europa.
8. Malia todo o que coñecemos del, a súa época máis importante e
entre os anos 1926 e 1927 cando fixo as prácticas de piloto da mariña
mercante a bordo do pailebote Constantino Candeira, do que é capitán
Augusto Lustres Rivas, a quen lle dedica De catro a catro, o poemario
concibido durante as travesías nese barco.
Na publicación do libro participaron Dieste, xestionando as
cuestións editoriais, e mais Maside, que o ilustraría. Nos anos 1928 e 1929
fixo tres viaxes a América a bordo do buque holandés Gelria e en 1929
desembarcou en Cádiz por mor do agravamento da tuberculose que
padecía, e da que só sabían uns poucos amigos.
Manuel Antonio morre o 28 de xaneiro de 1930 na aldea de Asados
(Rianxo).
9. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1979. En 2011 inaugurouse a
súa casa-museo en Rianxo.
10. Prosa de Manuel Antonio
Dentro da produción literaria do autor ocupan un papel especial
dous textos en prosa que seguen as coordenadas da literatura
rupturista das proclamas de vangarda:
- O manifesto Máis Alá, 1921. Escrito por el e asinado tamén polo
debuxante Álvaro Cebreiro.
- Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu.
Ambos son considerados manifestos pois comparten o espírito de
provocación e son similares aos manifestos de vangarda internacionais.
11. Obra Poética
- Con anacos do meu interior, 18 poemas escritos entre 1918 e 1920. É un libro de
transición cara ao vangardismo, sen temática definida, pero cun predominio
constante da noite, a soidade, a inquedanza polo destino, o descoñecido e o
porvir.
- Foulas, 28 poemas datados entre 1922 e 1925.Presenta unha vontade de raíz
huidobriana de transformar "o parentesco coa realidade", de ofrecernos unha
nova interpretación do mundo exterior, nalgúns dos seus poemas. Un poema de
Foulas:
EU SON!
O meu nome
acenderá unha estrela nova
en cada constelación.
12. - De catro a catro, 19 poemas. Escrito durante a súa navegación co
"Constantino Candeira", como o manifesta o autor no manuscrito. Foi o
único libro publicado en vida do autor. A obra reflicte o proceso da viaxe
marítima, seguindo unha liña temporal.
Comeza con "Intencións" onde o poeta anuncia que vai comezar a
singradura, e amósase ilusionado ante unha nova experiencia.
Continúan 17 poemas nos que manifesta unha vivencia interna do mar,
e unha experiencia íntima en contacto co cosmos que o rodea.
No medio da navegación hai unha escala en terra, nos poemas
"Recalada" e "Navy bar". Remata a viaxe cunha volta á terra, o poema
"Adeus" é a súa despedida saudosa que significa o regreso á vila natal,
que será o seguinte poemario: Viladomar.
13. NAVY BAR
ESTE bar ten balances
E tamén está listo
pra se facer á vela
Enchéronnos o vaso
con toda a auga do Mar
pra compor un cock-tail de horizontes
Pendurados das horas
atlas xeográficos de esperantos
están sin tradución
E tatexan as pipas
co ademán políglota das bandeiras..
Ese cantar improvisado
é o mesmo
que xa se improvisou nalgures
Quen chegou avisándonos
desa cita noiturna que temos
co vento ao N.E.
na encrucillada das estrelas apagadas?
Eiquí bebe de incónito
O Mariñeiro Descoñecido
-sin xeografía nin literatura-
A noite dos naufraxos
co seu brazo salvavidas
aferrará connosco unha vela de chuvascos
O vaso derradeiro
estaba cheo de despedidas
Polas rúas dispersas
ibámonos fechando
cada un dentro da súa alta mar
No repouso dalgún vaso
tódalas noites naufraga o Bar.
14. Este proceso axústase a unha estrutura mítica, o suxeito abandona
o mundo coñecido e protector da beiramar -ao que volve rematada a
navegación- pero a travesía ofrécelle un conxunto de vivencias que
debe descifrar.
O universo simbólico da aventura interior do suxeito vén
manifestada por varios símbolos: o mar (simboliza a vida), o barco
(representa o poeta, o eu lírico que comeza a viaxe), a proa (significa o
futuro), o ronsel (simboliza o pasado), o mastro (dálle ánimos para
continuar a travesía), o leme (representa o rumbo definido, o vento
(simboliza o dinamismo), etc.
15. Este libro presenta unha tripla orixinalidade:
- Lingüística ao introducir cultismos inéditos na nosa literatura e
introducir o léxico da navegación.
- Temática en canto que presenta o mar desde o propio mar
conformando unha paisaxe ata daquela descoñecida.
- Formal no tratamento rupturista e nas imaxes vangardistas.
A pegada creacionista neste libro é grande pero existen algunhas
características que afastan o libro do vangardismo, como o carácter
unitario do poema.
16. Sempre...e máis dispois, sete poemas un argumento unitario e
personaxe común: Xan, emigrante en Bos Aires. A temática rural
contraponse ao mundo moderno. Usa imaxes de tipo gráfico na liña dos
caligramas cubistas e creacionistas. Rómpese a orde habitual de
lectura e do verso.
Viladomar, seis poemas de 1928. Temática ligada á de De catro a catro,
pero focalizando o remate da singradura na terra. O eu poético
reflexiona sobre o seu papel no universo, o paso do tempo, a morte. Hai
ruptura formal co anterior e os poemas teñen regularidade métrica e
discurso lóxico, aínda que tamén ten imaxes vangardistas.