3. Todos vivían felices ata que un día deu en entrar unha
peste.
A peste das ratas. Aqueles roedores metíanse por todas
partes , comían toda a comida , roían nas roupas, nas
casas, andaban por todas partes e eran tantas que ata os
gatos marcharon do pobo porque non eran quen de
asustalas.. Había ratas de todas as cores …………………
4. Os cidadáns acudían ao concello cada día para lle reclamar ao alcalde
e aos concelleiros que buscaran unha solución para aquel desastre
que os levaba cara a ruína.
5. • Os rapaces non podían ir a escola pois os
ratos lles comían os libros e todos os
materiais ..
6. • Os médicos tiñan que pasar a consulta
subidos das mesas xa que as ratas
enchían o chan .
E así cada un dos
traballadores daquel
marabilloso Hamelin tiñan
que facer quendas nas
noites para coidar das
ferramentas do traballo
7. • O carniceiro pasaba a noite prendendo
lume preto da carne pois se non as ratas
so lle deixaban os osos.
8. Por aquelas terras de Alemaña andaba un frautista. Era un home estraño. Oíu as novas de
Hamelin e presentouse diante do alcalde .- “Señor eu son quen de libralo deste andazo ”
díxolle ao alcalde.
O alcalde púxose tan contento que non reparou no prezo.
O Frautista tiña o poder de embobar aos que escoitaban a súa música , de tal xeito que
empezou a tocar uns sons axeitados para os ratos e estes seguirono ata o río , onde pereceron
afogados.
9. Unha vez rematada a faena o frautista presentouse diante do alcalde e reclamou
o seu.
O alcalde que non medira o prezo decatouse de que non podía pagar. O frautista
sentiuse estafado e marchou alporizado. Cando chegou a noite volveu pero esta
vez non tocaba a música dos ratos , se non que tocaba a música que embobaba
aos nenos.
10. E así foi como o frautista
enganado castigou as xentes
de Hamelin.
11. -Que pensas que fixo o frautista cos nenos?
-Que edificios hai nos pobos e non
aparecen no conto?
- Como pensas que actuou o alcalde? Foi
responsable ou irresponsable?
- Pensas que podía haber outra forma de
solucionar o problema?
12. • A quen lle reclama a xente?
• Por que llo din a esa persoa?
• Como se elixe esa persoa?
• En que edificio traballa?
• Cantos oficios diferentes aparecen na
presentación?
• Que solución darías para solucionar este
problema?